Deportes

17, Setembro 2017

Aínda que o resultado final indica un 4-1 no marcador ao favor do Alondras, o certo é que tan so os erros defensivos do Arenteiro decantaron un partido no que os verdes mereceron bastante mellor sorte, e incluso dominaron en distintas fases, pero 3 regalos en defensa son moitos para non perder un partido.

Certo é que os primeiros minutos foron do Alondras que se adiantou no minuto seis e incluso pudo facer o segundo. Pero logo se repuxo o Arenteiro que logrou empatar o partido cun gol de Igor Sevivas no minuto 20.

Os verdes pasaron a controlar o partido e todo ía ben ata que apenas un par de minutos para chegar ao descanso Vilachá marca  en propia portería nun intento de despexar un balón sen aparente perigo.

O autogol antes do intermedio foi un mazazo para os verdes, que sen embargo sairon moito mellor que o Alondras na segunda parte, incluso pudo chegar o empate nun par de boas ocasións, pero non era a tarde.

E asi ata o minuto 73 cando o Alondras marca na execución dunha falta, o balón colle portería e Macía non está acertado. A partir de aí, sí que o Alondras volveu a ser superior, aínda que o cuarto e definitivo gol chegaría por medio doutro agasallo defensivo do Arenteiro.

Demasiádo castigo para os verdes polo visto no cómputo dos 90 minutos. Agora toca pasar páxina e pensar no partido do próximo domingo en Espiñedo ante o Noia CF

Crónica do partido no "Atlántico Diario": http://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/goles-son-razones/201709...

 

 

13, Setembro 2017

O deportista Lucas Egas Villanueva, recente campión do mundo da modalidade técnica de arte marcial haidong gumdo “espada coreana”, recibiu a homenaxe do concello do Carballiño.

O acto contou coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manolo Dacal, e a concelleira do BNG Sofía García, ademáis de familiares, amigos e compañeiros do ximnasio Olimpia, onde entrena o deportista.

Francisco Fumega felicitou, en nome da corporación, a Lucas Egas pola consecución deste campionato mundial, e amosou o seu orgullo por contar entre a veciñanza do Carballiño cun deportista na élite mundial. “Os seus éxitos a nivel nacional e internacional supoñen un prestixio para O Carballiño e, sobre todo, son un exemplo para a mocidade”, dixo o alcalde. “Estamos orgullosos de contar cun deportista na élite mundial, e por iso queremos recoñecer os seus méritos e o esforzo que representa competir cos mellores deportistas de España, de Europa e do Mundo”, engadiu. Fumega destacou o esforzo persoal que representa competir a este nivel, e tamén se referiu aos entrenadores, á familia e aos compañeiros do deportista homenaxeado, recoñecendo a súa parte de mérito e sacrificio correspondente.

Manolo Dacal lembrou que “na última Gala do Deporte xa se premiara a Lucas Egas como o Mellor Deportista, quizás como unha premonición da conquista un mes despois do campionato do mundo”, e asegurou que a concellería de Deportes seguiría axudando ao deporte base e aos deportistas destacados, como Lucas Egas, en todo o que se poidese.

Pola súa parte, Lucas Egas, que acudiu ao acto coas dúas medallas e o trofeo conseguido en Corea, agradeceu o recoñecemento e o esforzo e sacrificio da súa familia, que dende pequeno o levou ao ximnasio para practicar este deporte. Explicou que, ademáis do campionato na modalidade técnica de haidong gomdo, tamén acadou o terceiro posto noutra modalidade, e que o 19 de novembro próximo ía participar no campionato de España.

Para finalizar o acto, o alcalde fixo entrega dunha placa do concello en recoñecemento do seu mérito.

11, Setembro 2017

Elexido como o gol da xornada no fútbol galego polo programa "En Xogo" da Televisón de Galicia, o de Igor Sevivas, que xa no tempo de desconto puxo en pe ao graderío de Espiñedo ao executar maxistralmente dende a frontal da área e de espaldas á portería unha chilena que empatou (1-1) o partido ante o Arousa.

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/09/11/arenteiro-abona...

Crónica do partido no "Diario de Arousa": http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/gol-chilena-96-deja-aros...

O golazo da xornada na TVG: http://www.crtvg.es/informativos/o-golazo-da-xornada-unha-chilena-perfec...

8, Setembro 2017

Será este domingo dia 10 de Setembro dende as seis da tarde, en partido correspondende á cuarta xornada do campionato nacional de liga de 3ª división, grupo 1º.

Carballiñeses e arousanos volven enfrontarse en competición oficial, tras varios anos nos que ambos non coincidian na mesma categoria, pero antes xa o fixeron tanto en Terceira como en Preferente, e incluso na Segunda División B. Regresa, pois, un clásico entre dous equipos históricos do fútbol galego como son Arenteiro e Arousa.

Os verdes chegan a este partido con boa moral tras a victoria do pasado domingo no campo do Céltiga, mentres que o Arousa -malia o seu irregular inicio- figura en todas as quinielas para estar entre os aspirantes aos postos de privilexio da categoria, un auténtico equipazo adestrado por un ex-futbolísta internacional, Xurxo Otero.

4, Setembro 2017

Con goles de Borja, Igor e Carlos de Dios, un gran partido de todo o equipo e con un Rubén Arce estelar, o Arenteiro conseguíu os tres puntos na súa visita á Illa de Arousa na terceira xornada do campionato.

Crónica do partido no Faro de Vigo:http://www.farodevigo.es/deportes/arousa/2017/09/04/celtiga-queda-premio...

Crónica do partido no Diario de Arousa. http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/celtiga-fue-propio-enemi...

27, Agosto 2017

Ata 23 anos tiveron que esperar os afeccionados do Arenteiro para volver ver ao seu equipo xogar en Espiñedo en terceira división, non obstante tan so poideron ver 71 minutos de xogo ante o CD Barco, xa que o partido foi adiado debido á monumental tormenta de pedra caída sobre o terreo de xogo.

Nese momento, a colexiada Zulema González decidíu a suspensión dun partido que xa comezara con 40 minutos de retraso no seu horario de inicio, debido tamén a este mesmo fenómeno meteorolóxico. Eso si, nin a tormenta -que foi de época- impedíu a afección verde acudir en masa a Espiñedo.

Quedan pois 19 minutos pendientes para completar este partido, nunha data que deberá fixar a federación a proposta dos clubes.

Ata ese minuto 71 chegouse cun empate 1-1 no marcador, ambos goles na segunda parte, adintouse o Arenteiro cun gol de Rubén Arce e empatou despóis Raly Cabral para o Centro de Deportes Barco.

Dende o inicio, e tamén na reanudación, o Arenteiro sorprendeu ao equipo valdeorrés, plagado de excelentes futbolistas, que hoxe foron superados polo Arenteiro, que se fixo acreedor a un mellor resultado.

Os verdes vironse especialmente perxudicados pola desafortunada actuación da colexiada ourensana, que non víu dous claros penaltis cometidos sobre os dianteiros do Arenteiro no primeiro tramo do partido.

 

 

 

21, Agosto 2017

Os verdes caeron derrotados por un contundente 5-0 na súa visita ao Estadio Alcalde Manuel Candocia de As Somozas, onde os locais mostraronse moi superiores. Quedan 37 partidos, e afortunadamente, podemos decir que esto non é como empeza senón como acaba.

Cónica do partido no Diario de Ferrol no seguinte enlace: http://www.diariodeferrol.com/articulo/deportes/somozas-salda-clara-gole...

16, Agosto 2017

A segunda edición do RallyMix do Concello de Piñor contará con máis de 40 pilotos que, durante os días 19 e 20 de agosto, participarán nesta competición que forma parte do calendario da Federación Galega de Automobilismo.

A presentación desta cita deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o alcalde de Piñor, José Luis González; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o presidente da Escudaría MixRallyeSports e director da proba, Ignacio J. Davila; e o xefe de seguridade da proba, Cándido Carrera.

O deputado provincial de Deportes lembrou a "tradición automobilística" da provincia de Ourense e a gran capacidade de convocatoria que teñen "estes eventos que atraen a numerosos afeccionados do mundo do motor". Nese mesmo senso, Iván Corral lembrou que Ourense é "a provincia de referencia do automobilismo en España" e esta modalidade de Rallymix, "que vimos de implantar recentemente, só existe en Galicia a nivel nacional".

Pola súa parte, o alcalde de Piñor destacou "a importante repercusión económica que supón para o noso municipio e para os concellos limítrofes, desenvolver esta proba automobilística", e engadiu "tamén nos permite dar a coñecer o noso territorio aos asistentes que veñen de fóra de Galicia". As novidades que presenta esta segunda edición son "o cambio de data para evitar as inclemencias meteorolóxicas que sufrimos o ano pasado e os cambios realizados no trazado para achegalo ao centro do Concello", dixo José Luis González.

O tramo cronometrado é mixto cun total de 8,4 quilómetros dos cales 4,45 quilómetros son de asfalto e 3,95 quilómetros son de terra. "Ata o momento contamos con 42 pilotos inscritos na proba aínda que esperamos chegar aos 50, superando así os 31 participantes da pasada edición. Os equipos inscritos proceden de tódolos puntos de Galicia, do Norte de Portugal, Castela e León, Cantabria e Asturias", explicou o director da proba.

O evento comezará pola mañá o sábado, 19 de agosto, coas verificacións administrativas e técnicas e os recoñecementos, para arrancar coa competición, ás 12.15 horas, disputando tres mangas cronometradas seguidas. O domingo, 20 de agosto, a competición comezará ás 10.00 horas disputándose dúas mangas cronometradas. A entrega de premio realizarase sobre as 16.30 horas. O parque de asistencia estará no Campo de Fútbol do Reino.

4, Agosto 2017

Os protagonistas do triple ascenso do fútbol galego deste pasado mes de xuño confraternizaron no torneo da Festa do Pulpo carballiñesa desputado no campo da Uceira na modalidade de 3X1.

O trofeo levouno o equipo vigués tras empatar a un gol co Arenteiro e vencer ao Ribeiro por 1-0.

No partido entre o equipo de segunda B e o Arenteiro, os verdes mereceron máis que o empate, xa que deles foron as mellores oportunidades de gol ante a portería viguesa.Os goles de ambos equipos foron dende o punto de penalti.

Antes, o equipo rapidista derrotara ao Ribeiro por un solitario gol, mentres que no último partido da tarde Arenteiro e ribeiráns empataron a un gol, polo que os vigueses se levaron o trofeo, que recibiron da man do concelleiro de deportes e turismo do concello carballiñés Manolo Dacal

25, Xullo 2017

O club presenta unha campaña de socios ilustrada cun cartel con sabor xenuínamente carballiñés, cunha caldeira de pulpo e ao seu carón o xogador Rubén Arce exercendo de futbolísta pulpeiro. Cócese o regreso á terceira división, 23 anos despóis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes