Deportes

Chegaba o líder a Espiñedo, que presentou unha boa entrada de público para un partido de 1ª Autónómica, máis de 400 espectadores. Si o fútbol se xogase aos puntos, o Arenteiro sería o gañador do encontro, pero no fútbol mandan os goles, e ningún dos dous equipos foron capaces de marcalos.
O xogador poderá xogar este domingo o partido que o Club Deportivo Arenteiro desputará en Espiñedo -17 horas- fronte ó Verin C.F., correspondente á octava xornada de liga.
O Comité de Competición sanciona con dous partidos de suspensión ao centrocampista do Arenteiro tras a súa expulsión no partido do pasado domingo en Xinzo de Limia. O Comité desestima asi as alegacións presentadas polo Club Deportivo Arenteiro. Victor Gallego perderáse o partido ante o líder Verín deste domingo en Espiñedo, e o correspondente á seguinte xornada en Velle. 
O Arenteiro suma outros tres puntos tras a súa visita a Xinzo de Limia, eso si, cunha segunda parte dos verdes difícil de explicar, complicandose un partido que gañaban aos 11 minutos por 0-3, e por 0-4 aos 47 minutos. 
    Prema no enlace:  http://www.youtube.com/watch?v=gh_TX0GVtEc
O Arenteiro conseguíu na sexta xornada acabar coa imbatibilidade do Ponte Ourense nesta liga, nun partido no que os visitantes comezaron mellor asentados sobre o terreo de xogo, ainda que todo cambeou a partir do minuto 23, despois de que Martín inaugurase o marcador cun gol para enmarcar.
O C.D. Arenteiro conseguíu os tres puntos na súa visita ao campo de San Rosendo, nun encontro que gañaba por 0-3 no minuto 64 e complicou despois con dous fallos defensivos que meteron ao Sporting no partido.
O equipo carballiñés xogou dende o minuto 67 con 10 xogadores por expulsión do defensa Lois, que víu doble amarela, dous minutos despois chegou o gol dos locais, a zaga verde quedase parada pedindo fora de xogo pero o árbitro concede o tanto no medio das protestas dos xogadores e dos seguidores do Arenteiro.
Ata o minuto 88 non pudo cerrar o Arenteiro un partido no que se adiantou no marcador o equipo visitante por medio dun golazo de Benito, despois os carballiñeses deronlle a volta ao marcador, índose ao descanso xa con un 2-1 ao seu favor.
Os dianteiros Walter Martín e Diego Quiroga, éste último chegado  ao Arenteiro procedente do Club Lemos, adestraron xa con normalidade esta semana, polo que ambos poden entrar na convocatoria para o partido deste domingo -17,30 horas- en Espiñedo ante o AT. Vilariño.

Páxinas