
Consideran desde a candidatura "Veciños de Piñor" como unha "absoluta falla de respecto á cidadanía" a actitude "absolutamente lamentable" da candidatura socialista que encabeza o alcalde da localidade Francisco Fraga.
"É intolerable que se utilicen elementos do noso patrimonio cultural, como son os indicadores do Camiño de Santiago para pegar os carteis da campaña electoral, de igual maneira que se están ultilizando por parte da candidatura socialista colectores da recollida do lixo e outros elementos do mobiliario público", critican desde "Veciños de Piñor".

Os dous candidatos á alcaldia de San Amaro, a socialista María Jesús López e o popular Ernesto Pérez, foron os protagonistas do primeiro debate, do total de 9, que se sucederán na antena de COPE O Carballiño ata o vindeiro dia 22, derradeira xornada de campaña electoral.
A iniciativa desta emisora de radio, pioneira no ámbito comarcal, xa que é a primeira vez que os candidatos teñen a ocasión de participar neste tipo de debates electorais, está tendo unha moi boa acollida entre a audiencia.
A nota negativa do segundo debate, dedicado ao concello de Punxín, foi a incomparecencia do candidato do Partido Popular Manuel Vázquez, que declinou a invitación desta emisora de radio.
Para esta semana terémos outros dous debates, o xoves 14 dedicado ao concello de San Cristovo de Cea, e o venres 15 ao concello do Irixo. Para a semana vindeira, celebraránse os de Leiro, Piñor, Maside, Boborás e O Carballiño. Todos en directo a partir das 13,15 horas.

Na candidatura socialista "dos valentes prevalece xuventude e veteranía como tamén igualdade entre mulleres e home, en definitiva aire fresco na política do noso Concello", afirman desde a candidatura que lidera Manuel Rodríguez como candidato á alcaldia de Leiro.
Dende a filas socialistas fánse unha pregunta aos veciños: merecedor este Alcalde de darlle de novo o voto e a confianza ? e para dar resposta concluen "cando durante estes vinte anos que leva no poder municipal o único que realizou é manterse neste para chegar ao seu obxectivo de Senador e durante este tempo o que conseguiu foi rematar co Cámping, as novas instalacións do novo Balneario de Beran pechadas, Mosteiro de San Clodio pechado durante todo o inverno e traernos dúas Plantas unha de lamas e outra de residuos de obra".
"Nós con esta candidatura non buscamos crecer politicamente, nin economicamente só queremos que os nosos pobos teñan os servizos básicos, infraestruturas, axudas ao pequeno comercio e emprendedores, impulsar e poñer en valor a nosa Biblioteca Municipal, que os nosos maiores teñan un lugar onde pasar os seus últimos días da súa vida, que os nosos nenos e nenas teñan uns parques infantís decentes, non como ata agora, que os nosos mozos teñan vivendas e emprego e non teñan que emigrar do noso Concello, que varios servizos municipais e que están en mans privadas volvan ser públicas en definitiva un proxecto de renovación de xente e ideas, como tamén proximidade, transparencia, austeridade e participación", manifestan desde a candidatura socialista.

O candidato á alcadia do Carballiño, Bernardo García, avanzou que a primeira iniciativa que "Alternativa Veciñal" presentará na futuro corporación será unha moción na que se solicitará "anular o acordo da adquisición da casa da Ferretería Soto, mentres non se cumplan determinadas condicións".
"Unha inversión de 1,7 millóns de euros, so por un edificio en ruinas e terreo colindante, no contexto económico actuál, resulta cara e non debe facerse se unha valoración pericial de dita propiedade, tampouco de momento ninguén puxo sobre a mesa un destino inmediato para algunha finalidade pública do edificio e menos o orzamento para a súa rehabilitación, falta consenso para desenvolver o mellor proxecto posible, subliñou o cantidato de "Alternativa Veciñal".
Bernardo García manifesta que "ninguén dubida da singularidade do edificio, pero non é o momento da súa compra pola aprobación repentina no pleno antes dunhas eleccións municipais, o que lle confire un carácter electoralista, algo rexeitable en democracia".
"Alternativa Veciñal" pedirá a anulación do acordo de compra e "a apertura dun proceso de consenso e financiación para unha posible inclusión da citada propiedade no patrimonio muncipal".

Os candidatos e candidatas que concorren a estas eleccións municipais nos distintos concelllos están invitados a confrontar ideas e expoñer os seus programas electorais a través desta emisora de radio.
COPE O Carballiño ofrecerá encontros-debates electorais, que se iniciarán á unha e cuarto da tarde
MARTES 12: SAN AMARO.
- Ernesto Pérez, PP, e María Jesús López, PSdeG.
MERCORES 13: PUNXÍN.
- Manuel Vázquez, PP, Rosa Mª Outerelo, PSdeG, Sarai Méndez, BNG, e Joaquín Moldes, Cambio Intelixente.
XOVES 14: SAN CRISTOVO DE CEA.
-José Luis Valladares, PP, Guillermo Dopazo, PSdeG, e Manuel Pérez, BNG.
VENRES 15: O IRIXO.
-Manuel Penedo, PP, Iago Fariñas, PSdeG, Florentino Pérez “Fai O Irixo” e José M. Prieto “Polos Veciños”
LÚNS 18: LEIRO.
-Francisco J. Pérez, PP, Manuel Rodríguez, PSdeG, Luis Pérez “Ficol”, BNG, e Pedro Rios, Independentes de Leiro.
MARTES 19. PIÑOR.
-José Luis González, PP, Francisco Fraga, PSdeG, Xabier Saco, BNG e Uxío Rodríguez, “Veciños de Piñor”.
MERCORES 20: MASIDE.
-Alejandro González, PP, e Celso Fernández, PSdeG.
XOVES 21: BOBORÁS.
-Cipriano Caamaño, PP, Javier Lamas, PSdeG, Eva Pardo, “Move Boborás” e Manuel González “Xuntos por Boborás”.
VENRES 22: O CARBALLIÑO.
-Argimiro Marnotes, PP, Francisco Fumega, PSdeG, Chema Ferreiro, BNG e Bernardo García, “Alternativa Veciñal do Carballiño”.

Arenteiro e Verín xogaron un partido moi igualado e condicionado no marcador final por unha lamentable arbitraxe de Daniel Hernández, do colexio de Ourense, que cometeu tres graves erros, anulando dous goles legais ao Arenteiro aínda co 0-0 no marcador e tragandose un penalti de libro na área do Verín. Non se trata de xogadas dubidosas, senón de erros arbitrais moi claros.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Ocampo, Lois, Dafonte, Manu, Bardelás, Quiroga, Brais e M. Sotelo. Tamén xogaron V. Gallego, Pana, Sanginés e Choco.
Goles:
0-1. Centro de Unai sobre a área pequena e David Soares remata sen oposición.
O Partido: De xogo bastante ramplón por ambos bandos e no que os de Monterrei, coa lei do mínimo esforzo levaronse os 3 puntos cando, visto o visto, o máis xusto sería un empate ou unha victoria do Arenteiro, pero para impedila estaba o trio arbitral, cunha desafortunada actuación, anulando dous goles como dous soles ao Arenteiro, e aínda tería tempo para a guinda, deixar sen sinalar un penalti por man na área do Verín, que é increíble non pitar.

O alcalde e candidato do Partido Popular, Argimiro Marnotes "compromete dedicación esforzo para atender aos problemas diarios da xente" e presenta " O Carballiño que pretende para os veciños e veciñas".
Dividido en varios apartados, destaca o candidato sobre todos os demáis o "dedicado as persoas, que son a prioridade, non ten sentido falar de nada mais sen que as persoas teñan atendidas os seus problemas, principalmente o traballo".
"Todo o que se promete, neste programa, faise sendo sabedores da situación actual do Concello, Pois fai catro anos non estabamos informados da realidade económica e das débedas que tiñamos a afrontar de gastos realizados por outros", remarcou Marnotes, no acto de presentación do programa electoral.
Para ver o programa electoral do Partido Popular prema no Arquivo Adxunto:

O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, avanzou que segundo as enquisas que manexan os socialistas "a cidadanía castigaría ao actual alcalde, Argimiro Marnotes, quen perdería a maioría absoluta nas vindeiras eleccións do 24 de Maio. Ademais, case un 70% dos carballiñeses amósanse favorables a un cambio de rumbo na política municipal actual", afirman.
A enquisa, que según o PSdeG incluíu mais de 350 entrevistas," non só constata que os carballiñeses queren un cambio de goberno no Carballiño, senón que Paco Fumega é o candidato mellor valorado".
Paco Fumega, que foi o encargado de presentar os resultados desta enquisa que tería feito a nivel interno o partido a nivel local, subliñou que “O Carballiño sufriu nestes catro anos un retroceso evidente a todos os niveis, e queremos recuperar o que foi esta vila cun programa con mais dun cento de propostas moi concretas en torno a unha aposta decidida polo emprego, a mellora da economía e a defensa dos servizos públicos”.
Avanzou que as propostas que conforman o programa dos socialistas presentaránse aos cidadáns “nunha campaña moi participativa, na que todos os membros da candidatura estaremos permanentemente na rúa para falar cos veciños dos barrios e das parroquias, con máis de 50 actos e un mitin central”. Ademais diariamente proxectaránse nun vídeo na fachada da sede do PSdeG, na Rúa Principal, ao igual que se fixo onte no acto de pegada de carteis.
Contra a operación de compra da casa da antiga Ferraxería Soto
Así, a pesar de que a compra da Casa Soto "é un desexo de boa parte da cidadanía, a maior parte dos carballiñeses están indignados porque consideran que este non é o momento de facer un gasto tan elevado, de ata 1, 7 millóns de euros. E menos aínda despois de sufrir unha suba de impostos e taxas municipais e de pasar catro anos escoitando ao alcalde afirmar que non hai cartos para cousas como iluminación, limpeza, asfaltado, servizos públicos, actividades deportivas, conservatorio ou calefacción na biblioteca, por exemplo".
Ademais, aseguran desde o PSdeG carballliñés que "tras consultar a profesionais do sector, todos coinciden en que o prezo que pagará o Concello polo inmoble é excesivo, polo que non se entende cal é a presa do alcalde por levar a cabo esta compra dun xeito totalmente arbitrario e que roza a ilegalidade, xa que non conta con informes municipais nin taxación previa".
O PSdeG pregúntase cales son os intereses que moven ao alcalde "a levar a cabo esta operación, porque está claro que non é polo interese dos cidadáns. Non é lóxico que nun momento de dificultade económica compre un inmoble por un prezo mais elevado do que debería e que ademais hipoteque ao futuro goberno municipal para os vindeiros anos".

Os candidatos ás eleccións municipais no Concello do Carballiño participaron nunha Mesa Redonda co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Nº1.
O acto celebrado no Salón de Actos do centro carballiñés contou coa presenza de Argimiro Marnotes, candidato á alcaldía do Carballiño e actual alcalde do Partido Popular, Francisco Fumega do PSOE, Chema Ferreiro polo BNG e Bernardo García de Alternativa veciñal. Actuou como presentador e moderador do acto Manuel Amil Otero, director do centro.
Despois dunha breve exposición a cargo de cada candidato á alcaldía, o alumnado planteou preguntas sobre temas do seu interese como o posicionamento dos diferentes partidos sobre nova Lei de Educación (LOMCE), as medidas que se ían tomar con respecto ao Parque Municipal da vila ou a grave situación económica das familias debido á crise e a posibilidade de abrir novos comedores escolares para paliar en parte esta situación.
A iniciativa no IES Nº1 de realizar esta Mesa Redonda tiña como obxectivo achegar aos votantes máis novos, sobre todo a aqueles que votan por primeira vez, as cuestións da vida política local e as posturas que sobre elas figuran nos programas electorais das distintas formacións.

Os socialistas do Irixo, con Iago Fariñas como candidato á alcaldia, presentan un programa electoral que se divide en 5 grandes bloques.
Para ver o documento, prema no arquivo adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- 610
- …
- seguinte ›
- última »