Política
A desapacible tarde do domingo non impedíu o éxito de convocatoria da Cabalgata de Reis nas rúas do Carballiño, que malia ao mal tempo presentaron un bo ambiente de público.
Como ven acontecendo dende fai tres anos, Gaspar, Melchor e Baltasar fixeron máxico acto de aparición na torrre da Veracruz.
Cinco carrozas integraron a comitiva desta Cabalgata de Reis 2014, que solemnizaron coa súa música o Grupo Orcellón, a Banda de Gaitas e a Banda-Escola de Música do Carballiño.
A polémica está servida. O concello carballiñés, organizador da "festa do pulpo", vai propoñer á Real Academia Galega que sexan oficiais tanto o vocábulo "pulpo" como o de polbo.
A primeira reacción a este anuncio chega por medio de "A Mesa Pola Normalización Lingüística O Carballiño-O Ribeiro"
Prema no arquivo adxunto para descargar o comunicado remitido aos medios de comunicación por esta organización.
Permanece na Unidade de Cuidados Intensivos un veciño de Leiro ferido grave tras unha pelexa ás 9,31 horas do dia 1 de xaneiro, os feitos aconteceron na rúa Chamoso Lamas do Carballiño. A Policia Local detivo a dúas persoas involucradas neste suceso.
A Policia Local foi requerida para intervir en sete pelexas, rexistradas tanto na via pública como no interior de locais de ocio, durante a celebración da noitevella e o ano novo.
O suceso máis grave saldouse cun ferido polo que nun primeiro momento chegou a temerse pola súa vida, tras recibir un puñetazo e un empuxón caeu ao chan, golpeandose na caluga e perdendo a consciencia. Tivo que ser evacuado ata o P.A.C. do Carballiño e posteriormente trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, permanece na UCI e o seu estado é grave. Trátase de F.M.S.A., de 38 anos de idade, veciño de Leiro.
A Policia Local identificou e procedeu a detención, poucos minutos despois, de dúas persoas como presuntos autores dun delito de lesións, son F.J.J. veciño do Carballiño, e I.G.M., de 25 anos e con veciñanza no municipio de Maside.
A Consellería de Cultura vén de adxudicar a xestión do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Lás á empresa Espiral Xestión Cultural.
Esta empresa será responsable da prestación deste servizo público ata finais de 2017. Desta forma resólvese o concurso convocado o pasado mes de xullo por procedemento aberto e en réxime de concesión co fin de contratar a explotación integral do parque. O importe de adxudicación, durante os próximos 3 anos, foi dun total de 658.050 euros, cunha baixa do 10% respecto do orzamento de licitación. Previsiblemente o parque abrirá as súas portas ao longo do mes de febreiro do ano 2014.
O xacemento arqueolóxico coñecido como a ‘Cidade de San Cibrao de Lás’ é un dos castros máis grandes e monumentais da Comunidade Autónoma. O seu bo estado de conservación, o estado actual da escavación e a monumentalidade das súas defensas, fan del un referente, tanto desde o punto de vista da investigación como turístico.
A importancia deste xacemento xa foi obxecto da atención dos investigadores fai case un século, posto que entre os anos 1922 e 1925 xa escavou neste xacemento arqueolóxico Florentino López Cuevillas, continuando cos traballos Xaquín Lorenzo Fernández nos anos 1948-49. Anos despois, na década dos 80 e inicios dos 90, as actuacións foron desenvolvidos baixo o amparo do Museo Arqueolóxico de Ourense. Estas escavacións continuaron en datas máis recentes cara a súa posta en valor.
O Grupo Municipal Socialista do Carballiño presentou alegacións ás Ordenanzas Fiscais do 2014, que se debaterán no pleno extraordinario deste luns 30 de Decembro. Pide ao Grupo de Goberno a reducción do IBI e a conxelación das taxas da recollida do lixo. Así mesmo, piden a conxelación e taxas do servizo do Conservatorio e Escola de Música, das licenzas urbanísticas e do ICIO, e a revisión dos impostos para vados, aparcamentos na vía pública e carga e descarga.
Os socialistas carballiñeses consideran que o Concello debe ter en conta “as dificultades económicas que atravesan os cidadáns, que xa sufriron una suba considerable de taxas nas Ordenanzas Fiscais do 2013, en aplicación do Plan de Axuste Municipal aprobado polo PP”.
Critican por elo a “avaricia recadatoria” do alcalde, Argimiro Marnotes, e o seu equipo de goberno “que por terceiro ano consecutivo arremete contra as familias subindo os impostos, sen que vexamos un incremento nas inversión que se fan no pobo”.
Por elo, piden nas súas alegacións a redución do IBI, establecido no 0,6% para o IBI urbano; así como a recuperación da bonificación por domiciliación de recibos en todas as taxas públicas. Lembran que Marnotes prometera baixar a contribución e outras taxas “algo do que, ou ben xa se esqueceu, ou nunca pensou en cumprir”.
Os socialistas carballiñeses tamén demandan a conxelación da taxa pola prestación do servizo do Conservatorio e Escola de Música, ás que o Goberno municipal do PP pretende aplicar un 20% de incremento sobre as tarifas establecidas.
Na mesma liña, consideran abusivo o incremento da taxa por licenzas urbanísticas, tendo en conta a situación que atravesa o sector da construción, polo que esixen tanto a conxelación desta taxa, como da que regula o ICIO, e que repercutiría nas iniciativas empresariais que se poidan desenvolver no Carballiño. Os socialistas piden ademais que o Concello estude a posibilidade de estender as bonificacións a calquera emprendedor que inicie unha nova actividade empresarial ou que garanta a creación ou continuidade de postos de traballo.
Vados e recollida do lixo
Os socialistas carballiñeses esixen tamén nas súas alegacións a conxelación da taxa de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos durante todo o ano 2014, e non só durante o primeiro semestre como anunciou o Concello. Lembran que a intención do PP era subir esta taxa un 12% debido ao incremento do canon de Sogama “algo que os socialistas rexeitamos dende o primeiro momento”.
Critican ademais a “frivolidade” amosada por Marnotes nesta cuestión, xa que primeiro anuncia a suba, logo di que se conxela a taxa no primeiro semestre e agora que xa non sabe. “Pensa máis en cumprir o que lle dita o seu partido que nos intereses dos cidadáns”, apuntan os socialistas.
Por último, instan ao Concello a modificar a ordenanza que regula as taxas por vados, aparcamento e carga e descarga “que é certamente abusiva para os carballiñeses”.
As asociacións culturais "8 Notas" e "Do Norte" protagonizaron na Praza Maior do Carballiño un acto reivindicativo en demanda dun local de ensaios para os grupos musicais ou a construcción dunha casa da xuventude.
Un grupo de músicos amenizou este acto na que pedían "unha maior dotación da partida orzamentaria para o desenvolvemento de actividades culturais e que esta partida sexa en exclusiva para as asociacións do Carballiño, e que a convocatoria de subvencións se faga no primeiro trimestre do ano".
Tamén solicitan "máxima facilidade para o emprego de infraestructuras municipais e a creación dun consello local de cultura e participación prioritaria das asociacións do Carballiño nos eventos e actividades organizadas polo concello".
O concelleiro de cultura, Rodrígo González manifestou nesta emisora de radio "a sorpresa por esta convocatoria, entendo que o normal sería achegarme estas peticións nunha reunión, pero ninguén se dirixíu a min, e aínda máis me soprende que se fale de máis facilidades para o uso de instalacións cando sempre tratamos de dar as máximas".
Recoñeceu o concelleiro que a construcción dun local de ensaios para os grupos musicais formaba parte dos compromisos electorais do actúal grupo de goberno "e por eso estamos traballando para cumplir este compromiso, en canto as axudas e subvencións sabido é que o recorte do orzamento municipal afecta a todas as concellerías, incluida a de cultura", subliñou.
O alcade do Carballiño e o presidente da Deputación de Ourense asinaron un convenio que terá vixencia durante o ano 2014, polo mesmo a entidade provincial compromete a aportar o persoal e medios técnicos, mentres o concello deberá aportar o material que se precise.
A Deputación destinará unha brigada de operarios e ademáis aportará a maquinaria precisa para a execución dos traballos de mantemento, melloras do firme, regas asfálticas e xestión da biomasa, nas estradas do concello carballiñés que son de titularidade municipal.
As obras de conservación faránse naqueles casos que vaian determinando as necesidades, dentro dos 90 kilómetros de extensión que ten a rede viaria do concello do Carballiño.

Preto de mil fogares da comarca estiveron varias horas sen suministro eléctrico, os ventos provocaron a caída de árbores en moitas estradas, desplazaron colectores da recollida do lixo, e causaron danos tanto en vivendas como en edificios públicos. A organización do Belén Viviente de Dacón decidíu suspender a súa celebración prevista para o dia do nadal.
No Carballiño, rexistraronse inundacións na Avda. de Compostela e cortouse ao tráfico a Avda. do Arenteiro. Os danos no tellado do auditorio son considerables e o persoal municipal e de emerxencia traballou para evitar que a auga entre no interior. Os responsables municipais decidirán este xoves a necesidade ou non de suspender as actividades programadas para estas vindeiras datas nestas instalacións do auditorio.
En Beariz, os fortes ventos provocaron danos no tellado e un lateral do polideportivo municipal, e os servizos de Protección Civil non deron abasto para atender a todas as emerxencias, de feito a empresa Montañesa tivo que susepnder o servizo Doade-O Carballiño, o estar a estrada atrancada por árbores caídos sobre a calzada.
O Belén Viviente de Dacón trasládase ao domingo 29
As lamentables condicións nas que quedou a carballeira da Garrida, onde se celebra este acontecemento, asi como as previsións de chuvia para o dia de nadal, levou a Asociación de Veciños de Dacón a trasladar ao vindeiro domingo a celebración desta representación na que está prevista a participación de cen veciños da localidade.
A responsable do centro de saúde de Piñor dirixíu un escrito ao alcalde deste concello no que pon "no seu coñecemento que reiteradamente sufrimos cortes de suministro eléctrico", tamén recorda ao alcalde de Piñor outras deficiencias no edificio.
Hortensia Álvarez advirte ao rexedor municipal que a situación "está interferindo no traballo diario" que se desenvolve neste centro sanitario, manifesta no escrito como "no dia de hoxe a hora da apertura encontramonos cun plafón do sumistro de luz da consulta médica estaba desprendido do teito e con desprendimento do material de escaiola".
Considera que "un dos motivos desta situación pode ser o feito de que no tellado existen desprazamentos de tellas que permiten as filtracións de auga". Tamén mostra a súa preocupación polo sistema de calefacción "que é radial e pode comportar resicos para a integridade física de usuarios e persoal sanitario".
Finalmente, solicita unha "avaliación sobre a situación do centro de saúde de Piñor en materia de suministro eléctrico garantindo que non representa un risco laboral".
A Productora "Vía Láctea" aceptou a proposta dos responsables municipais do Carballiño e farán da residencia carballiñesa o centro de operacións para a rodaxe da longametraxe.
Os traballlos de producción e rodaxe da Esmorga, dirixida por Igancio Vilar, están previstos para os meses de Xeneiro, Febreiro e Marzo de 2014, en distintas paraxes da provincia de Ourense. O Alcalde, Argimrio Marnotes, e a concelleira de Turismo viñan realizando xestións coa productora dende o pasado mes de setembro, según manifestou o rexedor esta mañá.
Marnotes indicou "que ata o de agora non podiamos dar a coñecer esta iniciativa, porque non sabiamos se fructificaría ou non, pero desta maneira cumplimos o compromiso que xa manifestamos no último pleno da corporación, dende o goberno do concello do Carballiño estamos traballando para facer pola residencia de tempo libre o que antes non fixo ningún outro goberno municipal".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »