
As sesións de fogos artificiais volveron ser os acontecementos máis seguidos das festas do setembro. Miles de persoas presenciaron as tiradas de "La Gallega" e "Pirotecnia Abad", ésta última congregou na noite do sábado a unha multitude que disfrutou dunha das sesións de fogo voador máis espectáculares dos últimos anos no Carballiño.
A pirotecnia de Leiro estivo a unha gran altura, pola calidade e cantidade do espectáculo ofrecido, que foi despedido ao seu remate cunha gran ovación por parte do público que abarrotaba a Praza do Emigrante e as rúas máis próximas, no evento máis concurrido das festas deste ano.
Unha explosión de colorido apoderouse do ceo do Carballiño durante 20 minutos, cunha perfecta adaptación e orientación ao entorno da Alameda, sen perder en ningún momento o rítmo e cunha cuidada e moi lograda progresión secuencial "Pirotecnia Abad" puxo en escea un magnífico espectáculo. Ao final, unanimidade, o mellor do programa destas festas do setembro 2011.
O cámbeo do dia festivo para o 16, en lugar do 17 e o adianto da feira ao 15, este baile de datas e a exclusión do programa das orquestras punteiras do panorama musical galego, son os dous comentarios máis criticos que se veñen escoitando nos últimos dias no Carballiño en relación ao desenvolvemento destas festas do setembro. Polo demáis, o bo tempo está contribuíndo a unha destacada participación popular, sobre todo polas noites, cun extraordinario ambiente de público tanto na avenida do balneario, onde se instalou o parque de atraccións, asi como nas zonas máis céntricas.
O adianto do festivo local ao 16 restou ambiente de público e actividade comercial á feira do dia 15, que resultou un auténtico fiasco para a hostelería e os polbeiros, que nin xiquera venderon a metade dunha feira normal, e "moito menos ca unha feira das festas", desde o comercio, a hostelería e a veciñanza en xeral, escoitáronse a través de esta emisora de radio un aluvión de críticas contra esta decisión adoptada por unanimidade pola anterior corporación municipal o ano pasado. En canto ao programa festivo, os comentarios apuntaban á falla das orquestras de máis renome de Galicia, mentres que outros aspéctos da programación festiva son valorados positivamente, como os eloxios que recibe a iluminación artística instalada nas rúas carballiñesas ou as actividades de animación nocturna, que están obtendo unha gran aceptación.
O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, destacaba "o gran ambiente que están rexistrando estas festas" e recoñecía e agradecía o traballo que está desenvolvendo a comisión de festas "e aínda máis tendo en conta o orzamento que temos, que todos sabemos cál é".

O Polifacético artista Moncho Borrajo foi o encargado de pregoar estas festas carballiñesas do setembro, o seu pregón deu paso a cinco xornadas festivas que se prolongarán atá o lúns dia 19, inclusive. O festivo local adiantase este ano ao venres dia 16, de tal maneira que a feira tamén se adianta ao dia anterior, o xoves dia 15.
MÉRCORES DÍA 14:
10:00 Alborada. Bombas de palenque.
10:00 LXVII Concurso de Gando Raza Loura Galega na Uceira.
11:30 Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns.
17:30 Actividades para nenos/as de 3 a 12 anos.
Previa inscrición na Área de deportes do Concello vos días 12 e 13 de Setembro.
PONLLE AS PILAS O Teu BOCADILLO.
OBRADOIRO – XOGOS E MERENDA SAUDABLE
CON PRODUTO DO MAR.
Consellería do Mar. Xunta de Galicia.
20:30 Actuación dá Coral Polifónica Casino do Carballiño, non auditorio do Casino Cultural e
Recreativo do Carballiño
21:00 Actuación dous grupos locais Noveis de Rock e na Praza dás Monxas.
GRUPOS:
ROBERTO SOBRADO
SINGÜLTUS
BANDA DESARMADA
LITTEL OAK
21:45 PREGÓN DÁS FESTAS S. CIBRAO 2011 a cargo de MONCHO BORRAJO.
22:00. Inauguración do Alumeado Artístico S. Cibrao 2011.
XOVES DÍA 15:
10:00. Alborada. Bombas de palenque.
11:30. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila acompañados polo grupo de
Gaitas Orcellón do Carballiño
11:30. Pasarrúas Charanga Castro Belo; polos Barrios dá Vila.
17:00. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00. Pasarrúas dá Charanga Castro Belo polos Barrios dá Vila.
19:00. Actuación do ORQUESTRA PANTASMA
(Home Orquestra); na Praza Maior.
19:00. I CARREIRA DE CAMAREIROS “S.CIBRAO 2011”; Premios para vos 3 primeiros
clasificados.(Rúa Principal).
21:00. Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
21:00 Verbea Espectáculo na Rúa Conde Vallellano
“ORQUESTRA D´MODA”
22:45 Verbea Espectáculo na Praza Maior
“ORQUESTRA LEDICIA”.
23:00. Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
00:30. Verbea Espectáculo na Rúa Conde Vallellano
“ORQUESTRA D¨MODA”.
01:00. Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
02:00. Verbea Espectáculo na Praza Maior
“ORQUESTRA LEDICIA”
03:45. Fin de Festa.
VENRES DÍA 16:
10:00. Alborada. Bombas de Palenque.
11:30. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño.
11:30. Pasarrúas dá Charanga NBA polos Barrios dá Vila.
11:30. Pararrúas dá Charanga Air Jalicia polos barrios dá Vila.
11:30. Procesión na Honra de San Cibrao coa “Banda Escola Municipal do Carballiño”.
A continuación: Misa solemne na honra do San Cibrao; presidida por un bispo e
sacerdotes do arciprestazgo. “Orfeón do Carballiño”
13:30. Concerto dá Banda Escola Municipal do Carballiño.
Lugar: Praza Emilia Pardo Bazán.
17:00. Xogos Populares:
Carreira de Sacos, Corda, Culler, Xogos con paracaídas. Remataremos a tarde coa
Festa dá Espuma
Trofeos, Agasallos e larpeiradas para os participantes.
Lugar: Na Pista Roxa.
17:00. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño
18:00. Pasarrúas Banda Escola Municipal do Carballiño.
18:00. Pasarrúas Charanga NBA polos Barrios dá Vila.
18:00. Pasarrúas Charanga Air Jalicia polos Barrios dá Vila.
19:00. Ximnasio MADOKOAN
EXHIBICIÓN DE: HAP –KI DO
KICKBOXING
AERO KICKBOXING
Lugar: Na Praza Maior.
19:00. Concerto Banda de Música na Praza Pardo Bazán.
Banda Escola Municipal do Carballiño.
21:00. Verbena Espectáculo na Avenida do Balneario.
ORQUESTRA AMIZADE.
22:30. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA ISMAEL.
00:30. Gran Tirada de Fogo Voador.
“Pirotecnia La Gallega”
01:00. Espectáculo de Rúa. Itinerante:
“CAVEIRAS E DIABLITOS”
Lugar: Zona Praza do Emigrante.
01:00. Verbena Espectáculo na Avenida do Balneario.
ORQUESTRA AMIZADE.
2:30. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA ISMAEL.
03:45. Fin de Festa.
SÁBADO DÍA 17:
10:00. Alborada. Bombas de Palenque.
11:30. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño.
11:30. Pasarrúas dá Charanga Dr. Anchoa polos Barrios dá Vila.
11:30. Pasarrúas Banda de Música de Noia.
13:00. CONCERTO Banda de Música na Praza Pardo Bazán.
16:00- 20:00: Tarde de Inchables:
(Tobogán xigante – multi 4 – Pallaso – Fútbol 3.).
+ OBRADOIROS (Globoflexia-Maquillaxe-Tatoos)…
Lugar: Prazas do centro dá Vila (Rúa Principal).
17:00. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00. Pasarrúas Banda Escola Municipal do Carballiño.
18:00. Pasarrúas Charanga Dr. Anchoa polos Barrios dá Vila.
18:00. Selección Galega de Exhibición de Taekwondo. (Praza Maior)
19:00. CONCERTO Banda de Música de Noia.
21:00. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA SUPER-T.
22:30. Verbena Espectáculo na Praza do Emigrante.
ORQUESTRA AMÉRICA.
