Política

13, Outubro 2013

A Área de Deportes considera "un éxito total" esta actividade, que conseguíu un novo record da participación, ao superar os 600 ciclistas inscritos.

Pais, fillos e avós, como o caso do participante de máis idade -de 82 anos- participaron neste paseo de 10 kilómetros polo Carballiño e arredores, nun ambiente lúdico e familiar. Tamén con algúns participantes chegados de fora do Carballiño, entre eles un turista de Nova Zelandia. 

A proba servíu, ademáis como inicio da campaña "1,5", coa que se recorda a a todos os conductores a obrigación de deixar esa distancia cando se adianta a un ciclista, asi como o resto da normativa de tráfico.

9, Outubro 2013

O servizo prestaráse no local de "Bo Dia Familia", na rúa Calvo Sotelo. A inciativa "nace da política transversal das concellerías de Benestar e Educación" manifestou o alcalde Marnotes.

A este comedor poderán acudir como usuarios do mesmo os escolares carballiñeses entre os 3 e os 12 anos de idade, e terá un coste diario de 3,62 euros ao dia. Está pensado "para aqueles escolares que se quedaron sen praza no comedor do colexio público ou para todos aqueles que queiran utilizalo, desta maneira o concello pon a disposición das familias un servizo para axudarlle a conciliar a vida laboral e familiar", subliñou o rexedor municipal.

A empresa "Visama" encargaráse de ofrecer "menús equilibrados, que farán cociñeiros e nutricionistas e adaptados ás idades dos nenos". O prazo para incribirse está aberto ata o dia 20 deste mes de Outubro e comezará a funcionar a partir do mes de Novembro.

9, Outubro 2013

O Grupo Municipal Socialista denuncia a falta de rigor na contratación do persoal para  o concello de Leiro .

O Portavoz, Manuel Rodríguez  "ten constancia de dende o pasado luns nas brigadas de Cooperación hai un traballador que se censou fai dous meses no concello de Leiro,  e que ante a petición de explicacións do grupo municipal o alcalde escudouse en que o servizo Galego de Colocación foi quen lle enviou os candidatos pero quen fai a selección e o  propio concello", dixo.

Dende o Grupo Municipal Socialista esixínlle ao alcalde "que faga unhas bases de contratación que garanticen os principios de igualdade mérito e capacidade e que non quede en entredito que no concello de Leiro se contrata sin máis criterio que o de a amizade, e favores...cando  moitos veciños están en situación de desemprego e non se lles da ningunha opción para traballar no mesmo", manifesta Rodríguez.

9, Outubro 2013

Según o PSdG o concello do Carballiño perdeu  "en torno os 10.000 euros" ao ser denegada unha liña de axuda que sería destinada aos programas de de fomento da conciliación, mentres que a concelleira de Benestar Social considera que a información socialista é "errónea e malintencionada".

Os socialistas afirman que a subvención foi denegada por un defecto na tramitación da solicitude ao "non declarar os ingresos xerados polos cobramento de cotas, taxas ou similares por participación na actividade". Engaden ademáis que "non é a primeira vez que nos atopamos con que na concellería de Benestar Social se perde unha axuda necesaria, debido, supoñemos, á ineptitude coa que se dirixe esta área, recordamos que dende que está o PP no goberno municipal xa se perdera unha axuda destinada ao CIM", remarcan.

Versión ben distinta é a da concelleira. Purificación Alberte asegura que "vimos de recibir unha axuda para as actividades do CIM de 28.800 euros, é lamentable que o Partido Socialista intente confundir os veciños e veciñas do Carballiño con este tipo de críticas, e máis cando eles saben que o CIM creouse o ano 2007 gobernado eles e ata o ano 2001 foron incapaces de xestionar subvención algunha, polo que o coste do servizo sempre foi a cargo do concello ata que chegamos nos". En relación á liña de axuda rexeitada, a concelleira manfestou que "foron catro as liñas de axuda solicitadas, e delas unha denegada, que agora temos un mes para recurrir".

8, Outubro 2013

Asi o recolle o informe da oficina municipal de turismo sita na Alameda, afirmando que visitarona un total de 1.228 persoas fronte ás 634 que o fixeron druante a mesma tempada estival en 2012.

O informe tamén reflicte a procedencia dos turistas, sendo maioritaria a galega "aínda que constatase un aumento dos procedentes doutras comunidades, destacando Andalucía, dende onde chegaron 187, seguidos de Madrid con 179 e Cataluña con 138".

En canto os turistas que rexistrou a oficina municipal de turismo procedentes do extranxeiro durante o pasado verán o número ascende a 94, e dentro das distintas nacionalidades ocupan o primeiro posto os franceses, 27.Sobre o intereses amosado polos visitantes, o informe destaca a preferencia polas rutas de sendeirismo, o patrimonio cultural e "onde comer polbo á feira".

4, Outubro 2013

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión desta semana a modificación puntual das normas
subsidiarias de planeamento do Concello de Maside , no ámbito da rúa Outeiro
Grande e o seu contorno.

Esta modificación puntual ten por obxecto a recualificación dun ámbito de 9.017 m² como
solo urbanizable, conforme o establecido na disposición transitoria 13 da Lei de solo, para
integrar e ordenar normativamente o asentamento da rúa Outeiro Grande e o seu contorno
no planeamento vixente.

Este ámbito de actuación é un asentamento xurdido á marxe do planeamento arredor da rúa
Outeiro Grande, contiguo ao núcleo urbano de Maside capital, que afecta dúas zonas
separadas conectadas pola citada rúa, situadas segundo as normas subsidiarias (NNSS) en
solo non urbanizable (actualmente solo rústico) e en solo non urbanizable de especial
protección (rústico de especial protección).

