Con respecto ao do bipartito carballiñés e a persoa que dí que non ten esa percepción. Pode que sexa un tripartito entón: O PsdeG, Alternativa veciñal (a cara que representa estar cos veciños) e En Marea (a cara ideolóxica) que unhas veces sube e outras baixa según os intereses.
Denuncias
O bipartito carballiñés?
Non o vexo por ningures
Se o comentario anterior se refire a Alternativa Veciñal... Pois como veciña non percibo eso é máis cabe recordar que aínda non fai 3 meses que o Sr. Bernardo García ameazou con acudir aos tribunais para denunciar ao Alcalde e Concelleiro de Tráfico polo asunto das terrazas.
Totalmente de acordo co BNG que o que fixo o alcalde xunto co das mareas é pailán e unha auténtica cacicada. Iso de ir a falar cos veciños, no seu nome, cando se fai cos cartos de todos é de cacicato tercermundista. E falando dos cartos de todos, a ver se aclaran que vai pasar coa recadación. Porque seguro que este bipartito pretende pasar un tupido velo sobre o asunto.
Esta é unha chamada á responsabilidade para quén lle competa no Concello de Maside. Xa que temos poucos cativos no pobo, polo menos, que a Administración municipal procure garantizar a seguridade pública nos espazos destinados a aquéles.
Como se pode ver na imaxe, tomada às 10:15 do día 12 de abril frente á gasolineira da Piteira, estanse a podar as árvores do Carballiño en plena época de brote das follas. Algo totalmente fora de lugar e sorprendente nunha Vila onde a maior parte dos veciños temos raíces no rural e sabemos de sobra que non son datas para podas.
Este ano, dentro da promoción turística da Semana Santa do Carballiño decidiuse apostar pola colocación de duas vallas publicitarias de empresas distintas na rotonda da Fontela.
Sr. Fumega, estiven escoitando a súa entrevista de hoxe na Cope. Non vou entrar no resto da súa propaganda e autobombo, limitareime a falar do que vostede denominou un modelo discutible en relación aos convenios de colaboración social.
Fai dous días perdeuse unha gatiña na Rúa Francisco Castelló ,chamase Micha e é moi mansiña, e moi medrosa se alguén a ve ou sabe dela por favor que deixe recado na COPE.Moitas grazas
Non é tempo de perder a orientación. O cecais, sí, cando as preocupación son orgánicas e non públicas. Algo está a pasar no goberno municipal do Carballiño. Cando o alcalde, como responsable de obras, pacta uns orzamentos valeiros de contido cun só concelleiro da oposición. Ou a edila de medio ambiente promove talas e podas fóra de tempada mentres esquece as análises de fontes e mananciais.
Xa estamos un chisco aburridos de que se nos tome o pelo constantemente. O alcalde missing, ocupado máis en manter o chollo da recadación onde traballa a súa dona que doutros menesteres.
Últimas novas
Deportes
No fútbol nas dinámicas son tan importantes que poden decidir un partido, a do Arenteiro das últimas semanas é malo, e nesta situación pouco importa xerar múltiples ocasións ante a portería rival, ou estar correcto en defensa, que ao final rematas perdendo.
Gran ambiente de fútbol na matinal dominical de Espiñedo para un partido xogado con total deportividade tanto dentro como fora do terreo de xogo, con dous dúas afeccións amigas, O Carballiño e Pontevedra sempre fixeron boas migas.
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- …
- seguinte ›
- última »







