
O PSdeG-PSOE de Leiro defenderá unha moción no vindeiro pleno municipal no que insta ao goberno municipal do Partido Popular a “mellorar” a oferta de prazas no campamento de verán que se celebrará entre o 3 de xullo e o 8 de setembro. Os e as socialistas consideran que 20 “son moi poucas prazas para a demanda actual de cativos e cativas que hai no municipio”, polo que solicitan que se estableza un número “ilimitado” nas prazas ofertadas.
Dende o grupo municipal socialista consideran que “ningún cativo e cativa de Leiro debería quedar fora do campamento de verán” e ante esta situación animan ao goberno municipal “a aumentar o número de monitores, se é necesario, para poder atender a demanda e non discriminar a ningunha familia”. Os concelleiros socialistas salientan que este campamento “está pensado para favorecer a conciliación familiar nos meses de verán, polo que pedimos que non se limite a 20 prazas, senón que se acolla a todos os cativos e cativas que queiran participar en dita actividade”.
O concelleiro do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que esta moción “vén motivada polo límite de prazas do campamento de verán e tamén porque con ela pretendemos que todos e todas as crianzas de Leiro poidan ter acceso a estas actividades lúdicas e educativas que permitirán o seu desenvolvemento e mellorar a conciliación das súas familias”. O edil socialista considera “moi positiva” esta actividade, polo que subliña que “temos que abrila ao maior número de familias posibles”.
Rodríguez Vázquez avoga porque dende o concello “se dean todas as facilidades posibles ás familias de Leiro e se aumenten os recursos, se fose necesario, para contratar máis monitores, e deste xeito dar un mellor servizo do campamento de verán”.
O PSdeG-PSOE de Leiro destaca tamén que este tipo de actividades no verán “son moi positivas para o noso municipio”, motivo polo que esixen que “se realicen nas mellores condiciones posibles, cos máximos recursos e que permitan dar resposta a toda a demanda existente no municipio”.

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reafirmou o apoio do Executivo autonómico ás entidades que traballan neste ámbito, por entender que son fundamentais para prestar unha atención especializada e adaptada ás necesidade de cada persoa. Fíxoo na XXV Convivencia Familiar de Persoas con Discapacidade Intelectual organizada por Special Olympics Galicia—Fademga.
En representación do concello do Carballiño, que desde fai anos colabora neste evento, asistíu o alcalde Francisco Fumega. Desde primeiras horas da mañá deste domingo foron chegando os participantes, procedentes de toda a xeografía galega, en número superior ao milleiro de persoas.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tamén participou neste evento que se desenvolveu no parque municipal do Carballiño e que reuniu a preto de un milleiro de persoas. A xuntanza foi un punto de encontro para usuarios das distintas entidades, profesionais e familiares, que compartiron unha xornada de carácter festivo.

A última entrega do "Estudio General de Medios" correspondente ao segundo trimestre de 2023 que ven de publicarse sitúa a COPE O Carballiño como a emisora de radio informativa máis escoitada en horario de mediodia entre todas as que emiten na provincia de Ourense, incluidas as da capital.
De 12:30 a 14:30 horas, coincidindo coa programación local de COPE O Carballiño, tamén entre as 8:00 e 9:00 da mañá, esta emisora de radio é lider na provincia de Ourense. 8.000 persoas infórmanse a diario nesta franxa horaria do que acontece no Carballiño e no resto dos concellos do noso ámbito de cobertura radiofónica, nas comarcas O Carballiño-O Ribeiro, alcanzando unha cuota de audiencia do 80% entre as emisoras de radio de ambas comarcas, según este último "EGM", o único auditor recoñecido polo sector radiofónico en España.
Xa era de esperar os problemas que ía traer para a circulación a construcción do Mercadona no entorno da estación do FF.CC a carón da N-541. Xa son dabondo coñecidos os que xa temos e padecemos dende fai tempo, que agora parece que se tratan de paliar a raiz do tráxico accidente de autobus na vispera do Nadal pero o que non podemos é provocar máis infrinxindo as normas pensando na comodidade. Non se pode seguir permitindo que porque a alguén se lle antolle entrar o Mercadona xirando a esquerda dirección Ourense (vese ben que hai liña continua e polo tanto está prohibido) provoque retencións de 7 ou 8 coches como me pasou a mín hoxe agardando a que xire ou provoque un accidente por alcance con colisión posterior facendo unha maniobra prohibida. Tamén está claro que está prohibido o xiro a esquerda para sair da superficie comercial e tamén se está a facer provocando retencións no interior do recinto.
Prego as autoridades que tomen medidas, e fagan controis informativos e `preventivo e seguen os incumprimentos que empecen a poñer multas. Senón non aprendemos.

COPE O Carballiño, a emisora líder en audiencia na provincia de Ourense na franxa de mediodia, según o último "Estudio General de Medios" trasladouse ata a vila de Cea en vespera dunha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea.
Para a ocasión, eliximos para emitir este programa especial, o novo complexo hosteleiro AC/DC, ubicado no casco histórico de Cea, recentemente inaugurado, e desta nova proposta que inclúe cafetería, gastrobar e moi pronto hospedaxe, falamos cos seus promotores, Iván e Marcos.
E tamén falamos con outra emprendedora como Silvia Garriga, de https://nelabiosense.es e das súas marmeladas creativas e os seus productos cosmeticos naturais elaborados na súa fábrica do polígono industrial do Fondo de Cea.
O presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez repasa a actualidade deste colectivo e do programa de actividades para esta fin de semana en Cea, igual que o fai o concelleiro de turismo José Dalama. Pola súa parte, o alcalde José Luis Valladares avanza que será a promoción turística unha das prioridades da súa xestión para este novo mandato municipal recén comezado.
Podes escoitar todas as entrevistas do programa no audio adxunto:

Parece que ninguén está reparando co que acontece coas árbores no paseo do río Arenteiro, no tramo entre A Toscaña e a pasarela metálica do Cornubal. Trátase dun auténtico perigo, o ano pasado foron dous os árbores caídos, polo menos que eu recorde, máis recentemente caeu outro que aínda pemanece sen retirar, e onte mesmo volveu caer outro, poden verse na foto a escasos metros ambos.
Trátase dunha zona moi transitada por moita xente paseando e facendo deporte, deberíase actuar con urxencia, vese nas árbores caídas, que son de gran tamaño, que apenas teñen raíces, debería facerse un estudio a todos os demáis, porque entendo que son un perigo evidente que pode poñer en risco a vida de persoas. Señores responsables do concello, hidrográfica ou quen corresponda, actúen xa, e a todas as persoas que pasan pola zona, teñan cuidado.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou aos premiados pola Denominación de Orixe O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades. No acto de entrega dos galardóns, asegurou que os recoñecementos son unha proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que, desde os recunchos máis modestos, os produtos galegos poden conquistar o mundo.
O xefe do Executivo autonómico valorou a forza da viticultura na Comunidade, e asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas. Deste xeito, subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria para fomentar o impulso de novas zonas de viñedo, os preto de 30 millóns de euros aprobados en axudas para investimentos, exportacións e reconversións de plantacións de vide; a futura Lei de calidade alimentaria, que blindará no plano legal a excelencia dos produtos e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.
“Unha viña é unha fonte de riqueza pero tamén unha postal para moitos deses visitantes que contribúen a que Galicia siga batendo récords turísticos”, afirmou. Na súa intervención, o presidente salientou que son moitas as persoas que logran que Galicia estea de moda, e que a marca da Comunidade sexan, xunto cos lugares, os sabores.
Eloxio aos premiados
En referencia aos premiados, eloxiou a traxectoria de Delfina López e o impulso de novos viticultores como Cristian Vázquez, unidos pola ambición por facer as cousas cada día un poco mellor. Así mesmo, gabou a La Alacena Roja pola súa labor divulgativa, xunto cos establecementos O Colmear (Ourense), A Vinoteca de Tucho (Ribeira) e Sibarita (Vigo). Recalcou o prestixio de María José Huertas como unha das mellores sumilleres de España e o papel de Manuel Juliá tanto na escrita, como na dirección da Feira Nacional do Viño.
Por último, incidiu en que a Festa Da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional, supón un escaparate magnífico para coñecer a comarca vitivinícola. “O Ribeiro é un espello de que o rural galego ten moita calidade e moita vida se todos imos detrás do mesmo obxectivo”, finalizou.
Luego de esta funada de los vecinos de Irixo tanto a Xuntos por Irixo como al PSOE, funada importante por la cagada que están y han hecho entre ambos. Susana ya ha hecho sus declaraciones en la radio, y ha explicado a su parecer lo que ha pasado en esas negociaciones, incluso ha dejado la puerta abierta a posibles negociaciones futuras entre ambos partidos.
Por otro lado, me gustaría y yo creo que a la mayoría de los votantes también, que Iago diera en público sus explicaciones y versión de los hechos. Es verdad que la mayor funada ha sido hacia su persona, pero usted lleva muchos años en política y ya debería saber que al ser una persona pública es a lo que uno se enfrenta.
Nos esperan unos años muy complicados en O Irixo, dialoguen, tómense un respiro ambos y al fin y al cabo ustedes también son vecinos de O Irixo y entiendo que tienen cierto cariño a nuestro pueblo por eso están donde están (sino no tendría nada sentido) ambos con sus aspiraciones políticas intereses personales como cualquier persona, pero NO dejen que Manuel Cerdeira siga un minuto más en esa alcaldía que desmerece totalmente, por su falta de labor que está más que comprobada en estos años y por las faltas de respeto hacia los vecinos que no hace falta enumerar, ya todos conocemos.
Yo creo que les han dado una oportunidad única a ambos que están desaprovechando, respétense, sean profesionales, hagan su trabajo para lo que los vecinos han votado. NO tienen porque ser colegas, ni amiguitos, no se trata de eso, podemos entender que cada un tenga su manera de pensar, pero yo creo que ambos deberían reflexionar, bajar las orejas, tragarse cada uno su orgullo y ponerse de una vez manos a la obra. En fin.. obviamente esta historia ya cansa, cansa mucho y está la mayoría de los vecinos enfadados, se sienten traicionados y es normal, o para mí lo es. Así que reflexionen, cojan el teléfono y pónganse manos a la obra de una vez.
Simplemente CUMPLAN lo que han PROMETIDO HACER, AMBOS PARTIDOS!!!
O PSdeG-PSOE de Leiro esíxelle ao alcalde do municipio do Partido Popular, Francisco José Fernández, explicacións ante a falta de información á oposición da visita da conselleira de medio ambiente e dos conselleiros de medio rural e cultura á localidade. Os e as socialistas critican que tiveron constancia das visitas institucionais destes cargos da Xunta “a través da prensa”, xa que tal e como apuntan “non recibimos nin un só aviso ou comunicación por parte de alcaldía de ditas visitas”.
Dende o grupo municipal socialista de Leiro consideran que o rexedor “segue coas súas malas praxes habituais, tratando de impedir o traballo da oposición e denigrándoos, co único fin de evitar que participen e teñan constancia das visitas institucionais de cargos públicos ao noso municipio”. Ante esta situación, dende o PSOE de Leiro solicítanlle ao alcalde “explicacións dos motivos polos que o rexedor non decidiu avisar aos nosos concelleiros da presencia no municipio de ditas autoridades”.
Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Pedro José González, esta forma de actuar “é unha mostra máis da falta de respecto que o señor Fernández demostra pola oposición” e lémbralle que “mal que lle pese, o PSdeG-PSOE é tamén representante da veciñanza, polo que nin nós, nin os nosos votantes, veciños e veciñas de Leiro, merecemos tal desprezo pola súa parte”. Para o líder dos socialistas da localidade estas praxes “non son novas, xa que levan repetíndose o longo dos últimos anos”, e ante este motivo esíxelle ao alcalde que “rectifique nesta forma de actuar”.
“Como máximo representante público dos veciños e veciñas de Leiro, o alcalde debe rexerse polos principios da ética e a transparencia, comunicando e informando á oposición das visitas institucionais”, afirma Pedro José González. O voceiro socialista tamén afirma que “ao igual que o Partido Popular, o PSdeG-PSOE tamén forma parte da corporación” e subliña que “debe terse en conta a oposición para futuros actos e visitas institucionais, xa que estes son en beneficio da veciñanza de Leiro, e non actos electoralistas do Partido Popular”.

Paco Fumega concede a COPE O Carballiño a súa primeira entrevista trala súa recente reelección como alcalde do Carballiño., unha intervención na que fai unha interpretación dos resultados electorais e afirma que estamos nun inicio de mandato no que se impón o diálogo cos grupos da oposición para sacar adiante os proxectos que precisa O Carballiño.
E avanza nesta entrevista algunhas claves deste novo mandato no que a actividade en canto a obras centraráse no ámbito urbano "porque no rural xa está todo prácticamente feito". Podes escoitála no audio adxunto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- …
- seguinte ›
- última »