
O Bloque Nacionalista Galego-Asambleas Abertas presentou a candidatura coa que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais no concello do Carballiño.
Prema no arquivo adxunto para ver os nomes dos 17 integrantes da candidatura nacionalista que encabeza Chema Ferreiro como candidato á alcaldía.

Prestixiosos artistas galegos da música e a danza participarán nesta actividade que organiza a Escola de Cultura Popular do Carballiño.
Prema no arquivo adxunto para ver toda a programación.
O Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño critica que Marnotes "tente eludir o debate e evite dar a cara ante a cidadanía ao seguir sen convocar o pleno ordinario que anunciou hai tres semanas".
Os socialistas lembran que "non é a primeira vez que o alcalde retrasa a convocatoria do pleno cando os temas que sabe que se van presentar a debate lle son incómodos, como é neste caso pola problemática existente con colectivos como o dos traballadores do Matadoiro, o Servizo de Axuda no Fogar, o Servizo de Emerxencias ou a Residencia do Tempo Libre, colectivos que se agruparon nunha fronte común para denunciar o desamparo e abandono que sofren polo goberno de Marnotes".
"O goberno municipal rexeitou ademais debater as mocións de urxencia presentadas polo PSdeG, polo que os socialistas manteñen a súa intención de tratar estes temas e de solicitar Pleno Extraordinario para permitir así abordar estas cuestións dado que o alcalde tenta evitalas", manifestan.
O PSdeG sinala que ésta "é unha estratexia moi habitual neste goberno municipal, e de feito dende o 30 de setembro de 2014 ata o 12 de febreiro deste ano non convocou ningún pleno ordinario, saltándose así os prazos que marca a lei de convocar como mínimo unha sesión plenaria cada dous meses e evitando así os rogos e preguntas. O mesmo acontece cos orzamentos, xa que a pesar de que o goberno do PP conta con maioría absoluta, Marnotes non foi capaz de aprobar en catro anos mais que un só orzamento, o de 2012. Este é un feito vergonzoso, que demostra unha desidia e desinterese absolutos por parte do equipo de goberno", remarcan.
Finalmente, o PSdeG afirma que "Marnotes soamente se deu presa para subir impostos, pero para aprobar os orzamentos ou presentar contas tomase todo o tempo do mundo, xa que estamos no mes de marzo e nada se sabe tampouco da presentación das contas xerais, que son un importante balance da situación na que se atopa o Concello".
O

O proceso de primarias desenvolveráse este sábado dia 14 de Marzo na casa da cultura do Carballiño en horario de 18 a 21 horas. Calquera persoa maior de 16 anos censada no municipio carballiñés poderá votar nestas primarias, presentado o seu DNI.
Os electores elixirán cinco mulleres e cinco homes, sinalando a orden de preferencia, entre unha relación de aspirantes a formar parte desta candidatura que competirá con PP, PSOE, e BNG nas eleccións municipais do vindeiro 24 de Maio.
A persoa con máis votos será o candidato ou candidata á alcadía do Carballiño desta candidatura veciñal, que se completará co resto dos aspirantes pola orden que determinará o número de apoios nesta votación de primarias.
O xurado recoñece asi o traballo e a actividade que desenvole este centro educativo, o colexio de infantil e primaria Virxe da Pena da Sela do Irixo, no fomento e promoción da actividade física e os hábitos de vida activa.
Gran mérito de toda a comunidade eductiva dun colexio rural, que conta neste curso cunha matrícula de 42 alumnos que participan nos distintos programas deportivos escolares, nos que practican distintas modalidades deportivas, como o fútbol-sala, o atletismo ou o bádminton, entre outras. Ademáis, amplian a actividade lectiva cunha hora a maiores que dedican á actividade física.
Os premios do deporte galego son concedidos con carácter anual pola Xunta de Galicia. O CEIP do Irixo é galardonado co premio "Galicia Saudable 2015".
O Grupo Municipal do PP no Concello de Piñor denuncia a situación de abandono na que se atopa a xestión municipal, así como a deixadez de funcións por parte do alcalde de Piñor, o socialista Francisco José Fraga Civeira.
“En Piñor levamos máis de 5 meses sen ter plenos da corporación, non temos aprobada a conta do ano 2014 e tampouco o orzamento do ano 2015", afirma o portavoz popular, José Luis González Rodríguez. Resulta incomprensible que nun municipio e 1.200 habitantes, onde a metade do orzamento se adica ao capítulo un de gastos de persoal 406.000 € , -onde traballan 8 persoas ademais do Alcalde, do Secretario e a arquitecta municipal; en total 12 persoas para tan só 1.200 habitantes-, os veciños teñan que esperar por un simple trámite ou acudir varias veces para preguntar como está o seu expediente porque non reciben resposta algunha. Antes de que o PSOE gobernase en Piñor, con tan só dous traballadores e o alcalde, os trámites eran moito máis áxiles, lembran os populares.
"Descoñecemos a realidade da actividade e do traballo do alcalde en beneficio do Concello, non sabemos en que inviste o tempo, pero o que temos claro é que non se adica a preocuparse polo noso Concello", di o portavoz popular. "Os concelleiros do PP de Piñor estamos cansos da actitude do rexedor, leva obstaculizando dun xeito deliberado o acceso á información que solicitamos os edís da formación popular para realizar o labor de control e fiscalización da xestión municipal que temos encomendada como concelleiros.
É de vergoña allea que o noso Concello só saia nos medios de comunicación polas políticas caciquís do PSOE en Piñor, supostas contratacións irregulares, políticas de empadroamento partidistas, etcétera", sinala José Luis González.
Por último, recalcan os populares que "é lamentable o proceder do alcalde de Piñor que pon de manifesto o absoluto desprezo á democracia e á transparencia".
Unha muller de 84 anos, veciña da rúa Manuel Fernández Pousa do Carballiño tivo que seer trasladada ao centro de saúde do Carballiño tras sufrir unha intoxicación provocada polo abundante fume dunha pota incendiada na cociña da súa vivenda.
Foi unha veciña da muller a que deu aviso ao CAE 112, que solicitou a intervención do servizo municipal de Protección Civil e emerxencias médicas. Procederon a trasladar á muller, á que encontraron tendida no chan, ao centro de saúde do Carballiño, onde foi atendida e dada de alta unhas horas despois, igual que un Policia Local que tamén tivo que ser atendido con intoxicación leve, tras participar no operativo.

Xogou na década pasada dúas tempadas co Arenteiro na Preferente, ainda que o seu equipo de toda a vida foi o do seu pobo, o Cortegada. O pasado sábado, agora na categoria de veteranos -contaba 41 anos de idade- desputaba o seu último partido de fútbol cos Veteranos do Ribeiro.
Jesús M. Cortés Rodríguez "Sumi" falecía repentinamente no seu domicilio esta pasada madrugada, a primeira hora da maña foi encontrado morto. O Funeral celebrase este martes dia 10 de Marzo ás 17:30 horas en Cortegada. Descanse en paz.

O Arenteiro é o primeiro equipo que gaña esta tempada no campo do potente Portonovo, que malia a derrota continúa en posto de ascenso directo á terceira división. Os verdes saltaron ao campo de Baltar sen complexos e superaron de principio a fin aos locais. Con ésta en Portonovo O Arenteiro suma a súa terceira victoria consecutiva a domicilio.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Pana, Diego López, C. Escudero, Dafonte, Martín Pérez, Sanginés, Choco, D. Quiroga e Ocampo. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Víctor Gallego, Dani Vázquez e Manu.
Goles:
0-1. Minuto 18. Perfecta combinación dos verdes entrando por banda dereita que culminan Martín Pérez servindo o balón a Sanginés, éste colase como unha exhalación polo medio da defensa e cun chupinazo forte e colocado pon o balón fora do alcalce do porteiro local.
O Partido: Aínda non se cumplía o primeiro minuto de partido cando D. Quiroga xa dispuxo dunha magnífica ocasión para adiantar ao Arenteiro, a xogada xa indicaba que o Arenteiro saía moi metido no partido e estaba disposto a tutear ao Portonovo, como asi foi. Aos 18 minutos chegaba o gol de Sanginés e no 39, tras outra soberbia triangulación dos carballiñeses, Martín Pérez enviaba o balón ao longueiro, o rexeitamento chegaba a Quiroga que batía novamente a Dani Romero, pero o árbitro anulaba un gol que a todas luces parece legal. Despois, na segunda parte anulou outro ao Portonovo, pero éste sí que era moito máis claro. Tralo descanso, o Arenteiro cambeou o plantexamento do partido, esperando máis atrás, sen deixar espazos e saíndo á contra, aínda que o marcador xa non se movería. Probablemente, o mellor partido da tempada do Arenteiro ante un gran equipo que hoxe se víu sorprendido no seu propio campo.

A cofradia da Veracruz presentou a Semana Santa carballiñesa no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense, coa presenza do alcalde do Carballiño, o bispo ourensano e o presidente da Deputación.
O encargado de presentar a programación desta Semana Santa foi o confrade maior Rafeal Melero, quen destacou as novidades que este ano engadiron ao programa como é a exposición "Don Evaristo: Sempre connosco", que se situará na capela do santo do templo da Veracruz; o ciclo de conferencias "Ante a Semana santa: de san Francisco a santaTeresa"; e as dúas novas imaxes adquiridas pola cofradia para enriquecer esta Semana Santa: Unha María Magdalena e un Cristo de la Sentencia, que procesionarán por primeira vez este ano.
Durante a presentación o Bispo de Ourense recalcou a calidade da Semana Santa Carballiñesa, referencia da semana santa ourensana, así como o traballo e sacrificio dos confrades para crear e manter durante estes 8 anos unha tradición como esta.
Ademais dos actos antes referidos, a Semana Santa carballiñesacomezará o 15 de marzo, coa solemne bendición e santa misa en honor das novas imaxes, en e templo da Veracruz. O 27 de marzo terá lugar a procesión do venres de Dolores, para continuar o 29 de marzo coa celebración do domingo de Ramos.
Xa no mes de abril, o 1, celebrarase o viacurcis dos mozos, a partir das 20:30 horas. O 2 de abril celébrase o Xoves Santo, que leva consigo varias citas relixiosas como a celebración penitencial ás 10:00 na igrexa do centro, a cea do señor ás 16.30 na capela do asilo de anciáns, acto que se repetirá na Veracruz, durante a que se realizará o lavatorio de pés e o traslado do santo ao monumento, onde permanecerá para a adoración solemne dos fieis.
Ese mesmo día ás 23:30 terá lugar a procesión penitencial da Sentenza dende a capela dos irmáns prieto á Veracruz. O 3 de abril, celebración do venres santo, da Paixón do Señor, na capela do asilo ás 16:30, e ás 18:00 na Veracruz. Ás 21:00 procesión do santo enterro ou "Dous Caladiños".
O 4 de abril, sábado santo, solemne liturxia da vixilia pascual, tanto na capela de dos irmáns prieto como no propio templo da Veracruz.
Os actos finalizarán o 5 de abril, domingo de pascua, coa celebración da resurección do señor.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 608
- 609
- 610
- 611
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- …
- seguinte ›
- última »