Deportes

No primeiro partido de liga, o dia 1 de Setembro -17,30 horas-  os carballliñeses recibirán en Espiñedo a ún dos equipos recén ascendidos á 1ª autonómica, a SDC Arrabaldo.
Serán tres partidos de corenta e cinco minutos cada un os que se xogarán neste triangular de fútbol no municipal de Espiñedo, dende as oito e cuarto da tarde deste venres 9 de agosto. Ás nove e cuarto xogaráse o segundo partido do triangular, e finalmante, ás dez e cuarto o último e definitivo
O equipo ourensano da terceira división será o rival do C.D.
Arranca o novo proxecto de C.D. Arenteiro para competir a vindeira tempada na 1ª autonómica coa presentación de xogadores e técnicos, seguidamente Miki López dirixirá o primeiro adestramento que consistirá na desputa dun partidiño.
Coa incorporación da última fichaxe, o dianteiro Diego Quiroga, a nova Xunta Directiva da practicamente por cerrado o plantel de efectivos cos que contará o adestrador Miki López para competir na Primeira Autonómica, tras consumarse o descenso de categoria do club carballiñés.
O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.
Os novos responsables do club apostan por un adestrador moi xoven, 31 anos de idade, e con apenas dous anos de experiencia nos bancos nos que dirixíu ao C.D. Ramirás en 1ª autonómica.
O veterano deportista proclamouse campión galego en 100 e 200 metros lisos, no campionato celebrado en Santa Uxía de Riveira. Chema Ferreiro sigue en forma, e colleitando éxitos, aínda que agora non son políticos senón deportivos. Proba delo foi o seu triunfo nas finais das carreiras de 100 e 200 metros lisos, na categoria reservada para maiores de 60 anos.
O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.
O Presidente José Antonio "Cadavid" e o seu grupo directivo presentaron a dimisión irrevocable ante a asamblea de socios, anunciando que o Club ten unha débeda actúal de 55.000 euros "que se lle deben a este Presidente, o Club non debe a ninguén", asegurou.

Páxinas