Coa modificación puntual pasan a ser solo urbanizable delimitado un total de 7.602 m² de
solo non urbanizable (solo rústico) e 1.415 m² de solo non urbanizable de especial
protección (solo rústico de especial protección).

Deste modo, a modificación puntual establece a regulación detallada do sector co contido e
determinacións necesarias para o seu desenvolvemento ordenado.

Aprobación das modificacións de planeamento
O expediente tramítase ao abeiro do disposto nos artigos 93 e 95.2 e 4 da Lei 9/2002, do 30
de decembro, de ordenación urbanística e protección do ambiente de Galicia (Lei de Solo),
que determina que a competencia para a aprobación definitiva das modificacións de
planeamento municipal que terán por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial
protección corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, logo do informe favorable da
Comisión Superior de Urbanismo.

En abril de 2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decidiu non someter
esta modificación a avaliación ambiental estratéxica. Posteriormente o Pleno municipal
aprobou inicialmente a modificación puntual e expúxoa ao público.

Finalmente, o propio Pleno aprobou as correccións da modificación e remite a
documentación á Xunta de Galicia, constando o 18 de setembro de 2013 o informe
favorable da Comisión Superior de Urbanismo.

A día de hoxe, o Concello de Maside dispón de normas subsidiarias de planeamento
aprobadas en outubro de 1985, que tiveron dúas modificacións puntuais.

1, Outubro 2013

Na rúa Ourense afundíronse varios metros da beirarrúa, provocando un gran socavón. Na Avenida de Compostela e a rúa Alexandre Bóveda o deficiente funcionamento das canalizacións provocaron inundacións en numerosas vivendas.

Na Avda do Arenteiro acumulouse unha gran cantidade de terra como conscuencia dos arrastres dende a rúa Astureses e a zona do parque municipal. O concelleiro de Obras, Magín Daparte, explicou nesta emisora de radio que esta problemática "e consecuencia de dúas deficiencias gordas que teñen a mariora das rúas do Carballiño, dunha parte carecen de rede separativa de pluviais e ademáis tratase de tuberías que en moitos casos son moi antigas e de fibrocemento que agotaron o seu tempo útil"

En relación ás problemáticas concretas na Avenida de Compostela e a rúa Alexandre Bóveda, Daparte lamentou "que se trata de dúas rúas nas que se acometeron proxectos nos que se fixeron investimentos millonarios pero con notables deficiencias que agora provocan estes problemas, que nós estamos tratando de solucionar".

En canto o derrubamento na beirarrúa da rúa Ourense, o concelleiro de Obras manifestou que "xa contactamos con Aquagest e xa están procedendo a reparar a tuberia, para logo poder acometer a reposición da beirarrúa".

Non obstante, para o grupo municipal socialistas, todas estas anomalías son consecuencia "da ineficiacia e incapacidade do goberno Marnotes, coas rúas cheas de fango, o que provocou que coas primeiras chuvias do outono toda a vila se víu anegada, todos sufrimos as consecuencais dunha inexistente planificación, ante algo tan previsible". Recordan os socialistas que "por varias veces xa advertimos e denunciamos esta situación no pleno da corporación, cos sumidoiros cheos de lixo...unha vila sen goberno".

28, Setembro 2013

Arredor de oitenta persoas concentraronse na Praza Maior demandando o "tanatorio fora do casco urbano", tal como proclamabaa a pancarta principal.

Os concentrados eran na súa maioria residentes na rúa Evaristo Vaamonde, onde pretende intalarse o tanatorio, e da rúa Eusebio Lorenzo, non obstante acudiron á protesta vecinos doutras zonas.  Tamén participou na concentración a concelleira do BNG Áurea Francisco.

A portavoz vecinal, Vanesa Lois, recordou ante os presentes os motivos que manifestan para opoñerse á instalación desta actividade.

"Tanatorio fora do casco urbano" e "el pueblo unido jamás será vencido" foron as consginas máis coreadas durante a concentración.

 

 

28, Setembro 2013

Os tres accidentes rexistraronse na estrada N-541, no mesmo punto, a saída da curva do Cornuval en dirección a Pontevedra.

Nos tres casos, os conductores perderon o control sobre os seus vehículos, o primeiro deles ás 17,30 horas do venres, un veciño de Pontevedra que saíu ileso, chocou contra unha farola a altura do Centro Comarcal do Carballiño. Pasadas as 20 horas do mesmo dia, un camión envorcou no mesmo lugar, no mesmo viaxaban tres persoas, o conductor que saíu ileso e dous ocupantes que resultaron feridos, un deles grave, os tres de nacionalidade portuguesa. Foron hospitalizados no CHUO.

As 17 horas do sábado rexistrabase o terceiro accidente en apenas un intervalo de tempo de 24 horas, idéntico aos dous anteriores, sendo evacuada a conductora en ambulancia.

28, Setembro 2013

A convocatoria do BNG na casa da cultura do Carballiño reuníu a máis de 200 persoas, emigrantes retornados das comarcas do ribeiro e O Carballiño afectados por esta problemática.

Trala reunión, conducida pola deputada nacionalista Tareixa paz, quedou constituída a "Plataforma de Afectos do Carballiño-O Ribeiro", que coordenará unha comisión de 4 persoas de ambas comarcas.

A Axencia Tributaria ven comunicando nos últimos meses aos emigrantes retornados que reciben pensións do extraxeiro a obrigatoriedade de tributar por esas pagas, reclamandolles esas cantidades dende o ano 2008 e impoñendo sancións económicas. O BNG non entende "esta actitude do Partido Popular e do Sr. Montoro, tendo unha doble vara de medir, facendo amnistias fiscais para os grandes defraudadores e abusando deste xeito dos pensionistas", remarcou a deputada do Bloque Nacionalista Galego.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política