Deportes
Chegou o momento, a hora da verdade, a oportunidade de escribir un capítulo importante na historia de Club Deportivo Arenteiro, que se inicia este domingo coa primeira das tres finais que restan para volver, 23 anos despóis, à terceira división.
Na antepenúltima xornada do campionato de liga na Preferente Galicia, os verdes reciben en Espiñedo as 6 da tarde deste domingo 14 de Maio a visita do Caselas CF, que pelexa por conseguir a permanencia na categoria.
O club decidíu establecer prezos populares para o público en xeral, con entrada única a 5 euros. Os socios, coma sempre, terán acceso gratis.

Os verdes conseguiron na súa visita á localidade de Atios, en O Porriño, unha importante victoria por 1-3, de tal maneira que a falta de 3 xornadas para completar a competición na Preferente Galicia, o Arenteiro sigue dependendo de sí mesmo para poder dar o salto de categoria e xogar a vindeira tempada na terceira división.
Sabíase no cadro verde da dificultade e esixencia deste partido,e por eso a concentración foi máxima dende o pitido inicial,cun Arenteiro moi solvente atrás,serio no centro do campo e moi dinámico en ataque. Aínda que os dous primeiros goles dos carballiñeses chegaron a balón parado.
No minuto 25 córner que saca Dani Chimpin e Dani Arbo cabecea na área sen oposición,tan so un minuto despóis Chimpin pudo ampliar o marcador pero o seu disparo raso foise lamendo o poste, para chegar ao descanso sen que a defensa verde pasase apenas por apuros, salvo un cabezazo dun xogador local que atrapou moi ben israel.
Tras a reanudación, xogada practicamente calcada ao primeiro gol, de novo córner que lanza Dani Chimpín e esta vez é Adrián Padrón que, de explendido testarazo, fai o segundo gol da tarde para o Arenteiro.
O Atios non baixou os brazos e foise descaradamente ao ataque para recortar distancias no marcador, e foi entón cando o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar á contra, nunha delas, Dani Chimpín finiquita o partido no minuto 79, co 0-3.
O único gol do Atios chega no minuto 87, cando un dianteiro local se aproveita dun mal bote do balón que acaba superando á defensa do Arenteiro. A nota negativa foi a expulsión, xa co tempo cumplido, de Dafonte ao ver o cartón vermello por unha entrada ao dianteiro local Victor Besada, o mellor xogador esta tarde do Atios.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (Pana, m.65), Arbo, Bardelás (Dafonte, m.56), Dani Chimpín (Alberto, m. 79), Arce, D. Vázquez (Vitti, m.58) e Carlos de Dios.

Partido con pouca historia no municipal de Espiñedo nunha tarde con tempo de inverno e na que o Arenteiro non tivo problemas para sumar outros 3 puntos ante os verinenses, que apenas aguantaron 18 minutos, os que tardou o Arenteiro en abrir o marcador por mediación de Rubén Arce.
Despois, todo foi máis fácil para o Arenteiro, a pesar de que o árbitro non quixo pitar dúas penas máximas na área do Verín, unha delas,a cometida sobre Carlos de Dios, de auténtico escándalo.
Antes do descanso, Vitti fixo o 2-0, e na segunda parte redondearon o resultado os goles de Dani Vázquez e Adrián Padrón.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (Pachi, m.87), Dafonte (Cuquejo, m. 59), Bardelás, Dani Chimpín (Varandela, m. 73), Rubén Arce (Dani Vázquez, m. 54), Vitti e Carlos de Dios (Alberto, m. 68)

Tarde moi calurosa no campo da Tella de Luintra, con maioría de seguidores do Arenteiro, nun partido con reparto de puntos, igualado na primeira parte e de dominio total dos verdes na segunda, ainda que non poideron pasar do empate ante os afiadores.
No minuto 6 o xogador local Bruno sacou un trallazo dende a banda dereita da portería de Israel, que soprendeu ao meta do Arenteiro. Á media hora pudo verse o segundo golazo da tarde, esta vez era Dani Chimpín quen controlaba un balón na frontal da área grande e coa zurda colocaba o balón na escadra da portería local. E asi chegábase ao descanso, o único reseñable os goles.
Na continuación, o Arenteiro saíu a polo partido e a práctica totalidade do xogo transcurría no campo do Nogueira, pero sen fortuna nos metros finais, ata por dúas veces os paus repelían as acometidas verdes. Pola contra, eran os da casa -minuto 79- os que conseguían adiantarse outra vez no marcador tras unha xogada polémica e moi protestada polos verdes. O gol foi un mazazo para o Arenteiro, que finalmente, conseguía empatar por medio de Vitti no minuto 88.
O partido foi de escaso fútbol, sobre un terreo de xogo en condicións moi deficientes, que dificultaba a circulación do balón, e nunha tarde na que ademáis o Arenteiro tivo que padecer outra desacertada actuación arbitral.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Pdrón, Martín, Saúl (Pana, m. 27), Dani Arbo, Bardelás, Dani Chimpín (Varandela, m. 70), Arce, Dani Vázquez (Vitti, m. 54) e Carlos de Dios (Sanginés, m.72)

Tres puntos máis do Arenteiro para seguir sumando, e tamén para seguir soñando en facer algo grande esta tempada, nun partido ante o AlertaNavia vigués no que o mellor foi o resultado, nunha tarde de moita calor e de xogo gris nos verdes.
A falta de fútbol, carácter e amor propio non poden negárselle aos xogadores verdes, superados esta tarde por un rival que se adiantou no marcador aos 22 minutos.
E é que en apenas en 5 minutos o Arenteiro volteaba o resultado, primeiro co empate conseguido por Adrián Padrón,e logo co segundo gol de Carlos de Dios.
Tras o paso por vestiarios, máis do mesmo, aínda que o Arenteiro ampliou diferencias no marcador cun penalti transformado por Rubén Arce. Xa co tempo a piques de cumplirse, chegaba o 3-2 definitivo.

Derrota do Arenteiro na súa visita ao campo do Casal de Moaña, nun partido que moi pronto de puxo de cara para os locais cando no minuto 6 e como consecuencia dun córner mal defendido polos verdes chegaba o primeiro gol do Moaña.
Co marcador de cara, o Moaña sentíuse cómodo e obrigou ao Arenteiro a apretar para tratar de empatar o partido, e pudo facélo cun par de ocasións das que dispuxo aínda antes do descanso, a máis clara, tamén ao lanzamento dende o córner cun balón que Adrián Padrón cabecea e vaise fora por moi pouco.
Na segunda metade o Arenteiro seguíu buscando o gol, aínda que sen fortuna nos metros finais. Sanginés, cun balón que gañou entre a defensa, a piques estivo de marcar. Tamén Dani Chimpín nun libre directo que enviou o balón á escadra que sacou con apuros o meta local, asi como un remate de Vilachá que se foi fora por pouco. Non era a tarde do Arenteiro, que ademáis de enfrontarse a un moi bo equipo, tampouco soubo adaptarse ás reducidas dimensións do terreo de xogo, de superficie sintética.
Xa no minuto 83, nun balón perdido na zona central, chegou o contragolpe do Moaña, co gol da sentencia.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Padrón, Martín, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Dani Chimpin, Arce, D. Vázquez e Sanginés. Tamén xogaron Carlos De Dios, Varandela, Alberto e D. Arbo.

Os verdes lograron ante o equipo de A Estrada unha victoria moi importante cara o desenlace final do campionato, nunha tarde chuviosa e fria, aínda que ao calor dunha afección que, con máis de mil persoas no graderío de Espiñedo, non deixou de animar ao Arenteiro durante os 90 minutos de partido.
Entrou ben o Arenteiro no encontro, pero o deseño do adestrador local Manel Vázquez logo se torceu porque no minuto 17 da primeira parte Pana tivo que abandonar o terreo de xogo tras unha acción dun xogador do Estradense. Pana foi trasladado ao centro médico da mutualidade, e afortunadamente en principio, non parece que a lesión revista gravidade.
Coa lesión de Pana, tivo que ocupar o seu lugar no lateral zurdo Rubén Arce, e trastocou o plan ofensivo do Arenteiro, que en realidade era o único equipo que trataba de xogar ao fútbol, xa que o Estrandense, en ningún momento propuxo nin dispuxo, pouca bagaxe a que mostrou hoxe para un equipo con máximas aspiracións nesta liga e plagado de excelentes xogadores, aínda que algo de mérito nesta gris actuación do equipo da Estrada tivo o equipo verde, que en todo momento soubo controlar ao rival.
Na segunda metade, máis do mesmo, é o Arenteiro o único equipo que busca o gol, con dúas boas ocasións, primeiro nun bo tiro de Alberto ao que resposta o gardameta visitante Koke cunha magnífica inttervención, e logo cun cabezazo de Martín nunha xogada a balón parado que se vai fora por pouco.
O premio a quen o merecía chegaba no minuto 69, centro de Sanginés que pega no defensor visitante Mateo, que introduce o balón na súa propia portería.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, Dafonte, Bardelás, Sanginés, Vitti, Dani Chimpin e Rubén Arce. Tamén xogaron Alberto, Dani Vázquez, Varandela e Dani Arbo

Enfrontanse dende as 17:30 horas no Estadio Municipal de Espiñedo, o segundo e terceiro clasificados da categoria, polo tanto un partido que se presenta como clave na loita polo ascenso na que ambos están inmersos.
O partido chega, ademais, tras a polémica decisión do Comité de Competición desta semana, que tras unha reclamación do Estrandense deulle á éste por gañado (0-3) o partido da xornada 28 xogado no campo do Sanxenxo, que rematara con empate sen goles. O equipo da Estrada reclamara unha suposta alineación indebida do Sanxenxo por xogar ese partido dous xogadores que estarían de baixa médica, primeira vez que unha reclamación asi é atendida polo Comité.
Con tal decisión, paradoxicamente, son máis e indirectamente perxudicados e sin comelo nin bebelo terceiros equipos -o Arenteiro un deles- que o propio infractor, o Sanxenxo neste caso, ao que tan so se penaliza restandolle un punto na clasificación, algo que en termos xurídicos non se sostén.

Pouca resistencia fixo esta tarde o equipo sanxenxino na súa visita ao Estadio de Espiñedo, onde os verdes gañaron con facilidade e mesmo poideron conseguir un resultado favorable máis amplo no marcador se non desaproveitasen o carrusel de ocasións de gol das que gozaron na segunda parte.
Pouco fútbol se pudo ver na primeira parte, na que o máis reseñable foi unha magnífica intervención do meta local Israel na única ocasión que tivo o Xuventude Sanxenxo en practicamente todo o partido, e por suposto os dous goles locais, o primeiro no minuto 13 obra de Rubén Arce nunha acción personal, e o segundo no minuto 41 obra de Vitti, que se aproveitou dunha imprecisión da defensa amarela para batir ao gardameta ruso do Sanxenxo, Vladir.
Na segunda parte, o partido foi un monólogo de Club Deportivo Arenteiro. No minuto 54 Vitti facía o segundo na súa conta particular e terceiro gol do Arenteiro, que sentenciaba o partido. Antes e despois deste gol, unha e outra vez o Arenteiro, sobre todo pola banda dereita cun Sanginés estelar, fabricou varias ocasións de gol que malograron os dianteiros verdes para alcanzar un marcador máis amplo que o 3-0 final.
CD Arenteiro: Israel, Arce, Vilachá, Martín, pana, Cuquejo, Bardelás, Carlos de Dios, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Dani Chimpin, Alberto, Varandela, Maxi e Pachi.

Dous eventos deportivos destacados terán lugar esta próxima fin de semana no Carballiño. Trátase da V Media Maratón e do IX Rally do Lacón de Coches Clásicos, mentres que a proba de atletismo celebrarase o domingo, 19 de marzo, e o rally na xornada do sábado.
Ambos eventos foron presentados esta mañá polo concellleiro de Deportes, José Manuel Dacal; o presidente do Club Atletismo Carballiño, Fernando Guerra e o presidente de Clásicos Arenteiro, Jorge González.
O IX Rally do Lacón de Coches Clásicos conta con máis de sesenta coches inscritos, a maioría de Galicia pero tamén doutras comunidades como Madrid ou Castela-León. Os coches son do ano 62 en adiante e concentraranse a partir das 9,30 h., na rúa do Paseo. A saída será ás 11,00 h. Cun percorrido de 265 km, os coches pasarán polos concellos da comarca do Carballiño-Ribeiro, como Boborás, Avión, Bearíz, ata A Cañiza. Ás 16,30 h., regreso ao Carballiño, e saída a Cortejada, Cenlle, Melón, San Amaro e Maside. Ás 19,00 h., regreso ao Carballiño.
Ás 19,30 h., recorrido nocturno de 30 km. A partir das 20,30 h., concentración na Praza da Veracruz, e posteriormente, cea e entrega de premios.
A V Media Maratón Carballiño conta con trescentas persoas inscritas. Haberá unha proba de 21 km e outra curta de 7 km. A saía en ambos casos será da Avenida do Balneario, ás 10,30 h., do domingo, 19 de marzo.
A proba longa serán tres voltas a un circuito de 7 km que discorrerá pola Avenida do Arenteiro ata a ponte de Godás e depois, pola Avenida do Parque, rúa dos Carboeiros e Avenida do Balneario.
Tanto o concelleiro como os directivos dos clubes resaltaron a importancia destas probas que atraen a numerosos visitantes á vila, xa que as persoas inscritas solen traer outras persoas acompañantes, e son probas cun gran número de seguidores.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »