Deportes

8, Abril 2018

O Arenteiro perdeu unha oportunidade de ouro de sacar algo positivo do campo do Ribadumia, pero tamén esta tarde a falta de acerto ante a portería contraria volve penalizar a un equipo que, para colmo de males, marcou en propia meta nunha desafortunada acción coa que os do Salnés lograron sacar adiante un partido (1-0) que xogaron en inferioridade numérica dende o minuto 16.

Crónica do partido en "La voz de Galicia":  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2018/04/09/zancada-gigante-...

25, Marzo 2018

Duro revés para os verdes en Espiñedo, tiveron varias ocasións de gol, e moi claras, para marcar pero a falta de puntería ante a portería rival volve ser unha excesiva condena para un Arenteiro negado ante o gol.

E outra vez volve a ser a historia que pudo ser e non foi, porque xa na primeira parte primeiro Iker e despois Igor puderon adiantar ao Arenteiro, pero os dianteiros locais fallaron, Iker nun man a man co porteiro visitante e Igor xa co meta batido.

Apenas unhos minutos antes do descanso, primeira xogada de mérito dos coruñeses e bingo, gol para irse a vestiarios con ventaxa visitante, e mazazo para os verdes.

Na segunda parte o Arenteiro saíu con decisión para revertír a situación, o equipo loitou pero sen recompensa, ata o punto de fallar incluso a portería vacía, sen dúbida a máis clara do partido nas botas de Vilachá. Antes, Pachi fixera o máis difícil ao evitar que o partido seguise vivo ao impedir que o Silva marcase de penalti.

Excesivo castigo para o Arenteiro e demasiádo premio os 3 puntos para o Silva, polo visto no cómputo dos 90 minutos.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

19, Marzo 2018

A palista do Fluvial Avión suma unha nova medalla ao seu palmarés, neste caso un bronce no Campionato de España Master de Piraguismo celebrado este pasado sábado 17 de Marzo no río Guadalquivir, en Sevilla.

Mónica Piñeiro conseguíu a 3ª posición na categoria máster 40-44, nesta mesma categoria, pero na masculina, o tamén palista do Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse no posto 19.

As regatas desenvolveronse nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, e numerosos participantes tiveron que ser rescatados polas lanchas de salvamento.

Na foto, Mónica Piñeiro, no acto de entrega de medallas.

18, Marzo 2018

De nada valeu o golazo de Iker Hurtado que empataba un partido que moi pronto, aos 6 minutos, se puxo favorable para os locais nunha tarde inspirada do futbolista local Ricar, que conseguíu un hat trick e fixo que o Arenteiro regresase de vacio da súa visita a Redondela ao caer derrotado por 3-1.

O Arenteiro empataba o partido no minuto 13 tras unha gran acción persoal de Iker Hurtado, o 9 do Arenteiro sorprendía ao porteiro local Cortegoso cun gran tiro dende fora da área que se colou pola mesma escadra da portería do Choco.

Pero pouco lle durou a alegría aos numerosos seguidores do Arenteiro desplazados a Redondela, porque apenas dez minutos despois do gol do empate, un libre directo de Ricar sobre a portería de Pachi, cun tiro a media altura e parecía que fácil para o porteiro, foise directo ao fondo da portería. Na segunda parte, Ricar completou o seu triplete, no minuto 64, e partido finiquitado.

E para colmo de males, no minuto 38 tiña que abandoar o terreo de xogo Rubén Arce, lesionado nun xeollo, o seu sustituto Martín González tivo que facélo despois de estar apenas media hora no campo de xogo, ao sufrir unha contractura. Tamén Carlos de Dios regresou aqueixado de molestias. Un parte de lesións moi preocupante, no que xa figuran Igor Sevivas, Dani Chimpin e Saúl.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

11, Marzo 2018

Dúas accións a balón parado na primeira parte puxeron o partido en franquicia para o Bergantiños, que marcou nos minutos 25 e 34, antes Iker Hurtado -por dúas veces- pudo adiantar o Arenteiro, pero nunha ocasión non chegou por pouco e noutra o porteiro local sacou unha man prodixiosa que impedíu que os verdes se puxeran por diante no marcador.

Os de Carballo saben sacar rendemento como ninguén nesta categoria ás xogadas a balón parado e volvereno demostrar, a primeira que tivo de cabeza Rubén Rivera a saída dun corner foi dentro, o mesmo fixo Baleato rematando unha falta lateral, case tamén dende o punto de córner.

Na segunda parte, no minuto 70 chegou o 3-0 para o Bergantiños, e partido finiquitado. Ademáis do resultado, no negativo, temos que anotar a lesión de Dani Chimpin, que resultou mancado nun xeonllo.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2018/03/12/bergantinos-ve...

4, Marzo 2018

Os verdes resolveron en 9 inspirados minutos un partido que había que gañar sí ou sí, e fixerono entre os minutos 36 ao 44 marcando 3 goles que deron tranquilidade ao equipo e á grada antes de que chegase o descanso, na segunda parte outros dous goles para redondear o marcador co 5-0 final.

Non estaba cómodo o Arenteiro no partido e os minutos pasaban ata que por fin, esta vez si, nunha boa xogada en ataque dos verdes Iker Hurtado logra abrir a lata.

A partir dese momento todo foi máis fácil, porque en menos de 9 minutos chegarían os os outros dous goles da primeira parte, o segundo cun gran tiro dende fora da área de Rubén Arce, raso e axustado ao pau, minuto 43, e tan so un minuto despois, ao saque dun córner, Portela remata de cabeza no segundo pau o terceiro da tarde.

Na segunda metade Rubén Arce fixo o cuarto do Arenteiro e segundo na súa conta particular, minuto 70, e 10 minutos despois, outro saque de esquina sobre a portería do Villalonga que aproveita Vilachá para marcar de cabeza o derradeiro da tarde.

Neste partido despedíuse do equipo o xogador berciano do Arenteiro Borja, que por motivos persoais regresa á sua terra.

Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace de FUTGAL: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

1, Marzo 2018
25, Febreiro 2018

Definitivamente os verdes perden o colchón que mantiñan cos postos de descenso tras perder por un gol a cero na súa visita ao campo do Negreira, onde a falta de acerto ante a portería contraria volve condenar ao Arenteiro a un derrota, tamén desta vez demasiádo castigo para o visto no Jesús García Calvo.

Porque se por ocasións de gol fora o Arenteiro gañaría claramente este partdo, igual que nos últimos, tamén hoxe gozaron os verdes de varias chegadas ante a portería do Negreira, pero faltou o gol, e sen gol é imposible gañar un partido. Como moito pode empartarse, pero para desgracia do Arenteiro o rival volveu marcar na única ocasión que tiveron.

Asi e todo, o partido foi malo en xeral, con dous equipos temerosos e sabedores do que se xogaban, acaso algo mellor na segunda parte, e con mellor fortuna para o Negreira que soubo aproveitar a súa única oportunidade ante Pachi. 

Unha derrota que deixa moi tocado animicante a un equipo que -aínda sigue dependendo de sí mesmo na clasificación- pero que se xoga algo máis que tres puntos o próximo domingo ante o Vilalonga en Espiñedo.

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/02/25/crist...

Para ver a ficha do partido SD Negreira-CD Arenteiro sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

17, Febreiro 2018

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior,  traballa e crea ocasións, pero perde o partido.

A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.

Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.

Na sgunda metade o Ourense quedaba  con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.

Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais, 

E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado  probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

15, Febreiro 2018

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes