Política

7, Novembro 2013

Os socialistas demandarán a posta en marcha da nova residencia de maiores do Carballiño, neste mesmo concello, a reforma e reapertura do matadoiro municipal e a creación dun viveiro de empresas comarcal.

Ademáis, presentarán outras enmendas "específicas para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño", desta maneira os socialistas intentarán "paliar o esquecemento nos orzamentos da Xunta para o próximo ano 2014, unha aldraxe que dúas das comarcas máis importantes da provincia estean ausentes dos inventimentos da Xunta para o próximo ano", apuntan.

A reunión na que se analizaron os orzamentos autonómicos e na que participaron deputados provinciais xunto a alcaldes e concelleiros das comarcas do Ribeiro e O Carballiño celebrouse no bar Campeón de Beade "para mostrar a solidariedade co concelleiro socialista neste concello e para rexeitar con rotundidade o recente  acto terrorista na casa consistorial, asi como a actitude antidemocrática do alcalde da localidade", manifestan.

4, Novembro 2013

Manuel Penedo foi proclamado como único candidato a presidir o PP do Irixo no congreso convocado para o dia 21 deste mes de novembro. Afiliados desta formación politica mostraron a súa sorpresa ante a información difundida por esta emisora de radio "desde o partido ninguén nos notificou nada", aseguran.

Manifestan o seu malestar ante esta falta de información "porque nin xiquera sabiamos que estaba convocado o congreso e tampouco que houbese un tempo para presentar candidaturas, é lamentable esta actitude e falta de democracia no Partido Popular do Irixo, ésto está todo atado e amañado", subliñou Antonio Bernárdez, que ademáis lamentou "que non se lle queira dar a oportunidade a outras persoas a poder presentarse, porque aquí no Irixo hai xente nova moi válida e  que está moi preparada, é lamentable que non se faga unha convocatoria aberta, transparente e democrática".

Consideran que sería positivo para o Partido Popular e para o concello do Irixo que houbese outras alternativas a Penedo "esto fano asi para asegurarse seguir controlando o concello, que é o que lle interesa, e a xente vaise cansando, é hora de renovar a política local, despois de 30 anos de tanto traballo supoño que estarán cansados e debería ser hora de tomarse un descanso", ironizou este veciño e afiliado do Partido Popular.

Según os datos recabados por esta emisora de radio son 70 os afiliados cos que conta o Partido Popular no Irixo "outra sorpresa, porque no PP do Irixo nunca pasamos de sete ou oito afiliados", asegurou Antonio Bernárdez.

 

 

29, Outubro 2013

"Os pensionistas non somos defraudadores, somos pagadores" proclamaron nesta concentración ás portas da Delegación de Facenda do Carballiño.

A Coordenadora Galega, na que se integran os emigrantes retornados das comarcas do Carballiño e O Ribeiro demandan que a Axencia Tributaria deixe sen efecto "as reclamacións e sancións que nos están notificando polas pensións que recibimos do extranxeiro e non declaramos no IRPF dende o ano 2008". 

"Nos non sabiamos que había que facer as declaracións, ninguén nolo notificou, nos trouxemos as divisas e levantamos este país, e outros, os auténticos defraudadores reciben amnistias fiscais, esto é unha inxustiza", alegan.

 

29, Outubro 2013

O concello do Carballiño e o Cluster da Carne de Galicia asinaron un protocolo de colaboración que se presenta co obxetivo común "de facer do matadoiro carballiñés un referente para o sector cárnico".

O Alcalde Argimiro Marnotes explicou que o concello decidíuse por esta fórmula de concesión das instalacións a unha organización sen ánimo de lucro "porque evitamos facer un concurso público e desta maneira o Cluster comprométese a contratación de traballadores da comarca, que é un dos obxetivos".

Nas instalacións do matadoiro, sen actividade dende fai algo máis dun ano, será necesario acometer varias melloras e reformas, que asumirá o Cluster, unha organización que está integrada por 346 entidades e empresas, que suman o 54% das entidades galegas que se dedican a este sector da carne, cun volume de facturación de 528 millóns de euros no último ano.

O Presidente desta agrupación empresarial, Javier Vázquez Gil, aclarou que o matadoiro estará aberto tanto para gandeiros como carniceiros da comarca, coas mesmas prestacións que terán os socios do Cluster da Carne de Galicia.

No prazo dun mes, tal como recolle o protocolo, asinaráse un convenio de colaboración entre ambas partes, concello e cluster, que ractificará este acordo.

28, Outubro 2013

 En Curros Enríquez o proxecto contempla o empedrado de toda a zona de rodadura, asi como a mellora das beirarrúas, que serán máis anchas, e colocación de mobiliario urbano.

As obras, según comunica o concello carballiñés, comezarán a primeira semana de novembro e as previsións municipais apuntan a que estean rematadas antes das festas do nadal. O obxetivo do goberno municipal "é crear un bulevar comercial que entronque coa praza da Veracruz e a rúa do Paseo".

O proxecto conta cun orzamento de 119.000 euros, dos que preto de 90.000 son aportados por medio dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria.

Polémica polo anuncio de peonalización

Os comerciantes de Curros Enríquez non comparten a idea do goberno municipal para a peonalización desta rúa, unha vez que se execute esta obra de embelecemento. De feito, tras a polémica desatada por ese anuncio, o concello carballiñés chegara a un principio de acordo con comerciantes, hosteleiros e veciños, para implantar esa peonalización de forma gradual, nunha primeira fase será peonil en horario de oito da tarde a oito da mañá e durante as fines de semana e festivos.

Reforma na rúa Cerca

Os operarios municipais acometen a obra de acondicionamento na rúa Cerca, na que cun investimento de 10.000 euros, está sendo obxeto dun novo empedrado a base de adoquín. Tamén se reformarán as beirarrúas e adaptaránse os pasos para os accesos a garaxes.

25, Outubro 2013

A medida foi aprobada polo pleno da corporación municipal a instancias do grupo de goberno do Partido Popular, a oposición abstívose.

Concretamente, establécese unha aportación dun 10% do prezo do medicamento, cun límite máximo de 4,20 euros. Desta maneira, o concello de Boborás comprométese a este pagamento de copago dos medicamentos que se administran nas farmacias dos hospitais mediante orde de dispensación hospitalaria, e que afecten aos veciños do municipio  que se atopen en dificultades económicas.

Trátase, na súa maioria, de tratamentos que afectan a persoas con patoloxías crónicas e graves, que reciben medicamentos que esixen unha particular supervisión e control, e que so dispensan os servizos de farmacia dos hospitais.

23, Outubro 2013

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, asinaron o convenio que fará posible esta obra.

O importe deste convenio, aportado ao 100% pola Xunta de Galicia, elévase a 31.937 euros. Nas inmediacións desta praza conflúen varias zonas de esparcemento veciñal, como a igrexa parroquial de Santa Cruz, a escultura A lavandeira do metal e un parque infantil; polo que a mellora e acondicionamento deste punto converterá esta zona nun punto de referente veciñal.

As actuacións consistirán na mellora do pavimento con lousas de pedra de granito do país, a construción dun muro de formigón, ao tempo que se instala unha arqueta e toma de augas. O proxecto tamén inclúe a construción dunha caseta para albergar o cadro eléctrico.

En relación coas obrigas, o departamento que dirixe Agustín Hernández aportará o 100% do investimento; mentres que a Administración local deberá redactar o documento técnico de definición da obra, obter os permisos, licencias e autorizacións, poñer a disposición da Xunta os terreos libres de cargas e contratar, executar e dirixir as obras.

O conselleiro manifestoulle ao alcalde que non se trata dunha obra cun orzamento elevado, pero puxo en valor a importancia desta actuación xa que responde ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no media rural.

22, Outubro 2013

O concello puxo en marcha un operativo de emerxencias formado por 25 persoas que ata pasadas as catro da madrugada deste martes traballou para atender as incidencias.

O temporal de chuvia descargou unha gran cantidade de auga e os maiores problemas, en forma de inundacións, presentaronse na Avda. do Balneario, Evaristo Vaamonde, Avda. de Compostela e a rúa Ourense, onde a Policia Local tivo que cerrar a circulación de vehículos nalgúns tramos. 

O concello carballiñés movilizou a operarios da Brigada Municipal, ademáis dos efectivos de Emerxencias e Protección Civil e persoal da Brigada de incendios, que levantaron as tapas dos sumidoiros naquelas rúas máis confictivas, co fin de que recollesen mellor a auga, e mesmo utilizaron sacos de area para evitar inundacións que terían afectado a baixos e sotos de edificios.

21, Outubro 2013

Os socialistas falan de "revanchismo por causas ideolóxicas e nulo apoio dende o concello con entidades como o Casino, que tanto leva apostando pola organización de actividades culturais nos últimos tempos".

Adolfo Nogueira tamén se referíu no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio "ó boicot que está a sufrir o Cine Club, e que eles mesmos denunciaron,  desde que se negaron a organizar as Xociviga, por desavenencias co propio concello". O concelleiro socialista recordou "incumprimentos de promesas como a feita ós grupos musicais sobre a construcción dun local de ensaios" e de forma expresa denunciou "o abandono da biblioteca municipal, onde son incapaces de cambiar unhas bombillas fundidas nos aseos, sen calefacción e co mobiliario roto".

"A palabra desmantelamento está no ADN deste goberno do Partido Popular", afirmou o concelleiro socialista "e non so falo de cultura, senón que tamén podía facélo dos distintos servizos municipais, esta mesma mañá varios pais da Escola de Fútbol mostrabanme a súa preocupación pola situación que están vivindo de nulo interés por parte do concello, está claro cal é a súa intención", subliñou.

16, Outubro 2013

O Partido Popular de Piñor asegura que a concelleira leva varios meses fora do municipio "e unha persoa que está no extranxeiro non pode traballar polos intereses dos seus veciños", respondelle o alcalde Francisco Fraga culpando da ausencia ao PP "vese na obriga de emigrar, como o resto da mocidade galega, para procurar fora o que este goberno do PP lles nega en Galicia".

Dende o Partido Popular manfestan que " o alcalde de Piñor ten a obriga moral  cos seus veciños de darlles unha explicación e de tomar as medidas oportunas para regularizar a actual situación do goberno municipal do concello de Piñor". Engaden "o respecto á decisión desta concelleira, cadaquén é libre de decidir e buscarse o seu medio de vida cómo e onde queira, pero non podemos consentir nin estamos de acordo no abandono das súas responsabilidades como concelleira e como tenente de alcalde, de non poder cumplir coas súas obrigas, debería demitir", concluen.

O rexedor responde que "non todos teñen a sorte de que os enchufen na Deputación ou de que os coloquen a dedo como asesores  en postos bicoca pagados cos impostos de todos". Fraga asegura que "a ausencia temporal da tenente de alcalde non impide o normal funcionamento do concello de Piñor in suón custe algún xa que non recibe ningunha retribución do concello".

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política