Política

O Centro poderá ser beneficiario da totalidade das accións dos Programas Europeos para a Formación. Fundamentalmente, do programa ERASMUS+, evolución dos anteriores LEONARDO e ERASMUS, dirixidos específicamente á Formación Profesional e ós estudios universitarios.
Aquelas institucións, que como o IES. Manuel Chamoso Lamas, acadasen a Carta, poderán participar en accións de mobilidade para a aprendizaxe, de xeito que alumnos de Formación Profesional do Centro poderán realizar prácticas de traballo nunha empresa de calquera estado membro da Unión Europea durante un período de tres meses, contando ademáis co apoio dunha Beca Erasmus da propia UE.
Ademáis, o outorgamento da Carta Erasmus tamén permite a realización de actuacións de mobilidade para o profesorado, a través de programas de intercambio, estancias temporais noutros países, ou foros para compartir as experiencias educativas docentes, de xeito que será una realidade atopar a profesores franceses, portugueses ou alemáns impartindo clases no Centro.
Asemesmo, tamén se poderán establecer asociacións educativas de calquera tipo con Centros de toda Europa para a realización de proxectos docentes conxuntos.
En definitiva, non deixa de ser una boa nova para os alumnos dos Ciclos Formativos Medios e Superiores do IES. Manuel Chamoso Lamas, xa que poderán vivir en primeira persoa a experiencia de coñecer outo país, outra lingua e outra cultura mentras realizan as súas prácticas de traballo no estranxeiro, tendo en conta ademáis que na actual convocatoria só se lle presentará esta oportunidade en toda a provincia de Ourense ós estudantes de tres Centros Integrados de Formación Profesional e doutros tres Institutos de Ensino Secundario, entre os que se atopa o Manuel Chamoso Lamas.

Asociacións e Plataformas de varias comarcas galegas manifestaronse contra a que califican como de "persecución política da Axencia Tributaria", polos requirimentos e sancións pola non declaración das pensións do extranxeiro.
Os manifestantes reunironse na Praza Maior do Carballiño e camiñaron ata a Delegación da Axencia Tributaria, que lles reclamou as obrigas tributarias dende o ano 2008, "somos persoas de idade avanzada e cando regresamos consultamos coa Axencia Tributaria sobre as nosas obrigas fiscais e dixerannos que non estabamos obrigador a declarar poque estaban exentas, e agora sen aviso impoñennos sanciós", manifestaron a esta emisora de radio.

Ademáis de teatro, a maxia e as actividades infantís completan a programación de nadal do concello carballiñés.
Trala inauguración da iluminación artística nas rúas e prazas carballiñesas, e a a celebración dunha festa infantil na Praza Maior na tarde do venres, o teatro acapara o protagonismo do fin de semana.
O sábado 14 ás 20,30 horas actuará no auditorio a compañía asturiana "Teatro del Norte" coa súa versión de "Mariana Pineda", de F. García Lorca. O domingo 15 ás 19 horas e con entrada gratuíta ata completar o aforo do auditorio, a cita é con "Sarabela Teatro" co seu espectáculo "Viaxe a ningunha parte". A partir do lúns 16, de 17,30 a 19 horas, sesións de contacontos e obradoiros de nadal na Biblioteca Pública Municipal, con agasallos para os participantes.
Nadal Máxico
A maxia terá un destacado protagonismo na programación da concellería de cultura para estas datas festivas. Asi, pasarán polo Carballiño os ilusionistas e magos Pedro Volta _sábado 21 ás 20,30 horas-, Magos do Ribeiro -lúns 23 ás 18 horas na casa da cultura-, O Mago Teto -sábado 28 ás 20,30 horas-, Luis Boyano -o domingo 29 ás 17,30 horas no auditorio-. Ademáis o venres 27 dende as 20,30 horas terá lugar un circuíto de maxia en varios locais da hostelería local e o xoves 26 desenvolveráse un obradoiro infantil de máxia.
O sábado 21 na Praza de San Ramón e Curros Enríquez, dende as 6 da tarde terémos a visita de Papá Noel en Carroza.
A Carreira Solidaria do Arenteiro, para todas as categorias, está programada para a matinal do domingo 29. Completan esta programación de nadal do concello carballiñés os concertos que ofrecerán a Coral Polifónica do Casino e o Orfeón do Carballiño, asi como a gran Cabalgata de Reis, o domingo dia 5 de xaneiro.

A corporación carballiñesa celebrou unha bronca sesión, convocada con carácter extraordinario por iniciativa do grupo socialista, na que se tratou o presente e futuro da Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
As traballadoras ocuparon o salón de plenos portando carteis con lemas como "necesitamos traballar máis tempo" ou "4 meses non dan para comer", mostrando o apoio á mociòn presentada polo grupo socialista na que demandaban distintas actuacións que terían que facerse dende a institución municipal para manter a residencia aberta todo o ano, e despois de que a Xunta anunciase que durante durante 2014 abrirá oito meses en vez dos 4 que tivo de actividade este ano "sempre que haxa demanda". Precisamente, esta "condicionante" foi calificada como "unha trampa" por parte da concelleira do BNG Áurea Francisco "so se necesita vontade política", manifestou.
O Partido Socialista, por medio do concelleiro Adolfo Nogueira, acusou ao Partido Popular de non cumprir o seu programa electoral. Os socialistas calculan que O Carballiño perde máis dun millón de euros ao ano pola non apertura da residencia os doce meses do ano, e criticou a deficiente promoción que se fai da residencia na páxina Web do concello, que o socialista puxo como exemplo do pouco interés municipal por conseguir dinamizar o uso desta instalacións.
Dende o goberno municipal, Martín Nogueira lamentou a utilización política dunhos traballadores, dos que despois o alcalde subliñou que "so 9 dos 29 son do Carballiño, temos que ser cuidadosos coa promoción que se faga da residencia porque tamén debemos apoiar e promocionar ao conxunto de hoteis e hostais do Carballiño, que tamén dan emprego a traballadores que sin residen no Carballiño", manifestou Marnotes. O alcalde proclamou que "fixemos máis dende este goberno municipal pola residencia en dous anos e medio do que fixeron vostedes en 16 anos no concello", referindose aos socialistas.
Finalmente, o alcalde indicou a posiblidade de que "o concello e a hostelería local poidan participar na xestión da Residencia de Tempo Libre, tal como se demandaba dende a oposición.
Os axentes da Policia Local solicitaron a axuda da Garda Civil para proceder a detención de dous mozos que protagonizaron un altercado nun pub da Praza do Emigrante.
Tras recibir varios avisos a través do teléfono da Policia Local, os dous axentes de garda na madrugada do domingo achegaronse ata o lugar dos feitos "comprobando que no exterior do local estaban congregadas un número importante de persoas, entre eles dous varóns xóvenes en actitude moi violenta, un deles sangrando unha man, varias persoas advertiron aos axentes da agresividade destas dúas persoas, que xa protagonizaran altercados no interior do local", relata a Policia Local.
Tras o intento dos axentes de identificar a ambos xóvenes, éstes negaronse a ser identificados, golpeando aos policias, que nese momento optaron por pedir o apoio da Garda Civil, "unha vez reducidos intentaron autolesionarse dándose cabezazos contra os cristais do coche patrulla, ambas persoas foron detidas, imputandolle un delito de desobediencia grave, resistencia e atentado contra axentes da autoridade".
A Policia Local informa que "durante estes sucesos, unha terceira persoa dedicouse a alentar ao resto das persoas contra os policias, esta persoa xa foi identificada e será denunciada por estes feitos, resultando ser un veciño de O Carballiño".
Durante a súa intervención os dous policias resultaron lesionados necesitando asistencia no PAC do Carballiño e posteriormente no Complexo Hospitalario de Ourense.
Os dous xóvenes protagonistas dos incidentes, de 19 e 22 anos de idade e con veciñanza en Asturias, pasaban o fin de semana xunto a unhos familiares no Carballiño.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil inicia os traballos de restauración hidrolóxico-forestal no río Avia, ao seu paso polos municipios de Ribadavia e Leiro.
Como paso previo, realizouse unha inspección da zona de actuación, comprobándose a existencia de árbores secas, mortos ou con risco de caída e de zonas concretas moi despoboadas de vexetación arbórea e arbustiva.
Atendendo ao anterior, este organismo de conca programou actuacións en tramos concretos do río Avia, dentro dos municipios de Leiro e Ribadavia, que se executarán en dúas fases, durante o mes de decembro procederase á retirada das árbores caídas e acumulacións de material vexetal presentes na canle que, por arrastre, poderían producir taponamentos no curto prazo.
Nunha segunda fase e en función do pluviometría e do momento adecuado para realizar plantacións, no primeiro trimestre de 2014 procederase ao repoboación de especies vexetais de ribeira como salgueiros, bidueiros, freixos, pradairos, cerdeira e abeleiras, entre outros.
Tamén durante esta segunda fase e en canto o nivel das augas permita traballar na canle, realizarase a curta de árbores secas ou en mal estado, e realizaranse podas e rozas selectivas, eliminación de ramas mortas e especies invasoras, todo iso procurando non danar a vexetación de ribeira e favorecendo a entrada de luz á canle.
As actuacións descritas supoñen un investimento de 52.000euros e o tramo de actuación comprende ao redor de 6 quilómetros de canle.

O Hotel Monumento de San Clodio acolleu o Congreso Local do Partido Popular en Leiro.
Os compromisarios amosaron o seu apoio unánime á candidatura única, liderada por Francisco José Fernández Pérez, que revalidou deste xeito a confianza dos militantes populares.
O recén reelixido presidente local transmitiu no seu discurso que “dende Leiro e dende tódolos gobernos municipais do Partido Popular se traballa a reo, aínda que moitas veces non se visualice ese esforzo. Por eso debemos asumir como reto a necesidade de explicarlle ben aos noso veciños todo o que estamos a facer e que, sobre todo, sabemos facer as cousas ben”. Puxo como exemplo Francisco José Fernández Pérez a situación económica do Concello de Leiro, que él preside como alcalde: “Temos un Concello saneado e con superávit, cando no resto da comarca do Ribeiro a meirande parte dos municipios están endebedados”.
Outro dos retos que sinalou o responsable local dos populares é o relanzamento das Novas Xeracións do PP en Leiro. “Hai anos que xa estaban creadas, pero é o momento de relanzalas e darlle un pulo para que os máis novos do municipio se impliquen en política”, dixo.
Trala intervención do presidente local electo, tomou a palabra o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quen felicitou á candidatura e a todo o Partido Popular de Ourense, tanto polo seu intenso traballo, como polo proceso de renovación das xuntas locais que está en marcha. Neste senso, alabou o compromiso feito público polo presidente provincial, consistente en que estarán renovadas 40 das 92 xuntas locais da provincia antes das Eleccións Europeas de 2014.
O presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local dos populares en Leiro. Agradeceu na súa intervención a Francisco José Fernández o compromiso amosado cos máis novos, sinalando que “a xuventude é o futuro do PP e, como tal, debemos potenciar aos xóvenes para que se impliquen en política”. Ademáis, no tocante ao compromiso adquirido polo presidente local de explicar o traballo realizado polos populares, Manuel Baltar incidiu "nas tres ces: comunicación, coordinación e cooperación. As tres claves fundamentais para manter e incrementar a confianza nas políticas postas en marcha polos populares".
O concello do Carballiño elaborará unhas bases "claras e concisas que van regular estas axudas ás familias carbaliñesas en situación de emerxencia social", anunciou o alcalde.
Marnotes tamén avanzou que os grupos políticos municipais verán recortada a súa asignación económica para o ano que ven, pasando dos 20.000 euros que tiñan aos 17.000 euros "a razón de mil euros por concelleiro, e destinaremos ese diñeiro a aumentar o capítulo destinado a axudas de emerxencia social, para que as familias carballiñesas que están nesta situación poidan facer fronte a gastos tales como a luz, auga, comida ou un aluguer", subliñou.
O alcalde carballiñés anuncio que aumentará a aportación municipal para atender casos de emerxencia social, dos 2.000 euros deste ano aos 10.000 euros que se contemplarán nos orzamentos de 2014.
Marnotes tamén recordou "que por primeira vez no concello do Carballiño, fixaronse bonificacións nas taxas municipais das que se beneficiarán as familias en situación de emerxencia social" que entrarán en vigor o ano que ven.
O anuncio do concello carballiñés chega tras o acordo entre Xunta e Fegamp para aplazar o incremento do 34% que Sogama tiña previsto aplicar no canon aos concellos a partir do vindeiro 1 de Xaneiro.
Tras o principio de acordo anunciado o pasado venres, Sogama non fará efectivo o incremento ata o mes de xullo. Tras aprobar unha subida de 7,33 euros na taxa municipal para o ano 2014, o concello do Carballiño fixo pública unha nota de prensa na que aclara que "conxelarase a taxa da recollida do lixo durante o primeiro semestre de 2014, desta maneira os veciños do Carballiño non terá que asumir a subida do 12% nos recibos da recollida do lixo, polo menos ata o mes de Xullo de 2014, confirmandose asi en parte o desexo do alcalde de conxelar esta taxa municipal", manifestan.
Tratase do galardón creado polo "Aparthotel Arenteiro" para recoñecer a traxectoria e valores de persoas e institucións das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Os premios teñen dúas modalidades, cultura e ciencia, e deportes. Os galardóns son concedidos por un xurado que preside o historiador Xosé Lois Sobrado, e consiste na entrega dunha escultura de Acisclo Novo.
Na modalidade de cultura e ciencia a II Edición da Arenteira correspondeu ao carballiñés Miguel Anxo Fernández, do que o xurado valora " a súa longa dedicación, formación, e a súa traxectoria profesional e a súa aportación e implicación persoal co mundo da cultura carballiñesa e galega, especialmente co mundo do cine".
Na modalidade de deportes, a Arenteira 2013 é para o deportista paralímpico José Manuel Prado, que formou parte do equipo español de boccia nas pasadas paralimpiadas de Londres, o xurado tivo en consideración "os valores de superación diaria, do seu esforzo, do sacrificio e da súa constancia no so na actividade deportiva senón tamén na súa vida cotiá".
No acto de entrega celebrado no salón central do "Apartarthotel Arenteiro" deronse cita unha numerosa representación da sociedade carballiñesa, que acompañaron aos dous premiados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »