Este pasado venres falouse dando a entender que algunhas cafeterías do pobo estaban a facer a picaresca abrindo para levar. Pois para que quede claro:
As cafeterías poden servir a domicilio ou para levar porque se consideran locais de restauración según o DOG. E según o DOG do mércores permítese sevir a domicilio ou para levar ós locais de restauración.
https://ceav.info/common/contenido/documentos_legislacion/dec_108-2006_g...
DISPONGO:
Capítulo I
Disposiciones de carácter general
Artículo 1º.-Ámbito de aplicación.
Quedan sujetos a lo dispuesto en este decreto los establecimientos de restauración situados en Galicia y clasificados en los siguientes grupos:
1. Restaurantes.
2. Cafeterías.

Debido á situación de pandemia que se vive por causa do coronavirus, e tendo en conta que este ano non será doado celebrar no Nadal ningún evento presencial ou que conleve calquera tipo de aglomeración, a área de Cultura do concello do Carballiño elabora unha serie de alternativas para que os nenos e as familias podan contar coas tradicionais recepcións e salutacións de Papá Noel e Reis Magos sen perigo de contaxios.
Así, estase a botar man das tecnoloxías da comunicación para deseñar un proxecto no que os nenos e nenas poderán pedir os seus desexos a través dunha videochamada cunha previa inscrición online. No caso de que algunha familia non teña acceso a internet ou non conte cun dispostivos para inscribirse ou realizar videochamadas, poderá facelo a través dunha pantalla electrónica que se facilitará á entrada dos domicilios ou casas correspondentes.
Esta iniciativa, que terá un custe dez veces menor que as tradicionais carrozas e cabalgata de Papá Noel e Reis Magos, permitirá que os nenos e nenas podan saudar e trasladar as súas peticións a estas figuras institucionais tan salientables do Nadal sen que conleve ningún risco para a saúde. A realización correrá a cargo dunha empresa especializada neste tipo de eventos, e nos próximos días daranse a coñecer os pormenores da mesma co obxectivo de facilitar a participación, que será sinxela e áxil, para que ninguén se quede fóra da experiencia.
ALUMEADO ARTÍSTICO
Así mesmo, ultímase o procedemento para adxudicar o alumeado artístico do Nadal, que este ano ampliarase a máis rúas e prazas, e contará cunha iluminación especial para o templo da Veracruz, símbolo arquitectónico do Carballiño.

Os datos destes deste sábado dia 24 de Outubro deixannos o maior descenso de contaxios activos na comarca dende que a situación comezou a agravarse, 16 casos menos no conxunto da comarca en relación aos que tiñamos onte. A maior baixada rexistrase no concello do Carballiño, que pasa dos 183 de onte aos 173 de hoxe, polo tanto 10 enfermos menos.
Tamén baixan os contaxios en Boborás, 2 menos e quédase en 30, e outros dous menos no Irixo, que descende hoxe ata os 5 casos. Maside ten un caso menos ca onte e rexistra 3, mentres que o concello de San Amaro queda libre de coronavirus, a dia de hoxe, pasa a figurar entre os 48 concellos galegos que non teñen casos activos.
Manteñense estables, co mesmo número de casos de onte, os concellos de San Cristovo de Cea (10) Beariz (6) Punxín (3) e Piñor (1)
Hai varios datos preocupantes da xestión da Xunta de Galicia diante do comportamento da pandemia na nosa comarca e especialmente no Concello do Carballiño, e son varios e moi obxectivos: O primeiro que levamos dende o mes de marzo sen Xefe de Servizo no centro de Saúde do Carballiño. O segundo que se fixo un acto puramente propagandístico cos tests nas farmacias, cando saben que estàn a piques de caducar os devanditos tests. O terceiro a opacidade coa que se estàn manexando os datos de positivos, poñendo como exemplo os positivos nos centros educativos que dende Fai poucos días comenzaron a publicalos de xeito manipulado e non o fan por vontade propia senon porque un sindicato comenzou a facelos públicos a semana pasada por centros, CIG Ensino, onde se poden consultar os datos. Por último lamentable como Feijoo està demonizando o sector da hostelería, alguén no seu sano xuicio pode crer que as persoas que van tomar un café as 8:00 da mañà para ir a traballar, para ir o centro médico ,.. son focos de infección?.
Feijoo gran xestor e os alcaldes calados e apoiando.
Todo ben

A semana escolar finaliza con record de contaxios activos de coronavirus na comunidade educativa da comarca do Carballiño, ao rexistrarse un total de 37 casos, a cifra máis alta dende que comezou o curso no pasado mes de Setembro.
Según a última actualización da Consellería de Eduación o centro máis afectado é o CPR Sagrado Corazón, que contabiliza 9 casos positivos en Covid-16, con 6 casos está o IES nº 1, con 4 o IES Chamoso Lamas, 3 no CEIP Calvo Sotelo, e tamén rexistran un contaxio a Escola Infantil e o Colexio Vila do Arenteiro, todos eles no Carballiño. Sae desta relación a Escola Infantil Trastes, que queda libre de coronavirus.
O maior incremento semanal dase nos dous centros do concello de Boborás, no Punto de Atención á Infancia -PAI- son 6 os casos positivos en coronavirus, e tamén con 6 casos figura nesta relación o CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Con un único positivo figura o CIP Terras de Maside, e saen desta lista publicada por Eduación os colexios de Cea e O Irixo, ao quedar libres de casos.

Un total de 293 empresarios, autónomos, comerciantes e hostaleiros figuran na lista de preadmitidos e posibles beneficiarios das axudas do concello pola situación de emerxencia da covid, que se aprobou hoxe. O importe global do solicitado ascende a 262.181 euros.
A partir de hoxe, e durante 15 días hábiles, ábrese un prazo para que as persoas que figuran nesta lista podan presentar a documentación requerida no anexo 3, asi como o 4 e 5, para ultimar o procedemento.
Rematado este período, poderase proceder ao pagamento das axudas en canto se vaia verificando a documentación presentada polos solicitantes.

A mellora da pista de acceso e do aparcamento das piscinas municipais, é un dos tres lotes de obras que adxudicou hoxe o concello do Carballiño por un importe global de máis de 92.000 euros.
Este proxecto, que acondicionar e asfaltar tanto o firme do camiño de acceso dende a ponte de Veiga como do aparcamento, enmárcase nos Plans Provinciais 2020, e foille adxudicado á empresa constructora Fechi por un importe de 27.637 euros, ive incluido. O prezo da licitación era de 36.000 euros.
Trátase dunha obra moi necesaria para esta instalación municipal que, durante a tempada de verán rexistra unha gran afluencia de vehículos, e ata agora era unha pista mal acondicionada, así como a zona de aparcamento, e que con esta mellora cambiarán moi significativamente.
Outra obra moi necesaria no ámbito do rural é a mellora do firme da estrada entre Mudelos e Paciños, ata a zona da Carballeira. O proxecto, que se enmarca tamén nos Plans Provinciais 2020, foille adxudicado asemade á empresa contructora Fechi por un importe de 45.090 euros, ive incluido. O prezo de licitación desta obra era de 60.000 euros.
Finalmente, o concello adxudicou á empresa constructora Vale a obra de mellora do firme de Pol a Zafra, que se enmarca no Plan de Mellora de Camiños Agader, da Xunta de Galicia, por un importe de 27.442 euros, ive incluido. O prezo de licitación era de 36.000 euros.

San Cristovo de Cea alcanza os 10 casos, un máis ca onte, según os datos aportados por Sanidade neste venres 23 de Outubro, no que tamén incremtan os contaxios activos en relación a onte Boboras (+) e xa ten 32, e Punxín que rexistra outro máis e suma 3 contaxios activos.
O Carballiño é o único da comarca que baixo o número de veciños con infección activa comparando os datos co dia anterior, onte eran 185 e hoxe son 183. E non hai variacións no número de persoas enfermas de Covid-19 en Beariz (6) O Irixo (7) Maside (4) Piñor (1) e San Amaro (1)

Poucos días despois da anterior foto xa fundiu a Rúa e continuamos así. E según como aparecen os coches pois pasas ou no. E non e que o Concello esté ocupado na xestión da pandemia...

Na foto non se aprecia ben a situación pero filtrase auga e está a facer un burato por debaixo do cemento... Non e a primeirs vez que pasa. Solución do concello: outro pouco de cemento por arriba! Esto vela años así. De vergoña!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- …
- seguinte ›
- última »