(Redacción. Belén González) O alcalde de Avión, Antonio Montero, declarou que este verán o concello estará marcado por unha ampla variedade de actividades tanto para pequenos como para maiores. A oferta destes pasatempos serán fitos permanentes e puntuais; cada xoves terá lugar o "Ourense Lúdico" marcado por xogos e obradoiros para que os máis cativos desfruten das vacacións. Ademáis, no aspecto deportivo terán lugar cursos de piragüismo no Embalse de Albarellos e no río Valderías e cursos de natación na piscina municipal, que foi aberta o pasado 1 de xullo. Como actividades puntuais, Antonio Montero destacou o Espazo de Saúde que terá lugar o próximo día 13 e que ten como obxectivo informar e previr enfermidades; neste curso estarán presentes diferentes asociacións contra o cancro, a diabete e demáis enfermidades para ofrecerlle ós veciños charlas e os mellores consellos no aspecto saudable. O vindeiro martes 14 e o xoves 16 celebraránse actividades adicadas os máis novos; o día 15, un mago fará as delicias do público facendo sorprendentes trucos que manterán entretidos os pequenos da vila. Xa para a seguinte semana, tódolos públicos están convidados a ver o filme Kung Fu Panda. Para rematar este mes de xullo, o venres 24 celebraráse a V edición da Festa Mexicana que terá a actuación estelar de mariachis a partires das 21.00 horas. Ademáis todo o que asista poderá degustar unha ampla oferta gastronómica grazas a presenza dos restaurantes Chilam Balam (Vigo), Rincón Azteca (O Carballiño) e Mesón Mejicano (Tourón). O alcalde incidiu que este ano a festa adicada a tódolos mexicanos foi cambiada polas celebracións dos pobos cercanos e da propia capitalidade, posto que coincidía coa festa de Amiudal. O máximo representante de Avión señalou que a chegada de mexicanos ó pobo viuse algo mermada, pero Montero destacou que "non creo que sexa pola gripe A que non veñan tantos visitantes, senón que achácollo máis a crise económica que se atravesa a escala mundial".
(Redacción. Belén González) As obras do novo parque empresarial do concello de San Cristovo de Cea comezarán o vindeiro mes de setembro; neste parque instalaráse a madeireira as Cinco Jotas. A nave desta empresa ocupará ó redor dos 50.000 metros cadrados e ofrecerá traballo entre as 140 e as 160 persoas. Ademáis do empuxe socio-económico que suporá a instalación da mesma para a comarca, as Cinco Jotas é non contaminante e creará postos de traballo directos e indirectos como o aproveitamento dos montes entre outras vantaxes. Nas declaracións feitas polo alcalde José Luis Valladares á nosa emisora, "a construcción deste parque empresarial darálle vida tanto ó concello como á comarca de O Carballiño". Valladares destacou que a construcción deste parque faráse en montes comunais pertencentes ós veciños de Fondo de Cea, tamén resaltou a situación privilexiada grazas as autoestradas feitas nos últimos anos como a que comunica Santiago-Ourense e a próxima apertura da autoestrada Lugo-Ourense. O máximo representante do concello de Cea lamentou a falta de colaboración durante o goberno bipartito, sobre todo, por parte do Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Valladares dixo que cando o proxecto chegou as mans de Vázquez, este "gardou o estudo de impacto ambiental nun caixón" e agora están retomando a idea para que as Cinco Jotas se instale no parque empresarial. Esta empresa está formada polos irmáns Jacobo, Javier, Julio e José. Naceu nos anos 60 en Vigo grazas a D. Julio Costas González. En 1985 comezou a fabricación das primeiras construccións en madeira coa idea da casa como segunda vivenda. Hoxe en día esta empresa conta con 15.000 metros cadrados que fabrica e instala todo tipo de edificacións. Destacan as vivendas unifamiliares como primeira residencia e sempre cumplindo as normas de edificabilidade e habitabilidade. Un proxecto que comezará a ver a súa luz este ano e comezará con esta empresa madeireira.
(Redacción. Belén González) Este vindeiro domingo día 12 a partires das 10.00 horas da mañá, o Concello de San Amaro celebra a primeira Feira do Rastro organizada pola Asociación Lansbricae. Esta iniciativa persegue dous obxectivos: a curto prazo preténdese que a xente se desfaga de todos aqueles aparellos en boas condicións que non son empregados e a longo prazo, Lansbricae reclama a recuperación da antiga feira do 26 que se celebraba cada mes no concello. Xa son 18 os postos acreditados que estarán este vindeiro domingo no coñecido Campo da Festa, onde antigamente se celebraba a famosa feira do 26. Alí instalaráse este mercado no que se poderán adquirir obxectos que van dende motos pasando por roupa, ferramentas, radios, televisións, material informático, cadros feitos a base de cristal e materias de refugallo e un longo etcétera que non deixará indiferente a ninguén. Tamén contarán cunha variada oferta gastronómica galega como pulpo á feira e carne ó caldeiro, mentres que para o postre haberá rosquillas e as famosas filloas galegas acompañadas polo que se desexe.
(Redacción. Belén González) Un verán máis o Noitebús marcará as fins de semana dos máis novos co obxectivo de reducir a siniestralidade nas vías. Esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras fixou o prezo deste servizo en 2 euros que inclúe ida e volta. Ademáis, o viaxeiro terá dereito a empregar sen límite de veces o autobús durante unha mesma xornada. Este servizo de Noitebús pasará polas principais localidades da comarca de O Carballiño.
Cabe destacar que esta iniciativa púxose en marcha como experiencia piloto, pero grazas a súa boa acollida tivose que extender por toda a xeografía galega e tamén ampliarse temporalmente. As liñas que hai na nosa comarca son: Ourense-Carballiño con paradas en Santa Cruz, Barbantiño, Punxín, O Viñao, Listanco, Maside, Pousada, Dacón, Estación de trens e O Carballiño. Os horarios de saída son ás 23.00 h., a 01.30 h. da mañá e ás 03.30 h. da madrugada dende o Parque de San Lázaro. As horas de regreso dende O Carballiño son: 23.30 h. da noite, ás 02.00 h. e ás 04.00 h. da mañá que sairán dende a Estación de autobuses.
Outra das liñas é a que vai dende Monforte de Lemos- O Carballiño e que pasará por Chantada, A Barrela, Tolda, San Cristovo de Cea, Seoane e rematará no Carballiño. O autobús sairá ás 22.00 h. da noite dende Monforte e o de volta terá lugar ás 01.50 h. da madrugada. A terceira viaxe é a que une Barbantes-O Carballiño con paradas en Barbantes, Rubiás, Ourantes, Salamonde, Cruceiro, Señorín e O Carballiño. O autobús realizará a súa saída ás 00.45 h. da mañá e o seu regreso terá lugar ás 06.45 h. da madrugada. Tamén contarán co Noitebús a comarca do Ribeiro que partirá de Ribadavia parando en Leiro, San Clodio, San Amaro, Porto, Partovia, Torrón con remate no Carballiño. O autobús sairá ás 00.00 h. da noite e regresará ás 06.00 h. da mañá.
O quinto percorrido levará camiño de As Laxas-O Carballiño con paradas en A Devesa, O Reino, Lousado e O Carballiño. O servizo sairá ás 00.00 h. da noite e voltará ás 06.00 h. da mañá. O traxecto que une Beariz co Carballiño sairá ás 23.00 h. da noite e regresará ás 05.00 h. da mañá con paradas en Beariz, Magros, Feás, Brués, A Almuzara e O Carballiño. O último itinerario é o de Beariz-Forcarei que parará en Doade, Xirazga, Pardesoa, Loureiro, Forcarei e Soutelo de Montes. O autobús sairá ás 22.30 h. da noite e regresará ás 05.00 h. da mañá dende Soutelo de Montes.
Esta iniciativa extenderáse dende o presente mes de xullo ata xuño do 2010.
A Comarca do Carballiño será a única dentro da oprovincia de Ourense, e unha das seis de Galicia, que contarán este verán con voluntarios da campaña de vixilancia e defensa do monte galego, que poñen en marcha conxuntamente as consellerias de traballo e medio rural. O operativo iniciaráse o vindeiro día once de xullo deste mes de xullo e prolongaráse atá o 20 de setembro. En total, serán 600 persoas maiores de 18 anos as que levarán a cabo labores de prevención e vixilancia no ámbito territorial das seis comarcas elexidas, entre elas O Carballiño, consideradas como de moi alto risco para os incendios forestais, debido as altas cantidades de biomasa combustible que presentan os montes. Os voluntarios realizarán tarefas complementarias e en ningún momento suplantarán ós equipos profesionais, e consistirán en percorrer camiños e montes para disuadir ós posibles incendiarios, facilitar información á veciñanza sobre as queimas, localizar vertedorios incontrolados, tqarefas de vixilancia e mesmo de apoio loxístico ás "cuadrillas" profesionais.
Arsenio Iglesias e Lolo Carril
(Redacción. Belén González) A II Gala do Deporte do Carballiño homenaxea ós deportistas máis sobranceiros no Auditorio ó que acudiron máis de 400 persoas. A este acto acudiron ex deportivistas da talla de Arsenio Iglesias, Manjarín, José Ramón, o ex celtista Vlado Gudelj e o entrenador do Tau, Dusko Ivanovic entre outros moitos que se encargaron de entregar os premios. Entre os galardoados estiveron o nadador Borja Fernández e a taekwondista Cristina Fernández. Tamén tivo o seu recoñecemento o equipo xuvenil da Escola Municipal de Fútbol, o ex árbitro José Fernández "Godoy" por toda unha vida adicada ó deporte, o capitán do Clube Deportivo Arenteiro, José Luis Méndez "Tacón" que tivo unha mención especial e o locutor do programa radiofónico "O Tirachinas" de COPE O Carballiño, Lolo Carril, que foi homenaxeado pola promoción do deporte local. Así ata un total de 15 galardóns serían entregados nunha gala, que a falta dalgún detalle que a mellore, resultou atractiva e inclusive por momentos emotiva.
(Redacción. Belén González) Un ano máis a Axenda Cultural do Concello de San Cristovo de Cea ofrece moitas actividades do máis diversas posibles; estas van dende excursións tanto para maiores como para cativos ata talleres, campamentos, concertos... A continuación podes ver as actividades que Cea ten preparadas para o período estival. Durante todo o mes de xullo e agosto haberá un curso de natación gratuíto de luns a venres. Os destinatarios son tódalas persoas interesadas que se terán que inscribir na Casa do Concello. E hoxe mesmo, día 6, comeza o II Campamento Urbán que durará ata o 10 de xullo e cun horario que irá dende as 10.30 horas ata as 13.30 horas. Estas actividades terán lugar no Campo da Saleta de Cea, pero en caso de que as condicións climatolóxicas non acompañen, estas serán trasladadas ó Edificio Multiusos Municipal. Os máis xoves realizarán obradoiros, globoflexia, tatuaxes, maxia, deportes, malabares, murais, xogos... e moitas máis actividades que evitarán que os máis pequenos se aburran. Despois do Campamento Urbán comeza o Ludiverán 2009 no cal se realizarán manualidades, xogos cooperativos, rastrexos, obradoiros de educación medioambiental e moitas máis actividades que farán desfrutar a tódolos rapaces que asistan. As datas da realización serán os vindeiros martes días 14, 21 e 28 de xullo e o 4 de agosto e os venres 17, 24 e 31 de xullo e o 7 de agosto. O horario será dende as 11 ata as 13 horas e celebraráse no Edificio Multiusos Municipal. Outra proposta é a excursión ás Illas Cíes o vindeiro domingo 19 de xullo; esta viaxe vai dirixida ós veciños do Concello de tódalas edades. Realizaránse rutas de sendeirismo e tamén se poderá desfrutar das preciosas prais desta paraxe natural. As tarifas para os empadroados son as seguintes: prezo individual con xantar por 30 euros por persoa e o prezo individual sen xantar por 15 euros. Para as familias o prezo con xantar será de 28 euros por persoa e sen xantar terán que pagar 14 euros por persoa. O prezo inclúe a viaxe de ida e volta en autocar, viaxe de ida e volta en barco e xantar, según a tarifa elexida. Aqueles que queiran asistir téñense que apuntar na Casa do Concello con data límite o 13 de xullo. Para o caluroso mes de agosto e acompañando ó bo tempo haberá unha excursión ó Parque Acuático de Cerdeda o día 5 de agosto con saída ás nove da mañá. Esta iniciativa vai dirixida a tódolos rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos cun prezo de 10 euros que inclúe a entrada ó parque a comida e a viaxe. Os interesados poderánse inscribir ó longo de todo o mes de xullo na Casa do Concello. O día 6 de agosto celebraráse o Cine de Verán Caixanova ´09 coa proxección do filme Mamma Mía. O pase da película será ás 23.00 horas da noite e a el poderán acudir tódolos que desexen; o lugar será a Praza Maior de Cea e en caso de mal tempo, a actividade trasladaráse ó pavillón polideportivo. Para rematar a época estival celebraráse a V Festa da Xuventude que terá lugar o 18 de setembro na Praza Maior de Cea. Esta festa vai dirixida a tódolos xóvenes do Concello que poderán adquirir as súas entradas ata o 14 de setembro. Tamén o Concello de Cea interésase pola educación de todos e para iso poñen a disposición de aqueles que o desexen aulas de inglés para rapaces e adultos e aulas de apoio escolar. Para asisitir a estas aulas teránse que inscribir na Casa do Concello. Deste xeito e con actividades tan variopintas poráse punto e final ó verán 2009.
Feijóo con Lolo Carril
A Vila de Cea acolleu este domingo unha das edicións máis multitudinarias na historia da "festa de exaltación do pan", que cumplíu este ano a maioria de idade, 18 anos. Aínda que a afluencia de visitantes foi constante durante toda a xornada, sería arredor do mediodia e a hora do xantar cando se rexistrou un abarrote de público no campo da Saleta e as súas inmediacións. A primeira hora da tarde sumouse á festa o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que foi recibido polo Alcalde de Cea José Luiis Valladares, o Presidente da Deputación José Luis Baltar, o Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martínez e o Presidente do Consello Regulador da IXP Carlos M. Rodríguez, xuntos percorreron os stands da festa e presidiron o acto de entrega de distinciós otorgadas polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que orzaniza este evento en colaboración co Concello de San Cristovo de Cea. Feijóo sinalou que esta festa "aposta polo tradicional, pola calidade e polo sector primario e tamén por fixar poboación no rural". Ademáis, o Presidente do Executivo Galego destacou o valor das festas gastronónimas de Galicia e dos productos artesais galegos.
Carlos M. Rodríguez, durante a súa intervención no programa
O Presidente do consello regulador da IXP pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, espera que no horizonte dunhos tres anos, cando remate o seu mandato á fronte da Indicación Xeográfgica Protexida, poidan acardarse os dous millóns de unidades de pezas, o que siñificaría triplicar a producción desde a creación deste consello regulador. Estas optimistas previsións do Presidente foron feitas no programa "a mañá de Cope O Carballiño", nunha emisión especial adicada á "XVIII Festa de exaltación do pan de Cea" e na que Carlos Manuel Rodríguez tamén afirmou que a crise económica non está afectando á venda de pan de Cea "porque este pan é imprescindible en calquera mesa que se precie, e para nada a crise está influindo, ó contrario, cada vez temos máis demanda, sobre todo desde o exterior da nosa Comunidade Autónoma, xa que hoxendia o pan de Cea e coñecido por toda a xeografía española e aínda é máis apreciado fora que en Galicia". En canto a esta nova edición da festa de exaltación, a celebrar este domingo dia 5 de xullo no campo da Saleta de Cea, o Presidente do consello regulador espera acadar un novo record de venda de pezas de pan, que se siuou o ano pasado en 2.400. Durante a a xornada animarán a festa charangas, a Banda de Gaitas e as Pandereiteiras de Cea, e xa desde última hora da tarde a orquestra Ciudad Cristal. O xantar oficial está programado para as dúas e media da tarde, e tanto pola maá como pola tarde haberá desgustacións de pan de cea acompañado de distintos productos galegos con denominación de orixe, que ademáis contarán con stands expositores e de venda.
O cartel anunciador da "2ª festa da cervexa", no que aparece a fotografia dunha modelo, levou a concelleira do Partido Popular do Concello do Carballiño, Pilar Caride, a "instar o servizo de igualdade do Concello a que valore a idoneidade do cartel debido as súas connotacións sexistas, que non teñen en conta as políticas de igualdade promovidas polas distintas institucións". Esta segunda edición da festa da cervexa celebraráse do 9 ó 12 de xullo na praza maior, organizada por un grupo de hosteleiros da zona centro, coa colaboración do Concello do Carballiño, como figura no cartel anunciador. O Concelleiro de turismo, Manolo Dacal presentou este evento como unha iniciativa máis para dinamizar o verán carballiñes. Ademáis da venda de cervexa de varias marcas e degustación de comida mexicana, polbo á feira, salchichas ou morunos, tamén haberá actuacións musicais e de animación, un trio de mariachis, charangas, un home orquestra e o humorista Xosé Manuel Campos. Seis establecementos hosteleiros do entorno da Praza Maior sumaronse a esta inciativa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- …
- seguinte ›
- última »