27, Abril 2015

O Equipo do Club de Debate do  IES Nº1 do Carballiño formado por Nazareth  Pedrouzo González,  Adrián  Godás Della Ripa,   Héctor  López Lorenzo ,  Manuel  Vázquez Augusto e  Victor  Barreiro Domínguez foi o gañador da Final Galega do Club de Debate 2015 que se celebrou onte domingo día 26 de abril en Carballo. As profesoras que levaron a cabo a preparación do alumnado foron Ana Lousado Duro e Nieves Abelleira. O tema desta final foi: “ Herdamos o galego, temos que transmitilo”

Participaron nesta fase final seis institutos de outras tantas localidades de Galicia: o IES Parga Pondal, o CPI dos Dices, de Rois; o IES Luis Seoane, de Pontevedra; o IES Número 1 do Carballiño; o IES Macías O Namorado, de Padrón e o IES Xulián Magariños, de Negreira.Desde as dez da mañá ata as sete e media da tarde, os estudantes despregaron no Pazo da Cultura carballés a súa capacidade dialéctica ante un  xurado integrado por xornalistas, lingüistas e docentes.

O equipo carballiñés impuxose claramente, ao lograr unha puntuación de 363,20 puntos, moi por arriba do resto dos participantes.

O grupo gañador recibirá como premio unha viaxe multiaventura a Portugal para 20 persoas.

A cuarta edición do Club de Debate estivo organizada por nove concellos a través do seus servizos de Normalización Lingüística.

 

 

 

 

 

26, Abril 2015

Outros 3 puntos que o Arenteiro suma para lograr a permanencia na categoria, tras vencer a un bo equipo como resultou ser a Unión Deportiva Atios de Porriño. Os visitantes neutralizaron o gol co que Arenteiro se adiantou no marcador para chegar ao descanso con co partido empatado, pero unha gran segunda parte dos verdes decidiu con claridade o partido, deixando o 3-1 final no marcador.

CD Arenteiro: Marcos Nieto; Carlos Escudero, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Manu, Choco, Lois e Gele.

Goles:

1-0. Minuto 14. Magnífico pase entre liñas de Martín Pérez que aprovieta moi ben Dani Vázquez, primeiro para irse da defensa e batir ao porteiro na súa saída cun tiro raso e colocado.

1-1. Minuto 37. Non está fina a defensa do Arenteiro, perimtindo o roubo de balón por parte dos visitantes, unha xogada que culmina Asi para empatar.

2-1. Minuto 60. Xogada de extratexia do Arenteiro que culmina Victor Gallego cunha gran volea que toca coa punta dos dedos o meta do Atios, o balón vai o longueiro e finalmente Sanginés empurra entre os 3 paus.

3-1. Minuto 71. Bonita combinación do Arenteiro, cun centro milimétrico de Sanginés que aproveita Dani Vázquez para dun perfecto testarazo marcar o tercerio.

O Partido: De inicio trepidante por ambos equipos, aínda que foi o Arenteiro o que con máis perigo se aproximou á portería rival, de feito antes de adiantarse no marcador xa tiveran os carballiñeses dúas magníficas ocasións de gol. Aos 4 minutos da segunda parte o Atios quedabase cun xogador menos por expulsión ao ver doble cartón amarelo o dianteiro Rubio. A partir dese momento, o Arenteiro foi claro dominador do partido e mesmo na fase final pudo incluso ampliar a diferencia no marcador, todo esto ante un bo equipo, no que sobresae o seu dianteiro Jorge Fernández, todo un espectáculo para a categoria.

25, Abril 2015

O descontento coas grandes formacións políticas tradicionais ponse de manifesto nestas eleccións municipais do 24 de Maio coa aparición de 7 candidaturas no ámbito comarcal, que se autoproclaman como "veciñais" e "independentes".

Alternativa Veciñal do Carballiño presenta a Bernardo García como candidato á alcaldía, seguido nos primeiros postos da candidatura por Maria Jesusa Álvarez, Ernesto Atanasio e Patricia Ordás.

No concello do Irixo xurdiron nestas eleccións 2 candidaturas á marxe dos partidos políticos. "Polos Veciños" encabezada por José Manuel Prieto, e "Fai O Irixo" por Florentino Pérez.

En Boborás, Manuel González, como candidato á alcaldia, e Alberto Otero abren a lista electoral de "Xuntos por Boborás".

No concello de Beariz, Manuel Ogando Penela é o candidato á alcaldia bearicense por "Alternativa para Beariz".

En Punxín, Joaquín Moldes lidera a candidatura "Cambio Intelixente de Punxín".

E finalmente, no concello de Piñor, Uxío Rodríguez é o candidato á alcaldia pola agrupación de electores "Veciños de Piñor".

 

 

 

23, Abril 2015

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rebate con 11 argumentos xurídicos as alegacións feitas pola defensa do exalcalde do Carballiño. Polo tanto, sigue adiante o proceso aberto pola xustiza contra Pachi Vázquez.

A Sala do TSXG avala desta maneira a decisión do Xuíz Instructor do caso, tras a querela presentada pola Fiscalía, por un presunto delito de prevaricación continuada en relación á contratación de persoal no concello do Carballiño durante os mandatos municipais nos que Pachi Vázquez foi alcalde do Carballiño.

A resolución do alto tribunal galego é "firme" e advierte que "contra a mesma non cabe recurso".

 

23, Abril 2015

O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, presentou ás 27 persoas que conforman a candidatura que el mesmo encabeza para as Eleccións Municipais do 24 de Maio.

A Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario de presentación dos candidatos e candidatas, nun acto no arrouparon ao candidato socialista alcaldes doutros concellos, portavoces e afiliados do PSdeG.

Fumega destacou que a lista do PSdeG do Carballiño "está integrada por un equipo de persoas  que se presentan a estas eleccións ilusionadas, con gañas de traballar polos cidadáns e preparadas para gobernar”.

O obxectivo da candidatura é claro: “recuperar a alcaldía do Carballiño para reconquistar os nosos dereitos, despois de catro anos cun goberno nefasto do PP que o único que fixo foi castigar aos cidadáns con máis impostos e menos servizos”.

En palabras do candidato socialista, o PSdeG traballará “para que O Carballiño volva a ser a vila punteira da provincia, un lugar apetecible para vivir, cunha oferta de servizos públicos para os cidadáns, atractiva para o turismo, e cunha dinamización empresarial e industrial axeitada para fomentar o emprego”.

 Candidatura do PSdeG O Carballiño 

1  Francisco José Fumega Piñeiro. Doutor en Xeografía Aplicada.

2. José Manuel Dacal Fernández. Empresario.

3. Érika Paz Rodríguez. Enfermeira.

4. Adolfo Nogueira Campo. Empresario

5  Marina Ortega Otero. Psicóloga.

6. Charo González González. Diplomada en Ciencias Económicas e Empresariais.

7. Diego Fernández Nogueira. Politólogo e Técnico Forestal.

8. Rita Soto Vázquez. Empresaria.

9. Rosa María Fuentes García. Patronista Industrial.

10.  Francisco Pérez Gómez. Enfermeiro.

11.  Iolanda Otero Barroso. Politóloga e Consultora de Proxectos Europeos.

12.  Paulino David Carou Mosquera. Desempregado. Ex traballador do matadoiro.

13.  Lorena Corral Cao. Enfermeira e Matrona.

14.  Delfín González Pérez. Técnico Especialista Administrativo.

15.  Carlos Ernesto Fernández Pérez. Xubilado de Telefónica.

16.  Jesusa Rodríguez Fontán. Encargada de tenda.

17.  José Manuel Seijas Fumega. Auxiliar de Farmacia.

 

23, Abril 2015

Almudena Valiñas Conchouso viña exercendo como concelleira do BNG en Avión desde o ano 2009. Por medio dun comunicado remitido aos medios e publicado en redes sociais a concelleira, que na actualidade sigue exercendo como tal na corporación muncipal de Avión, comunica que ven de solicitar a súa baixa no Bloque Nacionalita Galego.

Faino tras anunciarse por parte da executiva nacional do BNG a presentación dunha "candidatura protesta e anticaciquil contra as políticas de extorsión do PP" que encabeza o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence.

A aínda, a día de hoxe,  concelleira do BNG en Avión manifesta o seu enérxico malestar "paréceme unha falta de respecto cara a veciñanza de Avión a candidatura presentada polo BNG dende a Executiva Nacional". Tamén asegura que en ningún momento foi esa decisión consensuada cos militantes do BNG de Avión.

Almudena Valiñas aclara tamén  que "dende que exerzo como concelleira do BNG en Avión non se exerceu sobre min ningún tipo de extorsión por parte do Partido Popular". Finalmente, a concelleira atribúe a dificultade de presentar unha candidatura do BNG "non por extorsións, senón pola apatía que existe cara a política no noso concello, como proba o feito de que o propio Partido Popular, que lava 30 anos gobernando Avión, presenta unha candidatura sen suplentes", manifesta.

21, Abril 2015

O departamento municipal de obras asegura que "a planificación e, sobre todo, a redacción dun invetario de rúas e camiños de propiedade municipal, permitiron o actual greupo de goberno, a traveso da súa área de Obras e Urbanismo, o arranxo, mellora e mantenemento, de centos kilómetros de vías urbanas e interurbanas no municipio carballiñés, nas que se inveretiron más de 1.000.000 de euros neste últimos anos". Así mesmo, a procura de colaboración con outras administracións fixeron posible executar proxectos.

Dende o 2012 ata finais do 2014, o concello do Carballiño executou obras tanto no ámbito rural como no propio casco urbano, centradas no arranxo e na mellora dos viais, como as realizadas nos accesos norte de a Reguenga, oeste en Seoane ou o acceso o cemiterio de Señorín. Así mesmo, na mesma época, realizaronse obras na rúa da Fonte de Seoane, na estrada de Mesego, na de Señorín a Centeas e o camiño de Casansedo.

No mesmo periodo realizaronse obras de mellora nas rúas colindantes o Paco Chao, na rúa Cea e na rúa Cricunvalación. Todos estes traballos de acondicionamento e mellora de firmes levaronse a cabo en colaboura tanto coa Xunta de Galicia como a Deputación Provincial.

Entre os anos 2013 e 2014 executaronse traballos entre Mosteiro e Paradela, Mesego O Corval, na Gouxiña e Señorín, invirtiendose nestas más de 50.000 euros, cantidade similar a invertida nas localidades de Cabanelas, Trigás, Boedes e na rúa Serra do Faro.

Así mesmo, xa na zona urbana, durante estes últimos anos levaronse a cabo obras en Alberto Vilanova, por un importe de 50.000 euros, Conde Vallellano e Rúa Ourense por un importe de 300.000 euros, e na rua Xosé Pontes, onde se invertiron 17.000 euros na mellora do firme e as beirarrúas.

Entre os investimentos municipais feitos neste mandato en materia de obras no medio urbán están os 150.000 euros na humanización do entorno da igresia vella, ou os 120.000 euros en Curros Enríquez, "dúas obras moi aplaudidas polos veciñños e comernciantes da zona", apuntan desde o concello. Ademáis, invertironse cerca de 50.000 euros en obras nas rúas Marcelino Parrrondo, Canteiros, Aquilino Sánchez e Serra da Martiñá.

O concello tamén se refire á recuperación e mellora nas rúas Leiro, Castelao e Beariz, a traves dun convenio ca Deputación, e nas se invertiron 100.000 euros. Finalmente, e atraves da brigada municipal de Obras, estanse levando a cabo continuamente traballos de mantenemento e tratamento especial en todolos puntos que detectan algún problema.

O edil de Obras, Magín Daparte, subliñaba que “tendo en conta co que nos atopamos ao chegar ó goberno municipal, un concello que non contaba cun inventario de rúas e estradas da súa propiedade, puxemos especial interese  en levar a cabo este inventario , co que poder traballar dun xeito lóxico e, sobre todo, planificar tanto os traballos como o manetnemento dos mesmos, xa que de pouco vale arranxar se logo non se executaban traballos de mantenemento, algo que nos fixemos dende o principio”, remarcou.

Finalmente, o concelleiro de Obras recordaba que “ademáis de todos estes traballos e proxectos non podemos esquecer a inversión que se realizou en zonas urbanas como a rotonda da Alameda, Martínez Avellanosa e Xulior Rodríguez Soto, de propiedade autonómica, e que tivemos que exixir a súa execución, ou a gran inversión na nosa nova praza da Veracruz, que superou o 1.000.000 de euros”.

 

 

21, Abril 2015

O candidato á alcaldía do PSdeG, Paco Fumega, realizou hoxe unha visita ao Parque Municipal na que constatou o estado de abandono de boa parte da zona, fundamentalmente na área de xogos infantís, totalmente deteriorados, ou puntos cheos de maleza, como no mirador das inmediacións da piscifactoría.

Fumega, que estivo acompañado polo concelleiro Manolo Dacal e dous dos novos membros da candidatura do PSdeG, Diego Fernández e Charo González, lamentou o desinterese do goberno do PP polo que é “un dos emblemas do noso patrimonio natural”.

Por elo, comprometeuse a potenciar o Parque Municipal cando chegue á alcaldía, e á posta en marcha de brigadas de limpeza permanentes “que traballen todo o ano e non só en momentos puntuais”.

Avogou por impulsar o turismo non só cun coidado axeitado do Parque Municipal, a zona do cámping ou a piscifactoría, senón con outras propostas, como a  recuperación do río Arenteiro como zona de lecer e baño.

“É fundamental crear novos xacementos de emprego porque nos últimos catro anos O Carballiño incrementou o número de desempregados e está a sufrir unha gran perda de poboación. Potenciar o noso patrimonio natural para atraer aos turistas é fundamental para o noso futuro”, avanzou.

“É moi difícil potenciar o turismo e ofrecerlles esta zona de recreo e lecer coa herba sen podar, que nalgúns puntos cubre media perna, con silveiras, fochancas e mobiliario urbano deteriorado”, sinalou.

Fumega apostou tamén por levar a cabo “unha política do detalle, do día a día” que considerou fundamental para que O Carballiño “ volva  a ser a vila punteira da provincia de Ourense”.

O candidato socialista lembrou que a Marnotes “que tanto lle gusta falar da herdanza recibida, hai que recordarlle que a herdanza que está a deixar aos carballiñeses é a dun Carballiño sumido no abandono total pola súa desidia”.

 “Nós apostamos por cambiar o rumbo e ocuparnos do que lle preocupa á xente para construír un Carballiño de progreso e futuro”, rematou.

 

20, Abril 2015

A palista do Club Fluvial Avión conseguíu unha meritoria medalla de plata na copa de España de Piraguismo de mil metros, celebrada no encoro asturiano de Trasona.

Mónica Piñeiro competía coas mellores de España na categoria de veteranas. Outro palista do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse en 6ª posición na semifinal da categoria masculina de 35 a 39 anos.

19, Abril 2015

Pode soar a tópico, pero o fútbol ás veces resulta inxusto, e desta vez foino co Arenteiro, que durante 75 minutos do partido foi mellor que o Porriño Industrial. Pero ao final, os locais marcaron nunha das 3 ocasións de gol que tiveron durante todo o partido, o Arenteiro gozou de 7 e non marcou en ningunha. En consecuencia, regreso a O Carballiño cunha derrota.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Arbo, Lois, Pana, Ocampo, Bardelás, M. Pérez, Sanginés, Choco e Manu. Tamén xogaron V. Gallego, D. Vázquez, Brais e Carlos.

Goles:

1-0. Minuto 64. Falta sobre a portería do Arenteiro que remata Miki, facendo o solitario gol do partido.

O Partido: A falta de definición volveu condenar aos verdes, que tiveron numerosas ocasións para marcar neste partido. Aos 7 minutos, falta que saca M. Pérez sobre Sanginés que a punto está de superar ao meta local cunha volea que se vai fora por moi pouco, apenas 4 minutos máis tarde o propio Sanginés volve gozar dunha situación franca pero desta vez o seu tiro vaise alto. Antes do descanso o Arenteiro volve ter outras dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, primeiro nun barullo na área local, co porteiro batido, o balón sae a rentes do pau, e no minuto 44 e tras unha gran xogada do Arenteiro, o centro de Gele non pode aproveitalo Choco, o balón vaise fora cando se cantaba o gol. E na segunda parte máis, as máis claras nas botas de V. Gallego, que salva in extrremis o meta local, un tiro de Gele que se foi o longueiro, e outra máis de M. Pérez, que completamente so cabecea inocentemente ás mans do porteiro. Mentres, o Porriño, superado en 75 minutos de partido polo Arenteiro -so foi superior no primeiro cuarto da segunda parte-  tivo dúas ocasións, fixo un gol e gañou 3 puntos que lle sirven para seguir na loita por acadar a promoción de ascenso.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS