
O Xurado encargado da elección dos premiados nesta III Edición do Galardón da Arenteira que organiza con carácter anual o Aparthotel Arenteiro do Carballiño, acordou en reunión celebrada no citado establecemento hoteleiro conceder esta distinción ás seguintes persoas:
Arenteira Modalidade Deporte: D. Cesáreo Rivera Pérez. Exfutbolista e maior exponente nesta disciplina saído destas terras. Foi xogador do Celta, do Sevilla e internacional coa Selección Española. Subliñar que foi proposto pola práctica totalidade dos centros que votaron nesta edición.
Arenteira Modalide Cultura e Investigación: D. Carlos Varela García. Fiscal Superior de Galicia. Polo seu decidido compromiso coa nos lingüa e coa normalización lingüística da xustiza, manifestada abertamente e polo seu traballo neste sentido tanto nas diversas publicacións realizadas como nas institucións e asociacións ás que pertence.
Arenteira a Título Póstumo: D. Olimpio Liste Regueiro. Fundador do Museo Liste de Oseira. Personaxe fundamental na preservación do noso legado patrimonial e valedor do mesmo nunha dura batalla na que non sempre foi correspondido e comprendido.
A entrega destes galardóns farase no Salón de Actos do Aparthotel Arenteiro o día 28 de novembro, ás 20 horas.

Os verdes lograron ante o Alertanavia vigués unha ampla victoria con goles de Dani Vázquez, Ocampo, Marcos Sotelo e Brais. A nota negativa do partido foi a lesión do xogador visitante Jonathan ao sufrir un golpe na cabeza nun percance do propio xogo, foi trasladado en ambulancia ao centro de urxencias de atención da Mutualidade de Futbolístas en Ourense, Semecor. Aínda que en ningún momento perdeu a conciencia, foi sometido a unha proba de TAC, agardamos a súa recuperación.
C.D.Arenteiro: Pachi, Gele, C. Escudero, Ocampo, Lois, Dafonte, Quiroga (Sanginés, m. 45), Victor Gallego (Dani Arbo, m. 73), Dani Vázquez (Manu, m. 65), Bardelás (Brais, m. 75), e Marcos Sotelo.
Goles:
1-0. Minuto 38. Centro chut de Diego Quiroga tras unha falta lateral e Dani Vázquez adiantase ao seu par para peinar o xusto ao fondo da portería.
2-0. Minuto 70. Córner medido de M. Sotelo sobre a portería visitante e expléndido testarazo de Ocampo.
3-0. Minuto 81. Marcos Sotelo, de falta directa, engancha un zurdazo que se cola por toda a escadra.
4-0. Minuto 88. Pase de M. Sotelo sobre Brais e éste, tras un fantástico movemento, anota a placer.
O Partido: O Arenteiro foi de menos a máis, nun partido que arrancaba frio e tedioso e remataba no último cuarto de hora en plan arrollador. Flouxa primeira parte de ambos equipos e boa segunda parte do Arenteiro, que tras unhos primeiros compases de xogo impreciso, logo se asentou no terreo de xogo dando lugar aos mellores minutos do partido e facendose merecedor desta segunda victoria consecutiva no campionato de liga, 3 puntos importantes ante un rival directo na loita pola permanencia.

O Diario Oficial de Galicia publica no seu número deste venres dia 14 de Novembro o concurso para a contratación da xestión do servizo de atención residencial para persoas dependentes na Residencia de Maiores do Cornuval, por parte da Consellería de Traballo e Benestar.
O orzamento de licitación é de 417.520,90 euros e o número de residentes aos que se vai atender a través deste servizo de xestión é de 20 persoas dependentes. O contrato terá unha duración dun ano, ata o 31 de Decembro de 2015.
A CIG entende "que esta decisión é gravísima, máxime cando dende fai máis de dous meses o Comité de empresa ben reclamando unha xuntanza coa Secretaría Xeral da Consellería, sendo ninguneado continuamente pola mesma".
Recorda o sindicato como inicialmente esta residencia foi concebida para unha oferta de 118 prazas, polo que estará ao "17% da súa capacidade, cun investimento de 20.876 euros por residentes" o que leva a CIG a considerar que estamos "ante un despilfarro escandaloso de diñeiro público, a maiores da ocultación e secretismo con que se está a levar a situación na que queda a residencia xa existente".
A CIG califica esta licitación "como unha burla ao pobo do Carballiño, xa que unha vila necesitada de traballo e con un índice de paro elevado, tiña a posibilidade dunha residencia cunha dotación de persoal de uns 90 traballadores, e con esta capacidade as necesidades de persoal quedarán nunhas 15 persoas, e dicir, a perda de máis de 75 postos de traballo".
Dende a central sindical esixen "que se retire a licitación da contratación da xestión do servizo de atención residencial paras persoas dependentes, na residencia do Carballiño, e se abra de xeito inmediato con persoal público e co 100% da súa capacidade".

Dende o BNG carballiñés aclaran que "a proposta non é nin oportunista nin electoralista, aínda que se presente dias despois de informes realizados por funcionarios municipais que recollen a situación preocupante na que se encontra o parque municipal, co risco existente mesmo para a integridade física das persoas polas caidas de polas de árbores e desprendemento de terra".
Entenden que o parque podería ser un importante recurso para a xeración de emprego, ademais do que representa para O Carballiño pola súa importancia por razóns "tanto económicas, ecolóxicas e sociais".
Ante o constante deterioro que sufre "dia a dia" esta área natural, o Bloque Nacionalista Galego presentou por medio do seu responsable local Marco Antonio Reboredo, as propostas que os nacionalistas van incorporar ao seu programa electoral, e que consisten na elaboración dun inventario da Flora, A Fauna, Xeoloxía, Topografía e Infraestructuras dotacionais, asi como un PLAN INTEGRAL "onde teñan especial protagonismo as diferentes asociacións do Carballiño, e implicar ás Universidades.
Tamén propoñen a declaración do parque como "Espazo Natural de Interese Local" por parte da Xunta de Galicia, o que facilitaría a achega de subvecións para realizar investimentos, e a creación dun PADROADO para facer un seguimento e control de todas as actuacións que se executen neste espazo natural.

O alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes "decidiu, á vista dos informes presentados polos servizos de secretaria, intervención e Benestar Social, trasladar ao órgano de contrataciòn non prorrogar a concesión do servizo de axuda no fogar á empresa Galaurea SL, que solicitara polo prazo legal de 1 ano", según se informa dende o propio cocello.
Esta decisión que xa foi anunciada tanto á citada empresa, coma ao sindicato CIG, "foi adoptada tras estudar detidamente os informes de intervención, secretaria, Benestar Social, o sindicato e a propia empresa, chegando á conclusión que é a mellor forma de iniciar unha nova contratación para levar a cabo o servizo coas máximas garantías".
O contrato con Galaurea finalizará o próximo 5 de decembro. Dende o concello sacarase novamente a concurso este servizo municipal "véndose a empresa obrigada a continuar co servizo mentres non se resolva o novo procedemento".
Finalmente, dende o concello carballiñés avanzase que "no novo expediente considerarase unha nova redacciòn dos pregos administrativos que melloren o control por parte da administraciòn, que terá unha exposiciòn pùblica para recoller achegas, previo a súa aprobaciòn".

Además de costes que califican de “exagerados” e “incomprensibles”, los socialistas de Leiro creen que con los 166.476 euros que el Ayto paga a la concesionaria del Servicio de Aguas se podría hacer más gestionando el servicio desde el propio Ayto. De ahí que el portavoz socialista anuncie el rescate de esta concesión como de la Limpieza de locales municipales
Los socialistas de Leiro no pueden entender "como un recurso básico, aparte de un derecho humano como el agua puede estar en manos de una concesionaria que lo único que busca es la rentabilidad para la empresa, ya que estos señores cobran de forma regular a los vecinos/as, pero ellos pueden pagar a sus proveedores con más plazo. Ya solo con este manejo de tesorería, ya obtienen beneficios, aparte de la recaudación".
Los socialistas manifiestan que "a pesar de la evidencia de que la gestión pública es más eficaz y barata, el Gobierno del Partido Popular siga pensando en la privatización, ya que los números que nos presenta el Gobierno Municipal en las actas de comisión de gobierno y que ellos aprueban en las mismas, nos parecen exagerados y inconcebibles ya que pagamos los vecinos/as tanto por el costo del agua y sumidoiros al año 166.476,79€ y en pesetas para que nos entiendan los vecinos 27.699.407 ptas. A cambio que recibe el Ayuntamiento por la concesión , pues 1000€ y un obrero de la plantilla de la concesionaria para hacer unas horas por las tardes en labores de jardinería del Ayuntamiento, esto es todo, pero dentro de la concesión el Ayuntamiento también le cede un local para la Oficinas sin pagar un duro y que los grupos de la oposición no tengamos un local para recibir a los vecinos que nos venga a consultar cualquier duda como también la infraestructura en la cual no tuvieron que hacer ningún tipo de inversión, ya que algunas las hicieron los vecinos con su propio trabajo y otras con dinero público".
Finalmente, desde el Grupo Municipal Socialista en Leiro concluyen que no van a permitir "que se expolie un bien común como es el agua, aparte de que el dinero de todos los vecinos se tiene que reinvertir en el Ayto y no como hasta ahora que se marcha para fuera , por eso los socialistas si llegamos a Gobernar, rebajaremos el costo del recibo del agua, aparte de otro tipo de medidas que redundarán en beneficio de todos los vecinos/as de Leiro".

Anova-AGE propón "a paralización total do plan de remodelación que está en curso". No seu lugar, esta organización política, que non conta con representación municipal, demanda do goberno municipal que "nun tema tan sensible que afecta á totalidade dos carballiñeses e carballiñesas debe procurarse un amplo consenso".
Chus Alvarez, a portavoz local, considera que "a proposta feita polos técnicos contratados polo concello do Carballiño ten un carácter fondamente regresivo, xa que permite a edificabilidade vertical en detrimento da horizontal, impide o desenrolo da área periférica e incrementa os problemas de tráfico e aparcamentos".
Para esta organización política sería necesario "non incrementar as alturas que o plan actual contempla na zona urbana, respetar a edificabilidade de vivendas unifamiliares nas áreas do rural que dispoñen de acdeso, auga, luz e alcantarillado e terreo según ordenanza, 400 e 600 m2, e en definitiva, primar as propostas que favorezan a creación de espazos de uso común, zonas verdes, dotacionais e aparcamentos públicos".

O Centro de Deportes Barco, que levaba cinco victorias nos útlimos cinco partidos, viuse sorprendido no seu campo de Calabagueiros por un Arenteiro que xogou un partido moi serio e que ademáis tivo que afrontar con 10 xogadores nos útlimos 14 minutos por expulsión de Pana. O árbitro prolongou o encontro ata o minuto 97, pero desta vez o Arenteiro soubo amarrar os tres puntos.
C.D. Arenteiro: Pachi, Gele, Carlos, Ocampo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Bardelás (Brais, m. 87), Quiroga (Oscar Portos, m. 75), Dani Vázquez (Canexón, m. 88) e Marcos Sotelo (Manu, m. 79).
Goles:
0-1. Minuto 34. O porteiro local Macia non é capaz de blocar un gran disparo de Victor Gallego dende fora da área e o rexeite é aproveitado por Quiroga para remachar cando o balón xa se colaba na portería valdeorresa.
O Partido: Un triunfo dos que decimos en equipo, grazas ao traballo e esforzo colectivo de todos os xogadores verdes, incluído o plantexamento de Miki López, que conseguíu maniatar a un Barco con moitisima pólvora na línea atacante, que non obstante, apenas pudo chegar con perigo nos minutos finais. Na última xogada antes do descanso o árbitro ourensano Rubén Castro deixou sen sinalar un clarísimo penalti na área barquense por mans dun defensor local que aborta unha acción de perigo de Marcos Sotelo. No minuto 83, e nunha xogada na que Pana arrebata limpamente o balón a Javi Recamán, o árbitro pita penalti pero logo rectifica a instancias do xuíz de liña e saca a falta fora da área, a protesta de Pana válelle a expulsión.

O portavoz do Grupo Municipal dos Socialistas de Carballiño, Paco Fumega, mantivo un encontro con representantes dos colectivos culturais, a fin de coñecer de primeira man as súas principais necesidades "e trasladarlles o apoio do PSdeG".
Na xuntanza participaron representantes de Tiruleque, Plataforma de afectados polas taxas do Conservatorio, Potiños, Avantar, 8Notas, Cineclube Carballiño, Donorte e Chamoso Lamas.
Entre as preocupacións xerais destes colectivos atópanse a necesidade de contara con locais axeitados así como a tardanza da convocatoria das subvencións do Concello.
Paco Fumega destacou a importancia de manter e consolidar o tecido cultural no Carballiño e recoñeceu o inmenso traballo que estas asociacións están a facer por ofrecer a esta vila unha oferta cultural en diversos ámbitos.
Por elo, expresoulles "o respaldo do PSdeG nas súas reivindicacións e comprometeuse a ter en conta as súas necesidades para elaborar unha estratexia de fomento e apoio das actividades culturais no Carballiño".
Ésta, foi a segunda reunión en poucos dias do portavoz socialista con colectivos locais, tras a celebrada cos responsables do Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes e Empresarios.

Veñen de acadar un éxito de crítica e público na madrileña Sala Honky Tonk, onde a banda carballiñesa de indierock acudiu á gala dos premios Mombasa Gin&Music 2014, da cal foron finalistas na categoría "Mellor Canción Orixinal" coa súa composición "Isla Hotel"
Así, desta maneira, Cervan celebra o seu primeiro aniversario de vida. O nacemento deste produto bruto musical, produciuse en outubro de 2013 no Carballiño, onde se empezaron a forxar as súas primeiras cancións. Nun tempo curto, pero intenso, saltaron ao panorama musical.
Durante este ano, encheron en dúas ocasións a sala Sete Flores do Carballiño, lugar do que din "sentirse como na casa", e actuaron en diferentes salas da provincia de Ourense, Pontevedra e Madrid. Na súa viaxe harmonizaron con grandes músicos, e é que estes mozos carballiñeses, compartiron escenario con grupos do talle de Los Septiembre, Presumido ou La Musicalité.
Tras os seus pequenos éxitos, a banda evoluciona e dará un paso á fronte coa gravación do seu primeiro EP, nos estudos de Abrigueiro, co enxeñeiro de son Emiliano Caballero, que na actualidade traballa para os estudos Galaxy Records de Bélxica. Por iso, baixarán do escenario durante dous meses, nos que continuarán traballando para a súa próxima aparición, na que a bo seguro non defraudarán aos seus seguidores.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 618
- 619
- 620
- 621
- 622
- 623
- 624
- 625
- 626
- …
- seguinte ›
- última »