Política

14, Agosto 2013

Alcalde e voluntarios explicaron que o concello ten o compromiso de contratalos a través do Fondo de Cooperación, non obstante, o retraso no libramento de fondos por parte do Ministerio de Economia impide a formalización dos contratos de traballo.

Os membros do extinto GRUMIR masnifestaronse sentirse "cansados de tanta espera e ó limite" despois de estar realizando este traballo de atención de emerxencias sen relación contratual dende o mes de novembro do ano pasado, cando lles venceu o contrato co extinguido GRUMIR, "levamos asi nove meses, atá aquí chegamos, ás cero horas deste dia 14, plantámonos", anunciaron.

O alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que o concello mantén o compromiso de manter este grupo de emerxencias "agora mesmo aínda estamos sen parque de bombeiros e se nos quedamos sen esta xente, O Carballiño queda desprotexido para as emerxencias, asi de claro", dixo Marnotes. O rexedor asegurou que o concello e a Xunta teñen a tramitación feita dende fai meses "pero dende o ministerio non acaban de facer a transferencia dos fondos, que son preto de cen mil euros, e atá que eso aconteza, non podemos formalizar os contratos", subliñou.

OS SOCIALISTAS PRESENTARÁN UNHA MOCIÓN URXENTE ANTE O PLENO DA CORPORACIÓN.

Asi o anunciou o portavoz do grupo socialista Francisco Fumega, no próximo pleno que celebre a corporación carballiñesa os socialistas presentarán unha moción "igual que xa fixemos no pasado mes de setembro". 

Fumega culpou da situación ao alcalde do Carballiño "que na súa liña habitual bótalle a culpa a outros, menos mal que desta vez os culpables non son nin o grupo socialista nin Zapatero, senón Rajoy", ironizou o responsable dos socialistas.

13, Agosto 2013

  O grupo socialista pide que a festa "non siga dando pasos atrás", mentres que o alcalde considera que "a deste ano é a formula a seguir para facer da semana do pulpo a gran semana festiva da Galicia interior".

Punto de vista ben distinto sobre o desenvolvemetno festivo o  que manteñen unhos e outros. Dende o goberno municipal, o alcalde carballiñés defende o éxito da convocatoria e anuncia que dende o concello "seguiráse apostando cara o ano que ven por potenciar as actividades nos dias previos, tivemos dende o dia 2 un notable aumento de visitantes a O Carballiño e moitos comentarios que estamos recibindo coinciden cos nosos datos e tamén coa nosa idea, racionalizar os recursos municipais para as actividades festivas".

Marnotes referíuse expresamente á idea, xa apuntada en anteriores ocasións, da posible reducción de xornadas festivas no San Cibrao en favor da festa do polbo "porque son moitos os factores que xogan a favor de agosto, que é o gran mes vacacional e festivo en Galicia, mentres que en setembro resulta moi complicado para as familias por moitos factores, xa comezou o curso escolar, e xa estamos á volta do verán", manifestou o alcalde, que estivo acmpañado na súa comparecencia por Jesús Rivera, da asociación de hosteleiros do Carballiño, e Julían Garriga, do Centro Comercal Aberto, que  fixeron un balance "moi satisfactorio"  sobre a repercusión econónica da progamación festiva nestes sectores.

CRITiCAS DO PARTIDO SOCIALISTA

Comezan polo "veto" do concello a algunhos hosteleiros para a instalación de barras na vía pública "non se sabe moi ben defendendo que intereses", polo que piden "criterios claros e equitativos sen discriminar nin a uns nin a outros".

Tamén preocupa aos socialistas "a imaxe que agora poidan ter do Carballiño fora dos nosos límites, unha preocupación que ven dada pola pouca representación institucional nos actos deste domingo". Citan a ausencia do Presidente da Xunta, conselleiros, ou do alcalde de Vigo, cidade á que se dedicou a festa "a explicación é que ninguén se quere facer a foto co alcalde imputado na Pokémon", subliñan dende o Partido Socialista.

Anuncian que investigrán "o número de entradas vendidas e regaladas" para o recinto do concello e afirman que "a calidade do xantar foi criticado por moitos dos presentes". Ademáis, "capítulo aparte merece a limpeza do parque municipal, levada a cabo tarde e mal", aseguran.

11, Agosto 2013

A celebración da Festa do Pulpo, e tamén a programación de actividades dos últimos dias, logrou atraer a miles de visitantes a O Carballiño. O concello cifra en preto de 80.000 persoas as que acudiron a gran "pulpada" deste ano.

Aínda que a cifra dada polo concello sempre se presta a controversia, o certo é  que durante os dias previos O Carballiño rexistrou probablemante a maior afluencia de público dos últimos anos, éste é o comentario practicamente unánime entre a veciñanza e tamén entre a hostelería local.

Á recepción oficial de convidados, ao lado da estatua dos Irmáns Prieto, acudiron representantes da corporación muncipal de Vigo, cidade á que este ano se dedicou a festa. Deulles a benvida o alcalde do Carballiño, recordandolles que "estamos na mellor festa de Galicia á que o que non ven sempre se arrepinte de non haber estado", subliñaba Marnotes. 

A EDICIÓN DE 2014 DEDICARÁSE AOS CENTROS GALEGOS DE CATALUNYA

Asi o anunciaba o rexedor municipal no transcurso do xantar no recinto do concello. Argimiro Marnotes, acompañado de varios representantes dos centros galegos en catalunya, comunicaba que a próxima edición da festa do polbo estará dedicada á emigración galega no país catalán.

AMENAZA DE TREBOADA

Minutos antes das sete da tarde, aínda con moita xente do parque, fixose presente a amenaza dunha treboada, de feito por un breve espazo de tempo caeron algunhas pingas ben gordas, finalmente todo se quedou nunha amenaza, que incluso agradeceron os máis xoves, aproveitando para refrecarse, moitos -protexidos polas árbores- nin xiquera se enteraron.

 

8, Agosto 2013

O home, de 52 anos de idade, caeu dende unha altura de oito metros cando realizaba traballos de mantemento na planta de compostaxe de Lamas, no concello de Leiro.

O accidente rexistrouse pasadas as sete da tarde, e ata o lugar desplazouse un equipo de Urxencias Médicas, que de inmediato solicitou a asistencia do helicóptero do 112, ainda que finalmente os sanitarios non poideron salvarlle a vida a Manuel Simón, que faleceu no lugar do sinistro. A victima era natural da parroquia de Orega e traballaba para unha empresa de construcción de Leiro.

8, Agosto 2013

Representates de "Anova" da comarca do Carballiño criticaron que "os brigadistas sexan utilizados para limpar cunetas ou campos de festa e incluso en traballos de xardineiría".

Asi o asegurou a voceira desta formación política, María Xesús Canitrot, que ademáis puxo de manifesto que " o persoal contratado tampouco ten preparación para desenvolver a actividade encomendada, e non contan cos medios técnicos que serían precisos". Tamén fixo fincapé na precariedade laboral na que se atopan os brigadistas "que en moitos casos teñen contratos de catro horas e obirgannos a facer xornadas de oito ou máis horas ó dia".

A voceira da formación nacionalista tamén criticou o procedemento seguido para a selección dos brigadistas "xa que se contratou a xente con finalidade electoralista, en base aos posibles votos que poidan conseguir".

Anova lamenta que non se faga un plan forestal integral de prevención e loita contra o lume "e todo sexan remendos, como proba delo é que en pleno mes de agosto aínda haxa concellos que non contan con brigadas ".

6, Agosto 2013

Misión conseguida, O Carballiño volveu establecer un novo record presentando o prato de polbo máis grande do mundo. 

Desta vez, o novo record quedou fixado nunha ración de polbo á feira elaborada polas polbeiras de Arcos, empregando 260 kilos de polbo. Foi preciso utilizar un prato de 380 centímetros de diámetro, un prato de madeira que realizou a brigada de Obras do Concello do Carballiño na nave da Uceira. Para o seu transporte e instalación na Praza Maior precisouse dun camión-grúa.

O acontecemento volveu despertar unha gran expectación e resultou un completo éxito de público, que encheu a Praza Maior do Carballiño, consolidandose desta maneira como o acto máis multitudinario da semana festiva do polbo, que culminará o vindeiro domingo coa gran polbada mundial no parque municipal do Carballiño.

5, Agosto 2013

Asi o confirmou a directora xeral de emprego e formación da Xunta, Ana María Diaz, tras unha entrevista cos alcaldes do Carballiño e San Amaro.

Tratase, asi pois, dun proxecto supramunicipal que terá un orzamento que ronda os 200.000 euros e dará formación a un total de 22 alumnos, que se repartirán en tres módulos, os de xardinería, albanelaría e axuda a domicilio. O Obradoiro terá unha duración de seis meses e comezará a súa actividade no vindeiro mes de outubro.

5, Agosto 2013

O alcalde do Carballiño aproveitaba o acto de homenaxe para anunciar o compromiso de “crear unha brigada, de polo menos dúas persoas, que de forma estable se ocupe do cuidado tanto do parque municipal como de toda a área natural do río Arenteiro”.

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) Marnotes comprometíase á creación desta birgada “no próximo exercicio orzamentario do concello”, que tería a súa sede na casa do peón caminero.

 “O Bastoncito”  foi o primer operario do parque municipal do Carballiño, dende 1934, e tamén dos primeiros en plantar moitas das árbores que hoxe forman parte deste espazo natural. Con motivo da próxima festa do polbo quíxose homenaxear a este traballador que tanto fixo polo parque do Carballiño.

 No acto estiveron o alcalde Argimiro Marnotes, a edil de turismo Pilar Caride e varios familiares do homenaxeado. Consistiu na inauguración dunha placa conmemorativa co seu nome, no centro do parque municipal.

 A familia, moi emocionada, quixo neste acto agradecer que “O Bastoncito” sexa recordado ao lado do nome do parque, lugar ao que tanto se dedicou. Tamén recordaron anécdotas do seu traballo, e como un dos fillos, alí presente, o relevaba cando era necesario.

José María Otero non só se adicou ao parque do Carballiño senón que tamén actúou de forma totalmente altruista na Saleta de Astureses, onde plantaba árborees e realizaba tarefas de mantemento. 

3, Agosto 2013

A área de Voluntariado que dirixe a edil Pilar Caride iniciou unha campaña de información e sensibilización entre os propietarios de cans, para evitar que os cans deixen as súas feces no chan, manchando as beirarrúas e as rúas, e ofrecendo unha mala imaxe do Carballiño . 

Caride sinalaba que "somos conscientes que a maioría dos propietarios de cans son respectuosos con estas accións, pero queremos chegar a todos e, sobre todo, atender unha demanda veciñal sobre este problema de limpeza".

Para iso dende hai unhas semanas un grupo de voluntarios do Carballiño, nesta ocasión todos mozos da vila, realizaron varias reunións para poñer en marcha este programa. Trátase de informar directamente os propietarios de cans, e os veciños en xeral. Neste sentido os voluntarios realizaron xa un mapa das zonas onde deben actuar, despois de comprobar cales son as rúas e prazas onde máis van os cans cos seus amos. Prazas como a da Veracruz ou o Parque Municipal.

Tamén están a marcar un horario para poder informar directamente os usuarios. A primeira hora da mañá e a última da tarde, que é cando saen a pasear cos seus cans.

Sobre a información, estanse a realizar uns panfletos onde se explica que deben facer cando o seu animal de compañía deposite as súas feces na rúa, onde se encontran os lugares para depositar as bolsas unha vez usadas. Nos mesmos panfletos se informará tamén das sancións consideradas para os que non cumpran a normativa municipal a este respecto.

En pouco tempo estas "brigadas caninas" estarán na rúa, informando a todos os veciños. Estes voluntarios estarán debidamente identificados, con petos e camisetas que indiquen que pertencen a ese grupo. Segundo sinalaba Pilar Cardide "esta é unha das accións que pretendemos realizar para conseguir un carballiñomáis limpo, e polo tanto máis atractivo tanto aos veciños coma aos visitantes. Nestes momentos existen outras accións que estamos a proxectar e que en pouco tempo poderemos xa anunciar", subliñou.

1, Agosto 2013

 www.festadopulpodocarballino.es está xa na rede para mostrar as excelencias do Carballiño e da súa festa gastronómica, declarada de interese turístico nacional, a todo o mundo.

Así o comentaba o alcalde Argimiro Marnotes na presentación desta nova ferramenta turística, destacando que "só nos falta poder levar o sabor único do noso polbo a través de internet, pero iso por agora é imposible, ao igual que a hospitalidade de todos oscarballiñeses para recibir os visitantes. Pero todo o demais poden velo nesta nova web, que a máis dun vai a sorprender, mesmo os propios carballiñeses,".

O museo virtual está ambientado no propio Parque Municipal onde se desenvolve a Festa do Pulpo. Cada ambiente representa unha década onde o visitante pode navegar virtualmente polo parque, visualizando os diferentes os diferentes carteis, imaxes e recortes de prensa.
Pola súa banda outra das seccións máis vistosas desta nova web é a visita virtual ao Carballiño, esta realízase dende as diferentes zonas e monumentos da vila, podendo acceder o visitante e moverse de xeito virtual en todos eles.

O libro electrónico, tamén incluído nesta web, ilustra con textos e imaxes a propia festa, o parque onde se desenvolve, ou Carballiño, o polbo e, por suposto, os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño.

O punto de partida de todas estas visitas virtuais é a páxina web antes mencionada, dende a cal o visitante pode acceder a todos os elementos, á vez que pode proporcionar información actualizada da propia festa e a vila carballiñesa, a través de seccións como a axenda, hemeroteca ou a galería de imaxes. Isto é algo que destacaba o propio alcalde "é unha web aberta, viva, onde todos van apoder colaborar e onde se actualizarán os seus contidos segundo o pida a actualidade".

Esta web ten un deseño adaptable ao dispositivo dende onde se accede xa sexa ordenador, tlablet ou smartphone. Os creadores desta son as empresas Inova3 e Imasv, e para a súa creación o concello do Carballiño contou cunha subvención do AGADER.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política