14, Febreiro 2023

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presentou os datos do Plan Único- Banda Ancha na comarca do Carballiño, que permitiu que Concellos como Boborás, O Carballiño ou Punxín pasasen nos dous últimos anos de non ter implantación de banda ancha a que ésta chegue a máis da metade dos seus habitantes”.

Fixoo no transcurso dun acto informativo celebrado esta mañá na casa do concello do Carballiño, e a que asistiron os alcaldes dos municipais aos que afecta este Plan Único de Banda Ancha financiado con fondos europeos xestionados polo goberno central.

González sinalou que este investimento levará internet de banda ancha a “máis de 4.000 veciños e veciños da comarca carballiñesa mellorando a conectividade en 1.300 núcleos de poboación de toda a comarca rompendo a fenda dixital que existe na actualidade”.

Xunto co representante do goberno tamén se desprazou ata o consistorio carballiñés a este encontro informativo o Xefe de Telecomunicacións da provincia, Enrique San Martín, quen informou aos alcaldes dos sete municipios da comarca –Carballiño, Maside, Boborás, San Cristovo de Cea, Piñor de Cea, Beariz, San Amaro– do estado de cumprimento do plan situando os concellos da comarca como unha zona de gran conectividade.

No conxunto da provincia, o plan conta cun investimento de 18.391.322 euros para 45.635 unidades en Ourense cuxos traballos están a ser efectuados pola empresa Adamo Telecom

13, Febreiro 2023

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou as bases do programa ChegOU 2023 para o fomento da natalidade, que nesta nova convocatoria inclúe na súa cobertura ás persoas desprazadas pola guerra de Ucraína e que foron acollidas en distintos puntos da provincia.

As bases do programa sinalan que a guerra en Ucraína obrigou a moitas persoas, na súa gran maioría mulleres, a fuxir do país coa súa familia, mesmo con recen nacidos ou en estado de xestación, deixando atrás os seus traballos e modo de vida. Así, poderán acceder ás subvencións aquelas persoas que se atopen en situación de “desprazadas por conflito armado” e teñan un fillo en 2023, ampliando esta posibilidade con carácter retroactivo excepcional ao ano 2022.

Cun orzamento de 325.000 euros, as subvencións para o fomento da natalidade do programa ChegOU, que xestiona a Área de Benestar da Deputación, están dirixidas a todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores. As contías das subvencións corresponderanse coa clasificación dos concellos en cuxo rexistro civil se inscriba o menor, é dicir, 300 euros no caso dos concellos sen prioridade demográfica (grao 0) e para os municipios con prioridade de grao 1 e 2. As axudas serán de 500 euros para os concellos con prioridade de grao 3. As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de decembro de 2023, aínda que no caso de que o nacemento, a adopción ou tutela tiña lugar entre o 1 e o 31 de decembro de 2023, o prazo ampliarase ata o 15 de xaneiro de 2024.

13, Febreiro 2023

Lamentan os socialistas "que se pase o inverno de festa en festa e un ano mais se esquezan totalmente de que os lumes se apagan no inverno, non tendo adoptada unha sola medida dende o pasado verán, no que o lume case devora varios pobos do Irixo".

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou novamente unha MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO A QUE SE EMPECEN A ADOPTAR MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN FRENTE O LUME AHORA NO INVERNO PARA QUE NON ARDA NO VERÁN, e que non se este de festas e viaxes a espera do verán e do lume.

Consideran imperativo "que visto o sucedido o pasado verán, onde case arden varios pobos mentres as brigadas de incendios non sabían onde poder cargar auga ou cómo chegar polo monte aos pobos, é imprescindible e necesario a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo".

Os socialistas plantexan entre outras moitas propostas: 1º.- Acometer a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo. 2º.- Empezar xa a limpar e manter limpo os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello. 3º.- Iniciar os trámites para ter operativas xa as brigadas de prevención e extinción de incendios e que empecen a manter limpos os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello. 4º.- Instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga, dotando os veciños e veciñas dos pobos de mangueiras ó efecto para que poidan usalas en caso de necesidade. 5º. Construir máis tanques de incendios e limpar e recuperar os tanques e pantanos de regadío xa existentes en tódalas parroquias para a extinción de incendios, como o pantano do ferrocarril no monte de San Cosme totalmente abandoado e xa reclamado nos últimos anos.

12, Febreiro 2023

Fai unha semana que hai unha fuga de auga no cruce que hai N-541 co camiño que vai para Corzos. Despois de avisar o concello de Maside seguen sen vir arranxar a avería. Cas xeadas que están a caer tódolas noites como para formarse placas de xeo na estrada e provocar un accidente. Do gasto e aforrro de agua mellor non falamos. Os de Carballiño inda non saben ben con quen firmaron a famosa mancomunidade de auga. Menudo marrón lles espera. 

11, Febreiro 2023

A cidade asturiana de Avilés celebra estes días unhas xornadas de pulpo á feira, e con este motivo onte entregáronse os galardóns “Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro”, un evento que tén un gran recoñecemento gastronómico en Asturias, e un de cuxos galardoados foi o Mestre pulpeiro carballiñés Paco Gómez, que rexenta demais sete negocios hostaleiros en Asturias.

Ao acto asistiu o teniente alcalde e concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, quen se referiu á boa relación que existe entre Asturias e o Carballiño dende hai moito tempo, e que por eso antes da pandemia dedicóuselle unha edición da Festa do Pulpo a esta comunidade e se fixo unha presentación en Xixón.

Ao respecto, tanto no acto, ao que asistiu a teniente alcaldesa de Avilés, como na prensa, concretamente, no xornal La Nueva España, destacouse a forte ligazón comercial que houbo entre Avilés e O Carballiño no século XVIII. “José Alvarez, natural de Avilés, casa en Carballiño con Josefa Sotelo (heredera del párroco de Arcos). Su casa, herencia del cura, es la primera del actual Carballiño. José Alvarez abre una ruta comercial con Avilés que permite el intercambio comercial además de atraer gente asturiana a Carballiño y viceversa. Gracias a esta ruta que iba por Monterroso, Melide y Ribadeo se facilita la entrada de pulpeiras de Arcos en estas ferias. A Carballiño llegan y se instalan comerciantes asturianos como los Lastra, Bermúdez, Graña y Quintanas”.

O historiador carballiñés e integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Carlos Montes, ten documentado que “do Carballiño en Avilés instálanse as familias Conde e Pazo. Estamos falando do ano 1.785. Esta ruta Carballiño - Avilés durou máis de 150 anos”, asegura. “Moitos matrimonios en Arcos neses anos tiñan de testigos a comerciantes de Avilés”, afirma o investigador das orixes do Carballiño, que publicou un libro con este título e cuxas pescudas están a ampliarse nos roteiros urbanos que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas.

10, Febreiro 2023

Fai tres anos anunciaron por parte do ayuntamiento de Boborás que había un promotor para facer un balneario en Brués,nada máis se volveu saber de eso.Logo a deputación moito falar de Orense termal pero o avanze na construción de novas instalacións termais é nulo. Por outro lado anuncian o plan de sostenibilidade termal e nada se sabe dónde van invertir ese diñeiro.Solo se vende propaganda electoral.Menos anuncios e máis accións que favorezcan con postos de emprego a aqueles municipios rurais que necesitan emprego.

9, Febreiro 2023

A segunda Ruta das Tapas deste mes de febreiro na hostalaría carballiñesa volve estar dedicada ás "Tapas de Cortello", con sabores de entroido por 2,5 euros e a oportunidade de gañar bos premios entre os participantes, este venres dia 10 de 20:00 a 23:00 horas.

Na carteleira cinematográfica da fin de semana temos 3 películas. O Cine-Club Carballiño proxecta este venres en horarios ás 20:00 e 22:30 h. no auditorio a película dos cineastas belgas os irmáns Dardenne "Tori y Lokita". E no Novocine de Leiro, todos os dias proxecta cine infantil "El Asombroso Mauricio" ás 16:00 horas; e xa en pases ás 18:15 e 20:30 horas a película "Una herencia de muerte"

A Segunda Edición do Entroido Infantil e Xuvenil da Insua dos Poetas terá lugar o sábado 11 de febreiro, a partir das 16 hs, no predio cultural de A Esgueva, na parroquia carballiñesa de Madarnás. As actividades programadas inclúen un concurso infantil e xuvenil de disfraces de todo tipo, individuais ou colectivos, primando o interese polas manifestacións populares. Esstarán presentes as figuras propias da Insua, os xograres e as danzadeiras. E tamén haberá xogos tradicionais e como fin de festa está previsto compartir unha merenda típica de carnaval.

O Carballiño acolle este sábado a primeira cita da temporada da FGP en patinaxe artística, a I Fase de Niveis do 5 ao 10. O Club Aehde celebra neste 2023 o seu décimo aniversario e o primeiro acto chega o sábado dia 11 na celebración no pavillón anexo Paco Chao da I Fase de Niveis do 5 ao 10, na modalidade de libre, que organiza o club carballiñés conxuntamente da Federación Galega de Patinaxe. Na cita, que se celebra dende as dez da mañá ata as 20 horas en xornadas de mañá e tarde e que contará ca participación de 25 equipos do sur de Galicia, das provincias de Pontevedra e Ourense, e cunhas 200 patinadoras e patinadores.

O domingo 12 na Bodega de Flores ás 13:00, Roberto Sobrado e Quico Valeiras repasarán, á hora do vermú, algunhas das músicas e poesías (e varias sorpresas)que veñen sementando dende hai tempo. Un acto no que a participación directa do público será fundamental para levar a bo porto este "toma & daca" ás portas do entroido.

9, Febreiro 2023

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto co presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, Pablo Pérez, na reunión da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de levar a cabo os trámites para implantar un modelo de xestión directa nos catro parques de bombeiros deste consorcio, isto é, os de O Carballiño-Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras. Á reunión tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

No encontro de hoxe aprobouse a memoria económica que xustifica o paso a xestión directa, no que se refire a nivel de gasto, así como a relación de persoal que tería que ser subrogado. Esta subrogación realizarase en base á sentenza do Tribunal Supremo 89/2022 do 1 de febreiro de 2022 de unificación de doutrina. O proceso continuará agora os pasos correspondentes antes da aprobación definitiva do novo modelo nun pleno ordinario do Consorcio.

A Xunta apoia a implantación do modelo de xestión directa nos parques de bombeiros da provincia, toda vez que se conclúe que a prestación directa do servizo responde a criterios de eficiencia e eficacia e cumpre co condicionante de que a mesma non supoña un aumento de costes en dita prestación e garanta os dereitos dos traballadores existentes, así como que non implique maiores aportacións económicas para a Administración autonómica.

A Administración autonómica estableceu xa en 2016 unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais co obxectivo de ofrecer unha prestación homoxénea dos servizos de emerxencias en toda a comunidade, de maneira que sexa igual para toda a cidadanía con independencia do seu lugar de residencia. Unha vez culminados os trámites en Ourense os consorcios de bombeiros e salvamento de todas as provincias funcionarán con xestión directa.

O Goberno galego mantén o seu compromiso na atención ás emerxencias en todo o territorio galego, neste caso para apoiar a actividade dos parques de bombeiros da comunidade, a través dos consorcios. Ademais, a Xunta colabora cos servizos de emerxencias dos concellos -Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)- tanto no seu funcionamento como na dotación de equipamento.

8, Febreiro 2023

Fai xustiño un ano que as fixeron e despois de estar máis de 35 anos pedindo beirarrúas para o Colexio Vila do Arenteiro, agora veñen os de Unión Fenosa a escarallar as beirarrúas das casas dos vecinos e tamén do Colexio, de cómo quedarán as árbores xa non digo nada. Menuda planificación de obras se fixo. Co tempo que tarda calquer simple trámite urbanístico en Maside, non se percataron se tiñan pendente de licenza obras ou de executar obras nesa mesma rua, se o Colexio agardou máis de 35 anos podería agardar un ano máis polas beirarrúas digo eu. Enténdese que ese tipo de instalacións se faga polas beirarrúas por ser máis sinxelo e económico de arranxar ca en zonas de asfalto. Pero, qué sentido ten facer iso en Corzos? Onde é unha vergonza como está o asfaltado das rúas que pertencen a Maside. Inda non hai moito fixose unha obra de saneamento e non se dubidou en facer as canalización polo medio das rúas, cando todo Corzos ten as canalizacións orixinais polo espazo destinado as beirarrúas. Cal é o criterio que se emprega? O de fastidiar o vecinos que pagan as suas beirarrúas cando fai a sua casa,  por onde queira o da retro ou como cadre mellor….

Despois temos que escoitar que o prezo da luz non pode baixar porque ten moitos gastos. Claro está, desfacer para volver facer por malísima planificación e organización.

Así nos vai.

8, Febreiro 2023

Semella que está a materializarse a grotesca tomadura de pelo aos usuarios de autobús do Carballiño. Un galpón de 170.000 euros, emulando ao galpón de Maside que costara hai13 años 96.000 onde cando chove e fai algo de vento os usuarios papan chuvia por un tubo.

Vou calificar esto como se merece e quédome corto. Ë unha aberración, unha grotesca tomadura de pelo, un insulto á cara dos usuarios. E todo esto perpetrado tanto pola Xunta do partido podre (que hai más dun ano anunciara este miserable proxecto e comeza esta M de obriña nas vísperas de elecciones) como pola inepcia e indolencia do goberno local.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS