18, Abril 2015

O alcalde do Carballiño presentou a súa candidatura, coa que "o Partido Popular persigue o obxetivo de consolidar a maioria absoluta na corporación municipal".

Forman parte da candidatura que encabeza Argimiro Marnotes a totalidade dos concelleiros e concelleiras do actúal grupo de goberno do concello do Carballiño, aínda que no caso de Purificación Alberte, Jesús Rodríguez e Martín Nogueira fano de maneira testimonial, xa que saen dos primeiros postos que ocuparon fai catro anos e pasan a figurar no segundo tramo da candidatura.

Repiten na candidatura Pilar Caride ( 2 ), Emilio Carballeda ( 3 ), Teresa Cerdeira ( 5 ), Magín Daparte ( 6) e Rodrígo González ( 8 ).

Entre as novas incorporacións, as que o fan no primeiro tramo da candidatura son as de José Luis Sobrino , que ocupa o cuarto posto da candidatura, asi como Mónica Banga -séptima-, Miguel Ángel Romero, que figura na novena posición, e Lidia Gisela Almonte Polanco, que é décima nesta candidatura dos populares.

Para ver a candidatura completa prema no arquivo adxunto:

 

17, Abril 2015

A candidatura "Polos Veciños" preséntase a estas vindeiras eleccións municipais no concello do Irixo como un grupo de "xente nova, ideas novas, outra forma de ver o concello".

Para ver a presentación da candidatura e a súa composición prema no arquivo adxunto:

16, Abril 2015

O Grupo Municipal Socialista do Carballiño acusa ao alcalde, Argimiro Marnotes, "de mentir unha vez máis no que respecta á documentación remitida dende o Concello ao TSXG en relación ao procedemento que se sigue contra Pachi Vázquez e outros concelleiros  sobre a contratación de traballadores polo Concello hai máis de dez anos".

O Grupo Municipal Socialista ten constancia -aseguran- de que nos últimos días se remitiron dende o Concello ao TSXG máis de 1.000 expedientes daqueles contratos, co cal se demostra que no arquivo municipal había moita máis documentación da que se recoñecía por parte das autoridades municipais e da súa defensa neste procedemento.

Ao mesmo tempo, engaden desde o PSdeG "se corrobora que a documentación presentada pola defensa de Pachi Vázquez ante o TSXG atopábase realmente no arquivo municipal, malia ás declaracións do avogado do concello e dos responsables municipais, de que non había expedientes dos contratos dos traballadores naquel período". 

O voceiro do Grupo Municipal, Paco Fumega, e o concelleiro Adolfo Nogueira, explicaron en rolda de prensa que, polos medios de comunicación, “puidemos saber que o avogado que representa ao Concello do Carballiño declarou hai dous días que o Concello non tiña máis documentación sobre este asunto e que non remitira nada novo ao TSXG”. “Isto se contradí co feito de que moi recentemente se enviaron máis de 1.000 expedientes dende o concello ao TSXG”, sinalaron.

Fumega e Nogueira consideraron “gravísimo” e “lamentable” este feito “porque si, efectivamente e como se demostra, había documentos dabondo no arquivo municipal sobre os procesos de contratos laborais do período da alcaldía de Pachi Vázquez, se estiveron ocultando durante máis de seis meses e incluso se negou ata agora a súa existencia”.

“Incluso, pola información que ten este Grupo Municipal, o TSXG remitiu hai pouco tempo un requerimento ao concello do Carballiño para que se aportase a documentación aludida pola defensa de Pachi Vázquez, presentando incluso copias de moitos expedientes de contratos”, apuntaron.

Ante a manifesta falla de transparencia do goberno do PP, o Grupo Municipal do PSdeG esixe ao alcalde que facilite unha relación de toda a documentación remitida polo concello ao TSXG relativa a este procedemento, coas datas da súa remisión.

Reclama ademais que facilite copia do rexistro do concello no que figuran estes documentos e unha explicación sobre o ocultamento da existencia destes documentos no arquivo municipal.

Os socialistas demandan tamén explicacións sobre a tardanza na remisión destes documentos ao TSXG e esixen información sobre os requerimentos do TSXG para que se lle remitira documentación dos contratos laborais suxeitos a este procedemento, incluídas as datas na que foron requeridos.