00:30. Gran Tirada de Fogo Voador.
“PIROTECNIA ABAD”
01:00. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA SUPER-T.
02:30. Verbena Espectáculo na Praza do Emigrante.
ORQUESTRA AMÉRICA.
03:45. Fin de festa.
DOMINGO DÍA 18:
10:00. Alborada. Bombas de Palenque.
11:30. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño
11:30. Pasarrúas dá Charanga O Santiagüiño polos Barrios dá Vila.
16:00. Festa Infantil Musical. Amenizada por un dj. e monitor
Coreografías de Baile, xogos variados, larpeiradas para tod@s.
Lugar: Praza Maior.
17:00. CHAVE. Tirada Individual e por parellas na Entrada do Parque Municipal.
17:00. Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de
gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00. Pasarrúas Charanga O Santiagüiño polos Barrios dá Vila.
18:00- 21:00. I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “San Cibrao 2011”
Na Praza Maior.
21:00. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA ASSIA.
22:30. Verbena Espectáculo na Rúa Calvo Sotelo.
ORQUESTRA NEVADA.
01:00. Verbena Espectáculo na Praza Maior.
ORQUESTRA ASSIA.
02:30. Verbena Espectáculo na Rúa Calvo Sotelo.
ORQUESTRA NEVADA.
03:45. Fin de festa.
LUNS DÍA 19 (DÍA DÁ ROMARÍA DÁ SALETA)
10:00. Alborada Bombas de Palenque.
10:00. Romaría dá Saleta: “Misa e Procesión”
14:00. Xantar Popular na Carballeira dá Saleta.
18:00. Día do Neno. Atraccións a metade de prezo.
21:00. VERBEA Espectáculo na Praza Maior (1ª Pase)
ORQUESTRA FANTASÍA
00:00. VERBEA Espectáculo na Praza Maior (2º Pase)
ORQUESTRA FANTASÍA
02:00. Fin de Festa.

A medida adoptada polo goberno municipal de Boborás xa comezou a aplicarse nalgunhas localidades e iráse completando no transcurso das vindeiras semanas atá acadar a totalidade dos núcleos do municipio. Durante o anterior mandato, xa se decidira apagar parte das iluminacións, daquéla, fixérase de xeito selectivo, reducindo o número de luminarias, mentres que agora o apagón será completo durante 4 horas, entre as 2 e as 6 da madrugada.
O Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, recordaba como no seu dia Boborás tamén foi o primeiro concello en poñer en práctica esta medida "e despóis viñeron detrás outros moitos concellos que copiaron esta decisión, e sen que se escoitasen tantas críticas, porque seguramente neses concellos hai oposicións basante máis responsables dalgunha que temos aquí en Boborás". En declaracións a Cope O Carballiño, Caamaño tamén manifestou "que a maioria dos veciños entenderon daquéla esta medida, e seguro que tamén o entenden agora, pídolles un pequeno sacrificio, teñen que saber que o grupo de goberno busca con esta decisión ser solidarios con outras necesidades, como a asistencia a domicilio, a gardería infantil ou o xantar sobre rodas".
O máximo responsable do goberno municipal do Partido Popular recoñeceu "que cada dia é máis cimplicado gobernar, porque cada ano temos menos recursos económicos debido aos recortes nas subvencións que recibimos, e non podemos permitir poñer en risco servizos básicos e atender á xente que máis o necesita por non ter a valentia de tomar estas medidas". Caamaño calcula que con esta medida o concello de Boborás aforrará 40.000 euros ao ano.
A goleada a domicilio do Arenteiro en Monterrei sitúa na segunda xornada de liga aos carballiñeses no liderato da 1ª autonómica, empatado a seis puntos coa Ponte-Ourense. O partido comezou cun cuarto de hora de retraso ao negarse o árbrtro a iniciar o mesmo sen que os locais identificasen co DNI aos seus xogadores.Abríu a conta goleadora do Arenteiro Marcos Sotelo, e logo empataría o Monterrei, nun fallo da defensa carballiñesa, un dos dianteiros do equipo local cabecea a placer e aínda que Pachi chega a desviar a traxectoria do balón ao poste, finalmente introducíase na porteria carballiñesa. Antes do descanso Bardelás faría o 1-2 cun tiro desde fora da área que, coa colaboración do meta local, sube ao marcador. Xa na reaunudación do partido chegaría o hat trick de Alén para resolver un partido ante un moi flouxo rival, como resultou ser o Monterrei. O primeiro ao controlar un balón na área e rematar a media altura, e os douus seguintes de idéntica factura, cunha vaselina sobre o porteiro local. O meta carballiñes Pachi relaxouse en exceso e permitíu o segundo gol do Monterrei, aínda que minutos antes do remate do partido evitou o terceiro cunha gran intervención, enviando a corner un balón que se colaba na portería carballiñesa. Ao final, 2-5 no marcador e segunda victoria consecutiva do C.D.Arenteiro, que o vindeiro domingo dia 18 recibirá en Espiñedo ao Cortegada.
RESULTADOS DA XORNADA AO COMPLETO
J2 | CD Velle | 3 - 3 | UP Taboadela |
J2 | AT Villarino | 1 - 2 | SD Nogueira Ramuin |
J2 | Maside CF | 0 - 0 | A Peroxa CF |
J2 | Ponte Ourense SAD | 2 - 0 | CD Ramirás |
J2 | CD Allariz | 3 - 1 | AD Covadonga |
J2 | CF Monterrei | 2 - 5 | CD Arenteiro |
J2 | CF Cortegada | 2 - 1 | SD Melias |
J2 | Poligono San Ciprian | 1 - 1 | CD Maceda |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 2 |
2 | Ponte Ourense SAD | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 4 | 1 |
3 | A Peroxa | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 1 |
4 | CF Cortegada | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 |
5 | UP Taboadela | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 |
6 | SD Nogueira Ramuín | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 2 |
7 | AD Covadonga | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 6 | 4 |
8 | CD Allariz | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 2 |
9 | SD Valenza | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 2 |
10 | CD Ramirás | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 2 | 2 |
11 | CD Velle | 2 | 2 | 0 | 2 | 0 | 4 | 4 |
12 | CD Maceda | 2 | 2 | 0 | 2 | 0 | 3 | 3 |
13 | CF Monterrei | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 5 |
14 | Polígono San Ciprián | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 1 | 2 |
15 | SD Melias | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 1 | 2 |
16 | Maside CF | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 2 |
17 | AT Villarino | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 5 |
18 | UD Barbadas B | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 7 |
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará nos próximos días as obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de Muradas e Lebozán, no Concello de Beariz. O goberno galego, a través de Augas de Galicia, realiza unha achega económica de máis de 313.000 euros para levar a cabo estas melloras hidráulicas. No núcleo de Muradas, tanto o abastecemento como o saneamento son moi antigos e sofren deficiencias importantes, polo cal se cambiará a actual rede unitaria por outra separativa. Instalaranse 1.172 metros de tubaxe ao longo da estrada OU-213 que cruza a poboación de norte a sur.
Parte da rede de pluviais verte á rede existente en Beariz e o resto verte a unha valgada na entrada a Muradas. A rede de residuais tamén ten dúas vertentes, unha a rede de Beariz e a outra é a que vai polo centro de Muradas, desembocando na depuradora. O proxecto inclúe, ademais, 1.176 metros de tubaxe en previsión de alimentación de 25 futuras luminarias, instalación das súas bases, arquetas da liña e a reposición do pavimento da beiravía.
En Lebozán proxéctase unha rede nova de 554 metros de tubaxe que vai verter na depuradora existente, aproveitando as obras para instalar tamén un novo abastecemento en tubaxe, xa que o actual ten diámetros moi reducidos. As obras, cuxo prazo de execución é de seis meses, beneficiarán 135 habitantes de Muradas e 65 habitantes de Lebozán, aos cales se lles ofrecerá un servizo axeitado de saneamento e abastecemento. Eliminaranse as fosas sépticas e os problemas de salubridade que elas comportan.

As xociviga 2011 inician este sábado as proxeccións. Ás 17:00 horas empezarán coa primeira película de cine infantil, Ga-Hoole, na Casa da Cultura, onde ás 20:00 horas proxectase o documental O meu nome é Luís Ferreiro, contando coa presenza do director, Roi Cagiao, o protagonista do mesmo Luís Ferreiro, militante antifranquista, e o profesor e ensaísta Xesús Alonso Montero, que participarán na presentación da película e posterior coloquio. A programación da casa da cultura pecharase ás 23:00 horas con Del poder, documental que narra os sucesos acaecidos en Xénova no 2001, cando os movementos sociais protestaron ante unha reunión do G-8 e foron brutalmente reprimidos (norte de Carlo Giuliani). A entrada ás proxeccións da Casa da cultura e gratuíta ao longo de todas as xornadas.
No auditorio proxéctase ás 18:00 horas a producción francesa Micmacs, do director de Delicatessem e Amelie, Jean-Pierre Jeunet. Ás 20:00 horas a última de Woddy Allen, Medianoite en París. Xa ás 23:00 horas levarase a cabo a gala de inauguración, de entrada gratuíta, na que se proxectará Doentes, que protagonizan os actores Xosé Manuel Oliveira “Pico” e Antonio Durán “Morris”, que recibirá a Xociviga de Honra 2011. Anbolos dous estarán presentes xunto co director da película, Gustavo Balza.
As proxeccións continuarán os tres proximos días. Os horarios pódense consultar nas carteleiras do Cine Club Carballiño da Praza Maior e nos lugares de proxección, auditorio e Casa da cultura, así como no blog do cine club, cineclubecarballino.blogspot.com, onde ademais aparece información sobre todas as actividade e películas. O domingo haberá unha actividade especial: un concerto de música a cargo do cuarteto de corda Emsemble Aurum acompañado da soprano Indra Sesti di Luca, que interpretarán diferentes pezas de bandas sonoras de películas a partir das 20:45 na Praza dos Irmáns Prieto (praza das monxas).
RECOÑECEMENTO DE XOCIVIGA A ANTONIO DURÁN "MORRIS"
O premio Xociviga de Honra recae este ano en Antonio Durán “Morris”. O premio recoñece a dilatada carreira profesional do actor, que empezou xa fai máis de 30 anos. O Xurado estimou que : “Morris é sen dúbida un dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual galego, tanto pola súa participación en curtas e longametraxes como polas súas persoaxes de series da TVG. Actor de longo percorrido, ten traballado tamén en máis de 25 obras de teatro, sobre todo no grupo do que foi un dos fundadores, Artello, como co Centro Dramático Galego. Dende que debutou no ano 1978 ata hoxe, Morris é sen dúbida un referentes da nosa cultura. Estamos seguros de que aínda o será moito máis”.
O xurado estaba composto por Ángel de la Cruz, director de cine e novelista, Eduardo Galán, debuxante, dramaturgo e crítico de cine, Miguel de Cabo, presidente de Cine Club Carballiño, o Alcalde, Argimiro Marnotes, e o concelleiro de Cultura, Rodrigo González, en representación do concello, que xunto co Cine Club Carballiño, organizan esta 28º edición das Xociviga.
O premio será entregado ao propio actor na gala de inauguración que se celebrará este sábado, día 10, ás 23 horas no auditorio municipal. A entrada á mesma será gratuíta e nela proxectarase a última película rodada por Morris, Doentes, na que é o actor principal xunto con Xosé Manuel Oliveira “Pico”, que tamén asistirá á gala ao igual que o director da mesma, Gustavo Balza.
O Concello do Carballiño remitirá ao Adif un escrito no que solicitará explicacións sobre o peche do servizo de despacho de billetes e atención ao público durante as fines de semana na estación de Renfe do Carballiño, inicialmente, e según de comunica nun aviso que pode verse na propia estación, unha medida provisional durante o mes de setembro.Tamén se informa que para os trenes de media distancia os billetes despacharánse nos propios trenes, mentres que para os de longo recorrido, emplazase a facer a compra de billtes a través de internet, telefóno ou na estación de Ourense.
A corporación municipal do Carballiño acordou por unanimidade dos tres grupos políticos remitir un escrito que se trasladará ao Adif, instandoo a que con carácter inmediato se repoña este servizo de atención aos viaxeiros e despacho de billetes na estación carballliñesa. O acordo foi adoptado a partir dunha moción presentada ao pleno pola vía de urxencia, en base a unha proposta do grupo de goberno do Partido Popular.
A empresa contratada polo Concello do Carballiño para auditar as contas municipais dos últimos 4 anos, comeza esta semana a desenvolver o seu traballo nas dependencias municipais, de tal maneira que nun prazo aproximado de 2 meses esperase que se poidan coñecer os resultados da mesma. O Alcalde, Argimiro Marnotes, confirmou en Cope O Carballiño que a empresa auditora seleccionada, por un importe de 17.700 euros, foi a ourensana "ADV Consultores". Serán auditados os exercicios económicos do concello carballiñés dos anos 2007, 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011. Marnotes entende que "a partir dos resultados da auditoria non só coñecerémos a débeda real do concello, senón que a partir de ahí poderémos determinar o propio funcionamento administrativo do concello e cómo levar a súa xestión fiscal".
O rexidor municipal tamén adiantou no transcurso desta entrevista radiofónica que "a partir do vindeiro dia 1 de outubro a Deputación faráse cargo da xestión da recollida do lixo no municipio, a partir de entón esperamos mellorar o servizo que prestamos na actualidade, e para o que non estamos preparados cos medios que temos". A renovación dos contenedores e o seu lavado periódico, asi como a xestión do punto limpo que será trasladado á unidade que na comarca presta a entidade provincial, son algunhas das melloras ás que aludíu o Alcalde que, ademáis, asegurou "siñificará un aforro importante dunhos 100.000 euros ao ano". Marnotes lamentou, en alusión as críticas socialistas sobre a falla de limpeza e mantemento dos espazos públicos, "que no mes de xuño nos encontrasemos sen nin xiquera un metro cadrado desbrozado, e todos sabemos que agora dispoñemos de menos traballadores, debido ós recortes na administracción para a súa contratación, estamos reorganizandonos para aprobeitar os medios que temos, hai traballadores que o entenden e outros non, esto leva o seu tempo"
Descentralizar as festas e trasladar as actividades a todos os barrios do Carballiño, será éste ún dos obxetivos da comisión de festas para este ano, "levar as festas do Carballiño a todo o pobo", decía José Luis Alves, que actúa como coordenador do equipo organizador que terá o orzamento máis baixo dos últimos anos, 83.000 mil euros, dos que o concello aporta 45.000, para pagar todo o programa festivo. O Alcalde, Argirmiro Marnotes, aseguraba no acto de presentación non poder ofrecer os datos económicos das últimas festas, "non podo contestar a esa pregunta porque estamos tendo moita complicación para sabelo", dixo. Nos últimos anos, os orzamentos que se facían públicos, estaban todos eles por enriba dos 100.000 euros.
A programación de actividades abriráse o dia 14 cun concerto no que actuarán varios grupos musicais do carballiño. Do 15 ao 19 sucederánse as verbenas, que estarán amenizadas por 9 orquestras: D´¨Moda, Ledicia, Ismael, Amistad, SuperT, América, Asia, Nevada e Fantasía. Os dia 19 actuará unha única orquestra, e os dias 15, 16,17 e 18, alternarán dúas orquestras para amenizar os 4 dias centrais das festas. Para a animación musical das rúas e os barrios carballiñeses foron contratadas 4 charangas, Castro Bello, N.B.A., Air Galicia, e a Filatrónica do doctor Anchoa. Completan a programación musical, grupos de gaiteiros, que acompañarán a comparsa de cabezudos, e as bandas de música do Carballiño, que acompañará a procesión do patrón San Cibrán o dia 16, e a banda de música de Noia, que ofrecerá pasarúas e concertos o dia 17.
As dúas sesións de fogos de lucería manteñense nos seus dias tradicionais, 16 e 17 de setembro, e estarán este ano a cargo da pirotécnia "La Gallega", que xa ven participando nestas sesións nos últimos anos, e "Pirocténia Abad" que volve este anos tras varios de ausencia. Desde hoxe mesmo comezará a distribuirse o cartel anunciador deste San Cibrán 2011, obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 710
- 711
- 712
- 713
- 714
- 715
- 716
- 717
- 718
- …
- seguinte ›
- última »