
Os verdes conseguiron remontar e gañar o partido correspondente á 25ª xornada do campionato de liga de Preferente desputado no campo de San Campio, tres puntos de ouro para os carballiñeses a domicilo e ante un equipo que é dos que tamén loitan pola permamencia, e ao que o Arenteiro aventaxa agora en 12 puntos na táboa de clasificación.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Ocampo, D. Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás (Manu, m. 61), D. Vázquez (Sanginés, m. 78), Martín Pérez, Brais (Choco, m. 63), e Marcos Sotelo (D. Quiroga, m. 76).
Goles:
1-0. Minuto 34. Falta lateral que lanza o Pontellas, balón colgado á area pequena e Miki, de cabeza, adianta aos locais.
1-0. Minuto 50. Saque de esquina que lanza Marcos Sotelo, toca Ocampo no segundo pau e o balón chega a Martín Pérez, que empata de tiro raso.
1-2. Minuto 88. Centro-chut de D. Quiroga, o balón golpea nun defensor local e fai unha parábola que acaba colandose na portería local.
O Partido: Saíu mellor de inicio o Pontellas, moito más intenso que o Arenteiro, facendose acreedor de poñerse por diante no marcador, o que conseguíu consumida a media hora de partido. O gol local fixo espabilar aos xogadores do Arenteiro, que sairon na segunda parte decididos a cambear a decoración do partido. Tras o empate, o partido pasou por unha fase de intercambeo de ocasións no que calquera dos dous pudo marcar, ata que chegou a xogada de infortunio paro os locais. Xa nos últimos minutos, dúas internadas de Sanginés e Quiroga a punto estiveron de ampliar o marcador para o Arenteiro.

O Observatorio Económico da Deputación Provincial de Ourense constata a fortaleza que ten o sector da alimentación e bebidas no Ribeiro, onde xera dous de cada tres empregos industriais. En concreto, impulsa 476 dos 776 empregos industriais existentes no conxunto da comarca -o 61,3% do total-, tal e como detallou esta mañá o xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, na presentación das conclusións da maior base da datos provincial, comarcal e municipal nun acto desenvolvido no Concello de Ribadavia.
Á cita asistiron alcaldes, técnicos de emprego, empresarios e axentes sociais da comarca. Na súa intervención, o xerente do INORDE incidiu nas liñas estratéxicas coas que a Deputación de Ourense rendibilizará en beneficio da provincia o no novo período de financiamento europeo. Os catro grandes eixos de actuación son os proxectos “Ourense Provincia Intelixente”, “Ourense Termal” e “Competitividade Ourense”, e a nova Axencia Provincial de Enerxía e Medio Ambiente.
José Manuel Rodríguez resaltou o potencial económico do Ribeiro e anticipou as aportacións que ten ao seu alcance a comarca dentro de cada unha das liñas estratéxicas. Asimesmo, animou aos concellos e a todos os colectivos á suma de propostas para impulsar novos proxectos dentro do Marco Estratéxico Común (MEC) 2014-2020.
Rexeneración laboral
Na presentación das conclusións comarcais do Observatorio Económico Ourensán deuse a coñecer que O Ribeiro foi en 2014 a segunda comarca ourensá con mellor comportamento do paro rexistrado, ao baixar un 11,7% en taxa interanual, só por detrás da Baixa Limia (-12,4%). En sete concellos houbo descensos a dobre díxito e en tres a baixada mesmo se moveu por enriba do 20%: Cenlle, Arnoia e Leiro. Pola súa banda, a cabeceira da comarca -Ribadavia- logrou unha redución do 7,3%.
No tocante ás afiliacións, o xerente do INORDE argumentou que “medraron na maioría dos meses de 2014, pero finalmente pecharon o exercicio cun lixeiro debilitamento do 1,3%. O municipio de Ribadavia consolida a cifra de 1.600 postos de traballo, mentres que Leiro e Castrelo de Miño conseguiron xerar o ano pasado máis dun 3% de novos empregos”, salientou.
Ademais, destacou que a industria rexistrou unha importante recuperación de emprego. No ano e medio analizado polo Observatorio -comparativa entre marzo de 2013 e setembro de 2014-, as afiliacións no sector industrial creceron un 14,1%, e no caso concreto da rama da alimentación e bebidas o crecemento disparouse ata o 40,4%, o que da conta da fortaleza da agroalimentación, e particularmente do sector vitivinícola, na comarca do Ribeiro. O Observatorio identifica 114 empresas na cadea de produción das bebidas alcohólicas, cifra que representa o 39,3% de todas as existentes na provincia.
Finalmente, no acto de hoxe trascendeu que a rexeneración laboral tamén se extendeu nesta comarca ao sector servizos e ás actividades tecnolóxicas. As comparativas entre setembro de 2012 e o mesmo mes de 2014 -últimos datos dispoñibles- mostran un crecemento do 8,9% no emprego do sector servizos e do 15,2% nos sectores tecnolóxicos.

Foi a postura que adoptaron os catro citados a declarar ante o xuíz instructor no xulgado do Carballño na súa condición de imputados na causa que investiga a xustiza en relación a presunta contratación irregular de traballadores no concello carballiñés durante os anos de gobernos socialistas, unha causa que tamén afecta ao exalcalde Pachi Vázquez no TSXG.
No caso de Carlos Montes e os outros 3 exconcelleiros socialistas imputados tras a denuncia da Fiscalía, ao non ser aforados como acontece con Pachi Vázquez, o proceso está a cargo do Xulgado de Instrucción do Carballiño.
Os catro citados polo Xuíz Instructor acolleronse ao seu dereito a non prestar declaración.
A Comparsa "A fada das neves" da Asociación "Os Arrieiriños de Dacón" levouse o primeiro premio -1.300 euros- do concurso do gran desfile do entroido 2015. O xurado outorgoulle unha puntuación de 36,42 puntos. A comparsa daconense repite asi o éxito neste concurso, que xa gaña por terceiro ano consecutivo.
Moi preto, con 35,82 puntos, o segundo premio -1.000 euros- correspondeu á "Revolución Azucarada" da agrupación dos Azucarados de Maside. Nesta axustadísima votación, na que o xurado valorou entre outros aspéctos, a orixinalidade, vestiario, empatía, coreografía, a ainmación ou a carroza, o terceiro premio -800 euros- foi para a "Fantasía doque o vento levou", da Asociación Cultural O Castro de San Amaro.
Para a "Invasión dos bechos" da Asociación do Freixo, do concello de Crecente, foi o cuarto premio -400 euros-. "A Carapuchiña Vermella" da comparsa dos Trangallás do Irixo quedaronse co quinto premio -350 euros-, e finalmente o sexto -350 euros- foi para "A panda do Arenteiro" do colexio carballiñés Vila do Arenteiro.
O gran desfile do entroido carballiñés foi seguido por miles de persoas durante o seu percorrido polas rúas máis céntricas do Carballiño, nunha tarde de inverno soleada pero de moito frio, de apenas 7 graos ás horas do desfile, aínda que a sensación térmica era bastante inferior á temperatura que marcaban os termómetros.
Concederonse cinco accesits de 60 euros a "Os nevadiños de San Amaro", "Soños de papel", "Grupo de voluntarios da Cruz Vermella", "Calloboys" e "Os Tiroleses".
A tradición de entroido está tan arraigada que ata as parellas escollen estas datas para casarse no concello, e fano como debe ser no carnaval, disfrazados., noivos, testigos e convidados.
Aconteceu este lúns de entroido ao mediodia no concello do Carballiño. A Noiva cadever contraeu matrimonio con zombie, acompañados do SombreireiroTolo, Alicia, e ata a mismisima Carapuchiña Vermella.
Oficiou a ceremonia de casamento civil o Gran Rei "Elvis"

Un ano máis o martes de entroido no Carballiño estará marcado polo gran desfile no que participarán máis de 700 comparsitas. Percorrerá as principais rúas carballiñesas, enchendo de música, cor e animación a tarde do dia grande do carnaval carballiñés . En total serán 15 as agrupaciones que participarán neste desfile, o primeiro deles deste ano, xa que o domingo 22 -Festa da Cachucha- terémos o segundo.
O percorrido deste desfile comezará na rúa Otero Pedrayo, para continuar por Conde Vallellano, rotonda da Alameda, avenida de Xullo Rodríguez Soto, Calvo Sotelo, ata a Praza Maior, onde estará o xurado que emitirá o fallo deste Carnaval 2015. Esta xornada de martes é festivo de carácter local no municipio do Carballiño.
Para que este percorrido non teña ningunha incidencia, desde a Policía local recórdase que estará prohibido o aparcamiento nas rúas Otero Pedrayo e Conde Vallellano, o martes 17, desde as 14:00 ás 22:00 horas.
Nesta edición repartiranse un total de 7.640 euros en premios para as mellores agrupaciones. Abrirá o desfile -fora de concurso- a tradicional comparsa carballiñesa Os Liborianos.
O fin de festa, na Praza Maior, estará amenizado pola orquestra América S.L., logo da verbena deste lúns de antroido coas orquestras Gran Parada e Atenas.
O Grupo Municipal do PSdeG esixe a Marnotes que faga as xestións oportunas para a apertura inmediata da Residencia do Tempo Libre. Lembra a importancia económica que supón para O Carballiño poder ofrecer este servizo e reclama ao alcalde que "se poña firme ante a Xunta para que a apertura das instalacións se leve a cabo canto antes".
Os socialistas sinalan que este ano os remeiros que compiten no Embalse de Castrelo aloxáronse no Balneario de Laias, cando en anteriores ocasións o fixeran na Residencia do Tempo Libre "deste xeito, perdeuse unha oportunidade de contar con visitantes na nosa vila e darlle así un impulso económico que tanto precisa".
Por iso, esixen a Marnotes "que deixe de dar lagas e que se poña firme ante a Xunta para que a Residencia abra as súas instalacións, xa que isto demostra a existencia de demanda. O que falta é vontade política", e engaden ademáis que "a falla de xestións de Marnotes para conseguir a apertura da Residencia demostra que en Santiago os do seu partido non lle fan ningún caso, e as consecuencias pagámolas os cidadáns do Carballiño".

O Arenteiro, que co 1-0 no marcador no minuto 21 desperdiciou un penalti ao seu favor , podemos decir que acabou o partido salvando un punto, despois de quedarse con 10 xogadores no campo desde o minuto 8 da segunda parte tras a expulsión de Lois, unha inferioridade numérica que acentuouse máis no último cuarto de partido tras ser expulsado V. Gallego.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López, Lois, Pana, Ocampo, V. Gallego, Bardelás, Sanginés, Martín Pérez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Dani Arbo, Carlos, D. Vázquez e Brais.
Goles:
1-0. Minuto 13. Falta lateral sobre a portería do Gondomar, Ocampo remata de cabeza e o balón, describindo unha parábola perfecta, fai inútil a estirada do meta visitante.
1-1. Minuto 26. Xogada por banda do Gondomar, Victor centra cara o punto de penalti para que Maikel fusile a placer o gol do empate.
O Partido: Cunha acción que resultou clave, o gol fallado por Sanginés no minuto 21, que houbese siñificado o 2-0. Ata daquela o Arenteiro controlaba perfectamente o partido, pero a partir dese momento o Gondomar veuse arriba e o Arenteiro abaixo. Na segunda parte o partido estivo condicionado pola inferioridade numérica coa que o Arenteiro quedou no terreo de xogo, primeiro coa expulsión de Lois e despois de Victor Gallego. O partido convertiase en practicamente un monólogo por parte do Gondomar, aínda que asi e todo tan so foi capaz de crear un par de ocasións de gol, que non souberon materializar. Cando mellor soubo aguantar o Arenteiro, cando se quedou con 9 xogadores, nos últimos 15 minutos.

Desde as catro e media da tarde deste domingo 15 de Febreiro o Arenteiro terá enfronte a un duro rival que chega a Espiñedo como o sexto clasificado, o Gondomar C.F.
Para este encontro os carballiñeses teñen as baixas dos sancionados Pachi, Dafonte e D. Quiroga, o primeiro expulsado o pasado domingo no partido ante o Valadares, e os outros dous cumplindo ciclo de 5 amarelas. Regresará á convocatoria, recuperado dunha lesión, Ocampo.

O acordo adoptouse por unanimidade do pleno corporativo, partindo dunha moción do PSdeG e unha enmenda transaccional promovida polo Partido Popular.
O concello carballiñiñés instará a Renfe e Adif a non supresión do Tren-Hotel dos sábados, o único servizo ferroviario de viaxeiros entre a estación do Carballiño e Madrid.
Tamén se vai instar á Xunta de Galicia para que poña en funcionamento un "tren de cercanias operativo" entre as estacións do Carballiño e Ourense, e que -ademáis- aposte decididamente pola creación dunha estación intermodal para O Carballño, que debería ubicarse na propia estación de ferrocarril.
Finalmente, o concello do Carballiño vai presentar alegacións ao expediente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en relación a regularización da concesión administrativa da empresa Mombus para transporte de viaxeiros por estrada. A corporación municipal acordou demandar da empresa que poña en marcha servizos por autovia entre O Carballiño e Ourense, con intervalos de hora e media, desde as 7 ás 20,30 horas, asi como desde Ourense a O Carballiño, entre as 7,30 ás 21,30 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 610
- 611
- 612
- 613
- 614
- 615
- 616
- 617
- 618
- …
- seguinte ›
- última »