
No mes de setembro conmemórase o Mes Mundial do Alzhéimer, data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade que é considerada unha das epidemias deste século.
Este tipo de patoloxías fan meya nas poboacións envellecidas, como a do Carballiño e comarca, un colectivo susceptible de desenvolver cadros vinculados ao deterio mental. Por este motivo, este venres dia 30 de setembro e coincidindo co dia de feira no Carballiño, A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor trasladarase á Villa, onde instalará na Rúa Principal unha mesa informativa coa que dar a coñecer o labor que coas afectadas por esta enfermidade e as súas familias desde 1995.
Desde hai anos, AFAOR desenvolve no Carballiño, coa colaboración coa Concellería de Benestar Social, Talleres de Estimulación e Prevención do Deterioro Cognitivo. Esta actividade dirixida a persoas afectadas de deterioración cognitiva e para aquelas persoas maiores por mellorar os seus reservas cognitivas, conta con gran acollida veciñal.
Estes Talleres teñen lugar os martes e os xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia, rúa Calvo Sotelo, 34. Para apoiar esta iniciativa, a mesa contará coa presenza de Guadalupe Sobrado Pérez, Concelleira de Benestar Social do cocnello do Carballiño, confirman dende AFAOR.

O próximo sábado, 1 de outubro, celébrase unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós (1926-2022)”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños.
O punto de partida escollido para este ano sitúase no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo. Ás 11.00 horas, minutos antes do inicio da ruta, descubrirase neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”.
Os participantes na andaina farán un percorrido que pasará por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas onde serán recibidos cunha degustación de produtos da terra.
A inscrición pode facerse no correo electrónico oixcultura@carballino.gal

O proxecto está promovido por Naturgy Renovables e terá unha produccion media anual estimadade 108 Mgh, o prazo de execución será de 10 meses e o orzamento previsto para a execución material do proxecto ascende a 40,9 millóns de euros.
O proxecto denominado "Parque Eólico A Estivada" afectará a unha superficie de 1.391 hectáreas, e localízase na contorna do Paraño, en montes particulares e veciñais en man común nos concellos de Boborás e O Irixo. En concreto, a localidade que terá o primeiro aeroxenerador máis preto é Fonte Moreiras, en Boborás, a 573 metros de distancia e Nogueiroa, no Irixo, a 660 metros. Entre 700 e 1.300 metros estarán Espiñeiros, Cerdeira e Parada de Labiote no Irixo, e Pereiras, Porto Pereiras, Xendive, Meixe e O Regueiro no concello de Boborás.
Para acceder ao acordo da Xunta publicado no DOG, podes facélo descargando o arquivo adxunto:

A pasada semana era Franscisco Fumega quen avanzaba que optará a reelección á alcaldia do Carballiño para un novo mandato. Hoxe foi Ricardo Perea, o actúal portavoz do grupo municipal popular, en resposta aos ointes de COPE O Carballiño, quen adiantou que "o Partido Popular ten que abrir unha reflexión e buscar quen pode ser o mellor candidato", para as eleccións municipais de maio de 2023.
"É o momento de facélo, como o resto de partidos supoño, non debe ser ésta unha decisión dunha única persoa, penso que o mellor para O Carballiño sería un alcalde do Partido Popular, e por eso o Partido Popular debe facer un esforzo para que sexa o mellor candidato posible, esa é a obriga do partido", dixo o portavoz dos populares, que encabezou por vez primeira a candidatura carballiñesa nas eleccións de 2019, coa que obtivo catro actas na corporación municipal.
Preguntado de forma expresa e concreta sobre se descartaría ou podería repetir como cabeza de lista dos populares carballiñeses, Perea manifestou que non descarta que tras ese periodo de reflexión que anunciou, él mesmo poida repetir como cabeza de cartel "igual que fai catro anos, eu sigo estando a disposición do meu partido", zanxou.

Unha vez redactado o borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incencios forestais, o concello do Carballiño abre o periodo de exposición pública durante un periodo de 20 dias hábiles, que comezaron a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, con data deste pasado dia 23 de setembro.
Durante este prazo, calquera persoa que o desexe poderá presentar no Rexistro Municipal as observacións ou suxestións que estime oportunas. O borrador deste Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios forestais, xunto o resto dos documentos integrantes do expediente administrativo, poderán consultarse no portal de transparencia do concello do Carballiño, na sede electrónica da institución municipal, asi como nas propias dependencias municipais en horario de 9:00 a 12:00 horas, de lúns a venres.

A vila de Cea celebra as festas da Saleta entre o venres 23 e o lúns 26, que será festivo local no municipio, o acontecemento que cada ano despide o calendario festivo estival na comarca carballiñesa.
Para amenizar estas festas estarán en Cea 7 orquestras, que son Unión y Fuerza (Dia 23) New York e Tentaciones (Dia 24) Fusión e Olimpus (Dia 25) e Pégate e Claxxón (Dia 26). Ofrecerán pasarrúas e concertos as bandas de música Artística de Merza e Muimenta, e complétase o programa musical coa Charanga CLK e o grupo Feitizo de Pau.
O Carballiño ten esta fin de semana dous eventos musicais. O sábado dende as 20:30 horas o Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que terá lugar no Casino, e coa participación da propia Coral do Casino, e como agrupacións invitadas o Orfeao de Espinho-Portugal e a Coral Ecos do Miño de Lugo. O domingo, no auditorio e con entrada de balde, Alfonso Medela Trío presenta "Jazz Ad Líbitum", un concerto no que o artísta carballiñés estará acompañado de Luis Vivas á bateria e o cubano Óscar Rodriguez no Contrabaixo.
No campo da festa de Brués, o concello de Boborás programou para as seis da tarde do sábado o musical infantil "Pako Pakolas".
E na carteleira cinematográfica, o Cine Club Carballiño inicia tempada coa proxección da película española Alcarrás, o venres en pases ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias: "Tadeo Jons 3" ás 16:00 horas, e "Viaje al Paraiso" ás 18:15 e 20:30 horas.
Bos días a tod@s os lectores de Cope Carballiño.
Lendo o que aquí se publica o pensamento que me xurde é que imos por detrás con respecto a outras vilas similares ou incluso máis pequenas.
Non vou entrar en xuízos do que hai e de como está, do mal que o fixeron uns ou outros, do mal ou ben que gastan as partidas presupuestarias, etc. porque o feito feito está e moito se podería decir.
Simplemente vou facer unha suxestiòn en base ó que penso, e comparado co que hai noutras vilas similares. Seguro que xa se ten suxerido.
Unha piscina climatizada municipal, con ou sin servicios adicionais de gimnasio etc, como en Verín, Xinzo, O Barco, Lalín, A Cañiza etc.
Paréceme imprescindible para a calidade de vida de nenos, adultos e terceira idade.
Saúdos para tod@s!
Bo día, en primero lugar desculparme se non fun todo o correcto que debería, non se trata de atacar a ninguen, ou alomenos non iba con esa intención, senon de dicir e recoñecer que as instalacions deportivas ben sabido e que se atopan nun estado mellorable, moi mellorable nalguns casos, pero que lanzar notas de prensa o aire non e solución, a solucion pasa por estar unidos e loitar para que a Xunta financie Unha mellora no pabellón e outras instalaciones xa que doutro xeito será imposible como vostedes ben saben, realizar melloras de calado Nas instalacions, tan necesarias para os carballiñeses
Por outro lado pensó que ninguen está nervioso de cara as eleccions municipais, xa que a xente valorará o traballo ben Feito e non so os erros, que calquera mortal comete ,saudos

O Casino do Carballiño acolle, con entrada de balde, dende as 20:30 horas deste sábado dia 24 de setembro a edición número 39 do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral.
O concelleiro de cultura Diego Fernández, subliñou no acto de presentación deste festival que "trátase dun evento que nunca deixa de sorprendernos grazas ao bo facer da familia da Coral do Casino e tamén do seu director Jaime Pichel, un orgullo para O Carballiño poder contar cun home do seu talento e sempre implicado coa nosa vila".
Pilar Caballero, en nome da organización, que corresponde á Coral Polifónica Casino do Carballiño, destacou o nivel artístico das dúas corais invitadas "que nos achegaron a súa ilusión por estar no Carballiño e participar neste festival, témoslle preparada unha visita turística e gastronómica, na que non faltará o pulpo".
Ademáis dos anfitrións e organizadores, a Coral do Casino, participarán neste festival a agrupación portuguesa Orfeao de Espinho e a Coral Ecos do Miño, de Lugo.
Seica hai algún veciño do Carballiño ó que lle molesta que se melloren as instalacións deportivas.
Atacar a Espazo Común por facer unha proposta deste tipo só demostra que no PSOE do Carballiño están moi alterados ante o examen que teñen nas eleccións de maio.
Como non estudiaron nada estes anos saben que os veciños os van suspender.
Que tomen tila e non se enfaden tanto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- …
- seguinte ›
- última »