O grupo municipal do Partido Popular considera que a convocatoria da sesión plenaria extraordinaria para este lúns dia 6 de Xullo "co único punto na órden do dia de aprobar un incremento de 5 euros no prezo público dos nenos que participen no campamento de verán é un auténtico despropósito, por absurdo, inxustificable e insensato".
O Partido Popular pide aos socilaistas "que desconvoquen este pleno extraordinario, que vai a supoñer un gasto de 2017 euros, cando únicamente o incremento vai supoñer un ingreso a maiores de 120 euros, polo que o máis sensato para os intereses do concello sería que se aplicase o prezo do ano pasado, aforrarían os participantes e desde logo, aforraría o concello".
Para ver o comunicado do Partido Popular PREMA no arquivo adxunto:

O alcalde do Carballiño e concelleiros e concelleiras da corporación recibiron este sábado o bispo da diocese de Ourense, Leonardo Lemos, no salón de plenos da consistorial carballiñesa.
De mestre de ceremonias actúou o párroco da Veracruz Xosé Benito Siero, que explicou o motivo da visita do máximo dirixente eclesiastico da diocese a O Carballiño "unha visita pastoral, para atender e escoitar a numerosos grupos que día a día traballan codo a codo ca parroquia e, sobre todo, axudando a quen o precisa".
Pola súa banda o Bispo agradeceu o recibimento na casa do concello, o mesmo tempo tiña palabras de recoñecemento para" o traballo que se está a facer dende o concello, os servicios sociais, Cruz Vermella e Cáritas, axudando a moitas familias da vila e a bisbarra que en estos tempos tanto o necesitan".
Finalmente o alcalde carballiñés Francisco Fumega, confirmoulle a colaboura en todo aquelo "que teña como fin axudar as persoas”. Fumega entregoulle a o bispo un exemplar dun libro do arquivo municipal, así como dunha metopa co escudo da Vila. Trala recepción o bispo asinou no libro de honra do concello do Carballiño.
O sinistro ocurriu pasadas 19:30 horas da tarde nas instalacións da pirotecnia Abad, na localidade de Agra, no concello de Leiro.
As víctimas son o propietario de Piroctenia Abad, José Antonio Abad Montaña, a súa esposa Cristina Janeiro e Belén, a noiva do fillo de José Antonio, éste último,de 22 anos de idade, que tamén se encontraba nas instalacións, resultou ileso.
Ao parecer, a explosión produciuse na caseta de mesturas da pirotecnia, na que se encontraban as dúas mulleres, que foron desplazadas unhos 40 metros pola onda expansiva. Da caseta so quedou en pe unha parede.
A terceira víctima, José Antonio, o propietario de pirotecnia Abad, aínda foi encontrado con vida, pero faleceu momentos despois, e no momento da explosión encontrabase ao lado dunha furgoneta da empresa, que resultou completamente destruída.
Veciños da localidade escoitaron dúas explosións, cando chegaron ao lugar encontráronse coa traxedia. Protección Civil acordonou a zona e especialistas en explosivos da Garda Civil realizan unha inspección das instalacións para determinar a causa do accidente.
O suceso causou unha profunda conmoción en Leiro, onde as víctimas eran persoas moi coñecidas, igual que no resto da comarcas do Ribeiro e O Carballiño. José Antonio e a súa esposa residian no Carballiño.
A corporación municipal de Leiro celebrou un pleno convocado con carácter de urxencia ás 11 da noite ao que asistiron os representantes dos 4 grupos políticos da corporación. O alcalde da localidade, Francisco Fernández, propuxo 3 dias de loito oficial no municipio, e expresou as condolencias e solidadaridade da corporación e de todo o pobo de Leiro coas familias das víctimas.

O partido socialista de O Irixo, denuncia "as graves carencias de medios que sofre o concello e que se puxeron de manifesto no día de onte onde os propios veciños e veciñas de O Irixo tiveron, en algúns casos, que apagar o lume que chegaba as súas casas poñendo en risco incluso as súas vidas. En pobos como Souteliño, Matelo ou Vilame na parroquia de Corneda, ou en parroquias como a de Readegos, onde o lume aínda segue activo nestes intres, chegou a carón das casas e foron os propios veciños, cos seus propios medios, os que tiveron que evitar que o lume alcanzase as súas casas", subliñan.
O certo e que a día de hoxe - remarca o PSdeG- está sen publicar a “Convocatoria de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención y extinción de incendios 2015”, convocatoria que depende dunha subvención da Xunta e que debería convocarse antes da chegada do verán; é moi grave que metidos de cheo no verán os concellos, e en concreto o de O Irixo, estea sen brigada e os seus veciños e veciñas desprotexidos desta maneira.
Relatan os socialistas como "O Irixo, cunha extensión de 121 km2, un dos máis extensos da provincia de Ourense, e con máis dun millón de euros de presuposto non inviste nin ten medios de extinción propios, cercanos e inmediatos que protexan os pobos, a vida das persoas e as súas casas. É lamentable que se gasten máis de 30 mil euros en material non inventariable de oficina e máis de 200 mil en arranxar tellados de capelas, pero non se invista un euro en garantir a seguridade dos pobos, dos veciños e veciñas de O Irixo, e as súas vivendas".
Os socialistas propoñen ó Concello e o seu alcalde (que cando volte das vacacións) se poña a traballar de verdade polos veciños e veciñas do Irixo e invista no verdadeiramente importante, as persoas, polo que presentaremos un moción na que propoñemos as seguintes medidas urxentes:
1º. Establecer un perímetro de seguridade en tódolos pobos do concello onde a maquinaria do concello (tractor, desbrozadora e pala mixta) deben, antes do comezo do verán e durante o mesmo, manter limpo dito perímetro.
2º. O Irixo, dado a súa extensión e as súas características, debe dotarse dunha motobomba de extinción de incendios con base no propio concello para o seu manexo dende xuño a setembro.
3º. O concello debe ter operativa unha brigada de prevención y extinción de incendios dende o inicio do verán, ou incluso antes se as temperaturas son elevadas, e non estar esperando as subvencións da Xunta que chegan tódolos anos tarde.
4º. Instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga, dotando os veciños e veciñas dos pobos de mangueiras ó efecto para que poidan usalas en caso de necesidade, como xa ten algún pobo como Marnotes, na parroquia de Campo, costeadas polos seus propios veciños e veciñas.
5º. Deben limparse e recuperarse os tanques e pantanos de regadío de tódalas parroquias para a extinción de incendios, como o pantano do ferrocarril no monte de San Cosme hoxe en día totalmente abandonado.

O incendio partíu de ata oito focos distintos, todos eles no entorno da vía do tren da liña férrea ao seu paso polos concellos de Boborás e O Irixo, nunha distancia dunhos seis kilómetros.
Según o testemuño de varios veciños, os lumes orixinaronse a primeira hora da tarde, tralo paso dun tren. Tecnicos do ADIF trasladaronse ata a zona para avaliar o acontecido e elaborar un informe.
Veciños de Xurenzás aseguran que ao paso do tren escoitaron un ruído "que non era o de todos os dias, e despois pudo verse que había fume nalgunhas zonas da via".
Medios aéreos e terrestres da consellería do medio rural e veciños das localidades próximas traballaron na extinción dos lumes no transcurso da xornada.Vivironse momentos de bastante tensión e escoitaronse queixas sobre os medios desplazados, por consideralos insuficientes.
Según a información facilitada pola Xunta de Galicia formaron parte do operativo de extinción 9 brigadas, 4 axentes, 5 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 hidoravións. Pola noite, incorporaronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
As parroquias de Reádegos e Corneda, no Irixo, e outras localidades do concello de Boborás, como as de Balboa, O Penedo ou Xurenzás, foron as máis afectadas polo incendio, que arrasou unha importante extensión de monte, entre o que está o comunal de Xurenzás.

O alcalde Francisco Fumega comprometíase diante das traballadoras da residencia de Tempo Libre a dinamizar estas instalacións para chegar a telas abertas durante todo o ano, tal e como veñen reclamando estas traballadoras dende hai anos.
O rexedor municipal, xunto co concelleiro Afolfo Nogueira, mantiveron unha reunión "para coñecer o estado actual das quendas da citada residencia, e sobre todo para confirmarlle ás traballadoras a intención de iniciar xa as xestións diante da Xunta de Galicia, e máis en cocreto na Consellaría de Traballo e Benestar, organismo que dirixe esas dependencias, así como encargado de marcar as quendas de apertura destas", según informan desde o concello.
De feito -aseguran- xa se iniciaron as conversas para acordar unha reunión cos responsables da Residencia de Tempo Libre “xa que etendemos que non podemos deixar pasar nin un minuto máis neste asunto”.
Fumega destacaba o interese do actual grupo de goberno en poñer en valor este tipo de infraestruturas para que, ademais de ofrecer unha establidade laboral as traballadoras , tamén é un aliciente e un punto de atracción para o turismo “e isto debe ser durante todo o ano, non só en fases estacionais”.
Tanto Adolfo Nogueira como Francisco Fumega sinalaban o “importante motor que esta residencia de tempo libre pode ser para a economía local, xa que a súa apertura durante todo o ano beneficiaría a sectores tan importantes no Carballiño como o comercio e a hostalaria, creando un flujo de clientela que neste intre estase a desaprobeitar por ter esas instalacións pechadas”
Así mesmo os gobernantes municipais tamén teñen "a intención de facer unha xestión indirecta desas dependencias, sobre todo no capítulo de información e publicidade da residencia, para que todo o mundo poida coñecer a súa existencia, así como as oportunidades que ofrece, non só para o turismo, senón tamén para a organización de eventos congresuais e de todo tipo", manifestan.
Na actualidade na residencia de Tempo Libre do Carballiño traballan unhas 26 persoas, e durante o presente ano estiveron abertas ó público estas instalacións un mes, en días e semanas soltas, e agora están abertas dende mediados de maio ata mediados do mes de outubro. En total serían 6 meses neste 2015, a espera de saber cales serán as quendas de apertura no mes de decembro e Nadal.

Tras varios dias de negociacións, o club consigue o obxetivo de dar continuidade na plantilla a todos os xogadores que pretendía tanto a directiva como o novo adestrador Jorge Regal. Ademáis, xa están cerradas catro incorporacións que chegan para reforzar a plantilla para a vindeira tempada, na que o Arenteiro pretende mellorar o feito este pasado exercicio na Preferente Autonómica e repetir o éxito da Copa.
Por diversos motivos, de índole personal ou por decisión técnica causan baixa no club Brais, Quiroga, Choco, Marcos Nieto, Carlos Escudero e Manu. Tampouco seguirá o preparador físico Oscar Martinez, que a pasada tempada acompañou a Miki López nas responsabilidades técnicas.
O Club confirma a continuidade para a vindeira tempada de Pachi, Dani Arbo, Ocampo, Lois, Pana, Dafonte, Dani Vázquez, Martín Pérez, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Sanginés e Gele.
Tamén seguirá no club Diego López, aínda que no seu caso será iniciando unha nova etapa, como adestrador físico e axudante de Regal.
As novas incorporacións para a vindeira tempada, xa confirmadas, son o carballiñés Marcos Castro, que regresa ao Arenteiro tras xogar esta pasada tempada no Céltiga. Do Barbadás chega o defensa Vilachá, e do Estudiantil o centrocampista Marc. Para reforzar a dianteira, o Arenteiro fíxose cos servizos de Vitti, procedente do AlertaNavia vigúes, co que marcou esta pasada tempada 21 goles, sendo o terceiro máximo goleador da Preferente. O Club tamén ven de confirmar a fichaxe do gardameta monfortino Marcos Macía, que chega procedente do Club Lemos. A última incorporación ao equipo é a do defensa central Maxi, que procede do CD Allariz.

Sobre o exalcalde pesaba un presunto delito por prevaricación e tráfico de influencias, en relación á contratación dos traballos de desbroce no ámbito rural feita polo alcalde a unha empresa local.
Un auto do Xulgado nº 1 do Carballiño decreta o sobreseimento provisional das actuacións abertas pola xuíza Pilar de Lara no marco da chamada operación Pokémon.
Para ver o comunicado de prensa do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O pleno de organización do novo mandato municipal no concello de Boborás aprobou as propostas do alcalde Cipriano Caamaño e do propio Partido Popular que outorgan as maiores responsabilidades do goberno municipal á concelleira Patricia Torres.
Ademáis de exerecer como portavoz do goberno municipal, a concelleira será a única con dedicación exclusiva, cunha retribución de 16.670 euros brutos anuais.
Patricia Torres tamén foi designada como tesoureira do concello de Boborás, e representante municipal en diversas entidades e órganos colexiados nos que está representado o concello de Boborás.
O pleno tamén aprobou, cos votos en contra da oposición, a periocidade das sesións ordinarias, quedando fixadas para o derradeiro xoves dos meses de Marzo, Xuño, Setembro e Decembro, en horario das oito e media da mañá.

As obras consistiron na construcción dun camiño peonil de pedra rústica, desde a antiga piscifactoria ata o entorno desta fonte de auga minero-medicinal, propiedade do pobo de Arcos.
A actuación, que representou un investimento de 50.000 euros, foi executada pola empresa PROYECON, e incluíu tamén a colocación de novas bancadas de pedra na zona.
Esta obra enmarcouse dentro do programa de desenvolvemento termal que promove a Deputación Provincial, e foi xestionada polo anterior grupo de goberno do Partido Popular no concello carballiñés.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 597
- 598
- 599
- 600
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- …
- seguinte ›
- última »