Política

O grupo municipal socialista ve con preocupación "que o nome do Carballiño apareza relacionado con este tipo de conductas" e considera que "o alcalde ten a obriga moral de convocar un pleno e dar explicacións".
As petición dos socialistas chega tras as últimas novidades do caso Pokémon, e tras dividir a xuíza a instrucción en 9 pezas. Precisamente, en dúas delas aparece como imputado o alcalde carballiñés.
"A xuiza afirmase nas acusacións en base aos datos obtidos de intervencións telefónicas, análise de expedientes oficiais e as declaracións prestadas, reiterando as sospeitas contra o alcalde do Carballiño en relación coas actividades da empresa VENDEX e a adxudicación de contratas para desbroces de camiños rurais", afirman os socialistas.
O portavoz municipal Paco Fumega, que compareceu en compañía de varios concelleiros do grupo municipal, fixo referencia "á preocupación que vemos entre a cidadanía do Carballiño, nos representamos ao 40 por cento desa cidadanía e queremos manifestar a profunda preocupación por esta situaicón e suxerir a necesidade de que o alcalde dimita e deixe paso a outro concelleiro do seu grupo no timón da xestión municipal".

O espeso fume que saía pola cheminea levou a un veciño a dar a voz de alarma, foi providencial para que non se propagase o lume.
Os Servizos de Emerxencias do Concello do Carballiño recibiron o aviso sobre a unha da tarde e en poucos minutos conseguiron controlar a situación. Ao parecer, o lume prendeu no illante do tiro da cheminea nesta vivenda habitada, na rúa Caravel, no barrio de Flores. Tan so se produciron danos materiais, sen consecuncia algunha para os veciños.

O alcalde de Cea anunciou a presentación dunha querella criminal contra o empresario de "Las 5 Jotas" polas acusacións de soborno "non teño nada que ver con eso" asegurou no pleno ante a petición de explicacións da oposición.
"A xente de Cea vai saber todo, detalle por detalle" manifestou o alcalde de Cea á demanda de "tranparencia" dende a oposición, tanto por parte da nacionalista Elvira Fernández como do socialista Guillermo Dopazo.
O empresario, José Manuel Costas, investigado pola maior trama de fraude fiscal en Galicia, apuntou nas súas declaracións nun xulgado de Vigo a "todos os partidos" como receptores de diñeiro negro, aínda que de forma expresa citou ao alcalde de Cea e un funcionario, aos que acusou de soborno nunha operación que tería que ver coa compra dos terreos destinados ao polígono industrial de Cea.
Dopazo, tras afirmar que o asunto provocou unha gran alarma social no municipio, solicitou ao alcalde que publique na páxina Web do concello os bens patrimoniais dende o ano 2005, Valladares respostoulle manifestando que "xa os ten pulbicados na Deputación, cando estiven de deputado".
"Teño a conciencia moi tranquila, se tivera dúbidas dalgún trámite non durmiría tranquilo, pero durmo tranquilo estes dias, mellor que nunca", sentenciou o alcalde de San Cristovo de Cea.

Unha representación do alumnado dos centros de ensinanza do Carballiño participaron no acto institucional do 25 de novembro como dia internacional contra a violencia de xénero.
A este acto, celebrado na Praza Maior, non asistiron os socialistas, que explicaron a súa ausencia polas discrepancias que manteñen co Partido Popular, tanto a nivel local como cos gobernos do Estado e autonómico. O PSdeG considera "unha hipocresia estes actos nos que só se procura o consenso para o propio", manifestan.

O congreso local do Partido Popular do Irixo desenvolveuse según o guión previsto, o actúal alcalde -único candidato- foi reelixido por unanimidade como presidente local.
Manuel Penedo agradeceu a renovación da confianza depositada nel e no seu equipo, e avanzou que “os nosos obxectivos para este mandato son facer do Irixo, un lugar que aparte de ser grande en extensión tamén o sexa en ilusión, e sobre todo en ilusión no seu futuro. Temos que apoiar a puxanza comercial e industrial do noso pobo, volcándonos nos sectores productivos de especial transcendencia. E tamén é indispensable aprobar canto antes o Plan Xeral de Ordenación, para a posta en marcha do futuro polígono industrial, porque sen empresas e moi difícil fixar poboación. Se conseguimos fixar poboación conseguiríamos darle traballo a todas as pequeñas empresas e autónomos que temos no noso concello, en especial os do sector da construcción que son o colectivo máis abundante”, manifestou ante o medio centenar de persoas, entre afiliados e invitados, que acudiron a este congreso local celebrado no restaurante Abanico.
Tamén falou o presidente local das potencialidades do municipio: “O noso concello ten atractivos de gran interés cunha natureza de beleza impresionante, asi como un patrimonio cultural que xunto ca beleza paisaxistica debemos aproveitar para darle un impulso o turismo rural para dar a coñecer as nosas riquezas máis alo dos limites comarcais. Outra das nosas grandes riquezas son os sectores agrarios e forestais, os cales tamen debemos recuperar para explotar a través da producción de carne de gran calidade, tanto de ganado vacuno como como ovino, de gran tradición nos nosos pobos. O sector forestal debemos aproveitalo en colaboración coas distintas comunidades de montes, para xerar riqueza e postos de traballo, debido a súa gran extensión e as súas grandes potencialidades, tanto no tema da madeira, como de caza, de explotación agrarias", subliñou o actúal alcalde do Irixo ante os compromisarios e invitados.
Asi o recolle a conta xeral de 2012 do concello do Irixo, 656.247 euros en concepto de recibos de impostos e taxas municipais pendientes de dubidoso cobramento, unha cantidade que aproximase ao orzamento anual, cifrado en 794.000 euros.
Non é o único dato que sorprendeu a Manuel Iglesias, veciño da parroquia do Campo, que o comentou nesta emisora de radio "é unha mostra da desidia destes gobernantes que temos no Irixo, esto en calquera administración ou empresa siñificaría a quebra, e resulta que aquí dín que teñen superavit".
Hai outros aspectos sigñificativos que tamén chamaron a atención deste veciño "como son as cifras sempre redondas de moitos capítulos, como os 90.000 que se destinaron a gastos diversos ou os 30.000 euros a gastos de material de oficina nun ano", subliñou.

Optaba á reelección como presidente local do Partido Popular e acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos.
O congreso local dos populares celebrouse no local social da Canda, na localidade de Cotelas. Durante a súa intervención, José Luis González lembrou o intenso traballo que conlevou a reestructuración do PP en Piñor “para volver a rexurdir o Partido Popular de Piñor e crear ilusión entre os máis novos, e confianza entre os máis lonxevos. Os resultados deste traballo foron reflexándose nos apoios acadados ó longo das diversas convocatorias de eleccións”.
O reelixido presidente local dos populares manifestou tamén que “quero presidir e formar parte dun partido grande, entendido como a máxima expresión da palabra; dun partido unido, dun partido para todos, no que a mocidade aporte novas ideas e os máis veteranos a experiencia de moitos anos traballando por o noso pobo, Piñor”.
Por último, José Luis González sinalou que “dende mañá mesmo poñerémonos a traballar para solucionar os problemas dos nosos veciños, para facerlles ver a nefasta xestión que está facendo o PSOE no noso Concello e para que depositen en nós a confianza necesaria para que o Partido Popular gañe as eleccións municipais de maio de 2015, e Piñor e os seus veciños; teñan o que se merece: unha xestión municipal eficiente para todos. Ese é o noso obxectivo, polo que insisto: co esforzo e o traballo de todos o éxito está asegurado”, algo no que tamén abundou o vicesecretario do PPdeG, Agustín Hernández, que tomou a palabra para agradecer "o intenso traballo levado a cabo no Partido Popular de Ourense, e que se ve refrendado en todas e cada unha das citas electorais".

Para o Partido Popular tratase de axustar as taxas para "favorecer ás familias carballiñesas con rendas máis baixas", para o PSdeG representa "unha nova mostra da despiada política" do goberno de Marnotes.
O goberno popular aprobou, cos votos en contra do grupo socialista, o expediente de modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2014 no concello carballiñés. Á sesión da corporación municipal non asistíu a concelleira do BNG, Áurea Francisco.
Según a proposta do grupo de goberno, vai experimentar un incremento do 12% a taxa da recollida do lixo "para facer fronte á subida do coste do canon de SOGAMA, ainda que inicialmente estaba previsto conxelar esta taxa, vémonos na obriga de aplicar este aumento , de maneira que un domicilio que viña pagando 64,37 euros ó ano pasará a pagar 72,10 ó ano, polo tanto 7,33 euros a maiores no caso daqueles domicilios con recollida diaria", explicou o alcalde Argimiro Marnotes.
Tamén se incrementan aquelas taxas que están afectadas polo plan de axuste, a auga terá un incremento do 1% no recibo, 2,5% nas licenzas urbanísticas, 15% nas escolas deportivas e 20% no Conservatorio e Escola de Música. Non experimentarán incrementos o resto das taxas, ata un total de 23, asi como o IBI.
"Por vez primeira no concello do Carballiño aplicararánse bonificacacións para as familias con menos recursos económicos", destacou Marnotes, das que se benificiarán aquelas familias con ingresos mesnuais inferiores a 1.065 euros mensuais, con rebaixaas que van entre o 10 e o 30%, que chegarán atá o 75% para aquelas familias acreditadas en situación de emerxencia social.
Para o portavoz socialista Paco Fumega "chove sobre mollado, fai unhos meses este mesmo alcalde anunciaba que se conxelarían as taxas e agora volve faltar a súa palabra, o que xa estamos moi acostumados, nos estamos radicamente en contra deste incremento nas taxas porque os veciños do Carballiño xa soportan unha excesiva carga fiscal, esto é unha extorsión en toda regla ós veciños do Carballliño coa que para nada estamos dacordo", manifestou Fumega nesta emisora de radio.
José Luis Valladares nega por medio dunha nota de prensa as acusacións feitas polo empresario que promoveu a construcción do polígono industrial do Fondo de Cea.
José Manuel Costas, o empresario de "Las 5 Jotas", involucrado na actualidade nunha trama de fraude fiscal que investiga a xustiza, acusou ao alcalde de Cea no xulgado vigués que leva o caso "de pedirlle diñeiro en efectivo a cámbeo de xestións", según o que trascendeu desa declaración e recollen distintos medios de comunicación.
O rexedor municipal remitíu a esta emisora de radio unha nota de prensa na que nega as acusacións e anuncia accións legais para defenderse do que considera "un infundio".
Prerma no arquivo adxunto para ver a nota de prensa do alcade de Cea:

Veciños lindantes denunciaran o aumento de volume na edificación e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón e ordenou ao concello que repoñese a legalidade urbanística.
Tratase do edificio sito entre a Praza dos Irmáns Prieto e a Avenida Julio Rodríguez Soto, popularmente coñecido como o edificio do "Hotel Rogelia", xa que a nova construcción edificouse no solar que ocupaba o famoso hotel carballiñés aberto ata os anos oitenta do século pasado.
O TSXG ordenanara o derrubo de 6 áticos e 36 rochos, e o concello do Carballiño solicitara que se considerase inexecutable a sentencia, tendo en conta o perxuizo social e económico que causaría a execución da sentencia, tan so o proxecto de derrubo e as indemnizacións superarían os dous millóns de euros, pero o alto tribunal denegara a petición presentada durante o mandato do ex-alcalde Carlos Montes, ao considerar que non se xustificara debidamente o recurso de súplica.
Xa durante o actúal mandato municipal, o alcalde Argimiro Marnotes volveu solicitar do TSXG que se considerase inexecutable a sentencia, alegando mediante a presentación dun informe feito por unha empresa especializada que o derrubamento faría perigar a estructura do edificio. Finalmente, o tribunal acepta agora a petición do concello e declara como inexecutable o derrubo e contempla tan so o pago de indemnizacións que o concello deberá acordar cos demandantes.
Os Socialistas alegranse da noticia e recordan "que foi Carlos Montes quen puxo en marcha esta solución"
O grupo municipal de PSdeG manifesta que é "unha boa noticia, alegregámonos pero temos que recordarlle á opinión pública que foi o anterior goberno socialista quen iniciou as xestións par buscar unha solución o menos perxudicial para o concello do Carballiño, foi Carlos Montes quen iniciou este proceso que agora culmina ante o TSXG, e incluso lle custou cartos do seu bolsillo, tivera que pagar multas para evitar o derrubo", remarcan dende o PSdeG.
Finalmente, os socialistas lamentan que "unha falcatruada de Marnotes pai lévelle costado tanto diñeiro ó concello do Carballiño, por eso non entendemos este intento do actúal alcalde de intentar apuntarse un tanto con todo esto".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »