
Esta noita pasada saiu do parque empresarial do Carballiño con rumbo ao porto de Vigo a primeira das vinte pezas que fabrica a empresa carballiñesa DIZMAR con destino a unha ponte internacional en Canadá.
Trátase da Ponte Champlain de Montreal, que está na ruta dun dos tramos con máis tráfico de Norteamérica, e que cruzan cada ano máis de 50 millóns de automóbiles, camións e autobuses.
A peza atópase neste intre na Cañiza á espera de partir pola noite cara ao porto de Vigo, onde será embarcada. Esta peza en concreto pesa 200 TM.
O contrato con DIZMAR foi conseguido pola empresa ubicada no parque empresarial do Carballiño gacias á experiencia que ten neste tipo de traballos, como o Viaducto do Ave de Catoira ou obras en Ghana, Finlandia, Escocia e Brasil, por citar algúns dos países para nos que ten realizado e realiza actualmente encargos esta empresa.
A Ponte Champlain, ademáis de ser utilizada polos residentes da rexión metropolitana para os seus desprazamentos cotiáns, o cruce no que se atopa é parte dunha conexión terrestre vital para o transporte de mercadorías entre Canadá e Estados Unidos. O aumento do tráfico combinado co dano causado polo sal e outros factores contribuiron ao considerable desgaste da estrutura. Por eso, en 2015, púxose en marcha un novo proxecto para construir a nova Ponte Champlain, cuxa finalización está prevista para decembro de 2018.
O proxecto inclúe a construcción da nova Ponte Champlain de 3,4 km; unha nova ponte de 470 metros para L´Îledes-Soeurs; a ampliación da autoestrada 15 entre o intercambio de Atwater e a nova ponte, e a mellora das rampas que conducen dende as estradas 132 e 10 na Costa Sur ata a ponte.
E tamén incorpora vixiancia ambiental e medidas de mitigación rigurosas para proteger o entorno natural circundante; a calidade arquitectónica e as características que realzarán a paisaxe urbana de Montreal e contribuirán ao estado do pasillo como a entrada principal á cidade; un corredor reservado para o transporte público e un sendeiro seguro e accesible de uso múltiple para peóns e ciclistas.

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño volven elaborar a ración de pulpo máis grande do mundo.
Utilizarán un prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiras e intentarán cortar e aderezar con sal gorda, aceite de oliva e pementón nun tempo récord.
O evento terá lugar este martes, 8 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior do Carballiño.
Arredor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a Praza Maior nun camión con guindastre, e rematará ás dez da noite, cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.
Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño.
Calcúlase que desta Ración Xigante poden saír unhas 1.500 tapas.
Desde hace unos días observo circular camiones y hormigoneras por la calle Antonio Palacios hasta la Plaza San Ramón, para acceder a una obra sita en calle Curros Enríquez.
Con lo que se luchó para poder disfrutar de un entorno así, en lo que pienso es en cómo quedará después de varios meses con circulación de vehículos pesados....

Coa magnífica banda de música popular Coribantes, que estará acompañada polo grupo de pandereteirasMaianas e o cantante Manoele de Felisa (ex de A Roda), comeza este luns, 7 de agosto, a Semana Grande da LV Festa do Pulpo.
Concertos, homenaxes e actividades gatronómicasdesenvoleranse durante toda a semana ata o domingo 13, coa celebración da Festa do Pulpo no Parque Municipal.
Este lúns haberá Xornada de Ruta das Tapas nos locais de hostalería, que estarán dedicadas ao pulpo. Será a partir das 20,00 h., nos bares, mesóns e restaurantes que forman parte desta ruta gastronómica. Coribantes, Maianas e Manoele de Felisa actuarán no anfiteatro da praza da Veracruz a partir das 21,00 h.
O martes, 8, será o día da Tapa Xigante de Pulpo, na Praza Maior, a partir das 20,00 h. E pola mañá renderemos homenaxe aos propietarios da antiga xeadería La Ibense.
O mércores 9, teremos un extraordinario concerto de música folk a cargo de Budiño e Mercedes Peón, que actuarán na Praza Maior ás 23,00 h.
O xoves está programado o Festival Folclórico Internacional, tamén na Praza Maior, ás 21,00 h.
E o venres 11, gran concerto de música pop co grupo LA UNIÓN, que actuará na PrazaMaiorás 23,30 h.
Ademáis haberá actividades infantís polos barrios e actividades deportivas durante toda a semana, na que O Carballiño agarda unha afluencia masiva de visitantes..

A asociación "Amigos da Terra de Montes" que agrupa a persoas dos concellos de Cerdedo, Forcarei e Beariz, celebrou este sábado a súa 35 xuntanza anual, que desta vez tivo lugar na vila de Beariz.
No transcurso da xornada levaronse a cabo varias actividades, pola maña numeroso público acudiu ás conferencias que impartiron José Lamas Bértolo sobre "O camiño de Santiago pola Terra de Montes", e Jesús Gulías Lamas na que falou do "Verbo dos Canteiros".
O comedor do Colexio de Beariz acolleu o xantar de confraternización da Terra de Montes.
En cada edición desta xuntanza, a asociación promotora recoñece a traxectoria de persoas ou entidades relacionadas coa Terra de Montes, nesta ocasión a condecoración foi para a Banda de Gaitas do concello de Beariz.

Arranca a terceira edición das “ Músicas de Sofá” que terá lugar os días 4 e 5 de agosto en distintas rúas e przas do Carballiño.
O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila.
O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 500.000 visitantes que se esperan neste 2017 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 3º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.
Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Oîma, trío compostelá que nos achegará sons galegos e dos resto do mundo; Najla Shami, vocalista e compositora galega-palestina de ampla traxectoria nacional e internacional;, Iago Fernandez quartet, cuarteto liderado polo baterista Iago Fernández,recoñecido a nivel europeo, ou Andoa, grupo folk cunha ampla traxectoria a nivel individual.
Pechará o ciclo High Paw&Elephants Yard, vocalista e compositora que ven de actuar nos mellores escenarios reggae da Península. Ademais, durante os dous días haberá tamén un sofá destinado ao dj Chico Tralla, que fará unha selección da mellor música negra en vinilo.
Festival de Habaneras
Doutra parte, o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas celebraráse no auditorio municipal do Carballiño outra das convocatorias musicais clásicas do verán carballiñés, o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño, rondallas e coros ofrecerán un repertorio a rítmo de habaneras.
Fai uns días o señor alcalde do Carballiño publicaba un bando no que facía un chamamento aos veciños do noso concello para a aforrar a auga debido á pertinaz seca deste verán. A pesar das súas boas intencións o señor Paco Fumega está a desperdiciar a auga, pois esta pasada fin de semana a rúa Principal da nosa vila foi baldeada dúas veces, así na madrugada do Sábado ao Domingo efectivos de Protección Civil baldearon esta rúa cun camión de estinción de incendios limpandoa, deste xeito, das manchas ocasionadas polos polvos de cores do festival Holi Pulp cousa que é de agradecer, xa que non é de recibo deixar manchada de cores a rúa máis céntrica do noso pobo e a Praza Maior .
Esta limpeza da rúa Principal non lles debeu parecer suficiente aos nosos gobernantes municipais, pois na madrugada do Domingo ao Luns procedeuse a baldear de novo esta rúa por parte dunha empresa privada. Cousa que consideramos, totalmente, innecesaria, xa que ésta foi baldeada o día anterior. Chegados a este puto preguntámonos se era neceario baldear dúas veces a rúa Principal desperdiciando, desta maneira, a escasa auga da que dispomos máxime cando na actualidade estamos a padecer una prolongada seca.
Se os nosos recursos hídricos foran ben administrados dende o concello non só se aforraría auga senón tamén cartos, xa que o quedar a rúa Principal baldeada na madrugada do sábado ao Domingo non era necesario baldeala de novo na madrugada do Domingo ao Luns aforrándose, desta forma, o cosnsitorio os cartos deste segundo baldeo realizado por unha empresa privada.
Señor alcalde vostede debe se ser coherente co que fai, pois ¿de que vale invitar aos veciños do Carballiño a aforrar auga cando logo vostede a desperdicia baldeando dúas veces a mesma rúa?. A próxima vez en vez de malgastar a auga tan xenerosamente procure dar exemplo con medidas tan sinxelas como diminuir o tempo no que os apersores regan de madrugada as plantas da praza da Alameda, facer unha campaña concienciando aos cidadans da necesidade de aforrar este líquido elemento ou dando consellos aos habitantes do Carballiño para aforrar auga...ao fin e ao cabo vostede e a corporación municipal deben ser os primeiros en dar exemplo os cidadáns ¿non lle parece?.
Ben certo é o tema das ratas que denuncia outro veciño anteriormente. As principais rúas da vila están invadidas, vense de seguido. Son de alcantarilla, sobra falar sobre este foco de infeccións . Estamos contaminados, débese actuar rápido, levamos así dende hai un longo tempo. Contaminados tamén polos ruidos e escándalos nas vésperas de festivos en plenas rúas rodeadas de vivendas ata altas horas da madrugada. Solucións, por favor.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao ourensán Emilio Nogueira, presidente do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires, unha entidade que ao longo dun século se ten caracterizado polo seu apoio e defensa dos emigrantes ourensáns na capital arxentina.
Baltar e Nogueira falaron do que supón para esta entidade celebrar, como fará o vindeiro ano 2018, os cen anos de existencia, "un labor que nos honra como ourensáns e defensores dos valores de sacrificio e solidariedade que supuxo a emigración galega en todo o mundo e sinaladamente en Arxentina, país irmán que acolleu no século pasado a milleiros de ourensáns", expresou Manuel Baltar.
O presidente do goberno provincial agradeceulle ao presidente do Centro Carballiño "o traballo que desenvolve a prol de seguir mantendo eses lazos de unión entre Ourense e Bos Aires a través da cultura, a historia e as tradicións da nosa terra, unha defensa do noso na diáspora que nos enche de orgullo e nos permite fortalecer a nosa identidade e continuar crecendo en Ourensanía, como pobo integrador e plural que somos no mundo".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 517
- 518
- 519
- 520
- 521
- 522
- 523
- 524
- 525
- …
- seguinte ›
- última »