
O Concello do Carballiño e a Cámara Municipal de Alijó, localidade portuguesa coa que está irmandado, estreitan os seus lazos. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, acudiu á Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos, que se celebrou neste municipio luso pertencente ao distrito de Vila Real e tivo ocasión de establecer novas liñas de colaboración.
A ministra lusa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, presidiu a cerimonia de apertura da feira na que O Carballiño tamén se promocionou turísticamente. O edil fíxolle entrega da figura dunha pulpeira, co fin de poñer en valor a celebración que rende homenaxe ao prato típico e que estreou na última edición, a número 60, a declaración de festa de interese turístico internacional.
A presenza do Carballiño na Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos contribuíu a dar a coñecer as bondades do concello. A Secretaria de Estado para la Valorización Interior, principal cargo de xestión para a loita contra a despoboación de Portugal, Isabel Ferreira, tamén mantivo un encontro co concelleiro de Turismo do Carballiño e manifestou a súa vontade de asistir á Festa do Pulpo que se celebrará o próximo mes de agosto.
José Paredes, presidente da Cámara Municipal de Alijó, localidade coa que O Carballiño se irmandou hai anos, recibiu de mans do edil unha figura da Veracruz en metacrilato, coa que se pon en valor un dos lugares máis emblemáticos da vila e se destaca que o concello ten moito que ofrecer, ademais da súa gastronomía. No encontro tamén estivo presente a vereadora de Turismo de Alijó, Sónia Andrea Rodrigues Pereira Pires.
Levo días escoitando e lendo nos medios e en redes sociais as opiniós sobre o que aconteceu no Irixo nestas pasadas elecciós e voume permitir, dende as antípodas ideolóxicas de calquera das tres candidaturas presentadas, ofrecer a miña humilde, aínda que penso que clarificadora, opinión sobre o tema. Penso facelo, ademais, dende o respecto e a educación que coido que faltan en moitas desas opiniós e nalgunhas denuncias aquí publicadas. Porque señoras e señores: a vida privada das persoas que se presentan ás elecciós, por moito que se expoñan publicamente, é iso, a súa vida privada e ninguién ten direito a opinar sobre ela, moito menos a desprezala ou facer burla. Habería que ver se se publicarían tantas denuncias e en tales termos se fose obrigado asinalas con nome e apelidos reais.
Centrándome nos resultados das últimas elecciós, a primeira cuestión á que me gustaría referirme é ó resentimento e ó rancor con que certa xente se dirixe ós candidatos do PSOE, especialmente a Iago Fariñas, aínda que se pode observar esta actitude tamén con membros das listas do PP e de Xuntos polo Irixo. Unha queda pampa cando le certas opiniós, que poderían ser denunciadas polo odio e a bile que rezuman. Estes comentarios, nun primeiro momento, fannos pensar que, efectivamente, Iago Fariñas ten un ego desmesurado, é un demo con cornos, que bota lume pola boca e polos ollos e que é a persoa máis odiada do Irixo actualmente por múltiples motivos, entre eles ter unha fame de alcaldía extraordinaria, un interese inaudito en manexar “obras públicas” e permitir que Lito sexa investido como alcalde. Sen embargo, analizando un pouco máis eses escritos e comentarios en redes, o que parece é que unha parte veñen directamente da autoproclamada candidatura veciñal e que a outra parte procede de simpatizantes do PSOE desenganados coa actitude do seu candidato. Digo parece, porque o anonimato, en certos casos, sempre nos fará sospeitar que non é certo todo o que se di e que, precisamente, do PSOE non son. En calquera caso, e atendendo ós resultados electorais e á traxectoria de Iago Fariñas no concello, a miña análise é ben distinta. Esta persoa leva 8 anos sendo concelleiro no Irixo e falando moi claro nas súas declaraciós públicas e nas mociós que leva presentado no pleno municipal. E parece que isto é o que non gusta: a súa claridade e o seu carácter forte. Ben, pois se facemos un exercicio de memoria, o que a xente do Irixo dicía sobre os dous anteriores candidatos do PSOE á alcaldía era o contrario: non valían porque non tiñan carácter, seica eran manexables e non sabían imporse. Que se deduce de todo isto? Que o que molesta non son os candidatos, é o partido. No Irixo non se vota máis ó PSOE porque é o PSOE.
Neste punto, quero parar un segundo a falar do PP. Está claro que a rede clientelar que este partido ten montada no noso concello é moi forte, fortísima, e isto inflúe tanto nos seus votos coma nos non-votos ó PSOE. A maioría dos veciños votaron o PP incluso cun alcalde que herdou o posto a “media” lexislatura e que o único que fixo foi levar a cabo as mociós que se foran aprobando dende 8 anos atrás (presentadas, na súa maioría, polo PSOE e por Fai o Irixo), vivir do traballo, moi vistoso, feito por Gloria Bernárdez, mater unha disputa antolóxica cos rapaces que levan a Banda de Gaitas, andar desaparecido e cobrar o soldo. Non nos confundamos, aquí volvemos a unha cuestión de partido. A maioría do Irixo non votou a Manuel Cerdeira, Lito, senón que votou o PP. O castigo foi perder concelleiros en favor da candidatura veciñal. Non me vou parar a falar moito da guerra Lito-Gloria, pero si que quero deixar caer aquí que só temos a versión pública dunha das partes. Non estaría de máis coñecer a da outra para comparar e sacar conclusiós máis acertadas ou achegadas á realidade dos feitos. Se cadra Manuel Cerdeira non foi o suficientemente espabilado para facer contracampaña coa súa versión, ou se cadra é que non hai outra versión.
Con este panorama bélico, pouco antes de comezar a campaña electoral coñecemos a nova candidatura: Xuntos polo Irixo. Cunha campaña exprés apoiada polas forzas vivas do PP que non queren a Manuel Cerdeira como alcalde, cun programa pouco afinado e moi xeral, sen aparecer en ningún medio de comunicación (ou eu non me enterei) e sen presentarse ó debate electoral organizado pola Cope do Carballiño, esta candidatura conseguiu 3 concelleiros. A candidata á alcaldía, Susana Iglesias, non estivo acertada en varias ocasiós, entre elas non acudindo ós medios de comunicación a que a coñecesemos máis, centrando a campaña en redes sociais e, digamos que, botando por fóra, como indicaba nunha denuncia un veciño de Parada que, dende o meu punto de vista, explicou bastante ben a situación naquel momento. A última noticia que teño desta candidatura é o comunicado que publicaron en redes onte: “Desmontando as mentiras de Iago Fariñas”. Sen entrar en moitas fonduras, e comparando esta versión coa dada por Fariñas na radio, só quero que reflexionen, que pensen nun instante comigo, sobre estas dúas cuestiós: levando, cando menos, unha persoa que se presentou nas listas co PP en 2019, atrévense a falar de goberno nefasto do PP?; e sabendo que parte da campaña lla fixeron, cando menos en privado, as forzas vivas do PP que non queren a Cerdeira como alcalde, como van xustificar un pacto co PSOE?
Ninguén publica nada sobre isto, aínda que falar, fálase, e a min paréceme moi importante.
Por outra parte, dentro dunhas negociacións, está claro que se alguén quere todo, non vai obter o que quere da outra parte. Un partido, o PSOE, cunha organización interna clara, que leva traballando moitos anos no concello, que nas últimas lexislaturas lle aprobaron mociós que levaron a cabo 4 anos despois, ou máis, pra evitar que levase as rendas correspondentes en votos (no 2019), non se fía de ninguén, moito menos cando aparece unha candidatura veciñal da que nada se sabía no momento en que ese partido pode acadar maior número de concelleiros, ou verse favorecido por unha alta abstención, grazas á mala xestión e ós conflitos varios que ten abertos o actual alcalde.
O PSOE e Xuntos acúsanse do mesmo, de non deixar avanzar as negociaciós, de pedir de máis, de querer ser protagonistas… A min a impresión que me dá é que Xuntos polo Irixo descoñece os fundamentos da política municipal e da negociación política, que Susana Iglesias se precipitou pensando en que ía ser alcaldesa (porque diante non ten a calquera, ten persoas con experiencia apoiadas por un partido) e que o PSOE se excede pedindo 2 anos de alcaldía (cousa á que din que renunciaron), pero non en pedir un reparto igualitario de concellerías, en canto á súa visibilidade pública, porque, efectivamente, non é o mesmo manexar “obras públicas” ca “cultura”, mal que nos pese. É unha situación realmente complicada, con difícil solución, en parte polo ego dos dous candidatos, en parte polas circunstancias nas que parece toparse a candidatura veciñal. Un tema á parte, do que non vou falar máis, é pretender facernos crer que xestionar un concello pequeno coma o noso teña que levar consigo a dedicación exclusiva da figura do alcalde. Fagan o favor de non tomarnos o pelo. En calquera caso, as versiós do PSOE e de Xuntos sobre o mesmo tema son tan iguais e distintas á vez que me encantaría que nos ofrecesen probas documentais delas, ben seguro que tamén a máis veciños coma a min. Como o máis probable é que non suceda isto, vou ofrecer o dato que a min me fai decantarme pola versión do PSOE, que non é outro que o ton das declaraciós: un candidato falando con tranquilidade na radio e expoñendo os seus argumentos e conclusiós fronte a un comunicado escrito, publicado en redes sociais, que transpira xenreira e resentimento. Sumemos a isto todos eses comentarios e denuncias, algunhas delas tan faltas de respecto que dá pena ata lelas, que dalgún lugar saen. Todas son de votantes do PSOE co corazón roto? Perdoen que o dubide.
Cando dúas agrupaciós sentan a negociar, ten que haber liñas vermellas, pero tamén cesión por ambas partes. Cando alguén non cede, ten que entender que a outra parte tampouco o faga. E alguén debe dicir isto en público: o ruído que o PP e Xuntos están a facer en redes e coas denuncias nesta páxina, non favorecen en absoluto un cambio de goberno no Irixo. Por que? Porque o PSOE ten as súas liñas vermellas que non vai pasar e porque, no fondo, a maioría dos votantes do PP e de Xuntos son os mesmos, só que con distinta chaqueta, e non queren un cambio de cor no goberno do Irixo, queren a cabeza de Manuel Cerdeira.
As miñas palabras poden non gustar a todos, ou a ninguién, pero… poden sospeitar que non sexa certo o que digo?
Unha veciña do Irixo que se quere manter no anonimato.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará este martes a execución das obras de rehabilitación do firme na autovía AG-53, Dozón-Cea, ás que destinará un investimento de 423.500 euros.
As actuacións forman parte da campaña de conservación da Xunta de reforzo localizado do firme e desenvolveranse en ambas as dúas calzadas do treito de preto de 13 quilómetros de lonxitude da AG-53, desde Cea e ata a A-52, entre os quilómetros 74,2 e 87, que presentan danos superficiais na capa de rodaxe existente. Nesta mesma intervención tamén se inclúe unha actuación puntual de renovación do firme na calzada dereita do tramo Dozón-Cea, á altura do quilómetro 59,9.
Os traballos de acondicionamento de firme, que se estima terán unha duración de entre 2 e 3 semanas, requirirá a realización de cortes de carril, con lonxitudes máximas de 3 quilómetros, para minimizar a afectación ao tráfico.
En concreto, as actuacións consistirán no fresado e reparación da capa de rodaxe e, nalgúns casos, tamén se intervirá na capa intermedia do pavimento existente. Estas actuación abarcarán unha superficie aproximada de 12.000 m2, cun volume de pavimento retirado e reposto de aproximadamente 2.700 toneladas.
Estes traballos terán continuidade coa renovación extraordinaria do firme xa programada para o vindeiro ano na AG-53 no tramo dese o enlace de Cea e a A-52.
Contaban que querian ser os grandes salvadores dos veciños do Irixo para salvalos das" garras do monstruo cos gobernaba " No senso figurado das palabras
Para cas persoas lle deran de boa fe unha confianza cega E afiando que custara o que lles custara , Ian intentar instaurar outro modelo de facer politica no Irixo.
Son os mesmos que non souberon ou quixeron Anque visto o visto me inclino polo ultimo
E deixaron as persoas que cegamente confiaron neles e lles deron os seus votos Cunhas DECEPCIONS con maiusculas e totalmente vendidos a sua sorte
Toda aquela farsa que se traian de porta en porta Soamente era en beneficio dos seus propios intereses e ambicions persoais
Porque cambiar o modelo de xestion de cara os veciños do Irixo Nunca estivo realmente como os seus obxectivos prioritarios
Toda aquela farsa a dia de hoxe, soamente foi un espellismo e un Oasis de palmeiras e verde nun areeiro tan malo ou peor co do Sr Alcalde ( No senso figurado das palabras)
E agora coa analise en frio Esa Campaña electoral ben se podia plasmar. No guion de algunha telenovela de Paixons ambicions enganos despeitos e traizons
Dende onte quedou amosado ben as claras Ca unica finalidade era satisfacer intereses personales Sin ter en conta os seus votantes as suas necesidades problemas E sobre todo a sua VONTADE
Con esas vontades nas urnas, xogaron como con bonecos de palla
No irixo: Onte non houbo un cambio porque 5 concelleiros non quixeron co houbera 3 de
Xuntos polo Irixo E 2 do Psoe .Lles foi mais importantes e lle pesou mais na balanza, os seus intereses e ambicions persoais ca mensaxe de cambio que lle mandaron dende as urnas os veciños e veciñas do Irixo
Que agora lle temos que pagar os seus soldos e honorarios dos nosos petos a traves dos tributos
Para que fagan realidades os seus personais intereses e ambicions
Porque toda a problematica que tiñamos os veciños do Irixo en distintos eidos vai quedar igual sin arranxar Ou quizais ainda vaia a peor
Quizais estas frases soen algo duras
Pero en que consistia toda aquela farsa ou supostos enganos aos veciños do Irixo
Cando viñan de porta en porta dandolle falsas esperanzas e ilusions Para que lles votaran
Que caste de farsa foi esa ??
Tiveron tempo abondo para preparar un proxecto serio de coalicion de goberno
Tanto Psoe como
Xuntos polo Irixo E non foron capaces por intereses e ambicions propias ou de terceiras persoas
Que non as vou a nomear neste escrito
Pero non lles era convinte que ese pacto de coalicion de goberno se fixera
Polo cos 5 concelleiros que puideron facer o dito pacto de coalicion de goberno para cumplir coa vontade dos seus votantes non quixeron facelo E son os responsables
Non decian de porta en porta Que ian ser os salvadores dos veciños do Irixo
Agora aquel Monstro con garras" Que eles pintaban Se converteu nun gatiño de angora" No sendo figurado das palabras
Porque onte que tiveron a oportunidade de botar fora ao Alcalde
Non o fixeron
Pois esta clarisimo Cos veciños e veciñas do Irixo, que lles votaron non querian que este Alcalde continuara na alcaldia Onde quedaron os seus compromisos cos seus votantes E a suas vontades manifestadas nas urnas ?
Sr Iago Fariñas En que consistia o seu proxecto de obra" para mellorar as condicions de vida dos veciños do Irixo
En ser Concelleiro de Obras ?? Pois habia outras concellerias
Pois despois de de onte Tamen podemos pensar os veciños e veciñas do Irixo Que vostede nos vendeu na campaña electoral unha moto sen gasoliña "
Xuntos polo Irixo
Por cal Irixo ?
Polo Irixo das vosas ambicions e intereses persoais
Ese foi real E onte no lo deixastes quedar moi claro
Xuntos polo Irixo
Por cal Irixo??
Porque aquel Irixo de que falabades porta por porta aos veciños e veciñas do Irixo
Nunca foi real Ese foi un espellismo E un oasis No areeiro do Sr Alcalde
Non se escribe mais claro sobre este tema
Porque para " bons entendedores poucas palabras fan falla "
Como non sexa
Anque sempre se pode crear
Xuntos polo Irixo Na telenovela " Pasion entre os toxos carrascos e xestas"
Se pode facer unha comedia E asegurarnos De cos veciños e veciñas do Irixo O ian a pasar moi ben e seguro que escachaban coa risa
E con esta telenovela non se enganaba se lle daban falsas esperanzas Nin se xogaba coa suas boas fes Nin se xogaban coas suas vontades como con bonecos de palla"
Porque como sigla politica para ser unha alternativa politica ou saber negociar un estable acordo politico e poñer en practica Toda aquela farsa que lle contastes aos veciños e veciñas do Irixo Fostes unha autentica decepcion total e absoluta
Pois sobre as vosas conciencias os queda
Anque como di o refraneiro
·As conciencias van coas conveniencias "
Ese goya a mellor interpretación levano este ano o señor harinas ( yago fariñas ) e a carraspita rosa. Ambos os dous concelleiros do psoe de o irixo. Por qué fixeron Unha interpretación digna de Goya. Durante a campaña pedían o voto para eles ou para xuntos polo irixo , pa facer posible un cambio de gobernó no irixo . E ese cambio poido ser posible. Pero estés dous non o quixeron. Seica deberon comer unhas boas talladas non sei de que , de pulpo non creo pero tallada debéu haber.
O grupo de xuntos polo irixo estuvo hasta o último momento negociando hasta por medio de mediadores por qué o señor harinas non collia o teléfono . Estaba moi ocupado, pero para ir a radio interpretar tivo tempo. E despois de lle ofrecer todo o que pedía dixo que non. Non interesaba , estaría masticando a tallada. Como simpatizante do PSOE e veciña do irixo avergonzame que estés dous actores sean os representantes deste partido. Espero que recollan as cousas e se larguen por qué non sei con qué cara dentro de catro anos van pedir o voto, bueno cara teñen, eso está claro. Hay que saber perder e nunca souberon. O señor harinas soña ca alcaldía pois que siga soñando por qué solo en soños será o mais cerca que este de conseguila. Eso sí que miren de sacar a carreira de actores por qué a interpretación daselle ben. E que mastiquen ben a tallada.
Firmado "a Marquesa de Rivera".
O do Irixo recórdame a Salomón. Decía a lenda que dúas nais chegaron xunto o rei Salomón con dous fillos, un de eles xa morto e disputábanse ó vivo. Salomón dictaminou que cortaran ó fillo a metade e o repartisen entre as dúas nais. A verdadeira nai aterrorizada e por amor de nai, díxolle o rei que non o matasen e renunciando a él díxolle que llo entregase a outra nai. O resto da historia xa é coñecida.
No Irixo pasou parecido pero partiron o fillo e ainda están con precisión milimétrica, repartindoo equitativamente.
Non estiven na negociaciòn, escoitei a Iago, rogaría que publicase Xuntos polo Irixo as condiciòns exactas do que se ofreceu para que a xente o saiba, pero xa vos digo que hoxe por hoxe quedastes coma ruins, envidiosos, egoistas, desconfiados….quedastes coma un Lito e Gloria máis de turno.
Non se vos ocurra volver a encher a boca con decir que o facedes polas veciñas e veciños de O Irixo e non se vos ocurra volver polas portas de O Irixo a pedilo voto, porque matastes o fillo de tanto repartilo.
Di Iago que ésta sò é unha etapa, que o señor Cerdeira se vota cando se poñan de acordo. Iago este feito vaiche quedar grabado a tí é o teu equipo para o resto da vida.
Chegados a este punto e para finalizar, é tan surrealista que ten que ser mentira. Ten que se haber vendido alguién porque de todo, absolutamente todas as opcións posibles, era a peor con diferencia das que podían facer, sò nunhas mentes cun coeficiente intelectual que tende a cero, ruíns, desconfiadas e egoístas se pode chegar a conclusión que chegaron e que sò beneficia a unha persoa, a Don Manuel Cerdeira.

Francisco Fumega foi elexido alcalde do Carballiño para un novo mandato, que será xa o terceiro para o candidato socialista, igual que durante o seu primeiro mandato 2015-2019, deberá facélo de inicio en minoría e buscando apoios dos grupos da oposición para garantir a gobernabilidade do concello carballiñés. A diferencia a respecto de fai 8 anos é que daquéla contaba con 8 concelleiros e agora ten 6 nunha coporación de 17 concelleiros.
Nesta sesión de investidura de 2023 todos os grupos políticos representados na corporación carballiñesa votaron ao seu cabeza de lista. Asi as cousas, Fumega recolleu os 6 votos do PSOE; Lino González os 5 do PP, Pachi Vázquez os tamén 5 de Espazo Común e Sofía García o do BNG, o seu propio.
As últimas horas foron frenéticas nas negociacións entre Partido Popular e Espazo Común e ata unhos minutos antes de iniciarse o pleno de constitución da nova corporación todo estaba por decidirse e nada se dada por descartado, aínda que finalmente esa falla de acordo entre as dúas formacións políticas favoreceu a investidura de Francisco Fumega, reelixido de novo como alcalde do Carballiño.

Non houbo sorpresa en Punxín e a sesión de investidura desenvolveuse según o guión previsto tras o pacto anunciado esta semana entre Partido Popular e Compromiso por Galicia.
Manuel Vázquez Casalta foi investido alcalde con 4 votos, e Eladio Fernández será tenente de alcalde único. Lorena Peleteiro, que obtivo os 3 votos do seu grupo, exercerá a oposición neste concello de Punxín.

O candidato do Partido Popular conserva a alcaldia do Irixo, non alcanzou maioria absoluta na votación da sesión constitutiva da nova corporación, pero foi investido como alcalde do Irixo ao ser o máis votado nas eleccións do 28-M.
Cada grupo votou ao seu candidato. Manuel " Lito" Cerdeira obtivo os 4 votos do Partido Popular, Susana Iglesias os 3 votos de "Xuntos" e Iago Fariñas os 2 votos do PSdeG-PSOE. Os dous grupos que se quedan na oposición escenificaron non últimos dias as súas diferencias para chegar a un pacto de goberno alternativo ao do candidato popular nesta sesión de investidura.
Nas súas primeiras palabras tras ser reelixido como alcalde, Manuel Cerdeira ofreceu diálogo aos grupos da oposición, nunha situación que é inédita no concello do Irixo nos últimos 30 anos, xa que por vez primeira un alcalde estará en minoria no pleno do concello e veráse abocado a buscar apoios para garantir a gobernabilidade do concello.
O pueblo non ten a culpa, non cumplistes nada do que decides que estaba feito, tanto Xuntos como o PSoe. Parece que non sabedes que o pueblo o único que non quere ver diante e a Lito e Gloria, y demás chupipanda, no cal esas ideas eran xestionadas por a que ia ir de segunda e demais, e aceptadas por Lito, o cal o engañaron, porque non me creo eso do 2 posto , O Cañaveral de Pasión está de moda no Irixo. Que pasaría en esas noches locas de Madrid entre tanto viajito? Se conseguiría lo de pueblo mágico a través del Cañaveral? Porque eso de Mágico tiene varios significados...
O pueblo falou , moveu Roma para un cambio. Non sabedes valorar nada do pueblo, simplemente intereses. Xa estades pensando nas siguientes legislaturas, nas concejalías etc... Que decepción sodes peor que o anterior Goberno!!! Iago asume que o pueblo non te quere, mais vale un abandono a tempo que facer un pacto encuberto con Lito. Porque queres obras? Pa encher os bolsillos? Porque claro non che vale calqera outra concejalía? A xente non te quere porque sabe que tendes intereses a medias.
Está claro que ambos os tres partidos decepcionantes o pueblo, movido pola marioneta a cal engañou a Lito estés 3 anos e medio, contandovos mentiras a uns e a outros. Esa persona que fai declaracións no Facebook de políticas a cal debería ter varios carnes de partidos políticos e enseñar según conveña!!!!!.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- seguinte ›
- última »