
Os contaxios activos diarios de coronavirus continúan á baixa na comarca, ningún concello aumenta o número de persoas afectadas e cinco deles consiguen un novo descenso. No Carballiño con 8 casos menos ca onte, e actualiza a súa cifra de enfermos en 109. Tamén baixan Boborás (-1) e quédase con 18, Cea (-1) e 15 activos, Beariz (-2) rexistra hoxe 3, e O Irixo (-1) e tan so dúas persoas quedan enfermas neste municipio, que igual que O Carballiño e Boborás continúa coas restricións máis duras de toda Galicia.
E no resto dos concellos mantéñense os mesmos casos activos ca onte domingo, PIñor (6) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (2)

A planta do Carballiño do Grupo Dizmar rematou en 25 días a montaxe da estrutura metálica do hospital de pandemias de Madrid, que constriu tras o encargo realizado pola Comunidade de Madrid.
O centro sigue o modelo de Ifema e conta con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un. Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do hospital acada casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais sanitarios.

O concello do Carballiño anuncia que someterá a aprobación do pleno un expediente de modificación de crédito "xustificado no carácter específico e determinado do gasto para realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores",e enumera os motivos desta proposta:
A situación de alarma sanitaria que xerou a pandemia do Covid19 motivou que o Congreso suspendese as tres regras fiscais para o exercicio 2020 e 2021 para facer frente á crise sanitaria, económica e social que deriva daquela.
Para facer fronte a dita crise considérase necesario dispor de parte do Remanente de Tesurería en 2020 e de partidas que non están comprometidas e que se considera que non se van a usar para destinalo a outras finalidades que se consideran máis prioritarias.
•Concretamente prevese un incremento das axudas directas a organismos como Cruz Vermella (20.000 euros) ou Cáritas (20.000 euros) para que atendan necesidades derivadas desta situación.
•Establécese unha nova liña de axudas dirixidas ao fomento do comercio (300.000 euros).
•Prevese incrementar a axuda directa ao Centro Comercial Aberto ampliando as axudas para o Bono Comercio (160.000 euro) se aquel resulta un éxito na súa primeira edición.
•Amplíanse as partidas de gastos sanitarios que vai ter o concello motivado polas necesidades de limpeza, desinfección e diverso material: mascarillas, etc… (50.000 euros).
•Por último, aproveitase a necesidades de facer unha serie de melloras e reformas en edificios e instalacións para incrementar as partidas en obras e dar carga de traballo ao sector da construcción como medida de apoio ao mesmo. (300.000 euros)
No capítulo de investimentos en equipamentos de instalacións municipais, destínase unha partida de 150.000 euros para diversas melloras no camping e no Parque Etnográfico; 100.000 euros para diversas reformas e melloras en instalacións deportivas, e, finalmente, 50.000 euros para reformas e melloras en edificios culturais.
Nesta partida de gastos, en termos globais, os créditos totais ascenden a 1.198.000 euros, dos cales 600.000 euros son créditos extraordinarios, 190.000 euros son suplementos de crédito e 408.000 euros son créditos iniciais.
Xa que estes 408.000 euros contan con partida orzamentaria, é polo que a modificación de crédito refiriese aos 799.000 euros restantes, para completar o 1.198.000 euros do gasto total.

O PSdeG-PSOE, por medio do seu Portavoz Municipal en Leiro ven de propoñer que se poña en servizo informativo de venta ou aluguer de propiedades na páxina web do Concello de LEIRO co fin de atraer a novas familias.
"Atopamonos diante de tempos díficiles económicamente falando para as familias como para as propias administracions. Polo tanto é o momento hoxe máis que nunca xuntar esforzos e compartir servizos e establecer actuacións conxuntas de colaboración onde as administracions máis cercanas os cidadáns como son os concellos deben poñer o seu servizo os seus recursos", explica Manuel Rodríguez.
Nos últimos tempos sstase a incrementar moito esta situación na que podemos atopar anuncios de venda ou aluguer de propiedades en calquer pobo do concello,polo que para o portavoz socialista a institución municipal debería involucrarse activamente para aproveitar esta tendencia e favorecer que se poida fixar poboación no municipio, ou mesmo incrementala.
A proposta dos socialistas de Leiro pasa por demandar do concello "a colaboración a través do seu servizo da páxina web, para que ofrezca a posibilidade de anunciara venda ou aluguer de casas, fincas ou outras propiedades mediante esta ferramenta tecnolóxica a que accede xa unha gran maioria da poboación dende calquer lugar, polo cal se facilita que outros potencias veciñ@s teñan acceso a esta información e poidan fixar a súa residencia no noso concello".

A comarca carballiñesa entra no mes de Novembro cun novo descenso de contaxios activos de Covid 19, son 10 casos menos en relación a onte. Tres concellos concentran esta baixada, O Carballiño (-6) que mantén 117 Boborás (-3) que rexistra 19 e San Cristovo de Cea (-3) e quédase en 16 hoxe domingo.
Rxistran un contaxio activo máis ca onte os municipios de Piñor, que contabiliza 6 e San Amaro, que ten agora dous positivos confirmados. Sen Cámbeos no resto dos concellos, nos que se notifican os seguintes casos: Beariz (5) O Irixo (3) Punxín (3) e Maside (3)

O Carballiño despídese de Outubro co maior descenso de contaxios activos nun dia, e dende que a principios de mes se producíse a explosión vírica de Covid-19 na localidade, pasando dos 138 casos de onte aos 123 de hoxe sábado, 15 menos. Baixan un caso Boborás, que rexistra 22, Piñor que pasa de 6 a 5, e O Irixo que descende ata os 3 contaxios activos.
O único concello que incrementa o número de persoas enfermas de Covid-19 é o de Beariz, que onte tiña 4 e na actualización de hoxe sube a 5. E repiten os mesmos datos que onte o resto dos concelos, que manteñen os seguintes contaxios activos: San Cristovo de Cea (19) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (1)

Os centros educativos da comarca carballiñesa rexistran no conxunto do seu alumnado un caso menos de Covid-19 que a principios de semana, xa que según a última actualización correspondente a este venres 30 de Outubro recolle a existencia dun total de 26 casos.
A relación de centros afectados e casos que rexistran é a seguinte: PAI de Boborás (6) CPR Sagrado Corazón (4) CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás (3) CEIP Calvo Sotelo (3) CPR Vila do Arenteiro (3) IES Chamoso Lamas (3) IES nº 1 (3) e CPI de Cea (1)

A Consellería de Política Social eleva a nove os contaxios no brote que afecta á Residencia de Maiores Virxen da Saleta de San Cristovo de Cea. Das nove persoas afectadas, sete son usuarias da residencia, e dúas forman parte do cadro de persoal do centro.
No resto dos xeriátricos da comarca non se notifican casos de coronavirus activos, según a última actualización de datos de Política Social.

A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, referíuse esta mañá a situación concreta da comarca do Carballiño aportando os datos da evolución a 7 dias, nos que se pasou de 117 contaxios a 72, e a incidencia a 14 dias, que pasou de 240 a 189 contaxios, unha evolución que "nos da boas noticias" aínda que, recoñeceu, a situación sigue sendo motivo de atención e preocupación porque sendo boa a tendencia, aínda non é a optima. De feito, a Xunta mantén as restricións vixentes no perímetro dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, que continúan coa mobilidade restrinxida e coas actividades non esenciais pechadas, continúan sendo as restricións máis duras de toda Galicia.
Polo que respecta a actualización de datos diarios de contaxios activos, O Carballño rexistra hoxe venres 138 casos, tres menos ca onte. Rebaixan un caso Beariz, e quédase con cinco, e tamén ten un caso menos ca onte Maside, que se sitúa hoxe con tres. Pola contra, aumentan os casos en Boborás (+3) e contabiliza 23, e Piñor (+1) e chega aos cinco. Non hai variacions nos contaxios activos de San Cristovo de Cea (19) Punxín (3) O Irixo (4) e San Amaro (1).
Non suelo ir o DIA de compras,pero onte a noite a eso das 20:00 horas, mentres os meus fillos estaban en clases particulares de ingles, aporveitei para visitar primeiro o Mercadona e como xa dixen, posteriomente o DIA, dirixinme no coche pola avenida da Estación para desviarme a direita a altura do do restaurante e posterior acceso a Corzos, baixar a rampla e entar no parking do mencionado supermercado. A 200m. decateime de un control policial con un amplio despliegue a altura de donde eu pretendia desviarme para baixar o super, e a verda puden desviarme a direita en calquera das calles que hai antes da a que eu me dirixia pero pra que? eu non iba sair do Carballiño e non cometera o meu parecer ningunha infracción pola que evitar o control. Paraban a case todos e tocoume a min. Mandarome parar xusto donde cmenza a baixada O policia saudoume a dos metros de distancia e ordenoume poñer a mascara e pregúntame para donde iba. Contesteille que inda que parecese a escusa de turno, realmente iba o DIA,comprar. O axente dixome que non podia ir. Entonces eu pregunteille si estaba cerrado,o que el me contesta que non, pero o super esta fora do Carballiño. Deixoume parvo,e dixenlle que o letreiro co nombre do concello estaba unhos 40m. mais adiante. Que entendia que o GADIS da Fontela e a gasolinera posterior de CEPSA non pertenecian a termino municipal do Carballiño, pero o DIA, si. Moi amablemente o policia explicome o siguinte: ___ Mire, señor, tiñamos dudas o rspecto e informamonos sobre o tema, e podolle decir que o parking si pertenece o Carballiño pero o edificio pertenece a Maside.___ E entonces eu dixenlle, entonces podo aparcar no parking pero non podo entrar na tenda e mañan si ven meu pai dende Beran comprar, como non pode entrar o Carballiño non pode acceder o párking e porsuposto entrar a tenda xa que para entrar hai que pasar polo propio parking. Un misterio, un enigma, os de fora do pobo non poden pisar o aparcadoiro pero si entrar, e os de dentro poden aparcar fora pero non poden pasar adentro da tenda. Non estaremos perdendo a chaveta nestes tempos de Covid, ou o que e peor, no na estaran perdendo os que nos mandan. Quen lles diria os do DIA, que unhos por haches e outros por bes, iban quedar sen clientes por un problema de fronteiras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- …
- seguinte ›
- última »