Antonio Montero
O Alcalde de Avión, Antonio Montero confirmou na "Mañá de Cope O Carballiño" que son varios os veciños deste Concello que están pendientes de viaxar a México en datas próximas e que por motivos tanto personais como profesionais é moi complicado que poidan anular estas viaxes, malia as preocupantes informacións sobre a situación sanitaria no país Mexicano derivada do brote de gripe porcina. Os casos de persoas mortas naquél país xa se elevan ás cento cincuenta e as persoas que están en observación xa ascenden a máis de dúas mil. Montero subliñou que tanto as informacións que chegan vía telefónica como a través dos medios de comunicación son altamente preocupantes, a unhas semanas vista do tradicional trasvase de emigrantes que cada ano chegan os Concellos de Avión, e a outros coma Beariz ou Boborás, aínda que confía o rexidor municipal que para esas datas esta problemática estea controlada. O Alcalde de Avión tamén fixo un chamamento á prucencia, evitando alarmismos innecesarios e aconsellou ós veciños que vaian a viaxar a México para que adopten as medidas de prevención e control recomendadas polas autoridades sanitarias.
No ámbito do Estado Español, son xa 26 os casos de pacientes que permanecen en observación, sospeitos de ter adquirida a enfirmidade, despois de recentes viaxes a México, ainda que atá o de agora só ún deses casos está confirmado como positivo. En Galicia apareceu xa un primeiro e posible caso de infección por este virus na localidade pontevedresa de Mos. A ministra de Sanidade e política social, Trinidad Jimenez, recomendou esta mañá aplazar as viaxes a México ás persoas que tiñan previsto esta desplazamento, non sendo por unha causa de "forza maior".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Intervención de Antonio Montero alcalde Avión a Cope O Carballiño
Os concellos de Avión e Beariz esperan, a partir do vindeiro mes de maio e como acontece cada ano, a chegada de centos de emigrantes residentes no país mejicano, que en moitos casos prolongan a súa estadía atá o mes de agosto. Non parece logo extraña a inquietude e preocupación polas informacións chegadas durante a fin de semana e que apuntan xa a oitenta casos de mortes confirmadas, e máis de mil pacientes en observación nos Estados Mejicanos, coma consecuencia da virulencia desta epidemia de gripe porcina. Unha preocupación tanto para as familias emigrantes residentes en méjico como os seus familiares e veciños residentes na nosa terra.
A ministra de sanidade española, Trinidad Jimenez, confirmaba este domingo a aparición de oito posibles casos en España, ningùn en Galicia, de persoas chegadas recentemente de Méjico. A Organización Mundial da Saúde recomendou ás autoridades sanitarias medidas de prevención e control exhaustivo daqueles casos anormais de neumonía ou gripe, sobre todo en persoas que non sexan nenos ou anciáns. Dase a circustancia que este brote afecta especialmente e con máis forza os adultos xóvenes e con boa saúde.
Dende as dez e media desta mañá de sábado, 25 de abril, xa quedou definitivamente aberto ó tráfico o derradeiro treito da autoestrada Santiago-Ourense, o que vai desde Ariz de San Facundo de Cea atá a autovía das Rias Baixas, de 14 kilómetros de percorrido, e no que os automobilistas se atoparán con dous grandes viaductos, que resultaron dunha gran complexidade na súa obra de construcción e que retrasaron a apertura deste treito durante varios meses. O de máis lonxitude, 780 metros, construído sobre o val do río Barbantiño, tén unha altura de 80 metros. O segundo viaducto en extensión, de 440 metros, sirve para salvar o río Miño e enlaza esta autoestrada de Santiago coa Autovía Estatal das Rias Baixas. Este treito agora aberto ó tráfico completa a autoestrada autonómica que arranca en Dozón, libre de peaxe. A Consellería do Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicía ordenou a apertura ó tráfico deste treito, sen ningún acto de inauguración.
