14, Xuño 2023

Que existe una relación simbiótica entre el PP y el PSOE de Carballiño ya nadie lo duda. Desde que Marnotes y Fumega se necesitaron siempre se apollaron. Yo te apoyo y tu me das. Tu me apoyas y yo te doy. Y así siguen. Que Marnotes ya no está, pero aun hay alguien que dude de quien mueve los hilos? Ya vimos a Perea en la pandemia cuando se llevaba el ordenador a los plenos y tenía el wasap abierto de cara a la cámara donde Marnotes le iba dictando. Y siempre siendo complice necesario poniendole paños calientes a las desastrosas acciones de Fumega. Nunca llegó a hacer oposición. Digno sucesor de Marnotes, antes de que este dimitiese para irse al futbol a lavar su imagen.

Y ahora Lino ( candidato escogido por Marnotes) prometiendo que iba a ser alcalde y ahora haciendo múltiples reuniones con Fumega para arreglar todo lo contrario. A Lino le da igual ser alcalde y al presidente de los populares de Carballiño, le interesa que le sigan calentando la silla, asi que arreglan las ejecutivas, en las que ningún afiliado está de acuerdo, pero tragan.

Y así mismo con acuerditos para 3 es como Fumega y Marnotes seguirán teniendo secuestrado a este pueblo a cuenta propia y a pesar de los afiliados del pp.

Los del psoe contentos, aunque no sé que tal de contentos pueden llegar a estar los 6 concejales con la que se les viene encima, pues no creo que les quede mucho para ellos. Esto no va a ser la felicidad de la mayoria absoluta.

4 años mas de Marnotes-Fumega hasta que el PP , el PSOE y Carballino sequeden como un solar.

Gracias Lino.

 

13, Xuño 2023

A provincia de Ourense acollerá entre xullo e novembro deste ano a primeira edición das Visitas Teatralizadas da Provincia de Ourense, un proxecto organizado pola asociación cultural Platea Lúa co patrocinio da Deputación.

Esta iniciativa percorrerá 25 puntos de interese turístico de 25 concellos diferentes da provincia, nunha andaina enfocada aos ourensáns e turistas que comezará o sábado 1 de xullo no Mosteiro de San Pedro de Rocas e que se pechará o sábado 11 de novembro no Pazo de Vilamarín. Cada visita teatralizada terá de 30 a 50 prazas e nelas os integrantes de Platea Lúa caracterizaranse segundo o espazo e a época, en lugares como o Castelo de Ribadavia, o Couto Mixto, o Castelo de Monterrei, a Torre da Pena ou o Pazo de Trasalba.

A deputada en funcións Patricia Torres presentou as visitas esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial acompañada polo presidente de Platea Lúa, Jose Ramón Novoa. Patricia Torres resaltou as repercusións deste proxecto, enmarcándoo na potencia "patrimonial, cultural e paisaxística" da provincia: "Son 25 visitas teatralizadas pero poderían ser 200 ou 300, tendo en conta a riqueza que atesoura Ourense".

A deputada en funcións avanzou "o éxito completo" dunha iniciativa da que "tamén desfrutarán os visitantes chegados doutras provincias e a través do AVE, e que seguro terá novas edicións ao longo de todo o ano, percorrendo máis lugares e contribuíndo a seguir desestacionalizando o turismo".

Pola súa banda, dende a asociación cultural Platea Lúa, Jose Ramón Novoa invitou a todos, "ourensáns e visitantes", a que "nos acompañen en visitas teatralizadas que resaltan o potencial turístico da nosa provincia".

Visitas teatralizadas por toda a provincia

O roteiro de visitas componse das seguintes visitas:

. Mosteiro de San Pedro de Rocas - sábado 1 de xullo

. Mosteiro de Xunqueira de Ambía - venres 7 de xullo

. Castelo de Ribadavia - venres 21 de xullo

. Rúas de Pazos de Arenteiro - sábado 22 de xullo

. Couto Mixto en Calvos de Randín - martes 25 de xullo

. Mosteiro de Montederramo - sábado 29 de xullo

. Ínsua dos Poetas - domingo 30 de xullo

. Rúas de Lobios - venres 11 de agosto

. Santa Comba de Bande - sábado 12 de agosto

. Castelo do Bolo - sábado 19 de agosto

. Rúas de Allariz - venres 25 de agosto

. Mosteiro de San Clodio en Leiro - sábado 26 de agosto

. Casco Vello de Ourense - venres 1 de setembro

. Castelo de Castro Caldelas - sábado 9 de setembro

. Vilanova dos Infantes - sábado 16 de setembro

. Rúas e Fornos de Cea - venres 22 de setembro

. Mosteiro de Melón - sábado 23 de setembro

. Rúas de Castrelo de Miño - sábado 30 de setembro

. Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil - venres 6 de outubro

. Torre da Pena en Xinzo - sábado 7 de outubro

. Castelo de Monterrei - sábado 14 de outubro

. Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil - venres 20 de outubro

. Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo - sábado 21 de outubro

. Pazo de Trasalba en Amoeiro - sábado 28 de outubro

. Pazo de Vilamarín - sábado 11 de novembro

13, Xuño 2023

A provincia de Ourense acolle do 15 ao 18 de xuño unha nova edición do Festival IGF Caravan, que levará no seu nome a José Antonio Viñas (1977-2021), promotor da música tradicional na provincia de Ourense dende a presidencia de Queixumes dos Pinos ou como vicepresidente da Unión Mundial de Folclore (IGF). Esta edición do festival está coordinado por Queixumes dos Pinos e conta coa colaboración da Deputación de Ourense, reunindo a grupos de música tradicional de España, Francia, Israel, Italia e Romanía nos concellos de Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín e San Cristovo de Cea. O vicepresidente primeiro en funcións, Rosendo Fernández, interveu esta mañá xunto á xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense; Sandra Quintas; e a presidenta da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos, María Rita Mira nunha rolda de prensa de presentación na que tamén estiveron o alcalde en funcións de San Cristovo de Cea, Jose Luis Valladares, e Manuel Doval e Raúl Soto, concelleiros en funcións do Pereiro de Aguiar e de Nogueira de Ramuín. O IFG Caravan- José Antonio Viñas é un festival de música popular, onde participan diferentes países mostrando a súa música e as súas diversas culturas, en concreto, procedentes de Francia, Israel, Italia, Rumanía e España.

Nas súas seis edicións, organízase cada ano nun país diferente, para amosar non só a música senón tamén o patrimonio inmaterial do país organizador, así como a súa cultura gastronómica. Todos os países participantes e organizadores pertencen á Unión Mundial de Folclore (IGF), organización internacional nacida no ano 1947 e composta por máis de 40 países María Rita Mira agradeceu ás entidades colaboradoras o seu apoio para celebrar este festival que "para nós é moi importante por ser o primeiro que leva o nome de Jose Antonio, xa que aínda que o festival rotará por distintos países de Europa, queriamos que a primeira vez co nome de José Antonio fose aquí". Por elo, animou a que a xente goce "desta gran manifestación de folclore".

Rosendo Fernández pon en valor a figura de José Antonio Viñas Ademais, no marco desta celebración a Unión Folclórica Mundial IGF xunto co Concello de Pereiro de Aguiar instalarán, no Santuario dos Gozos, unha placa en memoria de José Antonio Viñas, obra do escultor Camilo Seira, no Santuario dos Gozos, e que se descubrirá o 17 de xuño, ás 20,30 horas. "Unha placa que conmemora o labor de xestión, investigación sobre a cultura e o patrimonio inmaterial de Galicia, e a faceta de artista e formador de Viñas", lembrou Rosendo Fernández.

Pola súa parte, María Rita Mira explicou que José Antonio Viñas tiña unha vinculación especial con este lugar porque "Queixumes dos Pinos naceu en Pereiro de Aguiar, ao lado mesmo do Santuario dos Gozos. Unha das primeiras cousas que fixo José Antonio foi unha danza para a Virxe dos Gozos e, durante 29 anos, agás os da pandemia, bailouse todos os anos e continuaremos a bailala alí sempre que poidamos". Sandra Quintas destacou o papel de José Antonio Viñas como "embaixador da cultura da nosa terra", polo tanto é "un deber subliñar o seu traballo incesante na recuperación e na difusión da cultura tradicional galega en todos os seus ámbitos. Poñéndoa en valor dun xeito accesible a todo o mundo e devolvéndolle ao pobo o que é seu".

Programación do Festival IGF Caravan José Antonio Viñas

O programa comezará o 15 de xuño cunha recepción oficial na Deputación de Ourense dos participantes que, posteriormente, visitarán a cidade. A partir das 19,00 horas, actuarán os grupos musicais no hotel balneario de Laias, Caldaria. O día 16 de xuño, comezarán ás 11,00 horas cunha visita guiada ao Mosteiro de San Pedro de Rocas e outra ao Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil que rematará cun paseo en catamarán pola Ribeira Sacra. O 17 de xuño, as actividades comezarán pola tarde, a partir das 20,00 horas, co acto ecuménico no Santuario de Os Gozos. E, ás 20,45 horas, está prevista a inauguración da placa conmemorativa a José Antonio Viñas no atrio do Santuario. Para rematar a xornada, os grupos encherán de música a praza de Luíntra, en Nogueira de Ramuín. O domingo 18 de xuño, a música trasladarase a partir das 20,30 horas, ata a praza do Concello de San Cristovo de Cea.

12, Xuño 2023

Espazo Común difundíu esta mañá un comunicado no que asegura que votarán ao seu candidato á alcaldía Pachi Vázquez na sesión de investidura do próximo sábado dia 17, desta maneira e toda vez que o Partido Popular xa avanzou que tamén votará ao seu candidato, a dia de hoxe parece que cobra forza a idea de que Francisco Fumega será reelexido como alcalde do Carballiño, por ser o maís votado o pasado 28-M

Reproducimos íntegramente o comunicado de Espazo Común:

"Entramos na semana decisiva para definir o FUTURO do Carballiño. Dende Espazo Común queremos dar as gracias a todos os carballiñeses que depositaron a súa confianza en nós; e ó mesmo tempo queremos facerlles chegar a nosa postura sobre a elección do GOBERNO MUNICIPAL o próximo sábado día 17. Presentámonos co COMPROMISO de CAMBIAR determinadas cousas : 1 -Ubicación do CENTRO DE SAUDE 2 -Solucionar conflito do ASILO 3 -Axudas ós libros de texto 4 -Novas infraestructuras deportivas 5 -Limpeza do pobo, do Parque Municipal e do medio rural. Nos días transcurridos dende as eleccións, ningunha formación política expuxo unha proposta de CAMBIO REAL. O candidato do Partido Popular só ten unha proposta: SER ALCALDE pero nada manifesta sobre as NECESIDADES do CARBALLIÑO. O actual alcalde asume a súa derrota pero INSISTE en NON CAMBIAR NADA… sinxelamente ESPERAR e que pase o tempo. Ante esta SITUACIÓN dende ESPAZO COMUN só nos queda anunciar que : VOTARÉMONOS A NÓS MESMOS e seguiremos traballando polo CAMBIO REAL no CARBALLIÑO o tempo que sexa necesario".

10, Xuño 2023

O 99% dos concellos galegos terán acceso a servicios financeiros logo da apertura en febreiro da segunda fase de adhesión ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos bancarios. Nesta nova rolda, foron cinco os novos concellos que se adheriron: Castrelo do Val, Punxín, Toén, Beade e Ribas de Sil.

O obxectivo da iniciativa é o de loitar contra a problemática que supoñía o acceso aos servizos bancarios no rural, evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros.

Así, esta actuación permite que os veciños teñan caixeiros automáticos nos seus municipios; dispoñan dun servizo de asistencia financeira para solucionar calquera dúbida e poder contratar produtos igual que nunha oficina bancaria convencional; así como a oportunidade de recibir formación financeira e banca electrónica para que poidan utilizar tamén os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

10, Xuño 2023

Boas tardes a todos , con respecto a ordenanza de que os donos dos animais de catro patas leven unha botella de auga pa limpar onde mexen, pareceme ben,  sempre e cando,  tamen se lle poña esa medida atodos os humanos que mexan na calle, que son moitos, xa que as calles que chieran a mexo,  non é dos cans precisamente.  propoño como propietaria de un can que ós  venres a noite e sábados todo o mundo  leve unha carretilla con un pipote de auga pa ir limpando os sitios por donde  van deixando as súas  mexadas.

 O ser humano é o animal  máis porco , o que máis contamina,e o que máis mancha . Deixemos ós cans vivir tranquilos.

9, Xuño 2023

Os afeccionados ao mundo do motor volverán a ter esta fin de semana unha cita no concello do Carballiño. Se a primeiros de xuño os protagonistas eran os vehículos participantes no Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que fixeron parada no Carballiño, para este sábado dia 10 está prevista unha concentración de coches deportivos con algún modelo valorado en 1.500.000 euros.

En total, haberá un cento de vehículos deportivos no corazón da vila e os veciños, veciñas e visitantes que se acheguen á Praza Maior poderá ver algunhas marcas como Ferrari, Lamborghini ou Porsche. Segundo a programación, ás 12.30 horas arrancarán para realizar unha ruta que rematará as 14.30 horas no mesmo punto e onde xa se instalou unha carpa na que se levará a cabo o xantar.

Agárdase que esta iniciativa volva a atraer a centos de persoas ao Carballiño, dinamizando a economía local e como xa ocorreu en pasadas edicións, remarcan dende o concello do Carballiño.

9, Xuño 2023

Quero denunciar a situación que pasan a menudo os nenos do cole da Uceira que fan uso da parada de autobús da Alameda. Raro é o día que o autobús pode parar correctamente a recoller ou deixar os nosos fillos porque a parada destinada a ese fin atópase invadida por autobuses de clientes do hotel ou por vehículos particulares. Esto causa retencións de tráfico nesta rúa e o máis preocupante,que os nenos non poidan acceder de forma segura o autobús.

Deuse aviso a policía local en varias ocasións sin éxito. So pedimos que se respeten os horarios de saída e chegada dos nenos para unha maior seguridade e convivencia de todolos veciños.

9, Xuño 2023

Nova "Tertulia dos Venres" en COPE O Carballiño, na que desta vez participaron Érika Paz, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e Alberto Otero.

As consecuencias das tormentas dos últimos dias, que volveron provocar numerosas incidencias no Carballiño, derivadas en algunhos casos nas carencias das infraestructuras municipais, asi como as posibles saídas que poden rresolver o laberinto político cara a sesión de investidura de alcalde para o próximo sábado dia 17, foron os asuntos estrela da tertulia. Pódela escoitar no audio adxunto.

8, Xuño 2023

Asi o confirmou en manifestacións a esta emisora de radio o propio Pachi Vázquez, ésta foi a pregunta que lle trasladou persoalmente Paco Fumega ao líder de Espazo Común, sobre esa posibilidade, a do regreso da xente de Espazo Común ao PSOE.

Éstas e outras manifestacións de Pachi Vázquez sobre os contactos para chegar a un acordo de cogobernanza no concello do Carballiño, podes escoitálas aquí:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS