7, Novembro 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de remitirlle unha carta ao alcalde Francisco Fumega na que formalmente demanda do concello do Carballiño a posta a disposición da Xunta "dunha parcela viable para axilizar o proceso adminstrativo de licitación do proxecto e obra e posta en funcionamento do novo Centro Integral de Saúde".

A misiva, igual que ao alcalde do Carballiño, tamén foi enviada desde a Consellería de Sanidade aos outros 27 alcaldes e alcaldesas dos concellos incluidos nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestructuras Sanitarias recentemente anunciado pola Xunta. Neste plan, tanto O Carballiño como Boborás foron inluídos na fase 1, que outorga prioridade na execución dos proxectos para os dous próximos anos.

Para facilitar a localización das parcelas e que cumpran os requisitos necesarios, o conselleiro xa lle indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado en cada municipio, no caso do Carballiño son 4.500 metros cadrados. Ademáis, o Sergas comunicou ao alcalde do Carballiño a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras deste departamento autonómico "con total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que o concello considere e determinar se cumpren ou non coas necesidades requeridas desde o punto de vista técnico".

7, Novembro 2021

Trátase dunha liña de axudas da Deputación de Ourense da que poden beneficiarse xóvenes emprendedores que teñan entre os 16 e os 30 anos de idade, e  que inicien a súa actividade e teñan o seu domicilio en calquera concello da provincia de menos de 5.000 habitantes.

Para todas as persoas interesadas, terá lugar unha charla informativa este martes día 9 de Novembro ás 19 horas, no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás. O programa EmprendOU contén medidas de apoio á nova actividade empresarial nos municipios rurais afecados polo declive demográfico.

5, Novembro 2021

O Concello do Carballiño dotarase dun cemiterio civil para dar resposta á demanda deste tipo de enterramentos por parte dos cidadáns da vila carballiñesa. As previsións coas que se traballa dende o concello pasan por desenvolver as obras ao longo do vindeiro ano e por crear este novo espazo funerario no recinto orixinal do cemiterio de Señorín.

O proxecto para a creación do cemiterio civil do Carballiño está a ser redactado polo arquitecto municipal e as características do novo recinto pasan por crear preto dun cento de columbarios para que sexan usados polos carballiñeses que desexen optar por facer un acto destas características cos seus familiares. A dotación orzamentaria que se baralla fixa o investimento no entorno dos 100.000 euros.

A corporación municipal carballiñesa acordou no seu día crear un cemiterio civil, ante a ausencia do mesmo, para dar resposta ás demandas prantexadas polos cidadáns. O Concello decantouse por promover este espazo no recinto orixinal do cemiterio de Señorín, na zona verde existente no mesmo. Alí será onde se constrúa o recinto co cento de columbarios que formarán o referido cemiterio civil da vila. As previsión municipais pasan por ter operativo o futuro cemiterio civil ao longo do vindeiro ano 2022.

5, Novembro 2021

Tiruleque Teatro clausura esta fin de semana a Mostra de Teatro Afeccionado que organizou e veu desenvolvendose no transcurso do último mes no auditorio do Carballiño, sábado e domingo ás 20:30 horas, esta agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectúculo "Soutelo Enterprise", unha traxicomedia de risas e prantos.

Doutra parte, comezas esta fin de semana os sábados de arrepío en San Bartolomeu da Freixa que terán continuidade todos os sábados deste mes de novembro, organizados polo concello de Boborás. Dar Trela Teatro invítanos a unha arrepiante visita teatralizada a este pintoresco lugarciño sito na parroquia de Cameixa. Haberá 3 pases cada sábado, a patir das 20:30 horas e cunha duración aproximada de media hora.

A carteleira do NOVOCINE de Leiro ofrécenos 3 películas dende o venres 5 ao domingo 7, cos seguintes horarios e títulos: Ás 16 horas "Ron da error", ás 18:15 horas "La Familia Adams 2, October", e finalmente, ás 20 horas "El último duelo".

4, Novembro 2021

   Está mais que claro que non interesa tocar estos temas. E certo que estas cousas so pasan en sitios como Carballiño onde o caciquiño do pobo pensa que pode facer o que lle peta. So hay que ver certo bar que ata puxo diante doutra casa as terrazas e tiña mais que dicir. O dos soportales igual, imposible circular por elas, coma por outras rúas onde parece que os peóns non teñen direito a circular por elas, so sentarse a tomar algo. Eu non estou en contra dos bares, e mais, sufriron moito durante a pandemia, pero todos temos direito a vivir no pueblo, non so eles.

4, Novembro 2021

O das terrazas pasa de desastre. Nada que dicir. Sobran palabras. Salta a vista. 

 

 

 

3, Novembro 2021

O Plan de Infraestructuras Sanitarias de Atención Primaria da Consellería de Sanidade inclúe na chamada fase 1 do mesmo -que terá carácter preferente na súa execución nos próximos anos- ao futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño e ao novo centro de saúde de Boborás.

A Consellería de Sanidade indica, en canto as carencias asistenciais que presenta o actúal centro de saúde do Carballiño, que "debido á insuficiencia de espazo físico para as sucesivas ampliacións da carteira de servizos fóronse empregando para consultas salas de esperas e outras zonas da edificación non destinadas a este fin (planta de soto do edificio inicial). Tamén manifesta que o centro actual non conta cunha distribución óptima e suficiente do espazo de xeito que resulte un centro adecuado ó actual nivel de desenvolvemento como Servizo de Atención Primaria e Punto de Atención Continuada e que permita prestar unha asistencia sanitaria de calidade.

En canto ao futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia.

No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública.

Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.

Boborás

O Plan de Infraestructuras sanitarias da Xunta detecta que o actúal centro de saúde de Boborás comparte espazos con outras instalacións municipais e presenta deficiencias estructurais.

O novo centro para o concello de Boborás constará de 2 consultas de medicina, 2 de enfermería, 1 do programa da muller, 1 polivalente e urxencias e 1 respiratorios. En relación ao centro actúal  increméntanse 1 consulta do programa da muller, 1 polivalente/urxencias e 1 respiratorios, asi como sala de xuntas. O espazo consruido estimado é de 649,6 metros cadrados.

2, Novembro 2021

Unha nova liña directa de alta velocidade entre Ourense e Vigo, que una dunha forma directa e eficiente as principais cidades das dúas provincias e que sexa plenamente competitiva ante o coche ou o autobús. Iso é o que defenderá o PSdeG-PSOE de Ourense nos plenos da Deputación e do Concello de novembro e por iso instarán ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) á elaboración dun estudo informativo que contemple alternativas para conectar as provincias de Pontevedra e Ourense. Tamén reclamarán que a institución provincial se manifeste publicamente en favor desta proposta.

O voceiro socialista, Rafa Villarino, e os vicevoceiros en Concello e Deputación, Natalia González e Nacho Gómez, mantiveron un encontro con representantes da plataforma de defensa da liña entre Ourense e Vigo por Mondariz, na que analizaron as alternativas e concluíron que esta opción é a única óptima. E que durante, polo menos, a próxima década, estas dúas cidades estarán unidas por trens de alta velocidade que tardarán case media hora máis que un coche por autoestrada, ao ter que circular dando un “rodeo inaudito” por Santiago que duplicará os quilómetros e tamén o prezo. Fronte a esta “solución estrambótica”, desde o PSdeG-PSOE ourensán defenden que a opción por Mondariz permitiría realizar a viaxe a Vigo en menos de media hora e a Pontevedra nuns 40 minutos.

“Teríamos mellores tempos que Cerdedo e sería máis económica ao aproveitar a saída sur de Vigo, actualmente en tramitación”, sinalan. Os socialistas recordan que a cidade olívica e a súa área metropolitana son o “maior mercado potencial de Galicia” e, ademais, “mantén unhas relacións de mobilidade moi intensas coa provincia ourensá”, polo que “é obrigado unha boa conexión ferroviaria canto antes”. Villarino asegurou que “o trazado por Cercedo é antieconómico por afastado” e defendeu o estudo dun trazado “máis rápido e directo”, que redundaría no beneficio de Ourense e Vigo.

“Estamos falando de que Vigo e Ourense estarían conectados en só 25 minutos, e Vigo terá 1 hora e 5 minutos menos para chegar ata Madrid”. Neste sentido, o socialista defendeu que a conexión por Mondariz “podería empregar unha futura infraestrutura entre Galicia e Portugal tamén por liña férrea”, de maneira que o custe da obra sexa “máis axeitado, compartido entre administracións e incluso entre distintos países”. Os socialistas explican que viaxar en tren de Ourense a Vigo polo actual corredor do río Miño supón percorrer 132 quilómetros nunha hora e media. Para chegar de Ourense a Vigo polo bypass de Santiago percórrense 178 quilómetros, actualmente en hora e media, mais nun futuro próximo podería reducirse ata unha hora e quince minutos. O trazado por Cerdedo precisaría de algo máis de 50 minutos tras consumir 114 quilómetros. Sen embargo, unha opción directa por Mondariz permitiría unir Vigo e Ourense en pouco máis de 25 minutos. “É a única alternativa que reduce quilómetros cun custe económico estándar. Esta opción tamén posibilitaría unir Madrid e Vigo nunhas 2 horas e 45 minutos, fronte ás 3 horas e 50 minutos que os trens do modelo ‘Avril’ precisarán a partir do verán de 2022, ao ter que circular polo rodeo de Santiago”.

A alternativa que agora defende o grupo provincial socialista cámbia notablemente a zona de afectación do trazado na comarca carballiñesa. A única alternativa ata agora contemplada polo Goberno, a coñecida como a alternativa de Cerdedo, tería o seu trazado a través do municipio do Irixo e a conexión coa liña de Santiago a altura da parroquia de Cangues, mentres que a proposta de Mondaríz tería a súa conexión coa liña de Santiago moi probablemente dentro do territorio municipal do concello de Maside, afectaría tamén moi posiblemente ao concello de San Amaro e a outros concellos do Ribeiro, os máis próximos a zona montañosa do Faro de Avión.

1, Novembro 2021

Un plátano de Canarias por 1 euro, ésta é a campaña solidaria cos escolares da illa da Palma que levan a cabo durante esta semana -ata o próximo venres dia 5 de novembro- nos colexios Virxe da Pena da Sela do Irixo e no CPI Virxen da Saleta de Cea, e por iniciativa das comunidades escolares de ambos centros educativos. Todo canto se recaude  será enviado á Illa da Palma.

Ademáis, esta semana solidaria nos colexios do Irixo e Cea, que conta coa colaboración dos concellos do Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, complétase coa recollida de cartas e mensaxes de ánimo, debuxos e manualidades, que tamén se remitirán á illa da Palma para que os reciban os máis de mil nenos e nenas que quedaron sen colexio, e para que poidan recibílos cando regresesen ás aulas. 

Con esta iniciativa, as comunidades escolares do Irixo e Cea queren, ademais, sensibilizarnos ante a catástrofe pola que están atravesando na illa canaria da Palma como consecuencia da erupción do volcán "Cumbre Vieja".

31, Outubro 2021

A voceira municipal do BNG no concello do Carballiño, Sofía García, ven denunciando desde hai xa dous anos ante o concello a situación na que se atopa o edificio do conservatorio municipal do Carballiño e o perigo que supón para os nenos e nenas.

Tal como indica a voceira nacionalista “ hai lousas en diferentes caras do edificio que caeron e outras están ao caer, tamén hai fiestras rotas nas aulas, e é evidente que é moi perigoso sobre todo para os máis cativos”.

Levamos denunciando esta situación ante o concello , dí García, desde hai dous anos e a resposta dos responsables municipais sempre é a mesma, “que xa van comezar as obras”, porén as obras non comezan e a situación continúa agravándose cun deterioro cada vez máis evidente.

Desde o grupo municipal do BNG do Carballiño esiximos a reparación do conservatorio municipal por constituír unha situación de perigo inminente que non se pode consentir.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS