Deportes

Comezaron as sesións de preparación do novo proxecto verde para a vindeira tempada, baixo as ordes do tamén novo adestrador Jorge Regal.
O Venres dia 24 de Xullo, ás 9 da noite no Estadio de Espiñedo, será a xornada de presentación do primeiro equipo do CD Arenteiro, iniciando asi unha nova etapa coa vista posta na Preferente Galega.A gran novidade estará no novo corpo técnico, comandado polo novo adestrador Jorge Regal, con él como preparador físico debutará Diego López, que continúa no club on
Tras varios dias de negociacións, o club consigue o obxetivo de dar continuidade na plantilla a todos os xogadores que pretendía tanto a directiva como o novo adestrador Jorge Regal.
O adestrador ourensán Jorge Regal e o club chegaron a un acordo definitivo, polo que o técnico dirixirá ao primeiro equipo do Arenteiro na Preferente Autonómica. O Club aposta asi por un adestrador que conta con título nacional e con gran experiencia no fútbol ourensán, tras o seu paso polo CD Ourense, Pabellón Ourense CF e UD Barbadás.
O Arenteiro proclamouse campión da XXXV Copa Deputación de Fútbol, título que os verdes consiguen por segunda vez na historia e tras derrotar a SD Bande nunha vibrante final desputada no Estadio do Couto de Ourense, que rexistrou un gran ambiente.
Club Deportivo Arenteiro xogará este vindeiro domingo dia 7 de Xuño no Estadio do Couto de Ourense, ás seis e media da tarde,  a final da Copa Deputación 2014-2015 ante a Sociedade Deportiva Bande. 
O Arenteiro volverá desputar unha final da Copa Deputación, que gañou unha soa vez, no ano 2002. O vindeiro domingo dia 7 de Xuño, ás seis e media da tarde no campo do Couto, terá ocasión de gañar a segunda da historia ante a S.D. Bande. Os carballiñeses plántanse nesta final tras superar con solvencia ao Barbadás B por un global de 4-0 en semifinais.
Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.
Os verdes despidense da competición de liga este domingo dia 24 de Maio, no Estadio de Espiñedo, desde as seis da tarde ante o equipo pontevedrés do Marcón At. O Arenteiro chega a este derradeiro partido de liga cos deberes xa feitos desde fai varias xornadas nas que asegurou a permanencia, polo que volverá militar na Preferente para a vindeira tempada.
Os verdes sumaronse á festa preparada polo Estradense como despedida de tempada no novo campo municipal da Estrada, con boa entrada e ambiente festivo, charanga e merenda incluida. O Arenteiro, que pudo adiantarse no marcador aos 3 minutos nun penalti lanzado por Sanginés que desviou o porteiro local, entregou despois o partido e no minuto 23 os locais xa gañaban 3-0.

Páxinas