
Para ver os resultados electorais destas eleccións xerais 2019 no muniicipio do Carballiño e tamén a comparativa cos resultados das últimas xerais celebradas en 2016, entra na seguinte ligazón: https://www.resultados.eleccionesgenerales19.es/Congreso/Total-nacional/...

Este ano a praza de abastos celebra o seu 90 aniversario, e xa que está próxima a conmemoración do Día dá Nai, pon en marcha unha campaña de promoción que consistirá nun sorteo de importantes agasallos entre a clientela, que terá lugar o 3 de maio.
Esta campaña leva como slogan “Todas as nais á Praza” e desenvolverase ata o venres, 3 de maio. As persoas que compren na praza durante este período, poderán depositar nunhas urnas os boletos que se lles entregarán en cada posto polas súas compras, para acceder a algún dos 10 premios establecidos.
Estes premios serán: 1 cafeteira “ Dolce Gusto”, 2 pulseiras de actividade, 2 reloxos, 1 secador, 1 ferro de pelo, 1 teléfono móbil, 1 ferro de asar e 1 caixa de viño Pazo Tizón.
Con motivo desta campaña, Francisco Fumega agradeceu o esforzo que realizan durante todo ou ano os placeiros para promocionar o mercado municipal, do que dixo era un un lugar onde se podían comprar produtos de calidade e cunha atención moi personalizada. Felicitou á asociación e ao seu presidente polo 90 aniversario e por esta nova campaña polo Día dá Nai, e animou á veciñanza para seguir comprando na praza.
Eligio González mostrou a súa alegría por poñer en marcha esta nova iniciativa de promoción da praza, e agradeceu á clientela a súa confianza durante todo ou ano pero especialmente neste tipo de campañas. Respecto diso, destacou a importancia dos premios e a coincidencia coa celebración do 90 aniversario dá praza. Tamén agradeceu ou apoio do concello.
Que noticia é a certa ?
A que sale publicada en prensa na que piden que se cumpla o incremento salarial do 3%?
A que sale publicada nesta mesma paxina que di que é o 25%?
.Porque a diferencia entre as dúas cifras é abismal.
Espero e desexo que sexa a primeira porque a segunda do 25% pareceme simplemente irracional.
E da violencia dos piquetes non se fala? Danos á mercancía, rodas pinchadas, coches aboiados e incluso algunha agresión física aos que si queren traballar.
Reivindicacións pacificas sí. Piquetes e increpacións non.

Estes días estanse a realizar a todo trapo unhas das obras mais necesarias, as da rúa Brasil e Cuba. Despois de que o alcalde anunciara a bombo e platillo a renovación do saneamento como o mais importante da obra, todo o barrio pudo ver as diversas chapuzadas..
Conexións de baixantes á rúa directamente, outras ò saneamento novemte , unhas seguindo a caída natural da auga ( cara abaixo) outros tubos en perpendicular ou cara arriba ; coa dificultade de desaugue.
Meteron a pala e reventaron case todos os conos de cemento das alcantarillas e en vez de sustituir os conos, fan chapuzas con ladrillos, bloques ou o que pillen. Botan ò cemento das aceras e esquecense de meter os tubos. Cortan o cemento e meten os tubos con nada de profundidade , co cal as plaquetas quedaran apoiadas neles. E así un largo etc.....
As obras son feitas con cartos de TODOS e debense gastar en beneficio dos veciños. Estas obras sacando que poidan quedar bonitas, que xa se verá, nin quedan mellor as instalaciòns, nin deixan previsions de futuro, nin separaciòn de augas de choiva e alcantarillado nin soluciona o problema de acumulación de auga na avenida do Balneario coas trombas de auga. É máis posiblemente as agrave , o aumentar as augas que van baixar calle abaixo sen sumidoiros que as recollan .
E camdo se podia pensar que ò final iban facer algo con xeito, como meter uns tuvos ou ou has rejillas de desagüe no fondo das calles para conectalas cos tubos da Avd do Balneario, pois non!
Fam eses socabòns que se poden ver na foto , abertos durante dous dias e despois de facer semella te desfeita e gasto en vez de solventar o acumulo de despropòsitos que están a facer, pois non. Pechan e pista. Sin saber moi ben para que a riron. Din algúns pola calle que para meter auga da traida hacia julio rodriguez soto. Será que non a tiñan? Será que hai veciños de primeira e de segunda clase?
O que está claro e que as obras non son o que deberían, veremos se non perxudican máis que benefician, os cartos son de todos e devería ha er alguien do concello certificamdo que están ben. Obras así, non.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iago Fariñas Valiña, denuncia "as trampas do goberno municipal do Irixo e o seu entorno, que sabe que non é quen de manter a confianza da maioría da veciñanza e procedeu a instar o empadroamento masivo de persoas no municipio aínda sen que éstas tiveran relación algunha co mesmo", manifestan.
Recorda o portavoz socialista que o alcalde é o que firma os decretos de empadroamento e non pode ser alleo a este fenómeno, se algún empadroamento sabe que é irregular debería non aceptalo e non fomentar dende o grupo de goberno o empadroamento de persoas sen vinculación co concello.
Entre os casos máis salientables, están "os empadroamentos de traballadores da mancomunidade de concello do Carballiño que presiden o tenente de alcalde do Irixo Manuel Cerdeira, traballadores empadroados no Irixo sen ningunha relación co concello e ademáis empadroados en casas propiedade de membros do goberno municipal", aseguran o portavoz e candidato socialista á alcadía.
"Non son os únicos casos escandalosos, tamén empadroamentos de persoas en casas que levan máis de 20 anos deshabitadas ou casas incluso que, ademáis de non vivir ninguén dende fai anos, están á venta. Estas persoas de novo empadroamento ademáis non coñecen nin nunca estiveron nas casas onde foron empadroados nin o pobo onde están as mesmas... un fraude en toda regra fomentado e instigado polo grupo de goberno do Irixo", subliña Iago Fariñas.
Considera ademáis, "especialmente sangrante e escandaloso é tamén o caso dunha persoa próxima ó goberno municipal que presuntamente empadroou no Irixo a uns inquilinos sen ningunha relación co Irixo e que ten alquilados nun piso da súa propiedade noutra provincia", afirma.
"É lamentable que un goberno municipal con maioría absoluta que lle costa á veciñanza do Irixo máis de 73 mil euros ó ano, teña que recorrer ás trampas e ó inflado do padrón municipal para intentar manter unha maioría absoluta que ve perdida polo desgoberno e abandono no que ten sumido ó Irixo nos últimos 32 anos", remata manifestando o portavoz socialista.
Me parece que conven aclarar que non é certo todo o que se está a dicir estes días respecto as folgas na empresa dos eólicos.
-Non é certo que se estea desviando carga de traballo a Ponteareas. Mais ben, é esta factoria a que está provisonando en gran parte a carga de traballo no Carballiño nos últimos meses/anos.
-Pedir un aumento de soldo dun 25% para unha empresa de máis de 300 traballadores con tan pouco marxen de beneficios supón na práctica a peche efectivo de dita empresa.
-Outras factorías como a de Sevilla están a piques de cerrar precisamente por esa pouca marxe de beneficios que outorga pagar soldos tan altos en empresas de tantos traballadores. En multinacionais o beneficio global é a suma do beneficio de tódolos centros de traballo, e se un non da beneficios por ser os costes salariais demasiado altos, simplemente o dono da multinacional pecha esa fábrica.
Dito todo esto, dicir que estoy a favor da existenza desta empresa no Carballiño e defendo os dereitos en xeral dos traballadoes, pero non estou de acordo coas reivindicacións que pretenden xustificar esta folga. Estamos falando de traballadores que xa cobran 1000 euros nunha comarca de 15.000 habitantes,a 5 minutos en coche do centro de traballo e co nivel de vida que non é dunha cidade. Pedir de golope e porrazo un aumento salarial do 25% é querer xogar con lume.
Pareceme que neste caso sindicatos, delegados de personal e comites de empresa estanlle facendo un flaco favor aos traballadorese e por ende á comarca do Carballiño ponendo en perigo a existenza desta empresa desta maneira.
Polo ven de todos, esperemos que se resolva todo o antes posible pero as posturas teñen que ser mais realistas coa realidade económica.
Esto xa é a gota que colma o vaso. Resulta que fan desaparecer unha mámoa de preto de 6000 anos e o alcalde do Irixo, o mesmo que decía que o que botaba a incineradora era vapor de auga, e que os libros non son de utilidade, que son trapalladas, di agora que el mesmo encargouse de enviar un bulldozer da Deputación para escarallar o tema.
Pero esto que é?
A qué espera Fiscalía?
Que é a Deputación, un chiringuito ao servizo de alcaldes do PP?
Como se atreve este ignorante a emplear recursos públicos nun ente de xestión privada para escarallar un ben de utilidade arqueolóxica?
Seguro que para este impresentable as mámoas son tamén trapalladas.
Unha semana Santa máis no Carballiño, Semana Santa que vai en aumento, gracias a gran labor da cofradía do Carballiño cada ano hai máis antividades procesionarias e relixosas , que atraen a cada vez máis turistas e que poñen a Carballiño no mapa. Outra cousa é a imaxe que leven os turistas deste pobo. Nestes días de bo tempo puidemos ver as rúas cheas de lixo, as cunetas contra as aceras cheas de lixo de días e dís, papeles, plásticos, botes aplastados, colillas. Xa non falemos das cacas de cans nad aceras , nin do lixo ò redor dos contenedores. Obras e máis obras que embarran calles inteiras que ben poderian quedar medio limpas para os días festivos. Unha deixadez absoluta dos servicios básicos que deberíamos ter os veciños do Carballiño e unha imaxe penosa para quen se achegara. Iso sí compensamos co verde de herbas e flores que saen nas aceras , rúas , esquinas e farolas. Debe ser un axardinamento novidoso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- 440
- 441
- …
- seguinte ›
- última »