Unha iniciativa conxunta das concellerías de tráfico e medio-ambiente vai poñer en marcha un programa que pretende favorecer a utilización da bicicleta como medio de transporte entre a veciñanza carballiñesa. Unha aposta polo "fomento da mobilidade sostible" que xa se está levando á practica en numerosas cidades e vilas españolas desde fai algunhos anos atrás, aínda que con resultados bastante desiguais. Con bastante máis éxito, e desde fai anos, xa veñen apostando por este medio en moitas cidades europeas. Trátase, evidentemente, dun medio de transporte ecolóxico, e tan recomendable para a saúde como para o medio ambiente, como subliñou o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, que deu a coñecer diversos aspectos deste programa.
O Concello do Carballiño creará un servizo municipal de préstamo para aqueles veciños e veciñas que non dispoñan de bicicletas en propiedade, e levará a cabo unha campaña divulgativa na que repartirá diverso material impreso, no que se invitará a poboación para que se aposte polo hábito de desplazarse en bicicleta. Ademáis, procederáse a intalación de aparcabicis municipais, que se ubicarán na piscifactoría, o camping, parque municipal, pavillón de deportes, piscinas, alameda, casa da cultura, concello, auditorio e nos dous institutos de ensinanza secundaria.
Outro dos obxetivos deste programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar as condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pensase que descenderá a utilización dos automóbiles, conseguiráse unha maior fluidez na circulación e máis prazas de aparcamento. Precisamente, coincidindo coa presentación desta iniciativa, deuse a coñecer a memoria da actividade desenvolvida pola Policía Local do Carballiño durante o ano 2008, e que revela un alto índice de accidentalidade nas rúas do casco urbano carballiñés. O informe, presentado polo Concelleiro José Antonio Barge e o Xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, pon de manifesto que cada tres días de 2008 produciuse un accidente de tráfico nas rúas e cruces da zona urbana.
O accidente aconteceu minutos antes da once da noite deste xoves 23 de abril, no cruce de confluencia de Conde Vallellano coa rúa Aldara, o colisionar unha motocicleta cun automóvil. Malia a aparatosidade do choque, como pode apreciarse na fotografia a moto resultou con grandes desperfectos, o piloto -que facía uso do casco- foi conducido á ambulancia de Urxencias Sanitarias polo seu propio pé, queixandose de dolores nunha man e nunha perna. O conductor do vehículo non precisou asistencia sanitaria, resultou ileso. Ambos son veciños do Carballiño. É o segundo accidente de circulación no que vai de semana no casco urbano do Carballiño. O pasado martes, unha motocicleta e un seat altea colisionaban na vella estrada de Pontevedra, na zona do parque, co resultado dun ferido grave, un veciño de Mesego que evoluciona favorablemente das feridas sufridas no Complexo hospitlario de Ourense.
As aportacións económicas de Caixanova e Deputación Provincial de ourense fixeron posible a adquisición dunha nova ambulancia, totalmente equipada, e da que xa dispón o Concello de Avión, para o servizo de traslado do urxencias sanitarias, incorporandose as prestacións da Agrupación Local de Protección Civil. O novo servizo terá unha cobertura horaria permanente de 24 horas, os 365 días do ano. Terá a súa sede no campo da feira de Avión, onde se ubica ademáis o Posto de Emerxencias de Protección Civil desta localidade. A ambulancia estará a disposción tanto dos veciños de Avión como dos Concellos limítrofes, cando se demande o seu servizo. Ademáis, para unha maior axilidade nesta pretación, poderá utilizarse un teléfono propio e gratuíto: 800 007 823.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Antonio Montero, alcalde Avión
No acto de presentación, O Alcalde de Avión agradeceu ás entidades colaboradoras a súa axuda, e salientou a importancia que para o seu Concello ten este novo servizo de urxencia sanitarias, que se pón en marcha para mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas a través dos propios recursos do Concello. Pola súa parte, O Presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, tamén presente neste acto puxo o Concello de Avión como exemplo a imitar en política de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, e invitou a outros Concellos a mirarse neste espello de Avión.
O Concelleiro do Bng solicitou da Secretaría Municipal do Concello do Carballiño un informe no que "se me aclare de que maneira se pode convocar a comisión de investigación sobre a canceira, se o Alcalde non o fai". Bernardo García asegurou que contaba xa con informes que validan xuridicamente esta posibilidade, que espera sexa confirmada pola Secretaría do Concello. O Concelleiro nacionalista lamentou esta falta de "talante democrático" do Alcalde do Carballiño e advertíu que o seu grupo non vai permitir que non se cumplan os acordos que adopta o Pleno da Corporación Municipal, porque "os acordos en democracia están para cumplirse" e "non imos permitir por maís tempo unha dictadura en minoría como a que estamos vivindo no Concello do Carballiño".
O acordo de constituír unha comisión de investigación sobre a canceira foi adoptado por unanimidade dos tres grupos políticos no último pleno que celebrou a Corporación Muncipal, que ademáis fixaba a súa convocatoria para o día segunte ó da sesión plenaria. Sen embargo, o Alcalde, Carlos Montes non a convocou alegando motivos de axenda. O Obxetivo desta comisión, integrada por representantes das tres formacións políticas, sería investigar e aclarar os feitos ocurridos na canceira da Medela, despois de varias irrregularidades no seu funcionamento denunciada por grupos ecoloxistas, e tamén despois de saberse dun informe oficial do Seprona que certificou a desaparición de perto de cen cans desta intalacións municipais. Entre as irrregularidades que sairon daquela á luz pública tamén se apuntou a existencia dun foso dentro das propias intalacións da canceira, onde estarían entrerrandose os cans mortos, vulnerando a normativa vixente nesta materia.
Os datos correspondentes a a primeira "oleada" do "estudio general de medios" do ano 2009, que se coñecían este pasado dia 22 de abril, volven situar a COPE O CARBALLIÑO como a emisora de radio líder en audiencia na Comarca do Carballiño, con idénticas porcentaxes que no Egm acumulado do pasado ano 2008. Desta maneira, o "EGM" certifica que COPE O CARBALLIÑO ten catro veces máis audiencia que o resto das emisoras da Comarca ás que audita este sistema de medición de audiencias. No ámbito provincial, o primeiro posto neste "ranking" é para a Cadena Ser, por diante de Onda Cero que é segunda e COPE terceira. Por detrás, sitúanse o resto das cadenas que emiten radio convencional na provincia de Ourense, a Radio Galega aparece en cuarta posición, por diante de Radio Nacional de España, Punto Radio e Radiovoz. Na radio musical, o liderazgo provincial é para a Cadena 40, seguida de Cadena 100.
O Partido Popular seguirá defendendo a legalidade urbanística no proxecto de urbanización da Veracruz, ó entender que a apertura dun vial de once metros de ancho vulnera o PXOM actúalmente en vigor no Concello do Carballiño, que fixa as condicións urbanísticas que deberá guiar calquera actuación que se faga neste entorno, e ás que deberá adaptarse calquera proxecto urbanístico que se leve a cabo. O Portavoz do PP no Concello Carballiñés non concede crédito o informe asinado polo Director Xeral de Urbanísmo en funcións, este pasado dia 17 de abril, a punto de cesar na súa responsabilidade.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Argimiro Marnotes voceiro do PP
Marnotes aludíu á opinión doutros técnicos de toda solvencia que "calificaron como de escandalosa" a contestación dada neste informe por un señor "que se está marchando". O portavoz dos populares tamén anunciou que desde o seu grupo solicitaráse un novo informe á Dirección Xeral de Urbanisimo, unha vez tome posesión o seu novo titular.
Unha resolución da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia do pasado dia 13 de abril, fixou un orzamento base dun millón e medio de euros para a licitación -mediante concurso público- do contrato de suministración e instalación de equiupamentos culturais do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás, nos Concellos de San Amaro e Punxín. O prazo para a presentación de ofertas será atá o dia 16 de maio, e periodo de execución do contrato, unha vez adxudicado, será de 300 dias naturais. Os criterios e condicións detalladas do contrato poden consultarse no perfíl do contratante da Consellería de Cultura.
O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, salientou -nunha entrevista na MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO, a gran dimensión deste proxecto cultural, xa que se trata "dunha das actuacións máis ambiciosas da Consellería de Cultura en matería cultural, e desde logo do maior equipamento cultural da nosa Comarca". Os investimentos feitos neste proxecto cl superarán os seis millóns de euros, aportados pola Consellería de Cultura e o Ministerio de Fomento do Goberno Central. O rexidor municipal agarda que a finais do ano 2010 este Parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás poida recibir os seus primeiros visitantes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- 782
- 783
- seguinte ›
- última »