Tendo en conta que os expedientes dos contratos laborais son pezas esenciais neste procedemento, xa que inclúen o modo de selección e as probas efectuadas,  resulta, cando menos sospeitoso e  unha irresponsabilidade ética e política, tratar de ocultar e retrasar a súa posta ao servizo tanto da Xustiza como dos representantes da cidadanía no concello, e incluso dos propios cidadáns.

Os socialistas lembraron que lamentablemente “esta falla de transparencia e as mentiras aos cidadáns, veñen sendo a táctica habitual deste alcalde, aínda que neste caso cobra maior gravidade aínda” polo que lle advertiron a Marnotes que “non todo vale en política”.

“Se quere demostrar transparencia, agardamos por toda esta información canto antes”, remataron, “porque o alcalde está xogando co traballo de moitas persoas, coa imaxe dos cargos públicos afectados, e ademais coa imaxe do propio Concello, ao deixar en evidencia ao persoal e á propia institución. “Ademais, débelle unha explicación á cidadanía sobre si, por erro ou intencionadamente, se está a ocultar información”.

Marnotes afirma que "O PSdeG do Carballiño perde os papeis no asunto de Pachi Vázquez coa xustiza"

O alcalde carballiñés afirma que “por enésima vez TEÑO que decir que dende este concello estase a aportar toda a documentación que se solicita dende o tribunal, algo para o que dispuxemos unha reorganización do persoal do concello co obxecto de axilizar o máximo estes requirimentos, e que en moitos casos están entorpecendo o día a día da administración municipal”.

Así mesmo, e sobre a nova documentación aportada ao TSXG, a que os socialistas  do Carballiño aluden como exemplo de ocultación por parte do concello “dicir que por nin por parte do alcalde nin por ningún concelleiro do grupo de goberno se ocultou, manipulou e nin siquera se analizou a documentación solicitada e enviada nin agora nin antes pola Secretaría"

Manifesta Marnotes que "a documentación que pediu o TSXG non e a mesma que pedira no seu día a fiscalía, e que, non por ser gran cantidade de papel, ten porque demostrar a inocencia do Sr. Vázquez, e que incluso pode ser indicativa de todo o contrario, ou incluso que os documentos remitidos non se refiran ós contratos cuestionados polo Xuíz, polo que en todo caso, o que cabe e a prudencia e paciencia, a espera das resolución xudiciais, asuntos que os Concelleiros do Psoe no Carballiño non están a ter, mostrando unha vez máis a súa función de amplificadores da defensa do propio Señor Vazquez".

Así mesmo o alcalde do Carballiño recorda que “Pachi Vázquez pode, como calquer otro cidadàn, incluso aínda que hoxe sexa veciño de Ourense, solicitar por rexistro o que precise para a súa defensa, e non ten que mendigala como dice, solo pedila, algo que ata o momento non temos constancia de que fixera.”

Finalmente, Marnotes  sinala que “ o único que se fixo por parte desta alcaldía foi ofrecer todo tipo de colaboración coa Xustiza para que este asunto se aclare o máis pronto posible”.

Tamén que “lembren todolos veciños e veciñas do Carballiño que o concello non denunciou nin acusou nunca ó exalcalde desta vila, Manuel Vázquez, senón que a denuncia partiu da propia fiscalía, e o concello so está personado como parte afectada na mesma causa xa que, se o fallo do xuiz inculpara a Pachi Vázquez e fose motivo de calqueira tipo de sanción, máis alá da condena penal, e non poidera afrontar con seu patrimonio a sanción, debería facelo o concello".

Finalmente, o alcalde do Carballiño entende que " O PSdeG equivoca o enemigo, pois o proceso que se sigue ante o TSXG non depende do Alcalde do Carballiño, senón de xuíces e fiscales que veñen mantendo esa posición dende o principio. Lembremos que o ex-alcalde xa anunciou que unha vez ante os medios que tiña documentos que o exculpaban, e o xuíz xa lle dixo que ningún deixaba  constancia de realización de prueba selectiva algunha para las contrataciones. Despois de eso, o mínimo que se lle pode esixir ó PSOE do Carballiño e algo de prudencia e respeto as decisión dos xuices.”

 

15, Abril 2015

O  grupo de goberno cifra en  máis de 500.000 euros nos últimos anos para devolver os servizos de saneamento e abastecemento a varios barrios da vila, que levaban tempo con estes servizos deficitarios. As áreas de Urbanismo e Medio Ambientet, "crearon unha planificiación durante este tempo, dirixida principalmente a renovar a rede municipal co fin de ofrecer mellores servizos, e ao mesmo tempo evitar verteduras nas dúas concas carballiñesas, a do Carrás e o Arenteiro, como estaba a acontecer antes, por non se realizar esta programación e planificación".

Así mesmo as obras executadas, e tamén "as que están proxectadas para os próximos meses, evitan tamén as inundacións que se producían en varias zonas da vila e o rural". O edil de Obras sinalaba que "un dos primeiros problemas que detectamos ao asumir estas funcións de goberno foi comprobar que moita da nosa rede municipal estaba estragada e anticuada, o que provocaba constantes ,molestias aos veciños e usuarios".

Unha das primeiras accións levadas a cabo dende a área de Urbanismo foi o de aproveitar calquera tipo de acometida que se fose a executar nunha rúa, para revisar o estado da rede, e renovalo nos lugares onde detectaron defectos "así optimizamos os recursos ao tempo que renovabamos infraestruturas que, se ben non son obras de gran lucimento, ao estar enterradas, se eran mais que necesarias para o confort e o servizo aos veciños", indica Magín Daparte.

Entre os proxectos executados encóntranse a renovación do colector xeral da rúa Ourense, onde se inverteron máis de 40.000 euros, na reposición das canalizacións de recollida de pluviais, rede de sumidoiros abastecemento, así como os correspondentes pozos, rexistros e bocas de rego. Esta zona levaba tempo con defectos nestes servizos, que provocaron mesmo o afundimento da calzada nesa zona.

Así mesmo acometeronse os traballos de renovación do abastecemento de Curros Enríquez, nas súas dúas marxes, aproveitando a obra de peatonalización de toda esa rúa. Nesta zona elimináronse os problemas que presentaba nos últimos anos, dende hai máis dunha década, cos rebentóns e inundacións de baixos comerciais e establecementos. Neste proxectos investíronse máis de 120.000 euros en total, repoñendo máis de 70 metros de canalizacións.

No mesmo barrio, en concreto na zona da Veracruz, realizáronse obras de mellora da rede de recollida de pluviais, que evitaron tamén moitos problemas nas vivendas da zona.

No 2014 fixeronse obras de mellora na rúa Alberto Vilanova, que conduce ata o centro de saúde, onde se investiron preto de 42.000 euros, e nas que se executaron traballos de colocación de novos sumidoiros e canalización de pluviais, que eliminaron o problema das inundacións na rúa Alexandre Bóveda, así como a substitución dun tramo de rede de sumidoiros.

Outra obra dese mesmo ano foi a da zona da Praza da Mina, onde se eliminaron os problemas de saneamento, coa renovación do colector, así como a reposición de máis de 120 metros de canalizacións nas redes de rede de sumidoiros, e pluviais.

Por outro lado executáronse obras na recollida de pluviais da zona do polígono da Uceirea, que vertían cara á avenida de Compostela, e que provocaba tamén inundacións. Coa nova canalización evitáronse en boa medida estas incidencias.

Por último na rúa José Pontes executáronse tamén traballos de mellora en toda a rúa, que incluíron reposición e mellora da rede de saneamento e pluviais, cun importe total de preto de 20.000 euros.

Tamén se realizou un estudo da situación da rede no medio rural, xunto coa empresa subministradora da auga no municipio, co fin de seguir dotando de mellores infraestruturas a toda esa zona.

Así mesmo están previstos varios traballos que se executarán en poucos meses, no apartado de saneamento e abastecemento en varios barrios da vila carballiñesa. Magín Daparte aseguraba que "estamos a crear unha rede de futuro, seguindo un esquema moi claro e sinxelo, a separación de pluviais e saneamento, para evitar inundacións, sobrecarega das depuradoras, polo tanto diminuír o seu consumo, e evitar vertidos aos nosos ríos, ou a terreos privados".

12, Abril 2015

O equipo carballiñés achegase con esta victoria un chisco máis ao obxetivo da permanencia na categoría da Preferente autonómica, sumando xa 47 puntos, a falta de seis xornadas para rematar a competición.

CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Choco e Dani Vázquez. Tamén xogaron Manu, Brais e Gele.

Goles:

0-1. Minuto 9. Libre directo que chuta Juncal, raso e centrado, e sen aparente perigo, pero a Pachi escápaselle o balón e Aarón adianta ao equipo visitante.

1-1. Minuto 12. Xogada personal de Dani Vázquez, que sortea a varios contrarios na liña de fondo, e o seu centro rematao Sanginés para empatar.

2-1. Munuto 47. Choco provoca unha falta ao borde da área, o lanzamento é obra de Dani Arbo, que envía un obús que se cola na portería do equipo do Morrazo.

O Partido: Tras un inicio un tanto apático do Arenteiro, o gol dos visitantes fixo espabilar aos verdes que poideron lograr un resultado máis amplo se non fose pola falla de acerto nas numerosas ocasións  de gol que xeraron no transcurso do partido, e todo hai que decilo, polas magníficas intervencións do meta do Rápido Bahía, David, que estivo extraordinario. Tamén o perigoso dianteiro visitante Buba dispuxo de dúas ocasións para poder marcar.

11, Abril 2015

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación dos candidatos e candidatas do PSdeG ás alcaldias da comarca, agás nos concellos de Boborás e Beariz.

No caso de Boborás, os socialistas sinalaban na súa relación de alcaldables a Alberto Otero,  actúal concelleiro e que xa fora o seu candidato fai catro anos. Non obstante, Otero asegurou que se desvincula do PSdeG, e que asi llo comunicou aos responsables do partido fai varios meses atrás. De feito, o aínda concelleiro socialista está participando na elaboración dunha candidatura veciñal para presentarse a estas eleccións municipais no concello de Boborás. 

Tampouco, de momento, encontran os socialistas candidato para o concello de Beariz.

Quenes sí participaron neste acto de presentación foron os candidatos dos outros sete concelllos da comarca. Os que repiten, Paco Fumega para o concello do Carballiño; o de Piñor, Francisco Fraga, o de Maside Celso Fernández, e o de Cea, Guillermo Dopazo. E as tres novidades, a candidata de San Amaro, Maria Jesús López, a de Punxín, Rosa Outerelo, e o do Irixo, Iago Fariñas.

11, Abril 2015

Uxío Rodríguez, a quen o BNG anunciara semanas atrás como o seu candidato á alcaldia do Concello de Piñor, concurrirá ás eleccións municipais encabezando unha Agrupación de Electores.

Tamén se desvinculan do BNG a maioria dos integrantes que tiñan comprometida a súa participación na candidatura nacionalista. O motivo son os desacordos das últimas semanas co propio BNG, según explican no seguinte comunicado, que reproducimos integramente.

Comunicado da Agrupación de Electores de Piñor

A mediados do 2014 o BNG de Piñor dirixiuse a Uxío para propoñerlle encabezar a candidatura por este Concello.

Presentada a proposta á asemblea do grupo de Piñor no mes de Novembro, aceptouse por unanimidade.

A línea de traballo que se acordou baseouse na renovación, incorporación de xente nova,dispoñibilidade, equilibrio territorial ( representación de todalas parroquias ) e relevo xeracional.

Despois de varias xuntanzas o candidato presenta unha lista que se aproba co apoio maioritario, casi unánime (coa única oposición de dous membros do BNG). Con posterioridade esas mesmas persoas insisten en impoñer a un deles no segundo posto.

Dáselle traslado á organización do BNG, insistindo en que hai risco de ruptura por esa imposición contra a maioría. A Organización non ofrece alternativa ningunha. Finalmente, o Grupo en asemblea asina un acordo que se lle traslada ó BNG, ó que tampouco resposta.

Chegados a esta situación o grupo que viñamos traballando baixo as siglas do BNG en Piñor, comunicamos a nosa desvinculación do BNG-Asembleas Abertas, optando por presentar a lista aprobada como unha Agrupación de Electores.

9, Abril 2015

A corporación aprobou, coa abstención dos socialistas, o prego de bases que regulará a concesión do contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio.

Increméntase siñificativamente a cantidade económica que o concello carballiñés destinará ao mantemento deste servizo, pasando dun orzamento de 226.000 euros que se viñan orzamentado para este fin, aos 407.000 euros do contrato futuro, o que siñificará un importante aumento de horas na prestación deste servizo municipal.

O pleno atendeu unha moción de urxencia do grupo socialista para demandar da Xunta a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano. O grupo socialista aceptou unha transacccional do Partido Popular e finalmente acordouse instar á Xunta de Galicia a que reciba a unha delegación do concello do Carballilño para buscar puntos de encontro cara a dinamización destas instalacións.

Tamén, por unanimidade, aprobouse unha moción do PSdeG contra a privatización dos Rexistros Civís.

A sesión plenaria foi aproveitada polos extraballadores do matadoiro para facer patente a súa protesta pola tardanza na convocatoria do concurso público para a concesión da explotación destas instalacións.

O pleno iniciouse coa toma de posesión da nova concelleira  Remedios Castro Covela, que apenas a dous meses por diante para concluir o actuál mandato municipal, sustitúe no grupo socialista a Maria Josefa Pérez, que presentara a súa renuncia no pasado mes de Xaneiro.

8, Abril 2015

Os nacionalistas incorporan esta proposta ao seu programa electoral e compromentese a traballar neste proxecto, que comezaría polos contactos cos alcaldes de concellos próximos que estarían en condicións a sumarse a esta iniciativa "como Boborás, Leiro, Beariz ou Avión, entre outros".

O candidato á alcaldía Chema Ferreiro subliñou que éste "é un proxecto tan laborioso como ambicioso, que pretende darlle un novo pulo a O Carballiño nun marco de amplas posiblidades para o turismo, o termalismo, a natureza e o emprego".

Nesa mesma liña tamén se pronunciou Marco Antonio Reboredo, número dous da candidatura do BNG no concello do Carballiño "tratase de facer políticas con miras de futuro, a longo prazo, apostando por un desenvolvemento sustentable do territorio".

Unha Reserva da Biosfera, distinción que concede a UNESCO, é unha área de ecosistemas -na actualidade están declaradas un total de seis en Galicia- na que se promove a investigación, asi como a educación ambiental e a sensibilización, unha área xeográfica na que promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta as necesidades sociais, culturais e económicas dos seus habitantes.

5, Abril 2015

O nefasto inicio de partido do Arenteiro, xa perdia 3-0 aos 25 minutos, que serían 4-0 ao descanso, condenou aos verdes á derrota na súa visita a Vigo. O Alertanavia aproveitou a paxara dos carballiñeses durante a primeira parte, e por se fora pouco, dous erros de bulto do colexiado santiagués Vidal Fonseca, para sentenciar o partido.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Lois, Ocampo, Dani Arbo, Dafonte, Martín Pérez, V. Gallego, Choco, Marcos Sotelo e Brais. Tamén xogaron Sanginés, Carlos, Manu e Dani Vázquez.

Goles:

1-0. Minuto 3. Pérdida de balón do Arenteiro no medio campo e os vigueses lanzan un ataque rapidísimo que culmina Victor.

2-0. Minuto 10. Dafonte golpea defectuosamente un balón dentro da área que termina atrapando Pachi, nunca pode haber intención de cesión, que sí interpreta o árbitro. Barciela executa maxistralmente o libre indirecto.

3-0.Minuto 25. Outra xogada na que o árbitro volve ser protagonista. Falta clara sobre Dafonte, que queda tendido no chan no centro do campo, os vigueses continuan o xogo e o Arenteiro, outra vez mal en defensa, facilita o terceiro gol local, obra de Kiko.

4-0. Minuto 39. Outra moi confusa xogada, o axudante de banda levanta a bandeirola sinalando unha falta sobre un dianteiro local, o árbitro -aquí acertou- aplica a lei da ventaxa e Borjita, con algo de fortuna, introduce o balón na portería de Pachi.

4-1. Minuto 66. Falta sobre a meta local que lanza Sanginés e Dani Arbo, peinado cara atrás, fai o gol da honra.

O Partido: Primeira parte "horribilis" do Arenteiro, superado en todas a liñas polo Alertanavia, que independientemente dos favores arbitrais fixeronse merecedores de ir ao descanso co partido resolto. Na segunda parte, os verdes despertaron da sesta - o horario das catro da tarde era bastante propicio- e puderon marcar algún gol máis do conseguido por Dani Arbo, pero non era a tarde do Arenteiro. Para esquecer.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS