
O candidato do Partido Popular sumará aos seus tres votos os dous que lle outorgarán Veciños de Piñor, que asi fará posible que este concello teña un novo alcalde este sábado dia 13 de Xuño. Tras doce anos, perderá a alcaldia o socialista Francisco Fraga.
Aínda que Veciños de Piñor dará o seu apoio ao candidato popular na sesión de investidura, quédase ao marxe do goberno municipal, non hai pacto de goberno, que deberá afrontar en minoria o novo alcalde. Os intentos de chegar a un acordo de gobernanza resulturon infructuosos entre ambas formacións políticas.
Asi e todo, Veciños de Piñor vai votar a favor do candidato popular porque "a cidadanía de Piñor votou a favor dun cámbeo político no concello, vistos os resultados, está claro que recibimos un gran número dos nosos votos de xente do PP, e por eso imos facilitarlle ese cámbeo, pero esto non é un cheque en branco, agora deberán demostrar a súa cintura política e se queren o noso apoio terán que gañalo", dixo nesta emisora de radio Uxío Rodríguez, en representación da candidatura Veciños de Piñor.

Son dúas as reunións previstas para esta semana nas que se abordará esta posibilidade, a integración no goberno que presidirá o socialista Paco Fumega dos dous concelleiros que os nacionalistas terán na futura corporación municipal.
Aínda que a opinión maioritaria entre as bases do BNG carballiñés parece que se decanta en contra desa posiblidade de entrar no goberno, a situación podería dar un xiro trala celebración destas dúas reunións, a primeira xuntará a asemblea de afiliados e a segunda faráse coa candidatura que encabezou Chema Ferreiro, e na que unha gran parte dos integrantes formaban parte da mesma como independentes.
Esta segunda reunión terá lugar este xoves pola noitiña, e será despois de escoitar todas as opinións cando se adoptará unha decisión final ao respecto.
Fumega mantén a súa oferta aos nacionalistas, que no caso de entrar a formar parte do goberno no concello carballiñés, terían ao seu cargo a xestión de dúas áreas municipais.

O Partido Popular e a agrupación electoral de Veciños de Piñor, despois de reunirse en tres ocasións coa vontade por parte dos populares de acadar un pacto de goberno conxunto para os vindeiros catro anos no Concello de Piñor, non chegan a un acordo que permitiría a gobernabilidade do concello.
"O Partido Popular fixo unha proposta por escrito o pasado venres día 5, un acordo base negociable no que plantexaba a Alcaldía para o Partido Popular e a delegación de competencias das áreas de Urbanismo, Medio Ambiente, Facenda, Persoal, Recursos Humanos e Transparencia na agrupación electoral veciños de Piñor", manifestan dende o PP.
Aseguran que non recibiron "ningunha contraproposta por parte da agrupación que representa Uxío Rodríguez Blanco máis que a solicitude verbal de ostentar a Alcaldía sen ningunha outra distribución de áreas de goberno o que para a nosa formación demostra que non existía vontade de acadar un acordo pola súa parte".
A Xunta Local do Partido Popular de Piñor "avala a decisión dos concelleiros electos de considerar lexítima a decisión que o Partido Popular ostentase a Alcadía do municipio, fundamentada na decisión do electorado entre ambas formacións e por ter unha estrutura capaz de acadar os recursos necesarios para os proxectos do concello de Piñor, o desenvolvemento e a dinamización do municipio", remarcan.
O Arenteiro proclamouse campión da XXXV Copa Deputación de Fútbol, título que os verdes consiguen por segunda vez na historia e tras derrotar a SD Bande nunha vibrante final desputada no Estadio do Couto de Ourense, que rexistrou un gran ambiente.
Os goles de Martín Pérez, Dani Vázquez e Dani Arbo deron a victoria ao equipo carballiñés, que sempre foi por diante no marcador que en dúas ocasións lograron igualar os da Baixa Limia, que foi un digno rival, con dous goles do dianteiro pontevedrés Diéguez.
O capitán Carlos Escudero recolleu o trofeo de campión no medio do delirio dos centos de afeccionados carballiñeses que vestiron de verde carballiñés o Estadio do Couto.
Despois, a celebración continuou no Carballiño, onde o equipo foi recibido na casa do concello polo alcalde en funcións, Argimiro Marnotes, e numerorosos afeccionados que ovacionaron aos campeóns.
O grupo municipal do Partido Popular tilda de "propagandístico" o recurso de reposición presentado polo PSdeG contra o acordo plenario da Corporación Municipal do Carballiño polo que se aprobou a proposta da alcaldia para a operación de compra da casa da antiga ferraxería Soto.
Prema no arquivo adxunto para ver o comunicado do Partido Popular:

A Asemblea de Alternativa Veciñal decidíu por "maioría cualificada, rexeitar a oferta de entrar nun goberno co grupo que máis votos obtivo no concello do Carballiño", en referencia ao PSdeG.
Bernardo García exercerá, asi pois, a oposición ao goberno que presidirá Paco Fumega. Concluíu a asemblea de Alternativa Veciñal que "as experiencias doutras formacións minoritarias que compartiron goberno co PSOE sempre resultaron negativas".
Engaden que "o capital político que representa Alternativa Veciñal correría o risco de que se confundise a súa labor no goberno municipal coas prácticas corruptas e coas decisións contra a maioria social dun partido con múltiples implicados en procedementos xudiciais como consecuencia da súa actividade en institucións públicas".
Tras esta negativa de Alternativa Veciñal de integrarse no futuro goberno municipal, aos socialistas tan so lles queda como posilbe socio de goberno o BNG, aínda que no seo da formación nacionalista tampouco entusiasma a idea compartir goberno co PSdeG.

Representantes de ambas formacións políticas, encabezadas polos seus respectivos candidatos á alcaldia, Uxío Rodríguez por Veciños de Piñor, e José Luis González polo Partido Popular reuníronse nunha primeira toma de contacto que busca un posible acordo no concello de Piñor.
Tras os resultados do pasado dia 24 de Maio, ningún grupo acadou maioría absoluta, xa que o PSdeG obtivo 4 concelleiros, o Partido Popular 3 concelleiros e Veciños de Piñor 2 concelleiros.
O gran damnificado dun posible acordo entre PP e VP sería o candidato Socialista Francisco Fraga, que tras 12 anos perdería a alcaldia do concello de Piñor.
De todas as maneiras, calquera posiblidade permanece de momento intacta, e mesmo un goberno en minoria dos socialistas, xa que desde Veciños de Piñor apuntan a "posibles acordos entre partidos alleos ao noso concello, que poderían utilizar a Piñor como moeda de cámbeo".

A asemblea local do BNG considera "máis que aceptables os resultados electorais do pasado dia 24 de Maio no concello do Carballiño, xa que conseguimos doblar a nosa representación, aínda que persoalmente considero que tiñamos a mellor candidatura e que os resultados aínda poderían ser mellores", manifestou Chema Ferreiro.
O candidato nacionalista dixo en COPE O Carballiño "que por responsabilidade e coherencia cos resultados electorais imos facilitar a investidura de Fumega como alcalde, pero eso non siñifica un acordo para compartir goberno co PSOE, creo sinceramente que os electores situraron ao BNG na oposición", subliñou.
En todo caso, Ferreiro anunciou que "por cortesía" vaise reunir esta semana con Paco Fumega, a petición do candidato socialista "e escoitarémos como non pode ser doutra maneira calquera proposta que nos faga".

Club Deportivo Arenteiro xogará este vindeiro domingo dia 7 de Xuño no Estadio do Couto de Ourense, ás seis e media da tarde, a final da Copa Deputación 2014-2015 ante a Sociedade Deportiva Bande.
Será a cuarta vez na historia do club en acceder a gran final deste torneo, que so gañou o Arenteiro no ano 2002 ante a SD Nogueira de Ramuín, xa que perdería as outras dúas finais, as de 2005 e 2007 ante Verín e Barbadás.
Xa están á venda camisetas conmemorativas, que poden adquirirse en Café-Bar Soldado, Fútboleros Carballiño, Café-Bar Caserío, e no Stand da Praza Maior de 7 a 9 da tarde, e nestes mesmos lugares realizase a venda anticipada de entradas, que teñen un coste de 7 euros. Os rapaces dos equipos do fútbol base da Escola Municipal de Fútbol terán entrada gratuíta.
Para facilitar o desplazamento de afeccionados ata Ourense, o concello do Carballiño pon a súa disposición autocares gratuítos con saída ás cinco da tarde desde a Igrexa da Veracruz.
O concelleiro de cultura Rodrígo González despídese como tal, e faino presentando a programación de espectáculos teatrais que xa están contratados polo concello carballiñés para o segundo semestre do ano, dentro dos circuítos teatrais da Xunta de Galicia. A maiores, inclúese na programación as actividades fin de curso das escolas municipais de teatro e danza.
Para consultar a programación prema no arquivo adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 599
- 600
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- …
- seguinte ›
- última »