17, Decembro 2010

O PSdeG preguntará no Parlamento  a razón pola que o pasado 7 de decembro non houbo médico de primaria no concello de Leiro. A parlamentaria María del Carmen Acuña lembra que no día laborable en medio da ponte da Constitución o Centro de Saúde de Leiro non dispuxo de ningún médico de atención primaria, pese a que habitualmente conta con dous facultativos para atender as necesidades sanitarias dese concello. Explica que a ausencia de médico durante tantos días trouxo graves molestias aos veciños, e algúns deles incrédulos ante a ausencia do médico esperaron pacientemente a que mandaran algún doutro punto, xa que eles tiñan cita. Engade que outros veciños, con máis presa, foron desprazándose para lograr ser atendidos por médicos de concellos limítrofes, aínda que os profesionais sanitarios non entendían nada porque nin sequera foron avisados e protestaban por este incremento de pacientes, xa que ben lles chegaba cos que lles correspondían ese día das súas propias cotas. Acuña salienta que o máis grave foi que en Leiro xurdiu ese día unha urxencia vital coa conseguinte desesperación do enfermo e dos seus familiares, urxencia que foi desprazada polo 061 sen valoración facultativa previa. A deputada presentou unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre como se resolveu esta situación, cantos pacientes se desprazaron e a que  puntos, e cantas urxencias e de que natureza se presentaron en Leiro ese día.  Ademais prguntará cal é a media de demanda diaria de consulta do médico de atención de primaria no centro de saúde de Leiro, e se está adaptado para a atención e acceso de minusválidos, así como se conta con aseos adaptados a este colectivo.

 

15, Decembro 2010

Os mesmos problemas plantexados nas obras do entorno da Veracruz relativos á propiedade dos terreos nos que se pretende actúar por parte da Consellería de Medio-Ambiente, Territorio e Infraestructuras, reproducense agora de forma similar na obra de acondicionamento da Praza da Igrexa de Avión. A Secretaría Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio ven de remitir ó Concello de Avión un escrito no que lle pide que aporte a documentación que acredite a titularidade dos terreos nos que se executa o proxecto, que financia a adiministracción autonómica cun investimento que ronda os 300.000 euros. A petición da Secretaria Xeral manifesta que a mesma faise en atencion"a inquedanza manifestada polo Bispado en relación a afectación que terían estas obras sobre os terreos que son da súa propiedade".  En declaracións a esta emisora de radio,  o Alcalde de Avión, Antonio Montero, asegurou que non tiña coñecemennto de esta inquietude por parte do Bispado, aínda que xa solicitara unha estrevista cos responsables da Igrexa para aclarar esta situación e facerlle ver a necesidade de executar este proxecto na súa totalidade, mesmo naquela parte que afecta á propiedade da Igrexa. Montero tamén afirmou que según a él lle consta "o 99% proxecto executase en terreos que son de dominio público". Si admitíu o Alcalde que algunhos veciños lle manifestaran o seu desacordo con algunhos aspéctos técnicos deste proxecto "aínda que a maioria  está dacordo con esta actuación porque vai mellorar moito o aspecto da zona".

13, Decembro 2010

A Policia Local do Carballiño levará a cabo unha campaña de controis de alcoholemia que se vai desenvolver durante toda esta semana, e atá o vindeiro domingo dia 19 de decembro. Os controis realizaránse preferentemente dentro do casco urbano, tanto nas rúas do Carballiño como nos principais accesos ó centro  urbano do Carballiño, facendose coincidir esta campaña con estas datas de celebracións de comidas e ceas de empresa, nas que aumenta o consumo de bebidas alcohólicas. Os controis da Policia Carballiñesa forman parte da campaña promovida a nivel estatal pola Dirección Xeral de Tráfico, que prevé a realización de 20.000 controis diarios. Os axentes da Policia Local do Carballiño non só se farán polas noites, senón tamén polas tardes, nos horarios máis próximos ás comidas.

13, Decembro 2010

Un penalti executado no minuto 63 polo visitante Calo, a raìz dunha man do local Martìn nun remate que non albiscaba perigo algùn,  foi bagaxe suficiente para que O Choco se levarà de Espiñedo os derradeiros 3 puntos do ano.(0-1).

O cadro de Redondela vencìa polo mìnima nun encontro parello e cativeiro ante un Arenteiro, que puxo moito esforzo fìsico e moi pouco talento. Os xogadores do cadro pontevedrès tampouco realizaron un partido brillante, mais tiveron a fortuna de decidir o choque nunha xogada illada.

Onte empezaba a conta atràs para os homes de Mindo de cara a sumar puntos suficientes para salvar a categorìa.

A vindeira cita ca permanencia è o vindeiro domingo no municipal de San Pedro ante o Marìn C.F., outro rival que se move pola parte intermedia da clasificaciòn.

 

 

 

9, Decembro 2010

O.C.D.Arenteiro, caia eliminado na Copa Deputaciòn ante o Barbadàs (2-5), nun partido no que os de Mindo voltaron a amosar tòdalas sùas limitaciòns;  encaixando 2 goles nos 2 primeiros minutos de xogo.

A endeblez defensiva segue a lastrar calquer posibilidade de progresiòn e a pesares de conquerir un resultado positivo nos Carris, a escuadra verde non foi quen de plantarlle cara a un  contundente  Barbadàs que simplemente limitouse a aproveitar os errores da zaga local.

Noutro orde de couas, tampoco o filial carballiñès poido solventar a papeleta, caendo goledado na Queixeira a mans do Atl. Arnoia (6-2); tamèn quedaba apeado o Maside, que tralo empate sin goles, depois dos 90 minutos regulamentarios, foi doblegado na tanda de penaltis ante o Sta.Teresita.

Mellor lle foron as cousas ò Salamonde  eo Atl.Barbantes; ambos seguen adiante na Copa "B" tras superar respectivamente ò  Castrelo de Miño e o Coles:

Finalmente o Leiro, disputarà a sùa eliminatoria ante o Ribadabvia Atl. o dìa 26;  iste encontro aprazouse debido a merecida homenaxe tributada onte, ò gran Luis Sobrino, no propio San Bartolomeu.

 

 

8, Decembro 2010

O descontento existente no Carballiño polas obras no entorno da Veracruz púxose de manifesto na numerosa participación que rexistrou a concentración popular de protesta celebrada nos xardíns da Veracruz, cunha asistencia que os os convocantes elevaron atá o milleiro de persoas.  Nesta protesta puderon verse varios carteis alusivos e irónicos cós líderes dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño. No transcurso da concentración tomaron a palabra varios integrantes da "plataforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde", manifestando que o seu obxetivo "é aglutinar o desacordo dunha gran maioria de veciños do Carballiño con este proxecto que se está a levar a cabo nas inmediacións do Templo da Veracruz, recollemos a inquedanza de moitos carballiñeses e forasteiros que nos transmitiron o seu malestar" noutro momento do acto calificouse a intervención como  " unha agresión ao noso Ben de Interese Cultural, polo que nos unimos na defensa do noso patrimonio para reinvidicar unha obra da arquitectura xenuinamente galega". Pero tamén houbo agradecementos, que foron "para Felipe Senén, o Bispado e a Parroquia, por estar a altura da herdanza cultural da que somos depositarios". O acto rematou cunha ofrenda floral ante a estatua de Evaristo Vaamonde, o gran promotor da Veracruz. Desde a plataforma convocante considerase un gran éxito a participación neste concentración que en palabras de Rafael Otero "foi un clamor que deberá facer reflexionar a todas a autoridades para que rectifiquen este proxecto, agora que aínda estamos a tempo"

7, Decembro 2010

Despois de perder en Sanxenxo de xeito contundente (4-0), O Arenteiro recibe, iste mèrcores,  a U.D.Barbadàs no partido de volta dos oitavos de  fnal da Copa Deputaciòn "A", nunha eliminatoria a priori moi aberta, tralo empate (1-1) do encontro de ida.

Para iste choque, Mindo, xa podrà contar con Diego Viñas, Iago, Tractor e Rubèn, baixas na pasada xornada en Sanxenxo. Asemade, tamèn è moi posible, que debute o gardamallas luso, Pedro Velho, se a Federacìòn Portuguesa tramita a tempo o seu transfer

Ista xornada copeira, tamèn, depararà outros atractivos encontros, xa na Copa "B"- eliminatorias a partido ùnico-:

A..T Arnoia-Arenteiro "B"

Maside-Santa Teresita

Castrelo de Miño- Salamonde

A.T. Barbantes-Coles.

Todos istes envites escomenzan às 16.00 horas

Xa de cara a pròxima xornada de liga na Preferente, o Arenteiro recibe en Espiñedo o Choco de Redondela, nun partido vital a tan sò catro partidos para o remate da primeira volta e cos deberes moi lonxe de facerse.

 

 

4, Decembro 2010

"O Carballiño esixe respeto, un entorno digno para o Templo da Veracruz", baixo este lema presentaba a "plataforma en defensa do legado de Don Evaristo Vaamonde" a convocatoria dunha concentración que terá lugar o mérocres dia 8 de decembro, á unha da tarde nos xardíns da Veracruz. Unha concentración popular que pretende amosar o malestar e desacordo do pobo do Carballiño coas obras no entorno da Veracruz, tanto coas actuacións xa feitas como o resto do proxecto que estaría aínda por executar. Desde esta plataforma, ún dos seus integrantes, Adolfo Otero, explicaba que con esta concentración pretendese "instar ás institucións implicadas a respetar o monumento, reparando os danos causados e comprometendose no noso ben de interese cultural". A este respecto, Otero manifestou que "o concello debería ser a primeria institución que debería implicarse e comprometerse activamente, e independentemente da cor política, na defesa deste patrimonio común, que non só é patrimonio de todos os carballiñeses". Por parte da plataforma recoñeceuse e aplaudiuse a decisión do bispado para impedir a execución do proxecto na parte que se corresponde cós terreos que son propiedade da Igrexa "fronte a outras insticións que non vemos que estén comprometidas coa defensa do patrimonio". Especialmente belixerante foi a interveción de Adolfo Otero cando se referíu á comisión provincial de patrimonio " porque non entendo como aprobou este proxecto, e coma eu moitas outras perosoas, estos señores están ó servizo do interese público e terían que telo visto con lupa". Na concentración deste vindeiro mércores dia 8 demandaráse "que se preserve a calidade ambiental do espazo xa axardinado, dotando o resto do ámbito dun tratamente tamèn de xardín, creando un gran espazo público aberto e axeitado ás características arquitectónicas da obra de Palacios". Tamén se esixirá que se retire o muro xa construido na parte norte da Igrexa e que se reparen os danos causados no monumento, no que apareceron varias fendas e fisuras coincidindo coa esxecucón das otras feitas durante os últimos meses.

2, Decembro 2010

Dous veciños do Carballiño, que actúan cun poder outorgado polo Bispado, veñen de presentar un interdicto no xulgado, no que se piden diversas modificacións no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, na parte que é propiedade da Igrexa, e para que desta maneira se teñan en consideración as medidas correctoras da obra que se veñen demandando tanto por parte da comisión en defensa do entorno da Veracruz como de colectivos culturais e de defensa do patrimonio, asi como asociacións e veciños, que manteñen unha opinión moi critica con este proxecto que desenvolve a Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. No interdicto tamén se manifesta que, no caso de que non sexan aceptadas as modificacións que se piden, non se autorizará de ningunha maneira a continuidade das obras nos aproximadamente 1.700 metros cadrados que se corrresponden coa superficie dos terreos que son propiedade da Igrexa. Os responsables da parroquia carballiñesa veñen manifestando desde fai meses o seu malestar polo procedemento no que se acometeu a execución deste proxecto, que incluso tería posto en perigo ó templo, xa que as obras terían afectado á cimentación da Veracruz, según puxeron de manifesto informes técnicos encargados pola propia parroquia, e  despois de detectarse a aparición de fendas nalgunas partes do monumento de Palacios.

1, Decembro 2010

O Grupo Municipal Socialista de Leiro considera “un despilfarro” a modificación dos orzamentos presentada hoxe polo Grupo de Goberno. Manifesta ademais o seu desacordo ante a celebración do pleno extraodinario, e polo que preguntou ao Alcalde, “xa que está próximo a celebrarse o pleno ordinario, polo que só pode deberse a non saber facer as cousas ben”. 

Os socialistas consideran excesivos, pouco especificados e non xustificados os aumentos propostos en diversas partidas dos orzamentos do Concello. O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, preguntou no pleno a qué se refiren os 30.000 euros destinados para “proxectos complexos” e as razóns para aumentar a partida orzamentaria para dietas, que xa contaba cunha cifra de máis de 9.000 euros. “ “Nun concello como Leiro o alcalde propón un aumento de 3.000 euros para dietas, que sumados á cantidade consignada a estas alturas de ano, o total resultante é de 18.300 euros, que ben se podían investir noutra cousa”, afirma. Tamén preguntou a que corresponden as partidas de suministros de 3.221 euros e 9.221 euros. Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”.

 

 Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”. Por último, lamenta que “os cartos de todos os veciños de Leiro a través dos seus impostos sexan tan mal xestionados precisamente nun momento de crise como o actual”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS