Política
A denuncia foi presentada ante a Xunta Electoral de Zona polo Partido Popular do Carballiño ao entender "que se pon en perigo a seguridade ao utilizar os sinais como soporte da publicidade electoral".
O acordo da Xunta Electoral recolle "requerir a PSdG-PSOE e por extensión a todas as demáis formacións polítcas" para que procedan de forma inmediata a retirar todos os carteis, bandeirolas ou pancartas que se teñan colocado en sinais de tráfico ou indicativas. Na comunicación da Xunta Electoral do Carballiño tamén se advirte que en caso de non facélo poderían estar incurrindo en delito electoral.
As principais candidaturas que concorren ás eleccións galegas celebran esta semana os seus actos electorais no Carballiño.
O primeiro deles, o do BNG, este martes dia 9 ás 20:30 horas no salón de actos da casa do concello, onde a concelleira carballiñesa Áurea Francisco exercerá de anfitriona nun mitin no que tamén tomarán a palabra Tareixa Paz, nº 1 por Ourense, e Marco Antonio Reboredo, candidato pola comarca.
O mércores dia 10 o turno será para os socialistas, ás 20:30 no auditorio do Carballiño, o portavoz municipal Paco Fumega e a nº 2 por Ourense, María Quintas, acompañarán ao candidato á presidencia da Xunta polo PSdG, Pachi Vázquez, no mitin central de campaña dos socialistas na comarca.
O Partido Popular celebrará o sábado dia 13 ás 14 horas unha comida-mitin con Feijóo, nunha carpa-restaurante que se instalará na explanada do balneario do Carballiño, ao lado do río Arenteiro. Para asistir a esta comida-mitin poderán adquirirse as tarxetas durante esta semana na sede local do Partido Popular.
E xa finalmente, tamén o sábado dia 13, ás 8 da tarde na casa da cultura do Carballiño, está programado o acto electoral da Alternativa Galega de Esquerda no que, entre outros, falarán o Alcalde de Teo, Martiño Noriega, e os candidatos pola provincia de Ourense.
Camiño de Ourense, onde protagonizou o primeiro mitín de Alternativa Galega de Esquerda nesta campaña electoral, Xosé Manuel Beiras visitou os estudios de COPE O Carballiño.
Durante 20 minutos, o candidato de AGE respondeu as preguntas de Xan Pinal, no transcurso dunha entrevista que será emitida por esta emisora de radio o lúns dia 8 ás 13:30 horas.
Xosé Manuel Beiras salientou "o traballo que desenvolven as emisoras de radio locais e a súa proximidade coa audiencia, que lle dan credibilidade", manifestou o veterano dirixente nacionalista.
SEGUIMENTO DA CAMPAÑA ELECTORAL NO ÁMBITO COMARCAL
COPE O Carballliño ofrecerá información diaria sobre o desenvolvemento da campaña destas eleccións galegas no ámbito local, dando conta de todos os actos programados polas distintas candidaturas.
A información sonora poderá seguirse na programación local de mediodia a partir das 12:30 horas. Antes, a partir das 12:05 do mediodia poderá sintonizarse, tamén a diario e de lúns a venres, toda a actualidade da campaña electoral a través da programación de COPE Galicia.

Os socialistas califican de "esperpéntica situación" a que vive a entidade supramunicipal e solicitan "de forma enérxica a disolución e o cesamento da súa actividade".
"Vimos denunciando desde fai anos un funcionamento que lonxe de buscar a eficacia na prestación de servizos aos seus membros, derivou nun nicho de favores para concelleiros do PP, cando non familiares ou simpatizantes, que entraron a traballar neste organismo a través de contratacións a dedo", afirmou Guillermo Dopazo.
O Secretario da Agrupación Comarcal do PSdG fixo referencia ao abandono dos concellos gobernados polo Partido Popular, O Irixo e San Amaro os últimos en facélo "que deixa en evidencia a esta institución supramunicipal e ven a confirmar o que desde fai tempo vimos denunciando".
Dopazo recordou que "o concello do Carballiño, cando contaba cun goberno serio e preocupado de verdade polo bo goberno da vila, xa abandonou esta institución no ano 2004, e daquela os argumentos foron os mesmos que agora dan os alcaldes do Partido Popular, o excesivo gasto e o seu nefasto reparto".
Finalmente, consideran os socialistas unha "paradoxa que o alcalde do Carballiño anunciase que o vindeiro 1 de xaneiro este concello volverá a formar parte da Mancomunidade, outra demostración máis da súa falta de visión política".

A muller presentouse nas dependencias municipais "coa idea de non abandonalas e pemanecer en folga de fame ata que se entere España enteira e mentres non solucionen o problema".
Lidia Duro, de 75 anos de idade, afirma que en reiteradas ocasións ven advertindo aos responsables municipais desta problemática "a finca sigue sen limpar e a vivenda corre perigo, como ocorreu o 15 de setembro cando se rexistrou un incendio forestal que de non ser polos 3 camións de bombeiros que viñeron, ardía todo, a nós dixeronos no catastro que a finca non tiña dono coñecido e que tiña que ser o Alcalde quen nos solucionese esto, pero non acaban de facélo", manifestou. A muller considera que o concello é responable da situación e que a súa vivenda está en perigo de orixinarse un lume na zona, xa que o terreo continúa sen desbrozarse.
O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que desde o concello "temos feito todo o posible para atender esta denuncia, estamos facilitandolle información diaria a esta familia, o que sucede é que neste caso atopámonos cun titular da finca recentemente falecido, e tras as xestiós feitas xa están localizados e notificados os 2 propietarios das parcelas afectadas, teñen 15 dias para desbrozar e limpar, e ata que se cumpla ese prazo o concello non pode entrar nas fincas, porque estariamos delinquindo".
Marnotes salientou que agás casos puntuais a maioria dos veciños cumplen coa normativa "unhas 1.500 fincas foron este ano desbrozadas polos seus propietarios en todo o ámbito municipal, é un dato importante porque nunca antes se desbrozara tanta superficie como este ano", subliñou.
Recordan que o SERGAS ven de licitar nos útlimos dias´"algúns centros de saúde que o goberno galego se comprometera a construir nesta lexislatura" entre os que non está o do Carballiño.
Desde a Agrupación Local do PSdG manifestan que a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño fora "un proxecto anunciado no seu dia polo Alcalde do Carballiño" e mesmo recordan "a promesa que fixera a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas na súa visita electoral a O Carballiño en plena campña electoral nas pasadas eleccións municipais cando se aseguraba que este concello contaría cun novo centro de saúde neste ano 2012".
Os socialistas carballiñeses critican que o proxecto anunciado no programa electoral do Partido Popular de centralizar os servizos de transporte de viaxeiros, trasladando á estación de ferrocarril a de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde, fose "unha farsa política ás que nos tivo acostumados o Sr. Feijóo, e como outras tantas promesas para este concello, o goberno do Partido Popular e o seu presidente non investiron nada do prometido", remarcan.

O salón de actos da casa do concello do irixo acolleu o primeiro acto celebrado na comarca pola Alternativa Galega de Esquerda, unha das candidaturas que concorren as eleccións galegas.
No acto falaron, ante medio centenar de persoas, Carmen Iglesias, Jon Sáez e o número 1 na candidatura pola provincia David Fernández Calviño, que foron presentados por Andrés Fernández, veciño do Carballiño e membro da candidatura da AGE.
Non foi casual que a candidatura elixise O Irixo para a súa presentación "porque no Irixo estivemos loitando activamente contra a incineradora, porque aquí seguimos para non permitir a instalación dunha macroplanta incineradora".
A Alternativa Galega de Esquerda presentou o seu modelo de xestión de residuos "que está baseado nun modelo descentralizado, de reciclaxe e reducción".
Os candidatos incidiron de maneira especial na problemática da despoboación do rural "consecuencia da desaparación do agro galego, do noso sector primario, que está a ser desmantelado polo goberno do Partido Popular que dirixe Feijóo; abocando á mocidade a emigrar igual que antes tiveron que facer os seus pais, nais e avós porque no rural non hai traballo nin futuro", recalcaron.
O momento emotivo do acto estivo no recordo polo pasamento de Xosé Mejuto "histórico militante do Irixo que durante tantos anos traballo a prol do concello do Irixo".

A finais da pasada semana os gobernantes municipais reunianse cos responsables de Aquagest para encargarlle un proxecto para a reposición integral da rede de tuberias nesta rúa.
A decisión de acometer un proxecto de renovación da rede chega despois de numerosas roturas das tuberias, unha problemática que ven desde fai tempo, aínda que nas útlimas semanas as averías foron de tal magnitude que afectaron a establecementos comerciais e sotos de edificios, con danos bastante considerables. Ademáis, as averias motivan o corte no suministro de auga aos usuarios da zona e tamén teñen incidencia no tráfico, xa que a rúa cerrase á circulación de vehículos.
Esta última rotura incluso pudo provocar posibles danos estructurais nun edificio, de feito os propietarios levantaron acta notarial sobre esta incidencia, ao observarse que a riada de auga pudo afectar á base da edificiación.
O matrimonio, que é titular dunha empresa que realiza traballos forestais, declarou durante 2 horas ante a Xuíza, que decretou a súa liberdade sen fianza, e cos cargos de suborno e tráfico de influencias.
Tras o seu arresto no Carballiño onde teñen o seu domicilio habitual, aínda que o home é veciño natural do municiipio do Piñor, chegaron ao xulgado en coches separados, tras pasar as últimas 24 horas en dependencias policiais.
A sociedade familiar que está sendo investigada no marco da operación Pokémon contra a corrupción, desenvolve a súa actividade en labores de desbroce, plantacións, movementos de terra e saneamento. Desde fai anos, ven realizando traballos a distintos concellos e outras entidades da adiminstracción pública, mediante a adxudicación de contratos.
O Grupo de Goberno do Partido Popular do Concello do Irixo decide abandonar a Mancomunidade do Carballiño.
A decisión foi comunicada e aprobada no pleno municipal deste municipio, tras unha proposta presentada polo Partido Popular, que conta con 8 dos 9 concelleiros que integran a corporación deste concello, o acordo colleu de sopresa ao único concelleiro da oposición, o socialista Javier Rodríguez.
O acordo plenario recolle que o Concello do Irixo causará baixa na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que preside o Alcalde de Beariz, con data do vindeiro 1 de xaneiro de 2013. O Alcalde, Manuel Penedo, xustificou esta decisión no alto coste que ten para o municipio os servizos que recibe da entidade intermunicipal.
Tras a retirada do Irixo, tan so 4 concellos continuarán na Mancomunidade, os de Beariz, San Amaro, San Cristovo de Cea e Boborás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »