Deportes

A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.
O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.
Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.
A Espiñedo, que presentaba unha gran entrada de afeccionados, chegaba o potente Lalín, un dos claros favoritos ao ascenso. Esperabao un Arenteiro sen complexos que venceu con todo merecemento, incluso o tanteo pudo ser superior ao seu favor. Os carballiñeses prolongan asi unha magnífica racha de resultados, dous empates e catro victorias nos últimos seis partidos.
A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.
Incontestable victoria dos verdes na súa visita ao campo da Unión Deportiva Atios, no Porriño, onde Club Deportivo Arenteiro fixo un partido moi completo, soberbio na zona de cobertura, traendose os tres puntos para O Carballiño.
A concellaría de deportes, xunto con Cáritas e Cruz Vermella, organizan a carreira solidaria do Arenteiro, que chega á súa VI edición, e que terá lugar o pròximo 28 de decembro, sobre un percorrido de 10 quilómetros polo municipio carballiñés.Na elaboración da ruta colaboran tamén o ximnasio Korpore e o Club de Atletismo Arenteiro.
Club Deportivo Arenteiro e Porriño Industrial, que chegaba a Espiñedo como cuarto clasificado, empataron a un gol en partido correspondente á 14ª Xornada na liga de Preferente. Adiantaronse os visitantes no incio da segunda parte e empataou para os verdes Dani Vázquez no minuto 65.
Un Arenteiro manifestamente superior ao seu rival non pudo pasar do empate na súa visita ao Morrazo, foi o partido das ocasións de gol non concretadas, os verdes gañaron un punto pero tal como se desenvolveu o partido tamén pode concluirse que se perderon dous. E tamén se perderán o próximo partido ante o Porriño Industrial os centrocampistas V.
Os verdes lograron ante o Alertanavia vigués unha ampla victoria con goles de Dani Vázquez, Ocampo, Marcos Sotelo e Brais. A nota negativa do partido foi a lesión do xogador visitante Jonathan ao sufrir un golpe na cabeza nun percance do propio xogo, foi trasladado en ambulancia ao centro de urxencias de atención da Mutualidade de Futbolístas en Ourense, Semecor.

Páxinas