O accidente aconteceu sobre as 10 da mañá na rúa do Irixo do Carballiño, un camión do servizo da recollida do lixo da Deputación envorcou e chocou contra o túnel do ferrocarril que atravesa a rúa do Irixo.
O vehículo accidentado, que estaba recollendo o lixo nesta zona do Carballiño, transitaba pola rúa Buenos Aires, paralela a vía do ferrocarril, en dirección a rúa do Irixo, cando por causas aínda por determinar o conductor perdeu o control do camíón, que quedou envorcado sobre a rúa do Irixo despois de chocar contra o túnel do ferrocarril.
O conductor, Felisindo Pérez González, de 64 anos de idade, veciño de O Reino, sufríu feridas na cabeza, foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. O outro traballador, que ocupaba a parte traseira do camión, saltou ao chan e saíu ileso tras o accidente.

O Grupo Municipal de Emerxencias do Concello do Carballiño mobilizou aos efectivos dispoñibles e dous camións de bombeiros, que lograron controlar e extinguir o lume orixinado nunha chimenea dunha vivenda da rúa Vicene Risco.
A intervención, a última hora da tarde, evitou que o lume afectase ao resto do edificio. Están pendientes de valorar os danos materiais rexistrados.

O concello do Carballiño traballa na elaboración dunhas bases que regularán un concurso de ideas que terá como obxetivo definir as actuacións que se acometan nun futuro no parque municipal do Carballiño.
O concurso pretende recoller ideas sobre os posibles equipamentos e uso das 42 hectáreas que integran este espazo natural do parque municipal, e tamén das zonas máis próximas como o campig, os muiños, a antiga fábrica de papel, a piscifactoria e o paseo fluvial do río Arenteiro, formando un conxunto homoxéneo "no que pretendemos que tamén se contemple a gran escalita da residencia de tempo libre" adiantou o alcalde do Carballiño.
Marnotes espera que "sexa un proxecto de pobo, por eso para o mesmo ademáis dos profesionais, pediránse as aportacións de todo tipo de asociacións e veciños que queiran presentar as súas suxerencias". O rexedor municipal espera "ter as bases feitas e proceder a convocatoria do concurso na vindeiro mes de febreiro, aínda que dando tempo suficiente antes de proceder a súa resolución, que deberá facer xa a próxima corporación".

A corporación municipal do Irixo aprobou o orzamento para o ano 2015, por un importe total de 1.085.147,63 euros. En relación ao ano 2014, diminue o capítulo de gasto de personal en 65.365 euros e aumentase o capítulo de investimentos reais en 66.238 euros.
Dende o goberno municipal do Irixo que preside o alcalde Manuel Penedo destacan -por mediio dunha nota informativa- que "este concello ten débeda cero, xa que o pasado dida 22 de Decembro cancelouse a débeda coas entidades bancarias".
Tamén se aprobou neste derradeiro pleno do ano a creación da sede electrónica do concello, con vistas -fundamentalmente- á entrada de facturas electrónicas que pasará a ser accesible para todos os proveedores as 24 horas ao dia durante os 365 dias do ano, presentación que será obrigarotia nesta via electrónica para aquelas facturas superiores aos 2.500 euros.

Representantes dos partidos políticos locais, PSdG, BNG, Podemos e Anova, do sindicato CIG, asi como de algunhas asociacións culturais, veciñais e xuvenís, desplegaron unha gran pancarta ás portas da casa do concello do Carballiño, que servíu como presentación pública desta recentemente constiuída Plataforma Cidadá.
Ademáis, anunciaron o inicio dunha campaña de recollida de sinaturas que comezará este mércores 31 de Decembro, coincidindo coa celebración da derradeira feira do ano no Carballiño.
Demandan que "se abra de xeito inmediato, ao 100% da súa capacidade e dotada de personal público". Consideran dende esta plataforma "que a Xunta e o Concello están a despilfarrar o diñeiro dos nosos impostos ao regalarlle a unha empresa privada unha residencia que costou 7 millón de eruos, e por riba, darlle 500.0000 eruos máis ao ano".
Recordan como no proxecto inicial estaba prevista "unha capacidade de 115 usuarios, e agora tan so vai abrir con 20 prazas". Finalmente, a plataforma cidadán considera "especialmente grave os postos de traballo que se están a perder, xa que coas 115 prazas cubertas necesitaríase un mínimo de 80 postos de traballo, e coa apertura de tan so 20 prazas de residentes van traballar como máximo 12 persoas".

A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.
Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, solicitarase dos participantes que, dado o carácter solidario da carreira, entregasen un quilo de alimentos non perecedoiros, a chamada foi un éxito total e superaronse as previsións. Serán repartidos entre as familias da comarca con máis necesidade.
As clasificacións da VI Carreira Solidaria do Arenteiro, nas súas diversas categorias, pode verse en www.cronotec.es

O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Alex Santiago, Bardelás, Gele, Martín Pérez e D. Quiroga. Tamén xogaron V.Gallego, D.López, Ocampo e Brais.
Goles:
0-1. Minuto 30. Dani Arbo de cabeza á saída dun córner lanzado por Gele.
0-2. Minuto 56. Martin Pérez remata un balón enviado por D. Quiroga.
O Partido: Típico de copa no que o equipo de inferior categoría, neste caso o CD Rúa, que sabe tratar moi ben o balón, sae a por todas e a punto estivo de meter en problemas ao equipo de superior categoría, neste caso o Arenteiro. Os valdeorreses protestaron un gol que lle anularon por fora de xogo, que pudo supoñer o empate cando remataba a primeira parte. Non obstante, foi o Arenteiro o que marcou a pauta do partido, ademáis dos dous goles, pudo marcar algúns máis, nun par de ocasións por medio de Martín Pérez que desbaratou o porteiro local Ferrer, nun balón ao pau de Pana ou nunha gran xogada persoal de V.Gallego que culminou nun tiro que se foi fora por pouco. Xa nas postrimerías do encontro, minuto 90, D. Quiroga lanzou un penalti que desviou nunha magnifíca intervención o porteiro do Rúa.


O concello carballiñés ven de remitir ao Ministerio de Fomento a solicitude para acollerse ao 1,5 cultural e financiar asi a obra de restauración do mosteiro medieval de San Pedro de Lobás.
Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Argimiro Marnotes "nunca antes se dera este paso, a pesar de que se trata dunha reivindicación que ven de moitos anos atrás, pero nunca ata o de agora se fixera dende o concello esta solicitude, temos que poñer en valor o noso patrimonio", subliñou.
Na solicitude enviada dende o concello do Carballiño figura a correspondiente memoria sobre a actuación que pretende levarse a cabo, valorada en 575.000 euros, dos que o 25% "terá que ser aportado polo concello ou buscar unha subvención doutra administracción, avanzou Marnotes. En canto ao proxecto dixo que "consistirá fundamentalmente en consolidar a Igrexa e reconstruir parte do conxunto monástico, deixando espazos diáfanos con vistas a buscarlle unha utilidade, que podería ser a museística ou outra".

Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo ( Bardelás, m. 45), Victor Gallego (Dani Vázquez, m.63), Sanginés (Diego Quiroga, m. 67), Martín Pérez e Marcos Sotelo (Lois, m. 70).
O Partido: Clásico de rivalidade, moi trabado, e nunha primeira parte no que se xogou moi pouco tempo real, despois de que o partido estivese parado 12 minutos pola lesión do porteiro local Jorge, tras rexeitar un balón á escadra enviado por M. Sotelo. Unha vez que se reanudou o Arenteiro tivo por tres veces a oportunidade de adiantarse no marcador por medio de M. Pérez , Ocampo e D. López pero evitouno as meritorias intervencións do meta local, concluindo os primeiros 45 minutos co Arenteiro como claro dominador no terreo de xogo. Na segunda parte, no m. 53 chegaba a primeira ocasión -e practicamente única- do encontro a favor dos verinenses, despois o partido entrou nunha fase na que o xogo non tiña continuidade por ningún dos dous equipos, aínda que foi o Arenteiro -a balón parado- o que volveu estar a piques de marcar en sendas faltas ao borde da área lanzadas por Quiroga e Dani Arbo. Ambos equipos remataron o partido con 10 xogadores no campo, por expulsión de Vicente de Dios nos locais e Dafonte no Arenteiro, nos dous casos por doble cartón amarelo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 614
- 615
- 616
- 617
- 618
- 619
- 620
- 621
- 622
- …
- seguinte ›
- última »