Deportes

O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.
O Presidente José Antonio "Cadavid" e o seu grupo directivo presentaron a dimisión irrevocable ante a asamblea de socios, anunciando que o Club ten unha débeda actúal de 55.000 euros "que se lle deben a este Presidente, o Club non debe a ninguén", asegurou.
A homenaxe o que foi ata fai unhos dias o Presidente do Arcos C.F. celebrase o domingo dia 2 de Xuño ás 7 da tarde no campo municipal de Espiñedo.
Estéril victoria (4-2) dos carballiñeses en Espiñedo xa que os descensos de Céltiga e Vilalonga dende a terceira, condenan ao Arenteiro ao descenso e xogar o ano que ven na 1ª autonómica. De nada valeu aos verdes o triunfo no derradeiro partido de liga, únicamente para chafarlle o ascenso ao Portonovo.
A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.
Oportunidade perdida, o Arenteiro regresa do campo da Baiuca da Estrada cunha derrota nun partido que pudo sentenciar ao seu favor nos últimos minutos, sen embargo foi o Estradense quen no tempo de desconto logrou os 3 puntos e certificou a permanencia na categoria.
O Arenteiro conseguíu ante o C.D Pontellas 3 puntos transcendentais para seguir loitando pola permanencia na categoria, e ademáis fixoo merecidamente, remontando o temperán gol dos porriñeses que se adiantaban no minuto 4 de partido.
Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.
O Arenteiro conseguíu os tres puntos no partido matinal xogado no campo de Oira con un gol en cada periodo. Os pontinos marcaron o seu xa co tempo cumplido. C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago, Pablo Piñeiro, Prada ( Bardelás ), Martín ( Oliver Pájaro ) e Marcos Sotelo ( David Soares ).
Sumar dun nun non lle vale ao Arenteiro, asi que o empate ante o Centro de Deportes Barco en Espiñedo representa un novo paso atrás nas posibilidades dos verdes na loita por salvarse do descenso de categoria. C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Carlos Escudero, Tacón, Dabarca, Iago, Gabriel, Kennedy, Martín ( Bardelás ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).

Páxinas