
O Concello de Castrelo de Miño e o Concello de Boborás únense para organizar o primeiro Festival de Circo e de Humor, que contará con grandes artistas da nosa terra. Este primeiro festival levarase a cabo a última fin de semana de outubro e realizarase de forma simultanea nos dous concellos, un gran exemplo de colaboración entre entidades locais.
Dará comezo o venres 29 ás 19:00 horas coa actuación en Boborás do espectáculo "A Maxia do Outono" e á mesma hora en Castrelo de Miño o espectáculo "Asacocirco Show".
O sábado 30 ás 19:00 horas en Boborás teremos a actuación do monologuista galego Pepo Suevos e en Castrelo de Miño á mesma hora o espectáculo "A Maxia do Outono".
A xornada do domingo é a máis extensa en programación, comezará ás 12:00 horas en Castrelo de Miño coa actuación do artista Luís Zahera, que pola tarde ás 18:00 horas actuará en Boborás, tamén as 18:00 horas en Castrelo de Miño dará comezo o monólogo de Pepo Suevos. O festival finalizará en Boborás ás 19:30 co espectáculo de circo "Asacocirco Show".
Todos os espectáculos son de balde. O programa está subvenionado pola Consellería de Cultura, no marco dunha convocatoria de carácter competitivo e no que este proxecto acadaou a máxima puntuación.
En Boborás os espectáculos realizaranse no patio do colexio e en Castrelo de Miño no Parque Náutico de Galicia, en ambas localizacións os espectáculos serán ao aire libre, pero coa instalación dunha carpa para combater posibles inclemencias climatolóxicas.

O día 1 de novembro volve a Escola Municipal de Danza e de Teatro logo de abandonar a actividade en 2020 debido ás restricións impostas pola pandemia. Agora, a Concellería de Cultura do Carballiño decidiu que é o momento de reactivar as escolas, garantindo que se cumpran as medidas necesarias para que as usuarias e usuarios poidan disfrutar das actividades con total seguridade.
Para elo, se van a transladar algunhas disciplinas como zumba e ritmos latinos ao IES Manuel Chamoso Lamas ( actividades que ademais aumentarán o número de prazas), mentres o resto se manterán no mesmo espazo dos últimos anos. Co fin de facilitar e axilizar as inscricións, o Concello pon a disposición da veciñanza unha plataforma a través dunha APP que se chama Concello do Carballiño, na que tamén se poden facer os pagos. Ademais, co fin de facilitar o trámite a aquelas persoas que o desexen, tamén se poderá facer a inscrición de forma física no departamento de cultura, tal e como se viña facendo nos últimos anos.
O prazo de inscricións abrirase este mércores, 27 de outubro, ás 11h. As disciplinas que se ofertan na escola de danza son zumba, con 3 grupos, pilates con 3 grupos, funky con 3 grupos, ballet con un grupo e ritmos latinos con un grupo de iniciación e outro de avanzado. Por outra beira, a Escola Municipal de Teatro, contará cun grupo infantil, un grupo de iniciación e outro de avanzado. Dende o concello recordan que existe unha bonificación do 20% no importe das tarifas mensuais dos prezos públicos establecidos ós beneficiarios deste servizo a partir do segundo membro da unidade familiar matriculado na mesma escola ou actividade. Para obter a bonificación será necesario entregar polo rexistro do concello unha copia do Libro de Familia, unha vez feita a inscrición.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade que dirixe a concelleira Guadalupe Sobrado pon en marcha, por medio do CIM do concello carballiñés, un programa aberto ás mulleres do municipio, os "Encontros de saúde física e emocional para mulleres".
Trátase dun programa de talleres que teñen como obxetivo "acompañar á muller a recoñecer hábitos que favorezan a súa saúde física, emocional e mental, promover a participación activa das mulleres na procura de melloras no seu comportamento co fin de recoñecer debilidades e ameazas que nos prexudiquen a cotío", subliñou a concelleira. Aos encontros poden acudir tanto as mulleres das parroquias donde teñen lugar estas actividades como as mulleres do resto das parroquias do Carballiño, en cada caso aos centros sociais que lle queden máis preto do seu lugar de residencia.
O calendario destas sesións é o seguintes:
Dias 26 de Outubro, 2, 9,16 e 23 de Novembro: ás 15: 30 horas no centro social de Santa Uxía de Lobás. Ás 18 horas no local social de Arcos.
Días 27 de Outubro, 3,10,17 e 24 de Novembro: ás 15:30 horas no local social de Mudelos. Ás 18 horas, no local social de Bó Día Famiia.
Dias 28 de Outubro, 4,11,18 e 25 Novembro: ás 15:30 horas no local social de Sagra. Ás 18 horas no local social do Torrón.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, vén de felicitar ao novo alcalde de San Amaro, o popular Fernando Redondo, logo do pleno no que saíu elixido para presidir a corporación local, eloxiando “a chamada do rexedor á responsabilidade, á moderación e ao compromiso para situar ao municipio e á súa veciñanza nunha nova etapa de progreso”.
Manuel Baltar destacou que Fernando Redondo “encabezou a lista máis votada nas eleccións locais de 2019, converténdose no candidato preferido polas veciñas e veciños de San Amaro, confianza que non puido exercer por unha fracasada coalición entre o PSOE e unha lista independente”.
“Dous alcaldes e a incapacidade para cumprir un pacto de goberno é un pobre balance para os socialistas deste municipio, para os socialistas da provincia e para unha formación independente que tampouco está no seu mellor momento”, dixo o presidente dos populares ourensáns, que lamentou “o tempo perdido para mellorar a calidade de vida dos habitantes de San Amaro cunha xestión seria”.
Precisamente a seriedade foi un dos aspectos destacados por Manuel Baltar da personalidade de Fernando Redondo, “que coa súa prudencia e compromiso será quen abrir un camiño de futuro para o municipio, como así foi na anterior etapa de goberno do Partido Popular con Ernesto Pérez como alcalde durante catro mandatos e, daquela, xa con Redondo como tenente alcalde, polo que a experiencia na xestión municipal está garantida”.

Espazo Común espera contar co apoio dos outros dous grupos políticos da oposición municipal no concello carballiñés para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario da corporacion no que se debata unha moción na que piden "unha auditoria de gasto en infraestructuras municipais". Según as contas de Espazo Común, o goberno presidido polo alcalde Fumega xestionou 90 millóns de euros nos últimos 7 anos.
Pachi Vázquez apela a BNG e PP para convocar este pleno extraordinario no que "o alcalde terá que explicar en qué meteu os 90 millóns de euros, a maioria dos veciños e dende logo a oposición non sabemos en qué están metidos". Defende, ademáis, que durante todo este periodo de tempo non se acometeu ningunha nova infraestructura no concello do Carballiño e enumera algunhos exemplos do "fraude electoral de Fumega, cero euros para o centro de saúde, cero euros para a ampliación do parque empresarial, cero euros para o parque municipal, e podía seguir", enfatizou.
Espazo Común defende que éste é o momento do actúal mandato muinicipal para trasladar esta proposta de auditoria de gasto ao pleno da corporación carballiñesa porque "faltan 17 meses e non hai nin tempo nin cartos para acometar as grandes obras que necesita O Carballiño, cando aínda non sabemos onde vai ubicarse o novo centro de saúde, despóis de varios enganabobos e mentiras", remarcou Pachi Vázquez nesta comparecencia na que estivo acompañado por Adolfo Nogueira e Érika Paz.

O Partido Popular recupera a alcaldia de San Amaro tras a renuncia presentada semanas atrás polo socialista Rubén Gómez.
No pleno extraordinario celebrado este mediodia, a corporación elixíu ao candidato do Partido Popular Fernando Rodríguez Redondo como novo alcalde, convertíndose desta maneira no terceiro alcalde de San Amaro durante o actúal mandato municipal
Na votación saíu elixido Fernando Rodríguez como alcalde ao ser a do PP a lista máis votada nas eleccións de 2019, ao rexistrarse un empate a catro votos coa candidata socialista María Jesús Fernández González, e un voto en branco, que foi decisivo, o da concelleira non adscrita Sonia Ordoñez. O único concelleiro de Xuntos Por Amaro, Carlos Paz, apoiou á candidata socialista.

Os socialistas de Leiro volven "deixar constancia de que levamos denunciando publicamente durante décadas o pasotismo e o cinismo do rexedor e proba diso, pasamos a relatar un episodio máis. No ano 2004 procedíase a selaxe do vertedoiro que había entre os pobos de Ribeira e Osebe cun investimento dunhos 224.524 euros, que foron achegados pola Conselleria de Medio Ambiente para rexenerar de forma ambiental a zona afectada polos residuos, na cal se prevía cubrir os residuos existentes con capas destinadas a conducir os gases xerados pola materia orgánica ao exterior, a illar os restos de choiva para evitar a contaminacion"
Engaden que "despois de 14 anos que se realizou a selaxe da entulleira, esta zona esta en o absoluto abandono por parte do Goberno Municipal e todo iso, de advertirlles que se debe facer o mantemento do mesmo xa que hai abundante maleza, papeleiras que levan anos sen recoller, postes de madeira deteriorados, rotos ect….unha pena xa que desde a estrada, apreciábase o rio Avia, a parroquia de Gomariz, San Clodio, pero debido á total falta de interes e despues de gastarse o pasteiro nesa selado, o equipo mira cara a outro lado, porque non lles interesa, por iso esmascaran a súa mala e nesfasta xestión con axudas e subvencións a cales manifestan unha total falta de control, mantemento e prevención".
Dende o PSdeG de Leiro apuntan a "outro caso mais de pasotismo e falta de control por parte do Consistorio municipal esta en a rehabilitación da pasarela colgante sobre o rio avia cun custo con diñeiro de tod@ s 48.100€ financiado pola Conselleria de Medio Ambiente e Ordenacion do Territorio cunha achega por parte do Concello de Leiro de 17.331€, mais do mesmo, a pouco dias do seu rehabilitacion xa había danos no ano 2019, despues de advertirlle ao rexedor desas anomalias, a outubro do ano 2021 aínda seguen e cada vez se acrecentan mais, pero tampouco se lle pide responsabiidades á empresa que realizo dita obra, nin tampouco o rexedor diríxese á Conselleria para que emenden os danos non vaia a ser que se enfade a Conselleira, asi vai".
E por ultimo,subraian que "coa limpeza da Ponte Esperela sobre o rio Avia na OU-209 cun orzamento de 28.926,28€ cuxo obxectivo era a retirada da vexetación, favorecer a súa conservación e mellorar a súa imaxe no ano 2020 mais do mesmo, ao pouco de acabarse a obra en menos dun ano xa volvía ter abundante vexetación, polo que o concello non a xestionado nada de nada, para emendar o problema e pedir responsabiliades, que cada vez se acrecenta mais e mais".

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, e tras unha reunión celebrada esta semana na que xunto aos rexedores de Maside e O Carballiño tamén participaron responsables da Garda Civil e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta.
A idea na que se traballa é que a Consellería de Medio Ambiente proceda á limpeza do lixo acumulado en todo o entorno do poboado chabolista da Fontela, situado no termo municipal de Maside, aínda que se localiza nunha dos principais accesos a O Carballiño.
Doutra parte, o alcalde carballiñés tamén avanzou que o proxecto de construcción do novo centro de saúde para O Carballiño conta cunha previsión orzamentaria de 8 millóns de euros por parte da Consellería de Sanidade. En canto a elección dos terreos para a súa ubicación e que o concello carballiñés ten que poñer a disposición de Sanidade, Fumega adiantou en COPE O Carballiño que será no transcurso da próxima semana cando convocará unha reunión da comisión municipal de sanidade, na que están representados todos os grupos políticos municiapais, e na que agarda chegar a un acordo de consenso sobre a proposta que se trasdará á Xunta.
Pódese escoitar íntegra a entrevista co alcalde do Carballiño no Podcast que encontrarás nesta páxina WEB, en "Programa" do dia 21 de Outubro de 2021.

A finais do mes pasado botaba a andar o ciclo de FP Dual de Soldadura e Calderería do Instituto Chamoso Lamas nas instalacións de Dizmar, empresa ubicada no polígono industrial do Carballiño, que conta con varios centos de traballadores e proxectos internacionais na súa carteira, que decidiu ceder o espazo e a maquinaria necesaria para que puidera arrincar este ano a formación. Dende a mesma, o seu responsable Carlos Rivas, que tamén foi o promotor do ciclo de formación profesional na vila, destaca a boa acollida que tivo ao cubrirse a totalidade das prazas ofertadas e a importancia que vai ter na formación do alumnado e na creación de man de obra especializada para as empresas do sector do Carballiño.
De feito, as prácticas xa están garantidas polas dúas maiores empresas do polígono do Carballiño , Dizmar e Gri Towers. Na primeira valoración logo do comezo do curso, o responsable de Dizmar tamén salienta a calidade do profesorado que, sen dúbida, será un valor importantísimo para o futuro deste ciclo que para o ano xa pasará ás instalacións do Instituto Chamoso Lamas que, na actualidade, está a acometer as ampliacións e adaptacións necesarias para que o próximo curso xa se desenvolvan alí as clases.
Dende o Concello do Carballiño, o Concelleiro de Emprego José Manuel Dacal, agradece a implicación das empresas que, dende o primeiro minuto, se comprometeron a acoller ó alumnado e tamén ó Instituto Chamoso Lamas e a Consellería de Educación por ser parte fundamental nesta nova experiencia, única na provincia de Ourense. O concelleiro recorda a importancia que vai ter na empregabilidade da veciñanza da comarca,en satisfacer as necesidades das empresas instaladas no polígono e , tamén destaca, que vai supor un valor engadido para o asentamento de novas empresas logo da ampliación do polígono industrial.
Pola súa parte, a dirección do IES Manuel Chamoso Lamas agradece o apoio do Concello do Carballiño e das empresas implicadas neste proceso, GRI Towers Galicia e Dizmar, fundamentalmente a esta última por ceder as instalacións para que o curso puidera comezar con normalidade, mentras a consellería realiza as obras necesarias para para poder impartir a parte práctica do ciclo. Tamén salientan que este novo ciclo, xunto coa extensa oferta educativa , fan do instituto un referente a nivel provincial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- …
- seguinte ›
- última »