As axudas, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar, permitirán a contratación de 130 traballadores no conxunto dos Concellos das dúas Comarcas. Na do Carballiño serán contratados un total de 57 traballadores, para o que se destinan 456.000 euros, sendo as actividades nas que se incidirá maiormente as de servizos de interese social e os Grumir. No caso dos Concellos do Ribeiro empregaránse 73 traballadores, cun orzamento de 618.000 euros, sendo as actividades máis comúns as relativas ó acondicionamento de espacios naturais e rehabilitación de espacios públicos.
A duración dos contratos oscilará entre os tres e os doce meses. Con este plan de emprego a través dos Concellos, a Xunta de Galicia pretende xerar novos postos de traballo no medio local e rural, disminuindo desta maneira as consecuencias da crise económica que estamos padecendo. A adxudicación de fondos fíxose, según a Consellería de Traballo e Benestar, tendo en conta criterios non só de poboación e taxas de desemprego, senón tamén na solidariedade e o reequilibrio territorial.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Carlos Montes, Alcalde do Carballiño
Unha veciña da localidade carballiñesa de San Fiz do Varón faleceu esta tarde nun acccidente de tráfico na estrada do eixo do ribeiro, a altura da propia parroquia do Varón, a unhos catro kilómetros do Carballiño. O sinistro aconteceu minutos antes da oito da tarde, cando un vehículo se saíu da calzada e posteriormente producíuse un choque entre dous turismos. Atá o lugar desplazouse o helipcótero medicalizado do servizo 112 con base no hospital provincial de Ourense. Por parte da garda civil de tráfico non se falicitou a identidade da persoa falecida, ainda que se confirma que se trata dunha muller do pobo de San Fiz do Varón.
Primeiro, o rexeitamento por parte da Corporación dos orzamentos do 2009, e a conseguinte asfixia económica que se agravou aínda máis no Concello Carballiñés, sen posiblidade de poder realizar operacións de tesorería -tan habituais neste Concello- nin poder solicitar préstamos, e xa agora, os resultados nas elecións ó Parlamento Europeo rexistrados no Carballiño este pasado domingo, nos que o Partido Popular obtivo 400 votos máis que a suma Psoe-Bng, fixo saltar as alarmas, toda vez que o PP obtería unha ampla maioria absoluta se os resultados se extrapolasen a unhas eleccións municipais. As consecuencias poden ser inmediatas, e asi pudemos sabelo de fontes de toda solvencia, un sector do grupo de Psoe presiona a Carlos Montes para que acelere un acordo co Bng. Neso consistiría xa que logo o "plan B" ó que fai unhas semanas atrás se referira o Alcalde Carballiñés, un acordo que que serviría non só para garantir a aprobación dos orzamentos do 2009, que serían novamente presentados ante o Pleno da Corporación, senón que iría máis alá e buscaría un acordo estable para os dous anos que restan do actúal mandato muncipal, un acordo que se plasmaría entón nun novo goberno muncipal bipartito entrre socialistas e nacionalistas para gobernar conxuntamente o Concello do Carballiño nos dous vindeiros anos, e no que os concelleiros do Bng asumirían responsabilidades nalgunas das áreas do organigrama muncipal. Montes conservaría a Alcaldia do Carballiño e o Bng entraría a formar parte do Goberno Muncipal.
Para participar na campaña haberá que solicitar a entrega dunha "cartilla" en calquera dos 91 establecementos do "centro Comercial Aberto do Carballiño" , para posteriormente completar as dez partes dun puzzle coa fotografia do vehículo que será sorteado, un peugot 107, cos gastos de maticulación incluidos, sorteo que se realizará ante notario o dia 11 de agosto na sede da Asociación de Comerciantes do Carballiño entre todos os clientes que completen o puzzle. Haberá un prazo dun mes para reclamar o premio, e se transcurrido ese periodo non aparecese o gañador, entón sería novamente sorteado o dia 12 de setembro. A campaña inciase o dia 15 deste mes de xuño no que andamos, e durante a mesma está previsto que se repartan arredor das 55.000 pegatinas para completar os puzzles.
Os rapaces entre os 6 e os 13 anos terán a oportunidade de participar no "2º campamento de verán" que se desenvolverá en Maside durante o vindeiro mes de xullo, e aberto tanto a nenos e nenas empadronados no Concello Masidao, como chegados doutros Concellos. Os primeiros aborán 12 euros como cuota de participación e os segundos 15 euros, estando aberto o prazo para inscribirse atá o 29 de xuño, nas oficinas do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Maside. Ademaís, os cativos entre os 3 e os 6 anos poderán participar en diversos obradoiros entre o 3 e o 21 de agosto, cunha cuota de inscripción de 10 euros. E xa tanto para rapaces como para adultos, programaránse durante a tempada estival varios cursos de iniciación e perfeccionamento de natación, na paiscina da Rañoa, e tanto en horario de mañá coma de tarde, de 11 a 12 horas, e de 20 a 21 horas. Os participantes nestes cursos de natación terán que abonar 10 euros. Exclusivamente para adultos, e dous dias á semana, tamén na piscina da Rañoa programaráse a actividade do "AQUAGYM", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Para toda a veciñanza residente no Concello de Maside van poñerse á venda bonos de tempada e mensuais, que poderán retirarse a partir do 15 de xuño.
Asunción Rivero, promotora da actividade
Os requisitos para poder participar nesta actividade son ter entre os 13 e os 19 anos e estar empadronado no Concello do Carballiño. A cuota de inscripción é de 90 euros e as prazas dispoñibles son 73, das que oito serán subvencionadas para familias en dificultades económicas. Ademáis, o número de prazas inicialmente previstas podería ampliarse en función da demanda,. unha vez aberto o prazo de incipción a partir de hoxe lúns oito de xuño, no departamento muncipal de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. As Xornadas desenvolveránse entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, ambos inclusive.
Asunción Rivero, a Concelleira de Sanidade enmarcou esta actividade dentro da programación do "Carballiño Concello Saudable", conxunto de actividdes que se ven desenvolvendo no último ano subvencionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Durante os cinco dias da súa celebración, estas " segundas xornadas para adolescentes xóvenes saudables" incluirá varios obradoiros arredor da alimentación, a educación, as relacións sexuais ou a prevención das dorogodependencias. Outras actividades terán un carácter máis lúdico, apartado no que se incluíu un concerto da banda musical "Secho e Cia" e unha actuación da Escola Muncipal de Funky, e outras de carácter deportivo. Os últimos tres días están reservados para unha excursión a Segovia e Madrid, onde se realizarán varias visitas, estando previsto o aloxamento dos participantes no camping "Alpha", nas proximidades da capital española.
A participación neste proceso electoral no Concello do Carballiño foi do 49,97 por cento, tres puntos por debaixo en relación a estas mesmas eleccións europeas do ano 2004, daquéla a participación acadara o 53 por cento. Na xornada electoral de hoxe domingo a abstención gañou por unhas décimas á participación. Un total de 5.687 carballiñeses exerceron o seu dereito ó voto. O Partido Popular obtén 2.932 votos, o que representa o 51,56 dos sufraxios escrutados. A segunda formación política foi o Psoe, que acadou 2.090 votos, e unha porcentaxe de 36,75 sobre o cómputo total. Pola súa parte, o Bng obtivo 421 votos, o que representa o 7,40 dos sufraxios emitidos polo electorado carballiñés. O resto das candidaturas que se presentaban a estas eleccións ó Parlamento Europeo obtiveron un respaldo minoritario, sumando en conxunto 147 votos. As papeletas nulas foron 48 e en blanco contabilizaronse 49 votos. O Partido popular conseguíu un claro triunfo electoral en todas as mesas do ámbito urbano, mentres o Psoe ten os seus mellores resultados na zona rural. O Partido popular gañou con claridade en todas as mesas do casco urbano, e maís apretadamente nas de A Uceira, Partovia e Mesego. Mentres, o Psoe logrou impoñerse nas mesas electorais de Costoia, Laborada e Veiga. No resto da Comarca o Partido popular tamén gaña en todos os Concellos, salvo en Punxín onde os socialistas gañan cun 48 por cento fronte o 44 por centos dos populares. A victoria do Partido popular tamén se produce nos outros dous Concellos da Comarca con Alcalde Socialista: En Maside o Partido Popular rebasa o 52 por cento dos votos fronte o 41 por cento do Psoe, mentres en Piñor tamén se impón o Partido Popular co 50 por cento dos votos escrutados neste Concello. No resto da Comarca, nos Concellos con Alcalde do Partido Popular a victoria popular é aínda moito máis ampla, con porcentaxes que van do 59 por cento de San Amaro, 67 por cento en Cea, o 71 por cento en Boborás e O Irixo, e chega atá o 91 por cento de votos recibidos no Concello de Beariz. Xa finalmente noutros Concellos, En Leiro o Partido Popular gaña co 64 por centos do votos escrutados, e no Concello de Avión a porcentaxe sobre voto emitido ronda o 90 por cento a favor dos populares.
.
Suma e segue. Á inminente supresión de prazas de aparcamento unha vez se leve a cabo a peonalización do barrio de Flores, agora séguelle a rua Cerca, onde as obras de reforma que se están a levar a cabo siñificarán a eliminación de aproximadamente unhas 30 prazas de aparcamento nesta céntrica rúa carballiñesa. A obra enmarcase dentro do proxecto de mellora da seguridade vial que o Concello Carballiñés incluíu nos proxectos finaciados con cargo o Fondo Estatal de investimento local, e conta neste caso cun orzamento de 221.000 euros, nun proxecto no que tamén se levará a cabo esta mesma actuación nas rúas Calvo Sotelo e Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Polo que respecta á rua Cerca, a obra consiste na reposición das infraestucturas soterradas e a construcción de beirarúas, o que conleva a desaparición de máis prazas de aparcamento públicas nas rúas carballiñesas. Ademáis, e según anunciou recentemente o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, esta rúa experimentará algunhos cámbeos no sentido da circulación, que terá saída tanto á rúa Curros Enríquez coma á rúa dos Canteiros.
A denuncia foi presentada ante a garda civil do Carballiño, onde compareceu L.F.R., de 74 anos de idade, facendo constar que persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior do seu domicilio no Carballiño, tras forzar a porta da vivenda, levandose cinco mil euros que gardaba en efectivo e unha medalla de ouro. Na nota informativa da Garda Civil non se ofrecen máis detalles. O certo é que se trata dun novo caso dentro dunha série de roubos que durante os útlimos meses se veñen producindo en pisos e vivendas do casco urbano do Carballiño, ós que os ladrós acceden aproveitando a ausencia dos seus propietarios a diferentes horas do dia, xa que se trata de vivendas habitadas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- …
- seguinte ›
- última »