21, Decembro 2014

O lume declarouse nunha máquina elevadora, nas instalacións da empresa eólica sita no parque empresarial do Carballiño., ás cinco da madrugada os vixilantes de seguridade da factoria deron aviso ao 112.

Movilizouse o retén  de Emerxencias do Concello do Carballiño, que extinguíu o lume. Tamén de inmediato púxose en marcha un operativo con efectivos de Protección Civil, aínda que xa non foi precisa a súa intervención.

20, Decembro 2014

O Auditorio Municipal de O Carballiño acolleu esta tarde a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015.

O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou durante a súa intervención que  "O PP  é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén Manuel Baltar que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos hoxe presentados, 22 supoñen unha renovación. 

Manuel Baltar lembrou no Carballiño que hoxe, precisamente, se cumpren tres anos da investidura como presidente do Goberno de Mariano Rajoy, quen precisamente viviu os seus primeiros anos na vila do Arenteiro.

Tamén fixo un repaso aos obxectivos do PPOU para os vindeiros comicios, que actualmente ostenta 69 das 92 alcaldías de Ourense, así como a intensa actividade orgánica do PP de Ourense. con 70 congresos locais celebrados a día de hoxe. "Defendemos unha visión integral da provincia, onde todos os municipios contan. Somos reformistas, centristas e galeguistas.  E practicamos o verbo máis importante en política: escoitar. Somos unha formación política gañadora como ningunha".

Previamente ás verbas de Manuel Baltar, as intervencións da convención desta tarde correron a cargo de Argimiro Marnotes (benvida); José Luis Ferro Iglesias (“Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural”); Luz Doporto Real (“La alternativa popular, el modelo de la confianza”); Gabriel Alén Castro (“Facendo futuro. A xestión local no século XXI”); María del Carmen Yáñez Salgado (“O futuro de Ourense pasa polo Termalismo”) e Jorge Pumar Tesouro (“Organización política e campaña electoral”).

Durante a súa intervención, ao comezo da Convención Provincial de Candidatos do Partido Popular de Ourense, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Eles son os salvadores da patria; nós preferimos ser os servidores da patria. Somos o partido que dá a cara, mentres outros lle botan moita cara. Nós estamos aquí para gañar", proclamou ante candidatos e invitados que completaron o aforo do auditorio carballiñés.

 

 

19, Decembro 2014

Dentro do programa da subvención do Fondo de Compensación Ambiental veñen de rematarse as obras de traída de auga e depósito de abastecemento no pobo de Cangues asi como o acondicionamento de espazos públicos en Casar de Cangues, todo elo por un importe de 80.000 euros.

Estase executando a traída de auga ós pobos de A Ponte, Irixe e Vila por un importe de 300.000 euros, prevéndose a sua finalización para o fin da primavera do vindeiro ano, financiada pola Conselleria de Medio Ambiente  Tamén están en marcha traballos de acondicionamento de estradas do municipio por un importe de 70.000 euros pertenecente os Plans Provincias 2014 da Deputación de Ourense

OBRAS A EXECUTAR NO 2015

Na subvención do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2.015 vanse realizar as obras de acondicionamento de espazos públicos en Parada Laviote, para restaurar unha antiga poza asi como o entorno da mesma para o uso e disfrute dos veciños.

Dentro desta mesma subvención vaise por en marcha unha ruta de senderismo polos montes do concello, esta ruta denominada Ruta do castros, partirá do Muiño chamado de Rio, no pobo de Irixe, pasando polas antigas minas ( xa restauradas ), castro de Orros, castro de Cida, a continuación polos pobos de Valdesoiro, Santiso, Rivela ata o castro de Santiso ( denominado Chousa dos Moros) para rematar no castro de Souteliño.  Estas obras teñen un presuposto de 55.000 euros

Dentro do plan de actuacións de melloras de carreteras invertiranse outros 50.000 euros para que as carreteras de todas as parroquias do concello queden arranxadas, dentro dos Plans Provinciais 2015 da Deputación de Ourense

Durante estes días acabase de publicar a subvención para a contratación de brigadas para a extinción de incendios, asi como de limpeza forestal pola Conselleria de Medio Rural , solicitando este concello 3 brigadas  con un  total de 15 traballadores como aconteceu na campaña de 2014.

No Plan Marco do ano 2015 vanse invertir 108.000 euros nas parroquias de O Campo, San Cosme e Froufe para levar acabo actuacións de arranxos de diferentes camiños.

Finalmente, o concello do Irixo informa que  "vindeiros días vaise proceder a aprobación do presuposto Xeral do ano 2015 onde quedarán varias  partidas presupostarias  para as diferentes peticións veciñais, onde entre outras cousas se contempla o arranxo de varias casas escolas para locais socias dos veciños".

 

 

 

 

                

17, Decembro 2014

Os promotores desta candidatura independiente informan dos primeiros pasos que se están dando para presentarse ás eleccions de Maio de 2015 no concello do Carballiño.

Detrás da iniciativa encontranse persoas que integran o círculo carballiñés de Podemos, e outras próximas a Anova e AGE.

Xa teñen operativo un correo electrónico: carballino2015@gmail.com, no que calquera veciño pode presentar propostas e suxerencias para incorporar ao programa electoral, e tamén neste mesmo correo electrónico pederá calquera persoa inscribirse como aspirante a candidato.

Ademáis, xa puxeron en marcha un blog: http://carballino2015.blogspot.com.es/ no que se fai a presentacion  movemento veciñal que competirá con PP, PSdG e BNG-Asambleas Abertas nas eleccións municipais no concello do Carballiño.

16, Decembro 2014

O candidato do BNG-Asambleas Abertas protagonizou o seu primeiro acto público como tal e proclamando que está ante un novo e ambicioso reto "no que non descarto ningunha posiblidade".

Chema Ferreiro dixo neste acto que "a estas alturas da miña vida todos me coñecen e xa non engano a ninguén, veño aquí despois dunha traxectoria de moitos anos e para presentar O Carballiño unha oferta electoral que combina a experiencia que humildemente podo eu representar e a renovación total do resto da lista".

Cualificou como de catro anos perdidos os do  actúal goberno municipal do Partido Popular e como exemplo puxo "o abandono total que durante os últimos anos sufre o rural do Carballiño, desafortunadamente para O Carballiño este equipo de goberno faltoulle arroxo político, e as veces hai que saber petar encima da mesa porque antes dos intereses partidistas están os dos veciños", subliñou.

Acompañaron neste acto ao candidato o portavoz nacional do BNG Xavier Vence que manifestou "sentir orgullo de presentar como candidato a Chema Ferreiro, con toda unha vida dedicada o servizo da cidadanía, un home comprometido, e por eso estou seguro que imos gobernar no Carballiño", vaticinou.

Ferreiro tamén recibiou neste acto o aval de Manuel Amil que falou do "amigo, home e político" e da compañeira do BNG carballiñés Sofía García.

15, Decembro 2014

A corporación municipal de Boborás celebrou un pleno extraordinario no que resultou  aprobado por maioría a adxudicación do contrato de cesión de explotación de catro inmobles en Pazos de Arenteiro para turismo rural, que recau no proxecto “Aldea Rural de Pazos de Arenteiro” presentado por Ramiro Fernández Padín, quen acadou a máxima puntuación na mesa de contratación con 55 puntos.

Este punto foi aprobado por maioría cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do Bloque Nacionalista Galego e o voto en contra de MoveBoborás, alegando o concelleiro José Benito Trigás que xa no mes de decembro de 2013  pedían que unha das casas fora destinada para local social e as demáis para persoas con poucos recursos e precisou que o con esto “só haimáis cartos enterrados e tirados en Pazos de Arenteiro”.

Por outra banda, tamén se aprobou por maioría, cos votos do PP e as abstencións do BNG e MoveBoborás, o Plan de Emerxencia Municipal ante o Risco de Inundacións por rotura da presa de Albarellos. No mesmoinclúeseun prótocolo de actuación no caso de que houbera un accidente na mesma, sendo as localidades de Salón na súa parte baixa e O Igrexario en Pazos de Arenteiro as afectadas.Dende o concello aclaran aos veciñose  "que non hai lugar para a alarma, posto que non hai ningún risco e este é un mero trámite que se lle está esixindo a todos os municipios que contan cunha presa ou que transcorren polas concas dos ríos afectados como no caso de Leiro e Ribadavia".

Tamén se levou a pleno os estatutos da asociación Camiño Miñoto Ribeiro que conforman 14 concellos, entre os que se inclúe o de Boborás, e  que presidirá o alcalde de Cortegada. Coa asociación ponse en valor este camiño e promoverase a sua sinalización, ao estar considerada unha das rutas antigas do camiño Xacobeo que comunicaban Portugal con Santiago de Compostela.

E finalmente, tamén saiuadiante cos votos do PP e as abstencións de BNG e MoveBoborás a moción que  presentaron os populares para modificar a ordenanza que regula as axudas por nacemento. Cos cambios, auméntanse o límite de ingreso das familias que poden optar a mesma pasando dos 9000 euros netos aos 11519 euros. Tamén se incrementa a contía do pago inicial dos 250 aos 500 euros e a mensual que pasa  dos 25 euros aos 50 euros, sendo esta última durante un periodo de tres anos e non de dous como ata o de agora.

13, Decembro 2014

Este luns, día 15 de Decembro, a planta de Cepsa Comercial Petróleo, situada no concello de Maside, realizará unha proba de son da serea incluída no seu Plan de Emerxencia Exterior (PEE) que servirá para avaliar o seu correcto funcionamento e así dar a coñecer o seu son aos cidadáns.

Co obxecto de verificar este funcionamento, realizarase medicións con sonómetros en diversos puntos do perímetro e así poder confirmar os resultados obtidos nos modelos matemáticos. Así mesmo, esta proba servirá para que os veciños da zona se sigan familiarizando co son desta serea e recordarlles que, no caso que a escoiten nalgunha ocasión, deben confinarse nas súas vivendas e esperar as instrucións dos responsables de protección civil.

Está será a segunda vez na que os veciños escoiten este son, pois por mor do simulacro realizado no pasado mes de xuño, no que participaron os todos os grupos operativos, tamén activáronse.

A Xunta de Galicia, coa colaboración do concello, procedeu estes días a un reparto de notas informativas entre os veciños que avisan de que se trata soamente dunha proba da serea. “Máis alá dos sinais acústicos e dunha maior presenza dos servizos de comprobación na zona de Piñeiro e A Touza, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina”, explícase nestas notas informativas.

Aposta pola prevención
Desde a Xunta quérese destacar a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.

Os PEE teñen como obxectivo determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente. Establecen as medidas de protección idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que podan intervir.

Unha vez redactados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, os PEE son validados pola Comisión Galega de Protección Civil, posteriormente aprobados polo Consello da Xunta e, finalmente, homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil.

Terceiro cinto de seguridade
De tódolos xeitos, hai que lembrar que os plans de emerxencia exteriores representan un “terceiro cinto de seguridade” posto que todas as empresas con risco químico, ademais de cumprir escrupulosamente coa normativa de seguridade industrial a nivel europeo, teñen que estar provista dun Plan de Emerxencias Interior, que é o que regula o protocolo de actuación no caso de se producir unha emerxencia no interior do recinto.

13, Decembro 2014

A Espiñedo, que presentaba unha gran entrada de afeccionados, chegaba o potente Lalín, un dos claros favoritos ao ascenso. Esperabao un Arenteiro sen complexos que venceu con todo merecemento, incluso o tanteo pudo ser superior ao seu favor. Os carballiñeses prolongan asi unha magnífica racha de resultados, dous empates e catro victorias nos últimos seis partidos.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Pana, D.López, D. Arbo, Dafonte, Sanginés (Lois, m. 75), Quiroga (V.Gallego, m.55), Dani Vázquez (Martín Pérez, m.55), Bardelás (Ocampo, m.70) e Marcos Sotelo.

Goles: 

1-0 Minuto 8. No único fallo da tarde do porteiro visitante non acerta a atallar o balón e Diego López marca a placer.

2-0.Minuto 17. Perfecta triangulación do equipo verde que culmina Sanginés.

2-1.Minuto 30. Defectuoso despexe cara atrás de Arbo que aproveita Iker Hurtado adiantandose a Marcos Nieto fai o primeiro do Lalín.

2-2.Minuto 38. Matelo corre a banda dereita e o seu centro medido é  ben rematado por Iker Hurtado.

3-2.Minuto 59. Pase entre liñas de Victor Gallego e Marcos Sotelo engancha un zurdazo que da no poste e entra na porteria visitante.

4-2.Minuto 73. Balón solto na área pequena que Sanginés axusta perfecto ao primeiro pau.

O Partido: Magnífico inicio de partido do Arenteiro superando en todas as líñas do campo ao Lalín, con dous goles en 17 minutos, e tendo a opurtunidade de ampliar a ventaxa no marcador, con media hora de dominio absoluto ante un Lalín superado e desconcertado. Pero en 10 minutos tontos dos verdes os visitantes lograban empatar o partido, logo chegou o descanso e tralo mesmo o Lalín pudo adiantarse nos primeiros compases da segunda parte, a partir de ahí o Arenteiro volveu ser o dono e señor do partido ata o pitido final. O Lalín rematou o partido con 9 xogadores, tras as expulsións de Dani Méndez e Matelo, mentres que no Arenteiro via cartón vermello o adestrador Miki López.

12, Decembro 2014

Os socialisas califican como "inaturable" a situación que afecta ás traballadoras, xa que "a dia de hoxe" aínda non recibiron o seu salario,  manifestan tamén que "a excusa da empresa é que non se lles pode pagar a nómina porque aínda non coibraron o pago correspondente por parte do concello".

O contrato que mantiña o concello coa empresa GALAUREA venceu o pasado dia 5 deste mes de decembro, aínda que tal como manifestara o alcalde do Carballiño, a empresa está obrigada por contrato a seguir xestionando o servizo ata que se resolva unha próxima adxudicación por parte do concello.

Precisamente, ese é outro dos aspéctos que critican dendo o PSdG "unha vez máis nos atompamos cun novo incumprimento do señor Marnotes, e pasados xa uns cantos días, seguimos sen ter noticias da redacción do novo prego de condicións nin de que vai acontecer co servizo privatizado", subliñan.

Esixen ao goberno de Marnotes "que remate dunha vez con esta situación surrealista e dolorosa, que non nos obrigue a costear entre todos os seus pulsos xudiciais, que se rinda definitivamente á evidencia de que se equivocou de empresa, como xa se equivocou dende un inicio ao privatizar o servizo e resolva, como non adoita facer, rápido e eficientemente este tema e asuma a súa responsabilidade sobre o servizo municipal de dependencia".

"Non entendemos cales poden ser as razóns do alcalde e mais da Concelleira de Benestar para seguir prolongando no tempo esta agonía, supoñemos que as mesmas que os levaron a defender o indefendible durante un ano, a pesares das denuncias de traballadoras, sindicatos, PSdeG-PSOE e mesmo das sentencias xudiciais que evidenciaron o nefasto deste acordo", remarcan dende o grupo municipal socialista no concello do Carballiño.

10, Decembro 2014

A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.

Desta maneira, os seguidores do Arenteiro, alá onde se encontren, recibirán en tempo real información dos goles e das principais incidencias de cada partido.

Club Deportivo Arenteiro é o primeiro club de fútbol da provincia de Ourense e o terceiro de Galicia que implanta este moderno sistema de información, que xa está dispoñible.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS