13, Outubro 2024

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, supervisou as obras para a creación da ruta Serra Martiñá, nas que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 25.000 euros.

O delegado territorial explicou que con esta actuación preténdese promover a creación e adecuación en cada Zona de Especial Conservación (ZEC) das infraestruturas de uso público necesarias para achegar a poboación local e os visitantes aos valores do espazo natural, de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación.

Manuel Pardo, destacou que a Xunta concedeu máis de 1 millón de euros a axudas para recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade da rede Natura 2000 na provincia de Ourense sendo os beneficiarios os concellos da Gudiña, Larouco, San Cristovo de Cea, Chandrexa de Queixa, O Irixo, O Bolo, Manzaneda, Laza, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Montederramo, Vilar de Santos, Monterrei, Beariz, Vilar de Barrio, A Veiga, A Mezquita, Porqueira e Quintela de Leirado; que reciben máis de 400.000 euros; as persoas físicas -preto de 60.000 euros-, e entidades como asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes veciñais en man común, que se reparten máis de 600.000 euros.

O representante do Goberno galego lembrou que o obxectivo desta orde de axudas, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, é subvencionar proxectos que contribúan ao mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación e recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats así como á mellora da paisaxe rural tradicional.

12, Outubro 2024

A travesía urbana da N-541 continúa acumulando accidentes de tráfico con persoas feridas, o útimo deste suma e segue rexistrábase nesta mañá de sábado na Avenida 25 de Xullo, esta vez en forma de atropelo a altura do paso de peóns do restaurante Fuchela.

O 112 mobilizou á Policia Local e unha unidade de Urxencias Sanitarias de Galicias 061, que trasladou en ambulancia á persoa ferida.

Mentres, o "Pacto de Pedre" que integran os concellos polos que percorre esta estrada N-541 continúa denunciando a alta sinistralidade desta estrada e demandando do Ministerio medidas que melloren a súa seguridade, precisisamente este tramo entre Dacón e Boborás figura entre os máis perigosos para os accidentes de tráfico en toda a rede viaria española.

 

12, Outubro 2024

Nadie en este concello va a hacer nada por el abuso de terrazas en los soportales de la calle principal, toda del mismo dueño, o esta corporacion le tiene miedo o debe algo.

11, Outubro 2024

Charcos, salpicaduras e buratos ...

QUE ARREGLARON ESTES DIAS?

 

11, Outubro 2024

A Deputación de Ourense colaborará cos empresarios da área industrial da Uceira, no Carballiño, para potenciar o asociacionismo e facilitar a prestación de servizos ás firmas instaladas no parque empresarial.

O presidente da Deputación, Luis Menor, comprometeu esta cooperación no transcurso do encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño, encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda, que estivo acompañado por Daniel Atanes, membro da xunta directiva.

Os representantes da asociación explicaron a Luis Menor a realidade dun parque empresarial que acolle na actualidade a 57 empresas, con 1.400 traballadores e unha facturación do entorno dos 300 millóns de euros anuais.

Na entrevista tamén se expuxeron as necesidades que teñen os empresarios instalados neste espazo, tanto en cuestións que son competencia doutras administracións como aspectos nos que pode colaborar a Deputación.

Luis Menor lembrou que o pulo ao desenvolvemento das áreas industriais na provincia forma parte dos compromisos adquiridos no seu discurso de investidura como presidente provincial, "estratexia que encaixa perfectamente cun dos polos de emprego máis importantes da provincia".

O fomento do asociacionismo, engadiu, tamén redundará "na prestación de máis e mellores servizos aos empresarios da Uceira, fortalecendo este pulmón industrial que xera riqueza, emprego e mantén poboación na comarca".

11, Outubro 2024

Na Tertulia deste venres 11 de outubro contamos coa participación nos estudios de COPE O Carballiño de José Antono Barge, Manuel Noguiera, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal.

Como en cada tertulia tamén achegaron o seu punto de vista numerosos oíntes, sobre os asuntos que foron obxeto de debate.

Aquí podes escoitala íntegra, no PODCAST de COPE O Carballiño:

10, Outubro 2024

O concello de San Cristovo de Cea presentará unha demanda contra Naturgy-Unión Fenosa Distribución por ter a Cea 27 horas sen subministro eléctrico, tras unha incidencia desde as 10 horas deste pasado mércores dia 9 que non se resolveu ata primeira hora da tarde de hoxe xoves.

Asi a anunciaba nunha interveción o alcalde José Luis Valladares nunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño, na que ademáis invitaba a todos os veciños perxudicados, especialmente a empresas e comerciantes, a sumarse a esta acción xudicial promovida pola institución munipal.

Escóitao aquí:

10, Outubro 2024

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou aos participantes do programa Reencontros con Galicia na residencia de tempo libre do Carballiño. Miranda estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, para coñecer de primeira man as experiencias dos 94 galegos que recibíu a residencia carballiñesa.

Os beneficiarios deste programa, no que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade, teñen unha media de idade de 78 anos e proceden da Arxentina, do Brasil, do Uruguai, de Venezuela e de Cuba. Entre eles destaca a persoa de maior idade, de 96 anos, que chegou desde O Uruguai para participar no reencontro coa súa terra de orixe, e a máis nova, que conta con 66 anos e procede da Arxentina.

Ademais, é significativo que unha decena de persoas non volveran a Galicia desde que emigraran, e algunhas levaban máis de 70 anos sen pisar a súa terra natal. Miranda puxo en valor a importancia deste programa, que busca non só facilitar o reencontro familiar, senón tamén permitir que os participantes coñezan a Galicia actual e o seu patrimonio cultural e natural.

Durante a visita, destacou a emoción que viven moitos dos participantes, especialmente aqueles que regresan despois de tantas décadas. O secretario xeral reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando iniciativas que, como Reencontros con Galicia, manteñen vivos os vínculos entre os galegos do exterior e a súa terra. “Para a Xunta é unha prioridade facilitar estes reencontros, que permiten que os nosos maiores revivan as súas raíces e manteñan unha conexión emocional coa Galicia que deixaron atrás, pero que nunca esqueceron”, sinalou Miranda.

9, Outubro 2024

O Carballiño estivo presente na edición 2024 deste prestixioso foro gastrómico de nivel mundial, que se ven celebrando esta semana e que acolleu este pasado martes dia 8 a presenza do pulpeiro Cësar Álvarez, de restaurante Fuchela.

O carballliñés foi un dos participantes no "Foro de Tabernas e Taberneiros-el producto como emblema" no que falou da tradición pulpeira do Carballiño, achegou a súa experiencia profesional, e compartiu mesa redonda con  Francisco Martín de Bar FM de Granada, Carlos Castelló de Piripi de Alicante e Miguel Ángel Jimenez de La Catapa de Madrid.

 

8, Outubro 2024

Son numerosas as incidencias que nas útlimas horase están rexistrandose no suministro eléctrico nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

En moitas localidades son varias horas sen servizo desde a noitiña deste martes, e poderían continuar tamén nas próximas horas coincidindo coa chegada dos efectos da borrasca KIRK, previstos para a madrugada e primeiras horas da mañá deste mércores dia 9 de outubro.

Nestas circustancias de adversidade meteorolóxica e no caso de que as incidencias na rede eléctrica afecten ao centro emisor da FM de COPE O Carballiño, recordamos a toda a audiencia que toda a nosa programación, incluída a emisión local poderá seguirse por Streaming a través da Internet, e nesta mesma páxina WEB.

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS