
Vaia por diante que Eladio como persoa é un bo home, pero quero criticar a súa singladura política.
Pasa de ser o número dous PSdeG da provincia de Ourense pra fichar por Baltar junior. Cando rematan as eleccións esquéceno, e Baltar junior ni tan siquera o recibe (porque Roma non paga traidores).
Disfrázase dun partido galeguista chamado Compromiso por Galicia, e cando ten a oportunidade, volta a traicionar a Punxín, ao seu partido, e á súa propia traxectoria (non aprendeu nada da vida política) pra voltar á súa ansiada fonte o PP. Dende a peregrinaxe de Marco e o seu mono Amedio non se viu nada igual

Érika Paz, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e Alberto Otero poñen o foco nas sesións de investidura para este sábado nos concellos do Carballiño, Punxín e O Irixo, comentando os últimos acontecementos nas negociacións entre as candidaturas, e dan as claves do que pode acontecer nestes concellos.

O Partido Popular do Carballiño afea a Espazo Común que "nos derradeiros días cambia de criterio cada pouco e non admiten, logo de 19 días das elección, ser a terceira forza por mandato do pobo".
A pesar de que nun principio os primeiros contactos entre ambas formacións para chegar a un posible pacto de goberno no concello do Carballiño parecía que podería avanzar, o certo é que as posibilidades quedaron practicamente descartadas polo Partido Popular, asegurando que Espazo Común esixiu a alcaldía para Pachi Vázquez, algo totalmente innegociable para os populares que, entenden, corresponderíalle a eles a alcaldía na súa condición de segunda candidatura máis votada tras a do Partido Socialista. Desta maneira, e xa a apenas 24 horas por diante para a sesión de investidura, todo parece indicar que Franscisco Fumega será investido este sábado como alcalde do Carballiño
Reproducimos íntegro o comunicado difundido polo Partido Popular a primeira hora desta mañá de venres:
"Lino González, candidato do PP á alcaldía do Carballiño xunto cos seus concelleiros e concelleiras reuniuse con Pachi Vázquez e o seu equipo, logo da chamada deste para falar de posibles acordos para a gobernabilidade do Carballiño, logo incluso de que el mesmo comentara que non existirían conversas.
A reunión foi cordial pero ao mesmo tempo foi corta, pois Pachi Vázquez esixe a alcaldía para empezar a falar de calquera outro avance, e aí, nin Lino nin os seus concelleiros/as e nin o Partido Popular do Carballiño, está en disposición de facilitar a alcaldía a Pachi Vázquez, sendo que ESCO a terceira forza política quedou a 271 votos por detrás do Partido Popular, e isto un tema non opinable pois é comprobable.
Ante isto, o Partido Popular fixo un chamamento ao apoio á investidura o vindeiro sábado para poder seguir falando de gobernabilidade.
O Partido Popular do Carballiño prestouse a estas eleccións con xente ilusionada en Cambiar a tendencia da política local e non a imos a perder negociando con quen sexa e menos a calquera prezo e desobedecendo o mandato do pobo, pois do resultado das eleccións o que se desprende e que dun acordo PP-ESCO a alcaldía debería de ser para os Populares.
Lino González, dixo en campaña e o di agora e que ademais os resultados o avala, que o Partido Popular votaríase a si mesmo pois é quen debe de pilotar o cambio de cara o futuro das melloras sociais e económicas do noso pobo.
O Partido Popular, estará onde o día das eleccións decida o voto do grupo de Pachi, pois é a terceira forza, será quen teña esa ocasión e non terá reparo o PP en que sexa na oposición si Pachi mesmo decide darlle a alcaldía ao PSdG -PSOE con Fumega ao fronte, espazo onde por afinidade"

Estamos a apenas 2 días del pleno de investidura el Concello de O Irixo y se habla de que el partido popular (PP) encabezamos por Manuel Cerdeira va a pactar con el partido socialista (PSOE) encabezado por Iago Fariñas (sería un escándalo monumental y pondría en evidencia a Iago Fariñas, despues de toda una campaña firme contra el partido popular) ya que Xuntos polo Irixo y PSOE tienen diferencias.
La verdad, es que por mi parte estoy muy muy DECEPCIONADA con el partido de Xunto Polo Irixo, liderado por Susana Iglesias y el PSOE de Iago Fariñas, debido a que me parece que los dos han mentido a los vecinos/as del Irixo, ya que ambos en sus declaraciones previas a las elecciones perjuraron que harían lo mejor por los vecinos/as de Irixo, ya que ahora el acalde en funciones Manuel Cerdeira junto a Gloria, no se nos olvide, no han gestionado bien el concello estos últimos 3 años. Por lo que se escucha por el pueblo y cuando el río suena agua lleva, a la hora de pactar Xuntos y Psoe parece ser que solo intervienen intereses personales de ambos, la principal discusión es la de saber como se reparten la silla entre ambos. Yo creo que tanto ellos como la gente que conforma ambos partidos, deberían pensar más en la gente que les confió su voto y a los que debido a ello representan.
Pase lo que pase este próximo sábado, espero que sea en pro de nuestro concello, ya que quedará marcado su futuro los próximos 4 años, es decir, el futuro de nuestros jóvenes, ancianos, empresas y resto de actividades...
Me despido con esta frase "que tus hechos hablen más que tus palabras"

A Asociación O Potiños segue contaxiando a paixón pola fotografía. Hai 15 días que a entidade organizou a iniciativa “Pon unha foto na rúa”, na que se fixeron 500 retratos que agora están expostos na Rúa Principal e que serán entregados aos protagonistas como agasallo. Agora o colectivo vén de presentar o Concurso Tema Libre, no que tamén colaboran o Concello do Carballiño e o Centro Comercial Aberto. Repartiranse case 1.000 euros en premios e valorarase a calidade técnica e estética.
A organización prevé que a participación aumente nesta edición, se ben na anterior xa foron máis dun cento os traballos presentados. Poderán enviar as súas obras todas aquelas persoas maiores de 14 anos, con un máximo de tres fotografías por cada participante. O tema das imaxes será libre, pero non poderán ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro certame. Poderase facer uso de material técnico de calquera tipo, así como do retoque fotográfico. As fotografías deberán enviarse á páxina web de O Potiños ata o 9 de setembro.
O Concurso Fotográfico Tema Libre foi presentado esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial e ao acto asistiu o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a presidenta do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e o presidente da asociación, Manuel Blanco. O edil destacou a relevancia do certame, no que participan fotógrafos de diferentes puntos do país. Tamén agradeceu á entidade cultural a súa implicación coa vila. Noelia Mares afirmou que “a cultura tamén nos abre portas ao mundo” e felicitou a O Potiños pola súa traxectoria.
O presidente da entidade cultural, Manuel Blanco, agradeceu ao Concello e ao Centro Comercial Aberto a súa colaboración “para levar o nome do Carballiño por todo o país”. Asegurou que en pasadas edicións chegaron fotografías de moitos puntos, incluso de fóra de España. Coas 20 mellores imaxes que seleccione o xurado realizarase unha exposición.
escoito con tristeza o "pacto" de goberno no concello de Punxín! outros catro anos perdidos!
E parece que ao concelleiro que decidiu para que lado "se inclinaba a balanza" tanto lle dá que en Punxín se levaran perdidos 8 anos tal e como se fartaba de decir a cada oportunidade que tiña!
O Sr Eladio caracterizouse na lexislatura que está a piques de rematar por unha actitude combativa e de denuncia constante contra a inactividade do goberno;
pero oh, sorpresa! como poden cambiar os puntos de vista, sobre todo cando un se deixa deslumbrar polos brillos do que pensa que poden ser xoias, pero tan só son baratixas, (ou non se diu conta durante estes catro anos que o alcade de Punxín non ten nin unha boa palabra nin unha boa obra!)
Pero máis triste resulta escoitar a "xustificación" decir que o "PP subiu moitísimo"! Non, non subiu 50 votos!
e se bota contas dos votos que tiña o anterior "equipo de goberno" (cos votos de Cs), aída perdeu votos!
Estou seguro que se durante a campaña o Sr. Eladio houbera feito unha simple insinuación de que apoiaría ao Casalta, dubido que tivera xiquera un concelleiro!
Decepción tremenda para os veciños que esperaban que o concello saira da parálisis que atravesaba!
De atacar á inoperancia do alcalde antes, agora xa empeza a xustificar que si co concello é pequeno, o que non se fai porque non se fai, etc. etc. etc.
Aínad non se colgou os galóns, e xa obedece a voz do seu amo
O nome do partido "compromiso", quédalle moi moi grande a este señor.
Neste momento, agardo con esperanza a fusión do concello de Punxín co de Maside!
Total, visto o visto, aos veciños halle dar igual o futuro do seu concello!

Espazo Común apura o tempo político nesta cada vez mais próxima sesión de investidura de alcalde para este próximo sábado, e fai pública unha inivitación ao Partido Popular para explorar a posiblidade de acadar un acordo que garanta "catro anos de estabilidade e dea solucións aos cambios necesarios para O Carballiño".
Nun comunicado difundido hoxe, Espazo Común manifesta que trátase dun último intento "de desbloquear a situación do concello do Carballiño, ante a pasividade do actúal grupo de goberno do PSOE e a imposibilidade de resolver os problemas do Carballiño sen chegar a un goberno de coalición".
O candidato do PP, Lino González dixo tanto durante a campaña electoral como nestas últimas semanas que os cinco votos dos cinco concelleiros do seu grupo serían exclusivamente para o Partido Popular, e este pasado lúns Espazo Común aseguraba que votarían ao seu candidato Pachi Vázquez. Agora, o tempo apremia, e calquera posibilidade de impedir que Fumega sexa reelixido alcalde pasa por un pacto ou cando menos un apoio para a sesión de investidura entre Espazo Común e Partido Popular.
O señor Pachi debería facilitar un goberno no Carballiño apoyando a un dos dous candidatos más votados dandolle estabilidad, por o ben de todos
A veces hay que ser xenerosos e non pretender gobernar èl, pois dos tres e o que menos votos ten. Ainda está vostede a tempo de demostrar o seu cariño por este pobo.
Tras as pasadas eleccions do 28M, a veciñanza falou e deixou un panorama político moi aberto e con tres forzas políticas moi igualadas. Houbo moitos comentarios e rumores de pactos e acordos, pero a realidade se non hai algunha sorpresa de última hora todo indica que o candidato da lista máis votada será o próximo alcalde. Por outro lado está a situación do BNG que obtivo un único concelleiro e que enriba nin tan sequera é preciso para calquera outra Forza política para sacar algunha iniciativa adiante, aprobar unhos orzamenros ou condicionar unha alcaldía, e o mais chamativo é que dende o BNG, afirman que foi un gran resultado e que están moi content@s cos mesmos, moi sorpréndete e conformista o balance que fan dos resultados electorais os responsables de conducir e guiar o futuro do BNG no Carballiño, digo esto por dous motivos fundamentais, por un lado está a clave Nacional onde o BNG subíu un 33% en representación e collendo alcaldías tan prestixiosas como a de Santiago de Compostela, e logo xa en clave local tras o desplome do seu principal competidor electoral que é o PSOE non foi quen de recoller ese descontento, e dicir, a teoría dos vasos comunicantes non tivo efecto. Por todo esto, e con datos máis que obxectivos teñen os responsables do BNG algún motivo de celebración?
Marco Antonio Reboredo Blanco

O único concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, Eladio Fernández, anuncia un acordo para un pacto de gobernanza co Partido Popular para este próximo mandato no concello de Punxín.
Nas eleccións do pasado 28-M, o Partido Popular obtivo 3 concelleiros, outros 3 acadou o PSdeG-PSOE liderado por Lorena Peleteiro, e Compromiso por Galicia, cun único concelleiro, completa a próxima corporación que se constituirá este próximo sábado.
No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado de Eladio Fernández comunicando a decisión de apoiar ao candidato do Partido Popular Manuel Vázquez "Casalta" e integrarse no futuro goberno municipal de Punxín.
E tamén podes descargar o comunicado do PSdeG-PSOE no que se ofrece un pacto de goberno ao concelleiro de Compromiso por Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- …
- seguinte ›
- última »