O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora. A victoria visitante fraguouse na primeira media hora de partido, xa que o Caselas saíu máis metido no encontro ca un Arenteiro que non espabilou atá os últimos dez minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, o partido foi practicamente un monólogo verde, con atá media ducia de ocasións fallidas ante a meta do Caselas, que conseguiría o seu segundo gol xa no minuto 90. O resultado, desta vez, pudo ser atá algo inxusto se se quere, pero tamèn é certo que o equipo que non é capaz de facer gol tampouco merece gañar un partido. En definitiva, terceira derrota nesta liga do Arenteiro, e as tres como local, que deixan os carballiñeses en terceira posicicón na clasificación, a dous puntos do Estradense, segundo calsificado, e a cinco do líder Porriño Industrial e próximo rival do Arenteiro no desplazamento do vindeiro domingo.
O Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou hoxe "un fraude de lei para liberar á unha concelleira do PSOE no Carballiño", en referencia á concelleira Asunción Rivero, agora á fronte do departamento muncipal de cultura, educación e xuventude, e atá fai unhos dias, antes de asinarse o pacto co BNG, responsable municipal de servizos sociais, sanidade e planificación urbanística. Según o PP, a concelleira carballiñesa "leva traballando cerca dun ano para a asociación de mariscadores e mariscadoras de Galicia", unha asociación con sede en Vigo. Pregúntanse os populares como "se pode entender que esta persoa poida atender o traballo polo que lle pagan, pois a non ser que sexa nos horarios propios do manrisqueo, é imposible, xa que de todos é coñecido que pasa as mañás e as tardes no Concello". Considera ademáis como pouco ético que , nos tempos que corren e cando o traballo é o que maís preocupa á xente, se lle regale un soldo a unha persoa, mentres "Ó PSOE no Carballiño éncheselle a boca falando do progresistas que son, polo que é o momento de desenmascarar a estas persoas". O Partido Popular, que califica o caso de grave, recorda o parentesco de Asunción Rivero co ex-Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, xa que "estamos a falar da prima de Touriño como a presentou Carlos Montes nas eleccións muncipais de 2007, ou a concelleira do PSOE no pobo de Pachi Vázquez, ex-Conselleiro de medio ambiente". Finalmente, o Partido Popular manifesta unha dúbida, que se debería aclarar, "saber quen destes dous foi o que lle facilitou o contrato a Asunción Rivero".
As bancadas da oposición, valeiras.
Os catro represantes da oposición na Corporación de Boborás non asistiron o pleno extraordinario celebrado a última hora da tarde. A hora de iniciar a sesión , o Alcalde Cipriano Caamaño amosou a súa sorpresa ante a ausencia, e inmediatameente despois ironizou decindo que "podiamos gardar un minuto de silencio porque a oposición parece que está morta". O pleno celebrouse coa presencia de 6 concelleiros do Partido Popular, faltou ún, suficientes para completar o quorum en primeira convocatoria. A continuación, Caamaño dirixiuse o público presente no salón de actos, defendendo a medida de recortar as iluminacións públicas porque "había un exceso de luces e a maioria da xente estaba dacordo con eesta proposta". A decisión da oposición de non acudir a esta sesión plenaria adiantámola desde esta emisora no programa "A Mañá de Cope". Os catro concelleiros e concelleiras que integran os grupos municipais do BNG e PSOE decidiron non acudir a esta convocatoria. A medida acordouse como sinal de protesta "por non seren atendidas as demandas veciñais e tras declaracións insultantes por parte do Alcalde cara a oposición en distintos medios de comunicación", xustificou a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro. A concelleira nacionalista explicou que " a controvertida decisión do Alcalde de apagar a determinadas horas o alumeado público provocou nos veciños e veciñas certa alarma social, que o BNG recolleu e trasladou o Alcalde xa no pasado mes de setembro". Tamén manifestou que, durante este tempo, lonxe de buscar unha solución e reunirse cos grupos políticos, tal como se lle pedía, o Alcalde "lévase prodigando nos medios de comuncicación co único obxetivo de descalificar, e agora atopámonos coa convocatoria dun pleno extraordinario onde nin na orden do día nin no expediente que se lle facilita á oposición figura para nada algún punto onde se trate o tema que está a preocupar verdadeiramente ós veciños de veciñas". Esta decisión de non acudir ó pleno, inicialmente adoptada polo BNG, foi secundada polos concelleiros do PSOE. As bancadas da oposición permaneceron valeiras por primeira vez na historia recente do Concello de Boborás.
O responsable municipal de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, ven de reunirse co xerente de Xestur Argimiro Marnotes, unha xuntanza na que tamén estivo presente o Alcalde Carlos Montes, para analizar a problemática na avda. de Compostela, relativa ás defiencias derivadas da obra de reforma que se acometeron recentemente, daquéla non se separaron as augas pluvias do alcantarillado, e desde entón veñense producindo inundacións nos baixos e sotos de varios edificios, e na propia rúa, que xa teñen provocado varias incidencias no tráfico. Amil asegurou que se están estudiando posibles solucións para levar á practica e solventar esta problemática, que ven motivando as protestas dos veciños afectados. O Tenente Alcalde tamén anunciou que xa encargou a elaboración ós servizos técnicos muncipais un estudio de avaliación da seguridade vial nas rúas do Carballiño, coa finalidade de proxectar fucturas actuacións e tamén adaptar e correxir na medida do posible as deficiencias que se detecten, na procura de mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade nas vias carballiñesas Neste senso, para este xoves dia 12 á unha da tarde, o Concelleiro vaise reunir coa veciñanza da rúa Virtude, e coa idea de consensuar a mellora da seguridade vial nesta rúa na que o tráfico aumentou considerablemente no último ano e desde que se prohibíu o acceso desde o cruce de Ribadavia a través da rúa Ribeiro. A intención de Manuel Amil é acometer a construcción de beirarúas para mellorar a seguridade vial nesta rúa que enlaza o cruce de Ribadavia coa rúa San Cibrán.
O grupo ecoloxista cita a existencia de "documentos oficiais que proban como na canceira do Carballiño, entre os meses de marzo, cando se descubriron ducias de cans mortos violentamente e enterrados nunha fosa con cal, e o mes de xuño, foron sacrtificados outros 55 cans". Según esta nova denuncia de Matar por Matar Non, trataríase polo tanto "da metade dos que sobrerviron a primeira matanza". Os ecoloxistas consideran que se no primeiro caso o asunto foi de gravidade extrema, neste segundo episodio e tendo en conta as numerosas xaulas desocupadas e o escaso número de cans que sobreviviron, a situación toma tintes dramáticos e escandalosos, e detrás da mesma estaría "ou ben algún tipo de desalmado que por non levar traballo mata os cans, ou que estos crueis acontecementos responden a unha intencionalidade de resolver o problema e os gastos da canceira, mediante o sistema de eliminar os cans alí recollidos". Ademáis, dase a circustancia que nos últimos meses apenas se están recollendo animais, nin no Carballiño nin no resto da Comarca. De feito, nas últimas semanas numerosos cans abandonados andan soltos, tanto polo casco urbano como polos arredores. Desde Matar por Matar Non, pídese que se investigue a identidade de quen se cree con inmunidade de desafiar á lei, a Garda Civil, e incluso ó proceso por maltrato animal con resultado de morte que segue aberto no Xulgado do Carballiño. Finalmente, os ecoloxistas, que puxeron novamente estos feitos en coñecemento do Seprona, fan un chamamento ós responsables do novo goberno municpal do Carballiño para que abran unha investigación que aclare esta segunda matanza nestas instalación muncipais, ó tempo que se reactive a comisión de investigación pendiente, porque actúar doutra maneira "convertiraos, non só en cómplices, senón tamén en encubridores dunha das maiores ignomias cometidas contra animais indefensos en calquera lugar do noso país"
As actividades terán lugar os vindeiros dias 14 e 15 deste mes de novembro, na pista roxa e no salón de actos da casa do Concello do Carballiño. "Bioterra 2009" nace coa idea de combinar a ecoloxía, o consumo responsable, e o comercio xusto e local. Intalaránse arredor de 20 postos de productores locais e ecolóxicos, e asociacións vencelladas ó comercio xusto e local. No acto de presentación, Rebeca Carreiro, da asociación cultural Pepa Loba, salientou que o principal obxetivo desta ferira "é revalorizar e dar a coñecer ós productores e cooperativas de producción ecolóxica, asi como reivindicar o comercio xusto local como unha forma de vida sostible có medio ambiente".
Ademaís, e como actividades complementarias á feira, celebraráse unha charla de iniciación á micoloxia "O reino dos fungos: identificación e conservación", ás doce da mañá do sábado 14 no salón de actos da casa do Concello, asi como obradoiros de cociña micolóxica e outro de cestería con mateirais de refugallo. Coa organización de "Bioterra 2009" colabora o Concello do Carballiño a través da concellería de medio ambiente, o seu titular, Bernardo García comprometeu o apoio do seu departamento con esta inciativa, e aplaudíu o traballo desenvolvido pola asociación Pepa Loba, un colectivo aínda de recente constitución no Carballiño e que aposta pola cultura da sostibilidade na relación da sociedade co seu entorno.
A Policia Local do Carballiño procedeu nas últimas horas á dentención de dous conductores que superaban a taxa de alcohol, e circulaban cos seus vehículos en zona urbana. O primeiro deles, despois de que unha chamada anónima alertara sobre a presencia dun conductor que se dispoñía a subir ó coche con evidentes signos de embriaguez. O vehículo foi interceptado na rúa Aller Ulloa, e unha vez realizada a proba de alcoholemia ó conductor, E.M.M. de 53 anos e veciño do Carballiño, deu unha taxa en aire de máis de 0,90. No segundo caso, axentes da Policia Local detiveron a F.V.R, veciño de Cenlle, por negarse a facer a proba de alcoholemia, despois de que fose sorprendido circulando por dirección prohibída.
Doutra parte, a Policia Local busca o conductor ou conductores, que ocasionaron varios golpes en vehículos estacionados en distintas rúas do Carballiño. Alonmenos, son dúas as denuncias presentadas por propietarios de vehículos correctamente estacionados nas rúas Ribero e San Cibrán. Ademáis, outro vehículo chocou contra o peche exterior dunha dunha vivenda na rúa Alberto Vilanova. Os feitos ocurriron durante a pasada madrugada e tres casos os infractores deronse á fuga.
Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses. Un partido gris, igual que a tarde, o visto no campo de Burgans e ante un Cambados que moito terá que traballar se quere manter a categoria. Mentres, o Arenteiro, case con un equipo de circustancias, tivo desta vez a sorte de cara e conseguíu unha victoria que lles permite os verdes seguir a estela de Porriño, o líder a catro puntos, e o Estradense, segundo clasificado do que o Arenteiro se sitúa a ún punto ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria, e aínda a tiro deses dous primeiros postos que dan dereito ó ascenso á terceira división. Claro que se ese fose o obxetivo, este Arenteiro tén moitísimo que mellorar.
O acidente ocorreu ás 8,53 desta mañá de sábado na estrada N-541 ó seu paso polo Carballiño, no punto kilométrico 27, estó é, na curva do Cornubal, a carón da ponte desta estrada sobre o río Arenteiro. Según a información aportada pola Garda Civil de tráfico, o accidente consistiu nunha colisión forntal entre dous vehículos, un renault clio e un Nissan Patrol. No primeiro viaxaba un veciño de Ourense, de 67 anos de idade, que resultou con feridas graves e foi trasladado en ambulancia ó complexo hospitalario de Ourense, mentres que o todoterreo era conducido por un veciño da localidade de Lerma, na provincia de Burgos, que sufríu feridas leves. Efectivos do Grumir do Carballiño traballaron para limpar a calzada e deixar a estrada expédita para o tráfico.
O Concello de Beariz está a organizar o “I concurso infantil de postais do Nadal”. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas entre 3 e 12 anos que estén censados no Concello de Beariz. Así que, se eres de Beariz e tes entre 3 e 12 anos, anímate e participa, e ademáis poderás gañar un lote de material escolar por valor de sesenta euros.Qué podes facer para participar?
Só tes que recoller no Concello ou no Colexio de Beariz un sobre que contén unha cartulina onde tes que facer o teu dibuxo relacionado có Nadal.
Identificación:
No reverso de cada dibuxo deberá figurar o número que no Concello ou Colexio nos asignen no momento de presentar os traballos có fin de garantir o anonimato. NON LLE POÑAS O TEU NOME.
Prazo de admisión:
Poderá presentarse no Concello ou no Colexio un debuxo relacionado co Nadal por neno/a, en color ou branco e negro. Tes de prazo ata o día 24 de novembro. No sobre indicarase: “I Concurso Infantil de Postais do Nadal 2009”.
Xurado:
O xurado estará formado por un representante do Concello, por a directora do colexio e por un membro dos servizos sociais da Mancomunidade. O fallo será emitido na última semana do mes de novembro.
Premios:
O Concello establece os seguintes premios:
Primer premio: lote de material escolar valorado en 60 euros e será o dibuxo que o Concello de Beariz utilice na postal para felicitar o Nadal.
Segundo premio: lote de material escolar valorado en 40 euros.A entrega de premios levarase a cabo no lugar, día e hora que previamente se comunique.
Exposición:
Cos debuxos recibidos faráse unha exposición de postais que estará no Colexio ata o día 18 de decembro e a partires desta data ubicaráse na casa do Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- …
- seguinte ›
- última »