24, Maio 2015

En Boborás Cipriano Caamaño reforza a súa maioria absoluta, pasa de 6 a 7 concelleiros. Neste concello MoveBoborás obtén 3 concelleiros, e a candidatura Xuntos por Boborás 1 concelleiro. Quedase fora da corporación o PSdG por vez primeira na historia da democracia.

En Leiro, o alcalde Francisco Fernández tamén amplia a súa maioria absoluta para o Partido Popular, faino a costa do PSdeG, que tiña dous concelleiros e queda so cun representante na futura corporación. Conservan as actas de concelleiro Independentes de Leiro e Bloque Nacionalista Galego.

24, Maio 2015
22, Maio 2015

Os verdes despidense da competición de liga este domingo dia 24 de Maio, no Estadio de Espiñedo, desde as seis da tarde ante o equipo pontevedrés do Marcón At. O Arenteiro chega a este derradeiro partido de liga cos deberes xa feitos desde fai varias xornadas nas que asegurou a permanencia, polo que volverá militar na Preferente para a vindeira tempada.

Pola súa parte o Marcón At., trala reclamación por alineación indebida do Pontevedra B en Baiona no seu partido co Erizana, chega a Espiñedo coa obriga de gañar para asegurar a súa participación na Preferente no vindeiro curso.

21, Maio 2015
20, Maio 2015

Un total de 31 candidaturas son as que se presentan a estas elecccións municipais no conxunto dos 9 concellos nos que COPE O Carballiño organizou debates electorais.

Pois ben, tres foron as ausencias a estas convocatorias, que están sendo a gran novidade da campaña electoral na comarca, xa que -agás O Carballiño- no resto dos concellos é a primeira vez que se organizan este tipo de debates. Todos estaban formalmente invitados, pero tres deles declinaron a invitación.

O candidato popular en Punxín Manuel Vázquez "Casalta" comunicou previamente a esta emisora de radio que non asistiría "eu non ando nesas cousas", foi o seu único argumento.

Máis rocambolesca foi a desculpa do candidato do Partido Popular en Piñor "non vou poder acudir porque o alcalde convocou unha comisión informativa a esa hora e nin él nin eu podemos ir", asegurou. Curiosamente, neste debate -ao que corresponde a foto- sí participou o alcalde e candidato socialista Francisco Fraga, xunto a Xabier Saco do BNG e Uxío Rodríguez, da Agrupación "Veciños de Piñor".

Tampouco parece que sexa de interese este exercio de democracia para o alcalde do Irixo e candidato do Partido Popular, Manuel Penedo, que nin acudíu ao debate nin disculpou a súa ausencia.

20, Maio 2015

Unha vez rematado o prazo para a presentación de ofertas, finalmente foron cinco as empresas que optan a facerse co contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio, o concurso deberá agora resolverse nos próximos dias.

No prego de contratación, o concello aumentou a aportación económica ata os 407.576 euros. No último ano a aportación municipal foi de 230.000 euros.

Desde a Área de Servizos Sociais manifestan que "entre as condicións postas polo concello á empresa que queira facerse co contrato primaráse máis o servizo e atención e cobertura que ofrezanm máis que o prezo".

No último trimestre o concello carballiñés aumentou o número de persoas benficiarias, "e tamén en consecuencia o número de horas que fan as traballadoras, que pasaron das 19.000 horas de meses atrás ás 29.000 actuais, cubrindo asi as necesidades do municipio".

18, Maio 2015

Están sendo a gran aportación destas eleccións municipais 2015 no ámbito local: os debates electorais de COPE O Carballiño.

Por vez primeira na historia política local, nos concellos da comarca, están celebrandose este tipo de debates, que están acadando un gran seguimento entre a veciñanza.

Na foto podemos ver aos catro candidatos que concurren a estas eleccións do dia 24 no concello de Leiro, momentos antes de iniciar un tenso e intenso debate electoral nos estudos de COPE O Carballiño: de esquerda a dereita, Manuel Rodriguez do PSdeG, Luis Pérez "Ficol" do BNG, Pedro Rios da Agrupación Independentes de Leiro, e Francisco J. Fernández do Partido Popular.

A precursora iniciativa desta emisora de radio continúa ata o vindeiro venres cos debates dedicados aos concellos de Piñor, Maside, Boborás e O Carballiño

18, Maio 2015

O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, expresou o seu compromiso firme coa defensa dos servizos sociais para conseguir un Carballiño “máis xusto, solidario e de progreso”. Así o afirmou nun Encontro con Maiores que tivo lugar no Aparthotel Arenteiro  e no que participou o portavoz do Grupo Socialista no Congreso, Antonio Hernando. Tamén asistiron outros dirixentes socialistas, xunto a Pachi Vázquez, que está a desenvolver un papel moi activo nesta campaña electoral.

Fumega destacou que o seu programa inclúe un amplo apartado de proxectos en materia de servizos públicos e sinalou que un dos principais compromisos da candidatura que representa é conseguir a lista cero en servizos sociais. “É algo que é posible destinando mais recursos, porque hai que priorizar e ter en conta o que necesita a xente”, sinalou.

Referiuse á situación que sufriron durante estes anos as traballadoras de Axuda no Fogar debido á desidia e ineficacia do PP e lembrou que os socialistas “sempre estivemos a carón destas traballadoras, así como de todos os colectivos que nos necesitaron, na defensa dos seus dereitos”.

Destacou que O Carballiño ten unha poboación maioritariamente envellecida, polo que é necesario ampliar os equipamentos sociais e de atención á dependencia, crear un Centro de Día, poñer en marcha un programa de Respiro Familiar para os que atenden a persoas maiores e un Banco do Tempo Municipal.

Ademais destas propostas, Fumega destacou que como alcalde instará á Xunta á apertura inmediata e con xestión pública de todas as prazas proxectadas na Residencia do Cornuval “un proxecto que fixemos os socialistas, e que é incomprensible que siga baleira coa falta que fai”.

O candidato á alcaldía destacou que os socialistas “somos os principais defensores do público, dos servizos sociais, da sanidade, das pensións, sobre todo hoxe, que hai xente que necesita mais que nunca de axuda, nós estamos sempre ao seu lado”.

O portavoz do Grupo Socialista no Congreso, Antonio Hernando, incidiu tamén nesta idea ao lembrar que “hai moita xente que o está pasando mal, e hai algúns que se dedican a dicir que xa saímos da crise, pero non é así. O Carballiño necesita un alcalde como Paco, que coñece o seu pobo, sabe dos problemas dos seus cidadáns, e defende os seus dereitos”.

Hernando lembrou que non haberá recuperación ata que todos recuperemos os dereitos que nos quitaron nestes anos, e criticou os recortes en sanidade, servizos sociais, dependencia, loita contra a violencia de xénero, entre outros. 

17, Maio 2015

Os verdes sumaronse á festa preparada polo Estradense como despedida de tempada no novo campo municipal da Estrada, con boa entrada e ambiente festivo, charanga e merenda incluida. O Arenteiro, que pudo adiantarse no marcador aos 3 minutos nun penalti lanzado por Sanginés que desviou o porteiro local, entregou despois o partido e no minuto 23 os locais xa gañaban 3-0. Marcos Sotelo recortaría distancias no m. 28, pero foi so un espellismo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, D. Arbo, Ocampo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, M. Pérez, Sanginés, D. Vázquez e M. Sotelo. Tamén xogaron Bardelás -que entrou no descanso por Dafonte- e no transcurso da segunda metade tamén o fixeron Manu, Quiroga e Choco.

O Partido: Non necesitaba o Estrandense dos favores arbitrais, que facilitaron os dous primeiros goles locatarios, pero o colexiado coruñés Marcos Ordoñez, para non ser menos, tamén quixo apoiar a festa local, despois deixou ao Arenteiro con 10 xogadores no campo -m. 15 da 2ª parte- tras expulsar a D. Arbo por doble cartón amarelo. Asi e todo, o Estradense foi moi superior a este Arenteiro que, polo visto hoxe, faiselle larga a tempada unha vez que hai varias xornadas que cumpliu o obxetivo de certificar a permanencia. Unha magoa, porque ao pouco que o equipo apretase, en vez de quedar na metade da táboa, houbese rematado a liga unhos cantos postos bastante máis arriba na clasificación final.

16, Maio 2015

A campaña electoral entra na semana decisiva, que culminará o vindeiro domingo dia 24 coa xornada de votacións.

Durante a semana COPE O Carballiño continuará ofrecendo os debates electorais dedicados aos distintos concellos, en directo e a partir das 13:15 horas.

Na foto poden verse aos 3 candidatos que participaron no debate electoral do concello de San Cristovo de Cea, Manuel Pérez do BNG, Guillermo Dopazo do PSdeG, e José Luis Valladares do PP, que se celebrou o pasado xoves.

No dedicado ao concello do Irixo, celebrado o pasado venres, non compareceu nin xustificou a súa ausencia o candidato do Partido Popular Manuel Penedo, sí participaron o resto dos candidatos neste municipio: José Manuel Prieto "Polos Veciños", Florentino Pérez "Fai O Irixo" e Iago Fariñas, do PSdeG.

LÚNS 18: LEIRO.

-Francisco J. Pérez, PP, Manuel Rodríguez, PSdeG, Luis Pérez “Ficol”, BNG, e Pedro Rios, Independentes de Leiro.

MARTES 19. PIÑOR.

-José Luis González, PP, Francisco Fraga, PSdeG, Xabier Saco, BNG e Uxío Rodríguez, “Veciños de Piñor”.

MERCORES 20: MASIDE.

-Alejandro González, PP, e Celso Fernández, PSdeG.

XOVES 21: BOBORÁS.

-Cipriano Caamaño, PP, Javier Lamas, PSdeG, Eva Pardo, “Move Boborás” e Manuel González “Xuntos por Boborás”.

VENRES 22: O CARBALLIÑO.

-Argimiro Marnotes, PP, Francisco Fumega, PSdeG, Chema Ferreiro, BNG e Bernardo García, “Alternativa Veciñal do Carballiño”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS