Deportes

Por 2-0 derrotou o Arenteiro ao Ourense CF nun partido no que os goles de Vitti e o xuvenil Adrián Pol foron suficientes para que os 3 puntos se quedasen no municipal de Espiñedo, nunha tarde de pouco fútbol por ambos equipos, apenas algunhos destellos e pouco máis.
Aos 11 minutos, Dani Chimpin -que unhos minutos despois tiña que abandonar lesiondado o terreo de xogo- puxo o balón na cabeza de Vitti, e o dianteiro vigués do Arenteiro abría o marcador.
A tarde decorría co guión típico dos partidos de rivalidade, no que ambos equipos se coñecen, con escaso fútbol, apenas sen ocasións de gol e vivo pola incerteza do marcador, ata que no minuto 70 o xuvenil Adrián Pol recibe un balón entre liñas e o seu tiro vaise ao poste e indrodúcese na portería do Ourense. Punto e final.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Maxi, Dafonte, Pana, V. Gallego, Bardelás, Dani Chimpín (Sanginés m. 24), Dani Vázquez (Dani Arbo, m.88), Vitti (Esteban, m. 60) e Martín Pérez (Adrián Pol, m. 54).

Empate sen goles nun partido moi intenso por ambas partes e vibrante pola incerteza do resultado para os afecciondos, o que pudo verse no campo do "Monte da Vila", na vila mariñeira do Grove, onde se xogaba a xornada 34ª do campionato de liga da Preferente Galicia.
Os grovenses, que viñan de gañar a domicilio ao líder Vilalonga, sairon a por todas dende o minuto 1 de partido e lograron manter a intensidade ata o pitido final, con numerosas acometidas sobre a área do Arenteiro, pero os verdes estiveron serios atrás, e na portería un moi seguro Israel, evitaron a victoria local e conseguiron regresar a O Carballiño cun puntiño, suficiente para conservar o séptimo posto na táboa clasificatoria, a falta de catro partidos para o final de liga.
Aínda que os locais apretaron todo o partido, asi e todo aínda tivo o Arenteiro arrestos para inquietar á portería local, pero sen acerto.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Maxi, Dafonte, Vilachá, V. Gallego, Bardelás, Dani Chimpín, Sanginés, Vitti e Martín Pérez. Tamén xogaron Dani Vázquez, Esteban, Iván Portos e Robin.

A pasada fin de semana desputábase no encoro de Alange, na provincia de Badajoz, a Copa de España de Media Maratón de piragüismo para veteranos, cun recorrido de 13 kilómetros, que estivo condicionado polas adversas condicións meteorolóxicas.
Na categoria femenina, a palista do Fluvial Avión Mónica Piñeiro segue acaparando éxitos deportivos, desta vez como 3ª clasificada na competición. O seu compañeiro, tamén do Fluvial Avión, Pedro Andrés García, acadou o 7º posto na categoria masculina.

O partido tivo unha primeira parte de xogo moi discreto e sen apenas ocasións de gol por ambos equipos, aínda que o Arenteiro logrou adiantarse pouco antes do descanso cun gol de cabeza conseguido por Vitti.
A segunda parte xa foi outra historia. Salvo os minutos iniciais nos que o Portonovo gozou dunha boa ocasión que desbaratou cunha boa intervención o meta local Israel, logo sería o Arenteiro quen tería varias ocasións para sentenciar o partido. Por dúas veces Sanginés, que fallou na definición, e un balón que se foi o longueiro tras un cabezazo de Vitti.
Pero a xogada polémica da tarde aínda estaba por chegar cando, aínda co 1-0 no marcador, o árbitro vigués José Antonio Varela anula, a instancias do xuíz de liña, un gol a Vitti. Como pode apreciarse na fotografía, o dianteiro do Arenteiro cabecea en posición totalmente legal, pero cando os xogadores do Portonovo xa ían camiño do centro do campo, anulan o gol. Erro de bulto no trio arbitral vigués.
Logo empataría o Portonovo e xa no tempo de desconto, Martín Pérez tivo nas súas botas o gol da victoria, pero o seu tiro foi desviado por un defensor visitante.
Ambos equipos remataron o partido cun xogador expulsado, no Arenteiro Pana. Tamén ensinou cartón vermello ao adestrador local, Manel Vázquez e o preparador físico do Portonovo.
No CD Arenteiro xogaron: Israel, Vilachá, Dafonte, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Esteban e Iván Portos.

A praga de lesións que afecta ao equipo, unida aos dous sancionados para este partido, obrigou ao Arenteiro a viaxar en cadro ao campo do terceiro clasificado, con 4 xuvenís para completar a convocatoria e o gardameta Pachi, que debutou como xogador de campo. Pero elo non foi impedimento, cousas do fútbol, para que os verdes realizasen unha soberbia primeira parte, sen dúbida a mellor do campionato, con unha, dúas, tres...e ata catro boas ocasións de gol, un balón ao pau da portería do Gondomar, e dúas sensacionais intervencións do meta local que evitaron que o Arenteiro deixara sentenciado o partido nesta primeira parte, na que Vitti acertou a adiantar aos verdes ao batir de tiro raso e cruzado ao porteiro local, xa no minuto 41.
A segunda parte comezou igual que a primeira, o Arenteiro sendo amo e señor do partido, cun Gondomar que era incapaz de xerar perigo ante a portería de Israel, pero cando parecía que era cuestión de minutos que chegase o segundo gol carballiñés, producese unha decisión arbitral que resultou clave no partido: no minuto 67 a expulsión de Maxi ao ver o segundo cartón amarelo, nunha xogada que chega precedida dunhas claras mans dun xogador local que o árbitro coruñés Diego Lago non quere ver. E non so eso, porque o colexiado non mide por igual raseiro aos dous equipos e castiga aos xogadores do Arenteiro ata con 9 cartóns amarelos, evidentemente condicionando o partido.
Con superioridade numérica no campo, o Gondomar, sabedor do que se xogaba, empurra e consigue o empate no minuto 75 por medio do pichichi da categoria, o dianteiro Aitor Gómez. O Arenteiro rearmase na retagarda e aguanta o resultado ata o final.
CD Arenteiro: Pachi, Dafonte, Maxi, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Esteban. Tamén xogaron os xuvenís Iván Portos, Rivera, Cristian, Mario e como xogador de campo, Pachi.

O Arenteiro tivo que remontar un marcador adverso tras adiantarse o Mondariz no minuto 44, polo que se chegou ao descanso co 0-1 no marcador tras unha primeira parte bastante igualada e na que os verdes tamén tiveron un par de ocasións de gol. Pero foi Hugo Tei lanzando maxistralmente unha falta sobre a portería de Israel o que marcou o único gol da primeira parte.
O guión do partido cambeou radicalmente tras o paso por vestiarios. O Arenteiro saíu con decisión en busca da remontada, metendo outra velocidade ao partido que sorprendeu e deixou noqueado ao rival. No minuto 53, tras un tiro de Martín Pérez dentro da área, rexeitou o porteiro visitante e Victor Gallego fixo o gol do empate.
O Arenteiro era un vendaval sobre a área do Mondariz, e no minuto 70 Martín Pérez, de cabeza, volteou o marcador a favor do equipo carballiñés. Despois chegou o penalti a favor do Arenteiro que desperdiciu Dani Chimpin, enviando alto o balón, pero o Mondariz xa estaba cun xogador menos tras a expulsión do central Samu, que ademáis protagonizou un feo xesto á arbitro ferrolanana Raquel Orge.
Xa co Mondariz buscando á desesperada o gol do empate, o que chegaron na recta final do partido foron os goles de Vitti e Sanginés para redondear o resultado para o Arenteiro, merecido pola súa sensacional segunda parte.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Aitor Martinez, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Vitti e Martín Pérez. Tamén xogaron Maxi, Sanginés, Esteban e Iván Portos.
Empate sen goles no encontro de ida correspondente aos cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, xogado na tarde do Xoves Santo no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa afluencia de público. O Arenteiro dominou o partido durante os 90 minutos, pero foi un dominio absolutamente estéril, incapaz de crear ocasións claras de gol, mentres que os alaricanos a duras penas traspasaban a liña divisoria do centro do campo.
As contadas ocasións de gol do Arenteiro chegaron nos primeiros compases do encontro, despois foi un querer e non poder, sobre todo nos metros finais. No minuto 44 pudo variar o signo do partido, pero o meta alaricano Kote desviou o penalti lanzado por Martín Pérez. Na segunda parte, na que ademáis o Allariz evidenciou un baixón físico, o Arenteiro seguíu co seu dominio ficticio, deixando a resolución da eliminatoria para o partido de volta no Luis Cid Carriega, alá para o 17 de Maio.
CD Arenteiro:Pachi, Marcos Castro, Maxi, V. Gallego, Pana, Dafonte, Martín Pérez (Esteban, m.71), Dani González (Vilachá, m.80), Dani Vázquez (Naym, m. 85), Vitti e Marcos Sotelo (Iván Portos, m. 26)

Non pudo ser, o Arenteiro aguantou bastante ben na súa visita ao Céltiga durante a primeira parte, tras a que se foi ao descanso co 0-0 inicial. Pero ao inicio da segunda metade -minuto 48- o equipo insular conseguíu marcar o seu primeiro gol, que lle díu alas e obrigou ao Arenteiro a arriscar algo máis do que o fixera ata o momento.
Aos 66 minutos de xogo chegou o segundo gol dos locais, que parecía sentenciar o partido, ao que daría emoción no tramo final o gol de Esteban no minuto 85 para o Arenteiro. Aínda quedaba tempo. pero o equipo da Illa de Arousa soubo aguantar o resultado favorable, vital para as súas aspiracións de ascenso á terceira división.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Aitor, V. Gallego, Pana, Dafonte, Bardelás, Dani González, Sanginés, Vitti e Marcos Castro. Tamén xogaron Dani Vázquez, Martín Pérez, Maxi e Esteban.
O Xoves Santo, partido de Copa en Espiñedo ante o Allariz
Este xoves dia 24 de marzo, Xoves santo, xógase en Espiñedo ( 17:30 horas ) o partido de ida de cuartos de final da Copa Deputación, torneo no que o Arenteiro é o vixente campión. Enfronte terá ao CD Allariz, ao que logo devolverá visita no partido de volta o 17 de Maio.

A tenista Rebeca Baliña Costa, da Escola Deportiva Municipal de Tenis do Carballiño, competirá esta próxima fin de semana en Cataluña por un título nacional.
Trátase do XVI Trofeo Alberto Costa Sub´13, que se desenvolve en Urgell, en Lleida, do 19 ao 23 de marzo, e está considerado como o Campionato de España sub 13 con carácter oficioso.
De feito, tenistas tan salientables como Rafael Nadal ou Tommy Robredo gañaron este trofeo no seu día.
De aí que para o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, teña un gran significado como deportista abandeirada das escolas deportivas municipais do Carballiño.
Rebeca Baliña é neste intre a segunda mellor xogadora infantil de Galicia e a primeira de Galicia sub 13. E conta con numerosos galardóns como: campiona no torneo infantil III Torneo de Reis RSD Hìpica 2016, campeona do I Torneo Infantil do Open de Tenis D10 2015, subcampiona de alevín femenino do Master Galego Circuito Xuvenil Babolat 2015, Subcampiona en alevín femenino da 4ª Proba Circuito Galego Babolat 2015 e campeona en alevín femenino da I Proba Circuito Galego Babolat 2015.
José Manuel Dacal, que asistiu a unha xornada de entrenamento na escola deportiva municipal para felicitar ao entrenador, Óscar Cuña, e a esta xogadora, considera que é un verdadeiro orgullo contar cunha deportista deste nivel, que leva moi alto o nome do Carballiño por Galicia e por España. E desexoulle o maior dos éxitos nesta competición de tanto prestrixio

Tarde primaveral e fenomenal entrada no Estadio Municipal de Espiñedo para ver unha nova victoria do Arenteiro, malia que os verdes comezaron moi mal o partido, nunha primeira media hora de aturdimento total do equipo local. Afortunadamente, os vigueses non souberon aproveitalo e na segunda parte o Arenteiro pudo recompoñerse e lograr 3 puntos máis que permiten aos carballiñeses escalar na clasificación e situarse sextos.
Saíu de inicio o Arenteiro fora do partido, sobre todo na zona de creación do equipo e na parte de atrás, e ata que transcurrida media hora o equipo comezou a reaccionar tímidamente. O paso por vestiarios foi providencial, xa que ao reinicirse o partido e nun saque de esquina e a colaboración da defensa visitante, Maxi lograba empurrar o balón e abrir o marcador. O Valladares, que xogou boa parte do segundo periodo con 10 xogadores ao ver doble cartón amarelo un dos seus defensas, xa non logrou repoñerse, e so foi capaz de aproximarse á porteria do Arenteiro en xogadas a balón parado. Coincidindo co baixón físico dos vigueses, no minuto 65 Martín Pérez colocou dende a banda un excelente balón na cabeza de Alberto e éste fixo o segundo e defintivo gol da tarde.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Aitor, Pana, Bardelás, Victor Gallego, Marcos Sotelo, Dani Vázquez, Martín Pérez e Alberto. Tamén xogaron Dafonte, Vitti, Dani González e Vilachá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »