Deportes

26, Xullo 2018

O Concello de Piñor xunto coa Escudería MixRallyeSports organizan o III Rallymix de Piñor que se celebrará os días 28 e 29 de xullo.
Trátase da terceira edición desta proba automovilística que discorre por tramos mixtos de asfalto e terra e que está incluída no campionato Galego de Rallymix.

O primeiro tramo inicíase o sábado 28 con tres mangas, ás 12:15 h, ás 14:15 h, e ás 16:15 h, o domingo comeza as 10 h a primeira pasada, a segunda ás 12 h, e finaliza ás 16:30 coa entrega de premios no campo da Festa do Arenteiro.

Nesta edición agárdase superar a cifra de inscritos do ano pasado, que foi de 51.

O Concello de Piñor manifesta que "apoia o deporte, mostra disto son todas nas actividades nas que colabora e organiza para fomentalo durante todo o ano, como por exemplo a carreira de mushing, as XCO, o Enduro, andainas, trails, ximnasia de mantemento"

Ademáis este ano aprobou axudas económicas a deportistas federados con sede en Piñor para colaborar cos seus gastos nas probas deportivas.

Todas estas actividades e accións "tamén contribúen á dinamización do rural e a que noso municipio sexa máis coñecido", remarcan dende o propio concello de Piñor.

23, Xullo 2018
20, Xullo 2018

Coincidencia xeralizada no fútbol galego, a tempada 2018-2019 será a de máis nivel competitivo e deportivo dos últimos anos, e con esta idea CD Arenteiro iniciou a súa preparación o pasado dia 18 de Xullo, con 10 caras novas en Espiñedo.

Chegan ao club o gardameta portugués Rui Santos, os defensas Iago Fernández e Ross, os centrocampistas Cassio e Alberto, e os dianteiros David Mitogo, Róber e Hugo Sanmartín, todos eles fútbolistas contrastados pola súa traxectoria en equipos de 3ª división e 2ª B.

Tamén están a facer a pretempada  Xoel e Iván Otero "Rubio" e o canteirán Fernando, asi como varios futbolistas que están a proba.

O club aínda sigue traballando para cerrar o plantel, pendiente do mercado, para completar un equipo no que continúan da pasada campaña Pachi,  Adrián Pol, Alex Bardelás, Manu Bardelás,  Maxi, Portela, Padrón, Abdil, Igor Sevivas e Carlos de Dios.

Ao cadro técnico dirixido por Manel Vázquez incorpórase como adestrador de porteiros Juan Carlos Aguiar, xunto a Julio Nóvoa como 2º adestrador, Santi Ferrón prerarador físico e Martín Pérez, fisioterapéuta.

O primeiro amigable da pretempada será o martes 24 de Xullo en Espiñedo ante o Lugo B, e o primeiro partido oficial o domingo 29 de Xullo no Estadio do Couto en partido de COPA FEDERACION ante o locatario Ourense C.F.

16, Xullo 2018
11, Xullo 2018

Entre dezaoito e vinte equipos representativos da provincia de Ourense disputarán o I Maratón Fútbol-Sala O Carballiño 2018, que se celebrará este sábado 14 e o domingo 15 de xullo no pavillón de deportes Paco Chao.

O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de deportes, Manuel Dacal; os representantes da Asociación Amigos do Deporte, Jesús González e Alberto Montes, así como Alfonso, promotor das primeiras edicións deste torneo, e o xogador de élite do fútbol sala Juan Puertas.

Manuel Dacal agradeceu a iniciativa da recentemente creada Asociación Amigos do Deporte, promotora deste maratón, así como a presencia de Alfonso, que empezara a organización das primeiras maratóns, e do xogador Juan Puertas, do que recordou a súa fichase polo equipo histórico do fútbol sala do Carballiño antes de emprender unha exitosa carreira deportiva como xogador de élite en equipos de Ourense, Santiago e incluso de Italia. Así mesmo, amosou o seu desexo de que este maratón poida recuperar o gran nivel acadado había anos cando o fútbol sala carballiñés atopábase na élite deste deporte.

Juan Puertas agradeceu a invitación para asistir á presentación do maratón, asegurando que o facía con moito gusto, xa que O Carballiño era sempre algo especial para él. Ao respecto, recordou a súa fichaxe polo equipo de fútbol sala carballiñés cando ainda non era ninguén neste deporte. Augurou un gran éxito neste maratón, e amosouse dispoñible en todo momento para promocionar este deporte no Carballiño.

Jesús González e Alberto Montes comezaron por explicar a creación da Asociación Amigos do Deporte, da que dixeron nacía para promover especialmente o fútbol sala, e que para isto organizaban este primeiro maratón, asegurando que esperaban que tivese continuidade nos próximos anos. Tamén agradeceron a colaboración do concello e dos patrocinadores, especialmente o Bar Soldado.

2, Xullo 2018

Tras o éxito conseguido no campionato celebrado na cidade de Vitoria, Chema Ferreiro foi agasallado na capital alavesa no restaurante-cafetería "La Carballinesa", propiedade dunha familia orixinaria de Longoseiros.

Neste campionato de España Master de Atletísmo, Ferreiro conseguíu a medalla de Ouro en 100 metros e medalla de Prata en 200 metros, na cateroria Master-65.

2, Xullo 2018

As bancadas do estadio municipal de Espiñedo contarán esta nova tempada con cadeiras individuais para os afeccionados por medio dunha subvención de 13.000 euros concedida pola Deputación de Ourense, según informa o concello carballliñés.

Trátase da segunda axuda do organismo provincial para a mellora das instalacións do estadio municipal de fútbol, tras a reforma efectuada na zona dos vestiarios esta tempada pasada, e que supuxo un investimento de 60.000 euros.

O compromiso para este novo investimento, que fará máis cómoda a asistencia dos afeccionados durante os encontros, ademáis de mellorar a imaxe das bancadas, con cadeiras de cor verde, fora adquirido polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, durante a visita ralizada a estas instalacións deportivas en febreiro deste mesmo ano.

21, Xuño 2018

Arredor de oitenta deportistas participarán este sábado, 23 de xuño, na III Copa Deputación de Patinaxe Artístico, que organiza o Club FENIX, en colaboración coa concellería de Deportes do concello do Carballiño, e que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao.

O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiu o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a entrenadora do club FENIX, Noelia Silva Rodríguez; a presidenta do club, Marta Domínguez, e Celia Rodríguez. Francisco Fumega agradeceu o esforzo que leva a cabo o club Fénix para poromocionar o deporte do patinaxe no Carballiño, así como por traer esta copa ao Carballiño.

Manuel Dacal tamén felicitou ao club e á directiva por incentivar o deporte base e por apostar polo Carballiño como vila de acollida de grandes eventos deportivos que repercuten no eido deportivo pero tamén no turístico.

Así mesmo, agradeceu á Deputación a súa colaboración coa promoción deportiva no Carballiño, así como os patrocinadores que fan posible a realización desta competición: Frigoríficos Florindo, Pastelería La Creme, Gadis, Flor de Lis e o Centro Comercial Aberto. Noelia Silva destacou a importancia deste campeonato, que espera sexa oficial no calendario da Federación Galega de Patinaxe para o próximo ano. Neste senso, recalcou o avance conseguido en pouco tempo para promocionar este deporte no Carballiño e integralo a nivel provincial e galego.

Así, dixo que ía ser un gran día para os nenos e nenas patinadores, e que esperaba unha boa afluencia de afeccionados nas bancadas. As portas do pavillón abriranse ás 10,45 h., para dar comezo ás probas das categorías inferiores.

Ás 13,30 realizarase a primeir entrega de trofeos. A partir das 16,00 h., continuará o campeonato coas seguintes categorías, ata as mais altas, a rexional. Está prevista a entrega de trofeos a partir das 19,30

27, Maio 2018

Club Deportivo Arenteiro vivirá a 17ª tempada na terceira división, nos seus 60 anos de historia, na próxima tempada 2018-2019, non fará falta esperar que haxa ningún ascenso á Segunda B dun equipo galego nas promocións que se están desputando porque o Coruxo salvou a categoria, os verdes e O Carballiño xa non teñen que agardar máis para saber que seguirán disfrutando do fútbol de terceira outro ano máis.

Tras alcalzar o posto 14 na tempada rematada, o Arenteiro podería verse obrigado a esperar un mes para confirmar a súa participación cara a tempada que ven na terceira división, pero eso xa non sucederá, como si terán que facer Laracha e Cultural Areas, para ver se se libran dos arrastres de descenso provocados pola caída á terceira do Cerceda e o Racing de Ferrol, equipos cos que para a próxima tempada competirán os carballiñeses

24, Maio 2018

800 deportistas de toda a provincia de Ourense participarán este sábado, 26 de maio, na fase final da Copa Deputación de Ximnasia 2018, que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.

O evento desenvolverase durante todo o día, en xornada de mañá e tarde; comezará ás 9 da mañá e rematará sobre as 8 da tarde.
As modalidades a competición son: TUMBLING e MINITRAMP, nas categorías prebenxamín, benxamín, infantil, alevín, cadete e senior; RÍTMICA INDIVIDUAL, nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación; e RÍTMICA CONXUNTOS, nas categorías senior, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación.

Calcúlase que esta competición atraerá ao pavillón de deportes carballiñés a preto de 2.000 persoas, entre ximnastas e acompañantes, polo que está previsto un operativo especial de regulamento do tráfico e do aparcamento nesta instalación deportiva.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes