17, Xullo 2023

O salón de plenos da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a sesión extraordinaria de constitución da nova corporación provincial para o mandato 2023-2027 e na que, trala toma de posesión das 25 deputadas e deputados, foi elixido como novo presidente da Deputación Luis Menor Pérez, deputado do grupo popular e alcalde de Pereiro de Aguiar.

Tras recoller o bastón de mando, “que representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia”, o presidente felicitou aos novos membros da corporación, aos que pediu “a máis absoluta implicación” con Ourense. Unha provincia que cualificou como proxecto “porque iso implica que non hai conformismo, que sempre imos procurar a mellora, e porque cada xeración ten novas e lexítimas necesidades ás que debemos dar resposta”.

Nese obxectivo afirmou que lle gustaría contar co apoio e a implicación do resto dos grupos políticos da corporación. Como persoa “que escoita, dialoga e cre no consenso” comprometeuse a buscar o apoio de todos os partidos “para levar adiante, coa máxima lexitimidade, os proxectos de provincia”.

No seu discurso, Luis Menor estableceu as que serán as liñas mestras da súa acción de goberno: planificar e priorizar, consolidando iniciativas xa en marcha e atendendo aos novos desafíos da sociedade.

Entre os obxectivos nos que xa se traballa citou fortalezas como o termalismo; o sector do viño ou a calidade do sector primario. Falou tamén de potenciais, como o turismo ou a conexión a través do AVE co centro de España. Non se esqueceu das debilidades da provincia, entre elas a perda de poboación “que só conseguiremos frear con servizos máis eficientes”, citando ademais a creación de áreas industriais e o máximo respaldo ás áreas xa existentes, “aproveitando as novas comunicacións e a nosa privilexiada situación xeoestratéxica”.

No tocante aos desafíos, o presidente apuntou dous retos: poboación e cambio climático. Por unha banda, afirmou, a Deputación de Ourense “está chamada a ter un papel esencial no ámbito do envellecemento, da soidade non desexada e dos servizos sociais, que máis ca un problema pódese transformar nunha oportunidade de futuro”. Sobre o cambio climático comprometeuse a consolidar todas as accións desenvolvidas ata o momento no ámbito do ciclo da auga e seguir profundando na loita contra os lumes, cunha cita expresa ao Centro Integral da Loita contra o Lume de Toén, “instrumento de primeiro nivel para a loita contra o mal endémico dos incendios forestais”.

A cooperación, competencia directa da presidencia

Na cooperación cos concellos, que non é un obxectivo senón “a razón de ser das deputacións”, Luis Menor anunciou que asumirá en primeira persoa a competencia da cooperación, poñendo a disposición dos concellos “todos os recursos económicos, medios materiais e persoal técnico, mantendo e activando todos os servizos e programas que precisen para dar resposta ás súas necesidades”, peticións que coñecerá, adiantou, visitando todos os concellos da provincia: “Terei a inmensa honra de ter o despacho máis grande do mundo: 7.273 quilómetros cadrados”.

Máis aló dos pequenos concellos tamén referiuse á capital da provincia, na que viven un de cada tres habitantes desta provincia. Así asegurou que establecerá liñas de diálogo co Concello de Ourense “para fixar liñas de colaboración en proxectos estratéxicos que beneficien tanto á cidade como ao resto da provincia”.

Luis Menor prometeu tamén “chamar a todas as portas” para traballar en coordinación co resto de administracións públicas, “sen duplicidades e optimizando recursos”, advertindo que “non deixarei en ningún momento de ser reivindicativo co que defendo de xustiza para Ourense”.

Retos e desafíos “coa máxima responsabilidade e estilo propio”

No capítulo de agradecementos, lembrou que esta nova etapa ten como punto de partida “un acto de grande xenerosidade” por parte de Manuel Baltar, recoñecendo tamén “sen distinción de siglas” o traballo desenvolvido polas das deputadas e deputados provinciais no anterior mandato. Tamén tivo palabras de agradecemento para os concelleiros do seu partido pola “emocionante demostración de confianza na miña persoa” para optar á presidencia da Deputación.

Ante un novo un mandato de retos e desafíos “que asumo coa máxima responsabilidade e con estilo propio tamén”, Menor Pérez agradeceu a axuda que vai ter do seu equipo municipal para cumprir co seu mandato como alcalde de Pereiro de Aguiar, agradecemento que estendeu ao que será o seu grupo de goberno na Deputación e aos profesionais da institución provincial.

Ampla representación institucional, co presidente da Xunta de Galicia e do Parlamento á fronte

Desde o propio salón de plenos da Deputación e desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao acto asistiu unha ampla representación de autoridades e membros dos ámbitos económico, social e cultural de Ourense. Entre os asistentes se encontraban o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; os conselleiros de Promoción do Emprego e Igualdade e de Medio Rural, Elena Rivo e José González; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; así como alcaldes e concelleiros da provincia, entre eles o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que asistiu tamén na súa condición de deputado provincial.

S

17, Xullo 2023

Es una auténtica desfachatez que el señor Lino vaya al pleno a tomar posesión y no vuelva a aparecer. 
No vuelva a aparecer a representar a los votantes del PP de Carballino, porque para pasear ese mismo día por la calle, ir a pegar 2 carteles para hacerse la foto, o para hacerse fotitos en el pleno de la diputación, para eso si está.

Es un representante de escaparate que no representa a nadie, ni le interesa esta villa. Solo representa a sus intereses. Que dimita cuanto antes, él y quien lo puso.

15, Xullo 2023

A Deputación de Ourense vén de editar o libro “Oseira. El esplendoroso renacer de su abadía en la edad moderna. Lecciones de arte, fe y vida”, do experto Xabier Limia de Gardón.

Manuel Baltar, que vive as súas últimas horas como presidente da entidade provincial, reuniuse no pazo da Deputación con Limia de Gardón para coñecer os detalles deste libro, incluído no Plan de Publicacións do ano 2022 e no que o autor aborda cuestións centrais arredor do “renacemento” deste mosteiro referencial na segunda metade do século XX baixo a dirección dos propios monxes. Un traballo de restauración que merecera, xa en 1990, o premio Europa Nostra.

A mirada de Gardón sobre Oseira

Limia de Gardón (San Cristovo de Cea, 1955) é un recoñecido experto na historia da arte galega, analizando as obras de artistas como Quessada, Virxilio ou Prego de Oliver e participando en congresos especializados e proxectos coma a “Gran Enciclopedia Galega”.

En paralelo, De Gardón ten realizado numerosos estudos sobre o territorio ourensán, ao que se suma a súa achega á difusión e posta en valor do patrimonio provincial. Un traballo este último no que, ademais da Catedral de Ourense ou Santa Clara de Allariz, destacan especialmente os seus traballos sobre o mosteiro de Oseira, que teñen neste libro editado pola Deputación de Ourense un novo fito.

14, Xullo 2023

No programa especial dos venres de verán neste 14 de xullo trasladámonos ao concello de San Amaro, e no que o alcalde da localidade Fernando Rodríguez Redondo avanza os proxectos que considera prioritarios para desenvolver neste recén iniciado novo mandato municipal, como son a redacción e aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal ou o Polígono Agroforestal, que precisamente esta semana foi declarado de utlilidade pública pola Xunta de Galicia. Tamén entende o rexedor como prioritario na súa xestión resolver os problemas existentes coa telefonía móbil no territorio municipal.

Tamén conversamos coa nova concelleira de participación cidadán de San Amaro, Noelia Ordoñez, e por suposto, falamos das propostas veraniegas deste concello, asi como as propostas festivas para os próximos dias, centradas nas festas de San Mauro e O Carmen na capitalidade municipal, as do Santiago Apóstol na parroquia de Anllo, ou as da parroquia das Neves de Grixoa.

Escoita aquí o programa completo:

14, Xullo 2023

A Xunta de Galicia e o Concello de Leiro colaborarán no acondicionamento da praza Eladio Rodríguez, unha actuación urbanística na que se prevé que o Goberno autonómico e o local destinen máis de 122.000 euros. Así se recolle no convenio de cooperación asinado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Francisco Fernández. Concretamente, a praza na que se levará a cabo a actuación está situada preto do Mosteiro de San Clodio, que foi declarado monumento histórico-artístico no ano 1981.

Máis polo miúdo, a obra consistirá na pavimentación das zonas oeste e centro da praza, renovando o mobiliario urbano, coa colocación de bancos e papeleiras, e tamén a zona axardinada co obxectivo de crear un espazo de alameda. Así mesmo, entre as intervencións previstas no proxecto tamén figuran a eliminación dos contedores soterrados existentes para substituílos por outros convencionais que serán relocalizados buscando a integración coa contorna.

De forma complementaria e para contribuír a humanizar o espazo, transformarase a rampla actual nunha escaleira co fin de evitar o paso de vehículos e executarase un pequeno muro de mampostería. Cómpre lembrar que esta actuación na praza Eladio Rodríguez é a quinta comprometida no Concello de Leiro ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

14, Xullo 2023

Redecinema é un ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán (ao exterior e con gran pantalla) que viaxará por 18 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística durante os meses de estío. Para chegar a todos os públicos, a compañía ofrece a cada concello a oportunidade de elixir entre os títulos do seu catálogo: Cuñados, Melancolía, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Engurras, Eroski-paraíso, Jacinto e O que arde.

O primeiro pase será este sábado 15 na praza do Concello de Negreira, onde as persoas interesadas poderán achegarse ás 22,30 horas para gozar do filme de animación infantil e familiar A galiña Turuleca. Despois seguirá por Forcarei, Outeiro de Rei, Allariz, Ponteareas, Laxe, A Laracha, Ares, Xove, Sober, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barro, Silleda, O Rosal, Beariz e Mondoñedo. As datas, horas e lugares exactos poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

13, Xullo 2023

Despois de ver atónito o pleno de hoxe do Carballiño, onde o grupo de goberno se sube o soldo da man do PP, despois de estar 7 anos sen rascala, é de vergonza.

Sinceramente penso que tanto o PP como PSOE se están burlando da xente do carballiño.

12, Xullo 2023

Aínda que non deixa de ser reiterativo, non quixera deixar pasar a ocasión de denunciar o estado de abandono e suciedade deste pobo. 

Parece non ser unha prioridade dos responsables municipais o que supón a mala imaxe deste estado de abandono tanto para os que vivimos aquí como para os  forasteiros que nos visitan, atraídos algúns deles polas campañas de promoción turística de vila de natureza e gastronomía. 

Por outro lado, nesta campaña de prevención de incendios, os cidadáns deberían manter limpio os seus terrenos e o concello debería, antes que nada, dar exemplo e limpiar os seus.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS