10, Xullo 2023

Xa pasou a campaña electoral do mes de maio, xa houbo a resaca electoral, os partidos políticos falaron, negociaron ou non negociaron e logo de todo es proceso saiu escollido un alcalde que é coincidente co candidato da lista mais votada e que ademáis atópase nunha miniría moi minoritaria, polo que se antes con nove concelleir@s era un despropósito imos ver qué pasa con 6 persoas gobernando O Carballiño dos cales 5 repiten goberno.

Os veciñ@s da rúa Ourense durante todo este proceso electoral mantivémonos a marxe pero desgraciadamente é moi probable que teñamos que vomitar a realizar algún tipo de acción reinvidicativa e máis cando non sabemos nada máis do proxecto, o último foi unhas declaracións do alcalde Fai un tempiño dicindo que ía sair a obra da Rúa Ourense a licitación, pero se miramos na pax. Web da CHMS pois non aparece nada deso. O 23 de xullo como ben sabemos tod@s, e cómo ben sabemos se gaña o PP as eleccións pois a CHMS tamén Vai cambiar as súas prioridades e o seu presidente, entón pode que este proxecto se convierta totalmente en FUME, Unha vez máis. Para rematar, estaremos moi atentos e para setembro comenzaremos con accións, se non se soluciona está situación. 

 

9, Xullo 2023

Das catro actuacións previstas pola Orquestra Paris de Noia para este mes de xullo no que andamos na provincia de Ourense, tres delas serán no concello de Boborás, a outra única presenza para este mes da famosa orquestra galega no ámbito provincial será en Amoeiro. Este verán de 2023 a orquestra presenta o seu espectáculo "La Gira de la Ilusión".

A primeira das tres actuacións da Paris de Noia en Boborás durante este mes será o lúns dia 10, na parroquia do Regueiro, onde celebran a festividade do S. Sadurnín. Nesta localidade actúou o pasado dia 29 de xuño a orquestra Panorama, no dia do patrón S. Pedro.

Tamén esta mesma semana, o mércores dia 12,  a Paris de Noia amenizará a verbena no campo da festa de Moldes, no segundo dia das fesas de San Bieito. O dia anterior, o martes 11 faráo a orquestra Pontevedra.

E finalmente, a última visita da oquestra Paris de Noia ao concello de Boborás para este mes de xullo será o lúns dia 31, esa é a data programada para a súa actuación na parroquia de Feás.

8, Xullo 2023

Me preguntaba a dia 8 de Julio, si este Concello tiene pensado hacer actividades este verano, no solo en Agosto. Como el CARNAVAL DE VERAN, o A FEIRA MEDIEVAL,  porque al principio bien se hartaron de fotos cartel pero ahora....No es cuestion de prisas, pero la hosteleria necesita programar con anticipacion en caso de que se realicen estos eventos y en caso de que no dar un buen tiron de otejas , porque poco a poco se queda el pueblo sin nada. En caso de que se realicen, a wue se espera para anunciarlo, al dia antes? O a que proteste todo el mundo. Hay que programar con antelacion . 

A ver si de verdad el resultado electoral trae cambio, pero positivos. 

Un hostelero. Saludos.

 

7, Xullo 2023

Todo está preparado para "1809 A Batalla" , a festa históricia que teatraliza os feitos acontecidos o dia 2 de marzo de 1089 na ponte da Cruz de Pazos de Arenteiro en plena guerra da independencia eque vai celebrarse esta fin de semana, sábado e domingo, cun amplo e actractivo programa de actividades para tódalas idades, e que repasamos ao detalle coa axuda de María e Agustín, integrantes da asociación organizadora.

Nesta visita ao concello de Boborás falamos con promotores de proxectos singulares que xa son unha realidade neste concello nos sectores agrícola e gandeiro, en concreto sabemos dun proxecto que combina a producción apícola coa plantación de maceiras nas 22 hectáreas do monte comunal de Ventosa, delo falamos con Daniel Caíña. E tamén conversamos con Juan Fraga, que trouxo a súa explotación gandeira a aldea modelo do Penedo de Xuvencos, e na que recupera ao porco silleiro, unha raza autóctona.

E por suposto, neste programa especial dos venres de verán, que presentamos desde a casa do concello de Boborás, conversamos coa súa alcaldesa Patricia Torres. No arquivo de audio adxunto podes escoitar todas as entrevistas.

6, Xullo 2023

Máis dun cento de veciños de Boborás e participantes procedentes de localidades de toda España recrearán esta fin de semana un dos acontecementos máis singulares da historia da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón.

A Deputación de Ourense e o Concello de Boborás colaboran con esta festa histórica, organizada pola Asociación Cultural A Batalla 1809, e na que os veciños de Boborás convidan aos visitantes a unha viaxe no tempo para coñecer durante dous días -sábado 8 e domingo 9 de xullo- en Pazos de Arenteiro os costumes, a gastronomía e o modo de vida daquela época, nunha ampla programación que culminará ás 13,30 horas do domingo coa batalla na ponte.

O vicepresidente segundo, César Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación do evento xunto á alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Asociación Cultural A Batalla 1809, Agustín Vila.

César Fernández definiu “1809 A Batalla” como “un evento xa fundamental no calendario da provincia”, antes de recoñecer o “excelente traballo” da organización e do concello para desenvolver unha festa “á que sen dúbida merece a pena asistir e desfrutar”.

Pola súa banda, Patricia Torres incidiu na importancia de retomar “A Batalla 1809” despois do parón obrigado pola pandemia do coronavirus, remarcando a dedicación e esforzo dos organizadores para levar a cabo unha cita que “xa é unha referencia entre as festas históricas ourensás e galegas”.

Agustín Vila agradeceu a colaboración institucional, o traballo de todos os voluntarios e dos propios veciños de Pazos de Arenteiro para organizar unha cita “moi interesante e que se renova ano a ano, implementando novas actividades baixo o respecto ao espírito dunha festa que permite ver en directo a recreación desta batalla histórica”.

Un evento sociocultural con participación de veciños y visitantes

O programa de actividades da cuarta edición da festa “1809 A Batalla” inclúe ao longo do sábado 8 e domingo 9 de xullo visitas guiadas ao campamento francés e a Pazos de Arenteiro, música tradicional, concertos, exhibición de esgrima histórica e de xogos populares, gastronomía ou actividades infantís.

A festa "1809 A Batalla" é un evento cultural no que se recreará a batalla librada entre os trescentos galegos liderados polo capitán Cachamuíña e os mil soldados do exército de Napoleón aos pés da Ponte da Cruz, aos que os galegos derrotaron. Os fitos históricos serán representados ao longo do fin de semana por voluntarios de todo Boborás xunto a participantes doutros puntos de Ourense e doutros puntos da xeografía española, que se unen á celebración e vístense de combatentes dos dous bandos durante eses dous días.

6, Xullo 2023

O pavillón Paco Chao do Carballiño acolle ao longo a vindeira fin de semana (8 e 9 de xullo) a Copa Galega de grupos show. O sábado, dende as cinco será a quenda para as formación de Primeira categoría e o domingo, co mesmo horario, para os de Segunda.

Para o evento están acreditadas un total de 626 persoas en representación de 35 clubs de toda Galicia. A organización, delegada pola FGP, corre a cargo de Club Patinaxe Aehde O Carballiño, que no ano do seu décimo aniversario, está concentrando un bo número de citas. Só dende o pasado 18 de xullo, leva organizado catro con 1.100 patinadoras e patinadores pasando polo Carballiño co que iso supón a nivel de retorno económico para a localidade.

O trofeo Terras do Orcellón abriu o lume, seguiulle a Gala da Escola Aehde de Patinaxe e a II Fase de Niveis do 1 ao 4, rematando agora periplo ca Copa Galega. Con esta aposta trata de darlle visibilidade a unha modalidade deportiva que pouco a pouco vai medrando na provincia de Ourense. De cara a fin de semana, tanto sábado pola mañán como domingo pola mañán, terán lugar os adestramentos oficiais de cada equipo (15 minutos), e polas tardes as competición que reparten os últimos galardóns da tempada de show en Galicia.

O horario de competición é o seguinte: Sábado 8 de xullo Primeira categoría 17 horas: cuartetos 18.15: Grupos júnior 19.00: Grupos pequenos 19.25: Grupos grandes 20.00: Entrega de trofeos

Domingo 9 de xullo Segunda categoría 17 horas: Grupos pequenos 20 horas: Grupos grandes 20.45: Entrega de trofeos

4, Xullo 2023

"A XXX edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea contou con cheo total no Campo da Saleta" destaca a xeito de balance o concello de San Cristovo de Cea, aportando datos de afluencia de público rexistrado a pasada fin de semana nas actividades programadas "ao longo da xornada do domingo se reuniron 2.500 persoas, tamén foi todo un éxito de participación o Xantar dá Festa con 500 comensais, un festexo de Interese Turístico galego totalmente consolidado que o día anterior xa reuniu a un milleiro de persoas ao redor do IX Roteiro dos Fornos".

Salientan "os momentos emotivos durante o domingo, que houbo moitos: desde a entrega da recadación da Andaina Solidaria dá Festa do Pan de Cea do pasado 25 de xuño á Asociación de Catarata Conxénita de España (ACCESDELUZ); o maxistral pregón Marcial Mouzo, coñecido locutor dá Radio Galega que dirixe as madrugadas co seu programa “Pensando en ti”; ata a concesión de distincións tanto ao pregoeiro, como ao secretario da IXP Pan de Cea, Ricardo Losada, e á exconselleira do Mar e actual candidata do PP ao Parlamento por Ourense, Rosa Quintana".

Precisamente, o pregoeiro puxo en valor esta dura profesión e falou da “necesidade de substitución xeracional nesta tradicional profesión” –lembrando- que “a receita do Pan de Cea ten máis de 700 anos e está ligada ao Monasteiro de Oseira”. Os encomios a este produto non quedadoron aí pois como ben explicou Marcia Mouzo: “é un pan ideal para acompañar calquera produto da nosa rica gastronomía” remarcan nesta avaliación positiva que fan desde o concello de Cea e a IXP do que foi esta XXX edición desta celebración que ten a súa data fixada no calendario no primeiro domingo do mes de xullo

4, Xullo 2023

Alcampo abríu hoxe o seu novo supermercado no Carballiño, neste caso para elo non foi preciso unha nova construcción, senón que foi tras a compra do supermercado da marca Dia,na rúa Ourense do Carballiño. Como dato curioso, zona de aparcamento está situada no concello do Carballiño, e a nave que acolle o novo supermercado xa está localizado dentro do territorio municipal do concello de Maside.

A oferta á que poderán acceder os consumidores de Alcampo Supermercado no Carbaliño consta de máis de 12.000 referencias, incluíndo unha ampla variedade de alimentación de produtos procedentes de lonxas galegas, gandeiros, envasadores e pequenos industriais e agricultores de Galicia.

Desde Alcampo explican que "unha dás nosas máximas é a colaboración con empresas agroalimentarias do medio onde se asentan os supermercados, na súa maioría pequenos produtores coa mirada posta en preservar a riqueza gastronómica dá zona".

Alcampo Supermercado O Carballiño iniciou hoxe a súa actividade con "prezos máis baixos, comprometidos co bo, o san e o local".

3, Xullo 2023

Unha muller de 73 anos de idade faleceu esta tarde en Punxín, no lugar de Quintela do Viñao, tras caer accidentamente a un puzo.

Trátase da muller do alcalde da localidade, Manuel Vazquez "Casalta". Os Servizos do 061 tan so poideron certificar a súa morte, sendo trasladada posteriormente para que lle sexa practicada a autopsia.

O funeral por Rosa D.V. terá lugar este martes dia 4 de xullo ás 20:30 horas na igrexa parroquial de Santa María de Punxín.

3, Xullo 2023

O PSdeG-PSOE de Leiro defenderá unha moción no vindeiro pleno municipal no que insta ao goberno municipal do Partido Popular a “mellorar” a oferta de prazas no campamento de verán que se celebrará entre o 3 de xullo e o 8 de setembro. Os e as socialistas consideran que 20 “son moi poucas prazas para a demanda actual de cativos e cativas que hai no municipio”, polo que solicitan que se estableza un número “ilimitado” nas prazas ofertadas.

Dende o grupo municipal socialista consideran que “ningún cativo e cativa de Leiro debería quedar fora do campamento de verán” e ante esta situación animan ao goberno municipal “a aumentar o número de monitores, se é necesario, para poder atender a demanda e non discriminar a ningunha familia”. Os concelleiros socialistas salientan que este campamento “está pensado para favorecer a conciliación familiar nos meses de verán, polo que pedimos que non se limite a 20 prazas, senón que se acolla a todos os cativos e cativas que queiran participar en dita actividade”.

O concelleiro do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que esta moción “vén motivada polo límite de prazas do campamento de verán e tamén porque con ela pretendemos que todos e todas as crianzas de Leiro poidan ter acceso a estas actividades lúdicas e educativas que permitirán o seu desenvolvemento e mellorar a conciliación das súas familias”. O edil socialista considera “moi positiva” esta actividade, polo que subliña que “temos que abrila ao maior número de familias posibles”.

Rodríguez Vázquez avoga porque dende o concello “se dean todas as facilidades posibles ás familias de Leiro e se aumenten os recursos, se fose necesario, para contratar máis monitores, e deste xeito dar un mellor servizo do campamento de verán”.

O PSdeG-PSOE de Leiro destaca tamén que este tipo de actividades no verán “son moi positivas para o noso municipio”, motivo polo que esixen que “se realicen nas mellores condiciones posibles, cos máximos recursos e que permitan dar resposta a toda a demanda existente no municipio”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS